Comentarios de Paco_Mentarista

Comentario Fecha Karma
¿Aínda estades co tema? Tendes un marronazo de carallo. ¿Non será mellor preocuparse polo Fisterra que polo Arenteiro? 27 Abr 2021, 19:09 298.24
Pensar que van a cubrir o aforo cos socios é tan optimista como pensar que van a salvar a categoría os maiores. Do Arosa desde chiquitito. 26 Abr 2021, 21:26 65.48
Gran día. A verdade é que estaba preocupado polas baixas en defensa. Non vimos ao Somozas dos mellores días pero o trío Mariña, Pol, Germán estuvo moi seguro e dando moita tranquilidade. Eu recordaba a Germán de central e tiña confianza en que estivese á altura pero ao xogar tan pouco este ano... Partido plácido que evitou infartos. Cando un equipo sae enchufadísimo e o outro comparece non campo porque hai que comparecer danse estes resultados. Aínda así non quita ningún mérito ao acadado. Queda poñer o broche de ouro gañando a Liga. Agora sentidiño. Xogaremos contra o Pontevedra pero non somos o Pontevedra. 26 Abr 2021, 10:09 65.48
A mín deportivamente non me parece que esté a decepcionar. Hai moito siareiro da UDO que vive noutra galaxia e cheguei a leer pallas mentáis de loitar por entrar cos 3 primeiros... O equipo eu penso que está onde debe estar por plantilla. E podía estar moito mellor se lle acompañase a sorte porque eu as veces que o vin case sempre sumou menos do que mereceu. A mín ese entrenador non me gusta polos valores que transmite, non polo que xogue. Salvo que alguén me demostre o contrario é un tipo de carácter áspero, antideportivo e un pelín cobarde, dos que lanzan a pedra e agochan a man. Cada un educa aos seus fillos como quere. Se vos gusta para a base, caralludo. Eu aos meus, por moi bo futuro que apunten, antes de poñelos a adestrar co ser vivo ese, prefiro mandalos a ximnasia rítmica. 22 Abr 2021, 19:18 5.81
Non merecestes perder. Está empezando a funcionar o karma. 21 Abr 2021, 22:11 64.45
É unha posibilidade moi real. ¿Como vedes en vez de a Álex a Germán Pérez de central? Eu penso que no Compos a maioría do que xogou fíxoo de central. Ten moita envergadura e vai moi ben de cabeza e, con Pol e Mariña igual quedamos un pouco curtos de centímetros. A opción de Presas por Álex no medio penso que nos resta algo de desplegue físico nesa zona do campo. 21 Abr 2021, 17:32 64.45
O rapaz fai o que ve na casa. Chega novo a un equipo no que ve o bípedo que se senta no banco, e que é quen o ten que poñer a xogar, ameaza directivos contrarios, reta a espectadores para quedar despois, nega o saúdo a compañeiros... ¿Que vai a facer? E dende a directiva, en vez de pararlle os pes ,adícanse a empurrar a quen escribe o que non gusta e a facer mutis por el foro cando algún castrón que presume de siareiro vai pegando bofetóns por aí... Eu xa volo dixen e choveron negativos (menos mal que non choveron ostias que sodes bastante afeccionados). Sementouse ben. Agora toca recoller. Hoxe toca Santa Isabel. Gelucho you'll never walk alone 21 Abr 2021, 15:08 -72.04
Espero que chegase a esa conclusión por sí mesmo. Si ten que andar fusilando o que poñemos aquí tena clara. No meu caso xa me custou aprobar a EGB... 21 Abr 2021, 10:25 10.89
Engado, que non me dera conta, que non podemos contar nin con Ger, nin con Portela nin con Cissé. Ou nos apeamos da liña de 5 clásica (que non vai a ser) ou liña de 3 centráis con Mariña, Pol e Germán Pérez (ou Álex) que nunca ata o de agora xogaron xuntos. Moi complexo o asunto. 19 Abr 2021, 16:13 64.45
Refírome aos parias de Callobre-Santiago. Aos outros que lles vaia o mellor posible, pero lonxe de mín. 19 Abr 2021, 15:07 5.59
Se non fago mal as contas, se lle gañamos ao Somozas e o Polvorín non é quen de gañar na Lomba somos equipo de 2 RFEF 19 Abr 2021, 12:32 64.45
Os seus soldados estarán o mércores en Santa Isabel rendindo pleitesía a don Rogelio Gómez Fernández "Rogelucho". Deixarémonos a gorxa polos azulgranas ata que matemáticamente sexan equipo de preferente. Gelucho, uno di noi. 19 Abr 2021, 11:24 64.45
Recibimos da propia medicina. Non fixemos mal partido pero o Bergantiños penalizou os nosos erros case con pleno de efectividade. Decisivo o erro do segundo gol porque tiñamos o partido moi do noso lado e parecía máis preto o 1-2 que o 2-1. Tampouco estivemos moi atinados no último tercio do campo onde nos costou tomar boas decisións a pesar de ter moita máis presencia que outras veces. Non se pode fallar contra o Somozas porque Arosa e Polvorín non van a desaproveitar oportunidades. Noutro orden de cousas: O Verín, dirixido polo precursor e introductor do fútbol de primeiro nivel en Espiñedo, plagado de ex-xogadores (tamén ex-futbolistas) do Arenteiro, inxustamente privados de xogar no clube a pesar da súa acreditada solvencia para xogar ao máximo nivel (2 B e superior), lidera o poderoso subgrupo ourensán de preferente..... pola cola. 19 Abr 2021, 11:05 249.72
É unha aposta forte por facer da súa primeira categoría unha competición atrainte. Estas esixencias van a facer que na 1 RFEF estén os equipos económicamente potentes e de cidades grandes que dispoñan de equipamentos deportivos decentes. A nivel espectador creo que non é o mesmo ver un partido pola tele en Riazor que no Vicente del Bosque do Adarve. Igual que non venden o mesmo os partidos de equipos de Alicante, Santander, A Coruña, Huelva, que Villaviciosa, Guijuelo, Luanco ou Marchamalo. Os equipos máis grandes queixábanse do pozo que é a 2B. Económicamente penso que aínda será máis costosa. Queda ver o retorno económico que ten esta proposta sobre todo cun contrato televisivo. Pode que realmente sexa a solución esta 2ª B mellorada. A 3 RFEF, como dixen, penso que seguirá nunha tónica máis ou menos semellante. A categoría ideal para os equipos das aldeas pero co lastre dos 16 equipos ao que non remato de verlle unha explicación clara. E logo está a 2 RFEF que (a falta de ver as condicións da RFEF) parece que vai a ser o tope para unha parte moi importante dos clubes que agora militan na 2ª B. A priori a que peor pinta ten. Vai a ser algo así como una liga das aldeas premium, supoño que cun costo lixeiramente inferior á actual 2ª B para manterse pero con moito menos atractivo. Un verdadeiro pozo para equipos como o Racing de Ferrol ou o Pontevedra. 16 Abr 2021, 10:00 138.89
Eu sabendo que hai entradas aínda me animaba que despois a volta quédame cerca. 15 Abr 2021, 13:37 62.47
Tes razón que pode que perda un pouco de nivel en tema xogadores. Pero vai a ser unha liga durísima, na que vai a ser difícil subir e complicado non baixar (si manteñen 4 descensos). Dubido moito moitísimo que a nova 3 RFEF teña algún parecido coa Preferente. Dende logo para o Arenteiro consolidarse na 3 RFEF por moitos anos non me parece un mal arreglo para seguir disfrutando do fútbol. A ver como nos vai na 2 RFEF (se subimos) pero se mantemos os pes na terra non auguro unha longa peregrinaxe. Eu insisto que a nosa categoría é a 3 RFEF (sexa a 4ª, a 5ª ou 9ª categoría). Claro que a nosa obligación tamén é loitar por xogar o máis alto posible e hai que desfrutalo o tempo que dure 15 Abr 2021, 11:32 138.90
Co tema dos subgrupos por proximidade de este ano penso que 1 RFEF e 2 RFEF se cadra aínda quedan un pouco descompensados colándose na 1ª algún equipo sin "cash" para tanto nivel. Iso, á larga, supoño que se correxirá. A mín a categoría que realmente me parece menos interesante (a nivel clube) é a 2 RFEF. A 3 RFEF vai a seguir sendo unha categoría dun nivel semellante. Si este ano era atractiva vai a seguilo sendo. A única pega, a que dis, deberían ser 18 equipos polo menos. E eu os filiais poñíaos a xogar nunha liga propia. A mín tipos que custaron millóns de euros xogando contra mil ou dous mil euristas non me parece que lle aporte nada á competición. E, ademáis, unha liga de filiais penso que, de por sí, xa é atractiva e vende máis un Celta B - Fabril que un Celta B - Guijuelo. 15 Abr 2021, 10:26 62.47
O partido do domingo poderase ver pola web da TVG 15 Abr 2021, 09:41 138.90
¿Dilo por Eimil ou por Carlos López? Porque calquera dos dous creo que están para xogar noutro nivel. 14 Abr 2021, 12:32 62.44
Xa, xa. Ao que me refiro é a facer un equipo para non baixar. O ascenso a 1ª RFEF é utópico totalmente por moito que os postos altos da 2 RFEF teñan menos nivel que tiñan os da extinta 2ª B. A dúbida é si os postos baixos estarán igual de caros que estaban ou, ao haber un descenso de competividade, fai falta algo menos de cash. O que non pode pasar é que alguén pense que, por estar na mesma categoría que o Pontevedra, somos o Pontevedra. Porque entón xa podemos ir enterrando o equipo. 12 Abr 2021, 18:44 138.70