Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
Pódeme máis o asco que lle teño ao Puente que o cariño que lle teño ao Ourense. Del Compostela desde chiquitito. 02 Mar 2020, 20:25 10.82
Sorprendeu Gelucho con defensa de 4 de saída. Na primeira parte tivemos o balón un pouco máis e o Estradense tivo as ocasións. Na segunda volvemos os 5 defensas e nin balón nin ocasións. Arriba é imposible xerar nada. Non hai mobilidade, non hai apoios... Como na escola, o que recibe finaliza. Entrou Fran Monroy e a lo menos mostrou interese. Pudo marcar con un tiro ao pau. Sería inxusto gañar. De feito coido que ata o empate non fai xustiza. Bo ambiente no campo. Esperemos vernos para o ano. 01 Mar 2020, 19:34 178.62
Eu paguei 12 euros en tribuna. Pero penso que se pagan en todos os partidos. En San Lázaro este ano fun ver a Arenteiro, Rápido e Choco e paguei 10 euros nos tres. E o ano pasado que me coincidía mellor debín ir a 10 partidos ou así e diríache que foron 10 en todos menos contra o Bergantiños. 27 Feb 2020, 16:48 177.80
Mira si as regalan e lles pagan o autobús... 27 Feb 2020, 13:16 10.90
Tamén pagan os socios. Día do clube. Así e todo o de subir os prezos cando vai o Ourense cheira. 27 Feb 2020, 11:39 10.90
Ide preparando os bolsillos para cando vaiades a Santiago. Leín hoxe que vos vai a tocar pagar 15 euros por ver o partido onde outros pagamos 10 euros. 27 Feb 2020, 11:00 10.90
Eu perdinme. De quen estamos a falar Pesule? 25 Feb 2020, 10:15 10.90
O campo artificial dubido que lle vaia a facer favor ningún ao fútbol no pobo. Está claro que, mellor que o que hai, vai a ser. O campo ten dono e eles gastarán os cartos como estimen. Non coñezo os custes. O que sei é que, no seu día, cando arreglamos o campo disfrutamos máis de 20 anos dun céspede que era a envexa da provincia. Empezamos a escarallalo nos mesmos co concerto de marras. É unha inversión grande pero o campo amortízase. É evidente que o gasto anual non vai a ser o mesmo en mantemento pero si pensan que os de herba artificial non hai que coidalos e que van a durar 50 anos igual están equivocados. Repito, eles verán. Eu non sei si a mín esa decisión me fará deixar de ir ao campo (non creo) pero que non vai a axudar a manter a que temos seguro. 23 Feb 2020, 20:00 10.90
Futbolísticamente. ¿Mereceu o Ourense a victoria? Sí. ¿Propuxo máis? Non ¿Xogaron mellor? Tampouco. Non pode ser, e ocorre con certa frecuencia, que a maioría das ocasións dos rivais as xeremos nos mesmos non lendo onde estamos a xogar. A mín encántanme os equipos con unha proposta identificable, que ves que entrenan algo e o intentan levar a cabo pero, xa o dixen a semana pasada, hai que adaptarse ás circunstancias. Non pode ser que o rival, que ven unha vez ao ano a xogar aquí, se adapte mellor ao campo que nos, que xogamos cada 15 días. Neste campo non se pode xogar en defensa, non se xera ningunha ventaxa porque os controis soen ser deficientes e o central xa está encimado canto ten o control do balón. Hai que ser prácticos. As mellores ocasións do Ourense foron perdas en zona defensiva que máis que culpa dos xogadores é culpa do entrenador por insistir coa saída de balón. Puideron e deberon gañar o partido sen arriscar apenas. Rápido, Ourense, puntuaron sen necesidade de complicarse a vida. E nos insistimos coas perdas atrás, as cesións ao porteiro (que son un puto peligro..) Logo o tema das faltas e da permisividade do árbitro... A ver, se cadra se o noso dianteiro estrela tivera a garra, a implicación e a loita coa defensa que tivo Hugo, houberamos tamén forzado algunha na frontal.Para mín no gol non hai falta. É verdade que a Ross en varios balóns o agarran e o suxeitan da camiseta. Pero para que iso suceda hai que buscalo. Nos, durante 70 minutos, tivemos a un tipo camiñando polo campo sen sudar. Se cadra se fosemos igual de duros arriba como foi Hugo agora estaríanse queixando os do Ourense... 23 Feb 2020, 16:34 10.90
Berdian. Que unha afección pite os ánimos doutra, que ademáis e a visitante, tampouco me parece que teña gravidade ningunha. Sería grave que os pitos foran orquestados pero a escola está sempre aí e tentan facerse notar e animar ao equipo. Eu non lle daría moita máis bola. Quédome co bo. Un partido de terceira no que penso que andivemos máis preto dos 1.500 que dos 1.000 espectadores. Un ambientazo con dúas das afeccións penso que máis numerosas da categoría. Na miña zona había moita xente do Ourense e máis alá de que cada un tira para o seu lado penso que a corrección foi total. E ao salir do campo tampouco me parece que houbese mal rollo con ninguén. Cando somos moitos sempre hai algún borrego infiltrado. Hai que deixalo pasar. Ogallá tódolos fines de semana viñese un equipo que nos axude a encher a tribuna. 23 Feb 2020, 16:22 38.53
Oirensania. En Espiñedo o sábado había máis afeccionados do Ourense que na mellor entrada no Couto do Deputación de Ourense C.F. Non te humilles máis e limítate a desfrutar da bola de fume que tedes montada. 23 Feb 2020, 16:18 38.53
Ánimo. En La Región falan de fichar outro porteiro. Solo espero que na directiva haxa memoria e non teñan a tentación de recuperar ex xogadores que tanta merda sembraron cando non xogaron. 19 Feb 2020, 11:11 70.84
Pois rotura de cruzado Rui. Adeus tempada. 19 Feb 2020, 08:47 70.84
Pois non o sei. Tribuna terá 1500 ou así. Agora cos bancos de plástico menos. Antes podías apretarte algo. Supoño que agardan ao seguinte partido precisamente polo aforo. O ano pasado na Regueiriña, nos partidos contra o Choco e o Bergantiños había que estar de pe. 18 Feb 2020, 14:02 70.84
Por certo, en la Región, camuflado entre lamida e lamida de ovos pontina, pódese ler unha nova moi importante. O de Rui, a falta de confirmación, pinta mellor do que pintaba. 18 Feb 2020, 13:57 38.32
Agmo70. Se non houbo cambio de plans de última hora o partido contra o Ourense será o último que se xogue en Espiñedo. Logo ímonos para outro campo que non de vergoña allea. 18 Feb 2020, 13:55 38.32
Por certo. O de Rui méteme medo. Había moito que non tiñamos tanta seguridade na portería. A ver que tal o rapaz. Eu vinlle minutos nun par de partidos de pretemporada e pouca idea me fago do seu nivl. 17 Feb 2020, 18:35 10.90
Para mín o gran "debe" de Coach G. Hai partidos nos que penso modestamente que se pode ir a polo partido de cara e de inicio. Eu entendo que hai un sistema que funciona e que cos equipos que toman a iniciativa acaba dándonos bos resultados moitas veces. Entendo que o equipo se sinte máis seguro co debuxo que domina pero creo que hai rivais (sobre todo no noso campo) aos que temos que someter nos a eles e non eles a nos. E ir a polo partido dende o minuto 1. E penso por exemplo na aliñación de inicio contra o Bouzas ou non apear o debuxo nas Somozas. Non somos mal equipo e en ocasións, sobre todo na casa, parece que somos o colista que ven a pecharse contra o líder. Espero ver algo máis contra o Ourense. Son un bo equipo e que nos avantaxa na clasificación pero xogamos na casa e temos que dar a sensación de que non nos vale co empate. 17 Feb 2020, 18:34 38.32
A ver si desta vez somos un pouco máis valientes. Levamos toda a temporada queixándonos de que non temos mecha arriba e deixamos a Javi Pazos, Wadir e Monroy no banco dunha sentada. 17 Feb 2020, 10:31 95.71
Gelucho uno di noi 11 Feb 2020, 15:10 -14.28