Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Para marcar o primeiro a porta vacía hai que ir a presionar ao porteiro. E para marcar o terceiro hai que estar no sitio. Dos tres dos que falades para mín tamén é o máis completo. Axuda na presión alta que fai o equipo (no único no que sería mellor Joni) ten máis capacidade combinativa e é o que máis grande ve a portería. Eu a un tipo que si xoga a tempada completa se vai a máis de 15 goles por tempada en terceira non me atrevo a chamarlle futbolista sobrevalorado. Dos outros dous eu creo que a Fran Justo lle encaixa máis Joni que Sylla precisamente pola entrega do de Carballeda. Este ano hai tanta mecha arriba que ten pelotas que estemos discutindo se deixamos a tíos coo Pazos ou Sylla no banco. 20 Oct 2020, 10:04 999.99
Joni non sei si se vestiu ou non pero sei que rematou a pretempada tocado. Supoño que non xogou por precaución. Vista a pretempada parece que conta moito para Fran Justo. 19 Oct 2020, 13:17 999.99
Marchou Gelucho pero quedou o seu legado. Rematamos o partido xogando con 15 defensas. Gañamos probablemente o partido máis complicado da mini tempada do grupo B. Moi contento co visto, a verdade. 18 Oct 2020, 20:43 999.99
Creo que falta alguén no medio campo, un porteiro suplente e non sei se alguén máis. Non sei eu si Portela, Germán mellorarán en algo a Toño, David e Ross. É verdade que levamos feitas unhas fichaxes da hostia pero hai que ter en conta que partimos de cero prácticamente mentres Bergantiños, Arosa, Barco conservan media plantilla ou máis. 16 Sep 2020, 17:58 10.82
Seica estamos facendo un equipo bárbaro. Pero os mellores do ano pasado voaron todos... 15 Sep 2020, 13:50 10.82
Exacto Verdegaio. Co de capos da Liga referíame ao nivel da plantilla. Faltan fichas pero pinta que vai a ser das máis potentes. A mín tamén me insisten en que este ano a plantilla vai ter un coste menor e non teño por que pensar diferente. 26 Ago 2020, 10:57 10.82
Cando chegou Argimiro dixo que o equipo ía chegar ata onde chegase o apoio do pobo. Preguntado polo obxectivo do clube contestou que hai que ser realista e non se pode pedir outra cousa que seguir un ano máis en terceira. Non sei que pasou a semana seguinte que, de repente, pasamos de ter un obxectivo humilde e realista a ser os novos capos da categoría. De momento hai que ter fe. Estase sustituindo unha plantilla na que case tódolos xogadores viñan de fóra por outra na que haberá clara maioría de ourensáns. Por forza solo no que se aforra en desprazamentos algo aforraremos para facer frente a unhas fichas que supoño serán altas. A mín dende dentro dinme que o custe de plantilla non vai a ser moi diferente do ano pasado. Algún xogador dos que fichamos (aparentemente inalcanzable) está aquí por saber ver a oportunidade. De momento calma. Eu tampouco as teño todas conmigo, pero bueno... a ver que pasa. 25 Ago 2020, 11:04 10.82
Out Ross (Arousa) Fajardo (Arousa) Javi Rey... Do mellorciño que tiñamos. Leo q somos os novos galácticos e a min o q ven non me chama nada.Fichamos un entrenador ultradefensivo e fantasma q ven coa súa tropa de xogadores físicos... Se cadra subimos a 2b pero o q espere disfrutar en Espiñedo non sei eu... Este proxecto cos rumores de fichaxes q hai non me chama nada. Non me gustaba o Puente non me gusta isto... 11 Ago 2020, 16:03 10.82
Fichaxe ilusionante. A ver como está da lesión e si recupera o nivel que deu na súa anterior etapa. 01 Ago 2020, 11:25 10.82
Portela non lle dicía que non. De todas formas espero que está ano vaiamos seriamente a por Arruabarrena. 28 Jul 2020, 12:19 10.82
Sona fortemente como entrenador Fran Justo. Supoño que os que non gustaban do xogo de Gelucho estarán contentos. Como sabemos Fran é un entrenador que non recurre baixo ningún concepto aos 5 defensas e gusta de un xogo técnico, de toque e pausa, en vez dun xogo no que prima o físico e o contragolpe. 28 Jul 2020, 11:31 10.82
Argimiro tiña claro o de Gelucho. Alguén o convencería de que non é o home adecuado. Este ano vendeuse moito a moto con que tiñamos un equipazo e soubo a pouco ser o terceiro equipo con menos derrotas da tempada. Cando o presidente saínte se adicaba a dicir día sí día tamén que o noso sitio é a 2B, apaga e vámonos. Haberá que ver quen ven. De entrada, darlle o poder de toda a estructura do clube é unha temeridade. Aquí o que escribe deséxalle o mellor a Don Rogelio Gómez Fernández e quédalle moi agradecido polos servicios prestados (a salvación agónica do primeiro ano non se olvida). O mesmo para Emilio, un xogador estéticamente difícil de mirar, pero que contrarrestaba de sobra calquer limitación técnica con traballo e entrega. Indiscutible e moi culpable da salvación do primeiro ano. Cando un xogador ten 27 anos e é importante en prácticamente tódolos equipos nos que xogou é por algo. Grandes Rogelucho e Emilio. 15 Jul 2020, 22:03 10.82
Xa lle sorberon o cerebro a Marnotes. 15 Jul 2020, 17:07 10.82
Albertito firma polo Somozas. Xa perdemos 2 sub 23 09 Jul 2020, 14:41 10.82
Habemus papam. Argimiro Marnotes. Penso que hai consenso xeralizado en que pode ser un bo presidente. E primeira baixa: Borja Rey ficha polo Compos 03 Jul 2020, 14:09 10.82
Aplazada ata o 18 de xuño. Non debe haber voluntarios. Hai equipos que xa renovaron a media plantilla. Esperemos non chegar tarde. Temos xogadores interesantes que canto antes lle puidesemos plantexar a renovacion... 11 Jun 2020, 11:22 10.82
http://www.cdarenteiro.es/index.php/novas/201-fichamos-a-julian-couto 09 Mar 2020, 21:59 10.82
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2020/03/02/carballino-mantendra-hierba-natural-campo-futbol-espinedo/00031583183442609935496.htm 03 Mar 2020, 18:15 243.85
O bo de Espiñedo é que, leve 1 mes sin chover ou 1 mes chovendo, o que sabemos seguro é que o campo vai a dar noxo e non se vai a poder xogar ao fútbol. Solo falta por saber si os xogadores teñen que levar manguitos e flotadores ou non fai falla. 03 Mar 2020, 13:49 10.82
Empate. Aínda así As Pontes é un equipo que nos pode vir ben. Se poden tentan dominar o xogo polo que nos aforran o enorme suplicio que nos supón tentar levar o peso do partido. Veremos si Gelucho se decide outra vez polos 4 defensas de saída ou volve ao coñecido sistema de liña de 5 cos 2 carrileiros moi ofensivos. Veremos tamén si a actitude de Fran Monroy se ve premiada con un posto no 11 de saída ou insiste con xogadores absolutamente desvinculados do partido como na Estrada. Toño, David e Padrón dan moi bo nivel e permítenos subir a Ross ao medio campo. O outro día o dúo Manu, Lede no medio campo sufreu bastante e iso que o Estradense non é un equipo de posesións largas. Penso que con Ross reforzamos o medio. 03 Mar 2020, 12:55 10.82