Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Eu polo pouco que se puido ver na tele vin ao Ourense combinando ben en área contraria e creando perigo. Xa me dera boas sensacións noutros partidos que vin aos anacos. Con un equipo con moita marxe. Non penso que vaia a pasar apretos ainda que o grupo é complicado para todos. Moita sorte a partir de agora. 29 Nov 2020, 21:28 10.85
A ver se non é nada o de Amin. 29 Nov 2020, 19:35 10.85
O modus operandi deste experimento de persoa é minar a moral dun dos dous equipos ata que o saca do partido. Hoxe tocounos a nos. Hai que ir pensando que rematamos con 8 ou 9. Non vai a parar Caradura Hernández. Así e todo é posible que o de Portela sexa penalty. O outro non o pita nin Rompetechos. Seguramente tamén el saiba que non é penalty. 29 Nov 2020, 18:06 10.85
Sempre nel mio cuore Don Rogelio 28 Nov 2020, 16:41 10.85
Pouco nos arregla Oli. Menuda casa de meretrices debe ser o Vista Alegre. Podía volver Toño 28 Nov 2020, 16:05 10.85
Este tipo de árbitros que se poñen cachondos cando hai barullo soen perxudicar máis ao equipo local que ao visitante. Ao Ourense vaino salvar que haberá pouca xente na grada. 25 Nov 2020, 10:04 10.85
Xa se nota a man de Argimiro no Ourense 23 Nov 2020, 17:15 10.85
0-0 22 Nov 2020, 23:18 10.85
Para mín solo hai 2 carencias: Fáltanos músculo no medio campo e no banco hai moi pouca reacción. Sigo pensando que tal como nos xogan os equipos sobra un tío en defensa e falta un no medio campo. Se non de entrada, polo menos na segunda parte. Se non tiraches a porta e aínda así non moves o banco ata o 75 é que non tes resposta aos problemas. O equipo, con ese problema, e co curto do plantel, é un equipazo. Preguntádelle a Xurxo Otero se nolo cambia a pelo. E home, eu penso que si os teus carrileiros son Arce e Naveira mal servido tampouco vas. Arce en defensa ten limitacións pero é un xogador que pode decidir por banda. E Naveira eu vino moitas veces con 21-22 anos no Compostela e é un xogador de moito nivel para a categoría. Repito. Si a este equipo non lle podemos esixir que se meta entre os tres primeiros e que vaia a polos partidos dende o minuto 1, creo que o conveniente sería enterrar os cartos noutra cousa. 22 Nov 2020, 20:27 10.85
Non puiden ver o partido. De todas formas moi bo resultado. Aguantamos o tipo contra o todopoderoso Alondras e mantivemos un partido máis a porta a cero. Dúas preguntas ¿Cantas veces tiramos a porta? ¿En qué minuto fixemos o primeiro cambio? 22 Nov 2020, 18:35 10.85
Daba por feito que estaba tocado e por iso non xogaba. Nin me imaxinaba que podía saír do equipo. 20 Nov 2020, 20:26 10.85
Un seguro de vida cada vez que pisaba o campo. Pouco ruido pero moito rendemento. Personalmente das baixas que máis me teñen doido nos últimos tempos. 20 Nov 2020, 20:15 10.85
Si lles permiten os 300 dos que se fala en redes sociais entrarán penso eu a gran maioría dos socios. Non sei se haberá moitos máis. Nesas circunstancias entendo que non se emita o partido para animar á xente a que se saque o carnet e vaia ao campo. A mín fastídiame bastante porque vivo noutro concello con restriccións de entrada e saída e non poderei ir aínda que me toca por número de carnet. Pero entendo que non o emitan. Se o fan, moi agradecido sin embargo. 20 Nov 2020, 10:17 10.85
Non vexo por que non vas a poder dar a túa opinión. Se os demáis podemos dala non vexo o problema. Ninguén ten a verdade absoluta. Tampouco me parece que se lle impedise a ninguén opinar. Engado: Cassio ficha polo Puente e don Rogelio Gómez confirmado no Vista Alegre Estudiantil. 19 Nov 2020, 13:35 10.85
Eu veño de Santa Isabel de quitar o carnet 18 Nov 2020, 19:46 10.85
O Vista Alegre despediu a Lestayo. Sona moi forte o Profesor de Cacheiras, don Rogelio Gómez, Rogelucho. De confirmarse a nova xa temos un candidato menos ao descenso no subgrupo A 18 Nov 2020, 18:49 10.85
O ano pasado tiñamos bo equipo e marcharon xogadores que se botan de menos pero este ano hai un salto evidente de nivel na plantilla. A plantilla é curta pero non hai un solo xogador do que se poida dicir que non ten sitio nun equipo de terceira. Non caben excusas. O equipo está feito para ascender (ou para intentalo) Quedar entre os 3 primeiros do subgrupo B non é un propósito, é unha obligación e ata o míster é consciente de elo e non elude a responsabilidade. Hai moi bos equipos na terceira, claro que sí, pero solo hai 2 ou 3 co noso nivel e iso hai que materializalo no campo. A mín a excusa de que levamos 30 anos sin estar entre os 10 primeiros de terceira non me vale. 18 Nov 2020, 10:21 10.85
¿Sabemos si haberá forma de seguir o partido por internet para os que estamos no exilio? 17 Nov 2020, 19:46 10.85
Grande Emilio. Técnicamente moi discreto pero todo pundonor. Non sobra en ningún equipo da Terceira Galega. Unha pena a súa marcha, el quería quedar. 17 Nov 2020, 11:35 10.85
A plantilla non pode ser excusa. É curta e ten algún posto sen moito reforzo pero é a mellor plantilla ca que se podía soñar. Fran Justo ven de varias temporadas onde cunhas grandes plantillas para a categoría cumple os obxectivos. Supoño que é a razón da fichaxe, ademáis de que a súa presenza é determinante en que certos futbolistas de nivel estén hoxe de verde. A fichaxe do entrenador non a cuestiono. Agora, xa o dixen cando o ficharon, o que queira ver bo fútbol neste grupo ten que ir ao campo do Choco, do Barco ou do Ribadumia. Os equipos de Fran Justo aburren. Leva anos xogando ao mesmo sen grandes variacións, non pode sorprender a ningúen. Mentres cumpla cos obxectivos a mín váleme. De momento as sensacións non son as mellores pero é que o Puente o ano pasado, disputándolle a liga ao Compostela, tiña partidos nos que transmitía o mesmo. Pouca sensación de dominar o partido. Eu penso que o ascenso directo vai a estar nos 2 equipos do grupo A que se van a plantar na 2ª fase con moita vantaxe. Teremos que xogárnola a eliminatorias a un partido e aí conta moito a solidez do equipo. 17 Nov 2020, 09:59 10.85