Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Moi boas novas. Aínda que se queden a maioría dos socios fóra é un pasiño máis cara a normal normalidade. Ademáis hai que se xustos coa TVG. Démoslle por saco o fin de semana pasado con que non miraban para a terceira e este domingo emiten 3 moi bos partidos. Outra boa nova é que voltamos a casa. A ver como está o patacal para ese día. 05 Nov 2020, 16:34 10.85
Feijoo extende o modelo Carballiño a 60 concellos de Galicia. Si o Arenteiro non podía entrenar nin xogar no Carballiño non sei si esta medida suporá a suspensión da competición. Haberá que esperar ao que se publique o xoves ou venres. Polo menos vainos a quedar o consuelo de ver ao Arenteiro de líder unhos cantos meses. 04 Nov 2020, 14:33 10.85
Teño unha aplicación móvil que se chama wosti na que saen os horarios das retransmisións televisivas e aparécenme eses 3 partidos para o domingo ás 16:30. Normalmente non soe errar. A mín o templo paréceme que vai a ter que esperar. Estou confinado noutra cidade. A ver si entre a TVG e o móvil do Marnotes vou arreglando para seguir a tempada. 03 Nov 2020, 17:27 10.85
Parece ser que o Arenteiro-Atios vai a ser un dos tres partidos do carrusel da TVG2 xunto co partidazo Barco-Arosa e co Bergantiños-Vilalbés. A priori o partido menos atraínte dos 3. Agradécese que a TVG volte a acordarse da 3ª. 03 Nov 2020, 09:47 10.85
Eu teño gañas, aproveitando que volven Eimil e Pol, de ver a Rubén Arce máis arriba. Non nos olvidemos que este señor mantívonos casi el solo en terceira con 12 ou 13 goles o ano que foi elexido mellor xogador da terceira. Aínda que haxa xogado en varios equipos como carrileiro dereito donde realmente é diferencial é preto da área. A mín un tridente Javi Pazos-Marquitos-Arce non me disgusta nada. E aínda temos a Joni e Sylla para meter artillería. De todas formas todo isto son pallas. Manda o entrenador e ninguén sabe mellor que el o que hai. 02 Nov 2020, 16:45 10.85
Presas con balón é un xogador espectacular. Correndo detrás de el xa non brilla tanto. 01 Nov 2020, 19:50 10.85
Sobre todo na segunda parte sobrou un defensa e faltou un medio máis. Tivemos á contra as mellores ocasións do partido pero fumos claramente dominados. Hai que ir acostumándose. O fútbol de Fran Justo é intensidade, couces e 5 defensas nos días ofensivos. O bo é o resultado. Un empate onde poucos van a empatar. Para ver fútbol hai que poñer a tele. Eu nunca lle vin ao Puente un partido creativo e aquí non vai a ser diferente 01 Nov 2020, 19:38 10.85
Tiñamos que petarlle o stream os siareiros dos demáis clubes de terceira. Eu xa estou deixando cuñitas en twitter a ver si se dan por aludidos na TVG. Pero está fodido creo. 01 Nov 2020, 12:58 10.85
Se cadra déronlle un toque aos clubes de terceira co tema das retransmisións e o Choco pasa de problemas. A ver que fai hoxe Onda Arlequinada (aínda non anuncio a retransmisión) e en que queda a nova de La Voz de Galicia que di que o Concello retransmitirá os partidos con restriccións de público. 01 Nov 2020, 12:29 10.85
Para mín tamén Verdegaio. Levan anos cunha estructura parecida, soen estar arriba e normalmente pégannos unhos meneos xeitosos. 30 Oct 2020, 10:35 10.84
Depende. Eu sei de sobra que seguramente non vou a poder ir ao campo e xa saquei o carnet. O clube este ano fixo unha aposta seria por subir (a saber si ben calculada) e penso que podendo, hai que estar. Imaxino que se está a notar que moita xente espera pero eu tamén sei de bastante que xa se fixeron socios. Máis delicado está o tema dos sponsors. Supoño que xa bastante terán con aguantar e cadrar números nas súas empresas como para dar diñeiro para o fútbol a cambio dun patrocinio que non se vai a ver e duns carnets e uns pases que non van a poder usar. No tema dos dereitos de emisión. Non sei se os ten alguén nin que vai a facer con eles. Eu o tema footters, se a RFEF xa vendeu os dereitos a outro operador, entendo que non é viable. Pero aquí non estamos falando de lucro algún. Sería simplemente que se autorizase a emitir os partidos en streaming coa condición de que solo se faga cando os partidos se celebren a porta pechada ou con restriccións, a entidade que adquiriu os dereitos de emisión non ofreza o partido en directo, e quen emita o partido o faga en aberto e sen ningún lucro en forma de pago por visión ou publicidade na emisión. Vamos, que tampouco parece pedir moito. Si se cumplen estas condicións e alguén o quere dar, ben. Se non o quere dar ninguén, pois tamén. Pero difícilmente se pode estar falando de vulneración dos dereitos de emisión cando o titular non os está exercendo e o emisor non se lucra con eles. 30 Oct 2020, 10:22 10.84
Aínda con todo, quedan socios choqueiros fóra. Entran todos os que poden entrar. A TVG non emite o partido. Se non o emiten eles que nolo deixen emitir a nos (mandamos a Pulpomiro cun móvil e arreando). Eu entendo que se poña trabas a este tipo de emisións cando hai unha televisión que pagou pola emisión do partido ou cando non existe ningún tipo de restricción de acceso ao campo, pero nestas circunstancias que alguén emita o partido (non ten por que ser o Choco) non dana os intereses de ninguén penso eu. 29 Oct 2020, 11:23 10.84
Eu fun ao amistoso contra o Compos. Control das distancias nas colas, rexistro do teléfono, mascarillas, alfombra desinfectante, máis de 2 metros entre non convivintes, todos sentados. Protección civil regulando a saída escalonada. Todo isto ao aire libre. Todas as semanas nos expoñemos moito máis na nosa vida cotiá. Si todo o problema fose o que arriscamos indo ao templo... 28 Oct 2020, 12:39 10.84
Pois é unha pena. Pero eu alédome de que aínda existan campos nos que reine a medio-normalidade. A ver si mellorase isto un pouco e polo menos se poida meter 400 persoas en Espiñedo como nos amistosos. 28 Oct 2020, 11:52 10.84
Eu o anaco de partido que vin o Ourense non me pareceu un equipo para pasar apuros esta tempada. Outra cousa son retos maiores. 28 Oct 2020, 09:59 10.84
Home, si solo te fixas no Puente claro que ten unha pinta de preferente que tira para atrás. Pero nas preferentes que eu coñezo non sei si haberá moitas plantillas como as do Barco, o Arosa, o Choco ou o Arenteiro. 28 Oct 2020, 09:58 10.84
Sí que se respira, moita. Pero pasa o que di Arenteirista, o contexto non axuda e eu polo menos teño unha certa sensación de que imos cara unha tempada fallida e sen rematar. Pero ilusión hai. Meu pai con case 70 anos descubreu youtube para ver a emisión de Onda Arlequinada. Repetiu o outro día co partido de Barbantes. E tampouco é un socio tremendamente fiel. É dos que cando vai frío no inverno queda na casa. Pero este ano está enchufadísimo. El e xente da súa quinta. E da miña. Pode pasar de todo pero penso que todos no fondo pensamos que a plantilla deste ano da para soñar coa 2B. Este ano subindo 3 do grupo galego está aínda máis cerca que naquelas promocións fallidas de principios dos 90. E o problema é ese, deportivamente é ilusionante, e si se disputa completa penso que vamos a estar no grupo dos que loitarán ata o final por subir, pero o futuro da pandemia dime que non convén facerse moitas ilusións. 27 Oct 2020, 21:25 10.84
Con buena picha bien se jode. 24 Oct 2020, 11:45 10.84
En duda o partido. Si se pode xogar en Espiñedo sen público ou en Barbantes penso que habería que xogalo. Veñen curvas no tema da pandemia e cantas máis xornadas se poidan ir disputando (con seguridade, controis pre-partido e sen público) mellor para a competición. 23 Oct 2020, 12:16 10.84
A partir de novembro xogamos na Regueiriña. A ver si houbese maneira de ver o partido para os que estamos fora e non podemos entrar no Concello. Por moita cesión de dereitos que haxa estamos nunhas circunstancias extraordinarias. Non imos ao campo porque non queiramos. Non imos porque non podemos. No peor dos casos, un par de Biodraminas e darlle unhas tilas a Argimiro a ver si lle tremen menos as mans que no amistoso contra o Arzua. 20 Oct 2020, 16:49 10.84