| Eu penso que o cambio é para iso. Na actual 2B conviven transatlánticos como Hércules, Racing, Depor, Recre... con equipos das aldeas. Para os das aldeas é un luxo pero a realidade é que para os outros é aínda máis ruinoso que para os pequenos e non teñen alicientes.
Por iso que realmente o cambio futbolístico onde se vai a notar é nos equipos que actualmente militan na 2B. Vai a quedar unha 1 RFEF de moito nivel, con certo atractivo para o afeccionado e na que vai haber que ter moito cache (vetada completamente aos das aldeas) e unha 2 RFEF dun nivel menor e que, para os das aldeas ten certo atractivo e espero que esixa algo menos de orzamento para loitar (aínda que o dubido)
Na 3 RFEF non creo que vaia a mudar nada. Vai a seguir sendo unha categoría bonita, igualada, dura e con algunha proposta futbolística de bo fútbol seguramente.
A mín que sexa a 5ª, como si é a 18ª... o que me interesa é, se pago a entrada, que vou a ver. |
12 Abr 2021, 17:46 |
138.70 |
3 |
0 |
+info
|
| Eu a Ron lino e escoiteino bastante polo tema COB. Como redactor é moito mellor que Gañote pero ten moitas máis fobias que filias e como a colla con algo... |
12 Abr 2021, 17:24 |
138.70 |
3 |
0 |
+info
|
| Ou quere facer dano ou realmente non ten nin puta idea. Os ourensáns que queden entre os 4 primeiros do grupo de descenso manteñen a categoría. Porque a categoría mídea o nivel dos riváis contra os que compites. E o nivel non muda, penso que todo o contrario. Porque si este ano de 24 baixan 8, para o ano, de 16, baixan 4, o cal non é ningunha coña. Pretender que Barco, Puente e UDO son equipos de preferente é non haber mirado un partido das dúas categorías na puta vida. O que para o ano queira manterse en 3 RFEF vai ter que, como mínimo, gastar o de este ano. E para subir a 2 RFEF aínda máis difícil.
E bueno, soster que o Arenteiro, si se mete entre os 2 primeiros do ascenso, mantén a categoría, xa é directamente de comer moita bosta de vaca de neno.
Alguén ten que haber en Ourense que saiba algo máis de fútbol e teña capacidade para xuntar letras, digo eu. |
12 Abr 2021, 16:19 |
138.70 |
3 |
0 |
+info
|
| Que o Lugo o ano que ven xoga en 1ª RFEF cotiza a 1,01 nas casas de apostas. Custa entender o desa directiva.
Se baixa eu penso que hai xogadores no filial que poderían ter cabida na plantilla como fondo de armario. |
12 Abr 2021, 13:47 |
62.27 |
2 |
0 |
+info
|
| 14 cartóns nun partido no que non se deu unha mala patada. E xa non é a primeira vez este ano en Espiñedo que se van os dous equipos cun saco de cartóns en partidos limpos de todo. |
12 Abr 2021, 12:49 |
62.27 |
2 |
0 |
+info
|
| Non estou moi de acordo co amigo Tena. Cando se reestructuran categorías falar de ascensos e descensos é relativo. A 2 RFEF pode seguir sendo a cuarta categoría pero é evidente que futbolísticamente o nivel non pode ser o mesmo con 5 grupos de 18 equipos que con 18 grupos de 20 equipos. Polo mesmo razonamento teño claro que o nivel da 3 RFEF vai a ser similar ó da actual 3ª nacional por moito que pase a ser o 5º nivel. E vai a ser moi fodido manterse nela porque sendo 16 equipos como manteñan os 4 descensos.... O de que para ver futbol haberá que ir a Espiñedo... Si xa se ve fútbol en 3ª (que eu penso que sí) vai a seguirse vendo en 3ª RFEF porque o nivel vai a ser similar. |
12 Abr 2021, 12:28 |
62.27 |
2 |
0 |
+info
|
| Estou de acordo. A dinámica deste Polvorín fai que sexa perfectamente factible que sumen todo o que queda por xogar. Certo é que o mesmo se pode dicir do Arenteiro. Pero bueno, como dis, é cedo aínda para andar lambéndonos as pirolas. Está preto, pero aínda queda camiño. |
11 Abr 2021, 11:51 |
61.94 |
2 |
0 |
+info
|
| A mín as xogadas conflictivas píllanme no outro lado do campo así que non podo opinar. O que sí penso é que, coa nova normativa, o de Sylla é amarela. Aínda que sexa último home recorta cara fora e non vai cara portería.
A primeira parte foi moi boa. Do mellor do ano sen dúbida. A segunda non tivemos o balón (aínda que sí as ocasións) Tampouco penso que sufrisemos moito. Creo que este equipo está a gusto nesta situación de partido. O Polvorín, o previsto, un señor equipo... Non foi a mellor tarde do tridente Escobar, Morais, Cristian o que nos axudou tamén.
Por certo, a conta institucional do Concello do Carballiño felicitou ao clube pola victoria. ¿Será que Baltar lle ofreceu un carguiño a Fumega de porteiro da Deputación? |
11 Abr 2021, 11:14 |
61.94 |
2 |
0 |
+info
|
| Menudo penalty. Baltarato no Templo. |
10 Abr 2021, 17:57 |
60.31 |
2 |
0 |
+info
|
| Son baixas notables pero poñendo na balanza as nosas e as súas creo que saimos gañando. Eles veñen sen o kaiser da defensa (Quindimil) e sin a maxia de Iago Novo. Aínda así meten respeto. |
10 Abr 2021, 11:08 |
60.31 |
2 |
0 |
+info
|
| Aos de aldea chéganos coa terceira. Xa teño dito moitas veces que a categoría do Arenteiro (como moito) é a futura 3 RFEF. E para iso penso que nos podemos apañar sin grupos inversores. E, senon, pois a preferente, que tampouco se vive mal.
E cando queiramos ver fútbol de verdade, pois imos á capital (que non é a aldea grande capital de provincia).
|
08 Abr 2021, 14:18 |
60.31 |
2 |
0 |
+info
|
| Eu comparei a CDO con COB. Da Unión Derribo Ourense non dixen nada. Solo que hai afeccionados que teñen unha teoría sobre a entrada de capital público nos clubes segundo lles vaia na feira.
Ademáis, ata onde eu sei, o Arenteiro percibe os mesmos cartos que perciben o resto de clubes da categoría. Máis que nada porque para o político é moi fácil mover de aquí e levar para alá pero os movementos de tesorería teñen que estar avalados pola autorización de un funcionario público que dubido que se preste a unha querella por prevaricación.
Que si queredes seguir co conto para esconder que a pompiña xa estoupou e que está máis cerca a UDO2025, adiante. O Arenteiro xa manexaba o ano pasado un presuposto dos máis altos da categoría e segue a manexalo. Eu, a verdade, preocuparíame máis polo voso. O Arenteiro hai semanas que cumpleu co primeiro obxectivo de seguir en categoría nacional, vos ides camiño de baixar. |
08 Abr 2021, 09:53 |
60.31 |
2 |
0 |
+info
|
| Tivo 2 oportunidades de subir. Non subeu creo que, en parte, porque as contas reais debían ser un cachondeo e, en parte, porque os donos pasaron moito de seguir poñendo pasta.
O día que deixen de poñer pasta Concello e Deputación supoño que pasará como con CD Ourense.
|
07 Abr 2021, 16:38 |
60.28 |
2 |
0 |
+info
|
| E non olvidemos (porque eu fun socio ata hai un par de anos) que hai unha parte importante de socios da UDO que tamén son socios do COB. E si hai un clube mantido artificialmente pola Deputación e dirixido (aí está Camilo, antes estivo Gavilanes) por afíns a Baltar é o COB.
Os puristas dirán Baltar caca. Pero se non fose polo diñeiro público non habería baloncesto profesional en Ourense. E a mín quen mande ou quen deixe de mandar non me importa moito. O que me importaba era poder ir baloncesto de nivel un venres cada 15 días ao Pazo.
|
07 Abr 2021, 16:35 |
60.28 |
2 |
0 |
+info
|
| Pois non caera niso. Sí que é posible que se reseteen. Mellor. A mín o equipo gústame máis con Presas que con Marquitos. O xogador ten menos gol pero o balón circula máis e mellor con Nei Jr.
Noutro orde de cousas. O 11 celebran Asemblea Xeral Ordinaria os hamijos da Unión Derribo Ourense. Hoxe paseime polo seu foro por saber si esta semana pelexaran entre eles ou canearan a alguén e vexo que, co problemón deportivo que teñen, a súa preocupación segue a ser a economía do resto de clubes da provincia.
Espero que se inclúa na orde do día o asunto da financiación de Clube Deputación Arenteiro. |
07 Abr 2021, 15:33 |
60.28 |
2 |
0 |
+info
|
| Penso que Presas cumple ciclo coa amarela do outro día. En canto á defensa sospeito que o que funcionou nas Somozas non o vai a tocar. De deixar a alguén fora deixa a Mariña. |
06 Abr 2021, 21:04 |
60.22 |
2 |
0 |
+info
|
| En wosti xa sae como confirmado o sábado ás 17:00 horas.
En canto ao debate. É iso, debate simplemente. Eu son resultadista e o fin case sempre xustifica os medios. A Justo fixéronlle un equipo para ascender e vai camiño de cumplir ese obxectivo. Como dicides, non sempre ter a mellor plantilla garantiza o éxito.
Era simplemente seguir cun debate aberto. Como dixen cando se confirmou a fichaxe, a mín a proposta de Fran Justo gústame en canto á intensidade pero fútbol , xeralmente pouco, e con bos peloteiros. Mentres os resultados acompañen pouco se pode cuestionar o método. |
05 Abr 2021, 10:11 |
60.16 |
2 |
0 |
+info
|
| Si esto o fai Gelucho...
Eu tamén boto en falta algo de fútbol. Cando os teus 3 medios con máis minutos son Alex, Renan e Presas, que son futbolistas que dan a mellor versión con balón, pois pensas que igual se podía tentar ter máis a pelota. O certo é que nos partidos onde quixemos ser dominantes os resultados acompañaron menos.
Si alguén non veu ningún partido do Arenteiro este ano, con ver este xa lle queda visto todo. O mellor exemplo do que foi a tempada. Renunciamos ao balón, concedemos a pesar de iso pouquísimas ocasións e o pouquísimo que chegamos é sempre con peligro. Una vez nos poñemos por diante aínda concedemos menos. E para colmo o gol dun carrileiro, unha das grandes armas deste sistema.
Parece que se rompe a loita polo ascenso e queda en 3 equipos. Clave absolutamente o partido do vindeiro domingo. Os 3 puntos serían medio ascenso. |
04 Abr 2021, 20:43 |
59.01 |
2 |
0 |
+info
|
| A páxina de En Xogo confirma a emisión pola canle web do partido no Manuel Candocia.
Me la envaino y pido disculpas. |
04 Abr 2021, 16:29 |
59.01 |
2 |
0 |
+info
|
| No peor da pandemia a maioría dos clubes de 3ª mantiveron o interés na competición a través das retransmisións nas redes sociais. O único vínculo dos afeccionados cos clubes foron esas retransmisións que evitaron a desvinculación total clube-socio. De algún xeito os propios clubes axudaron a manter o interese nunha competición pola que a TVG pagou un diñeiro (pouco).
Non chego agora a comprender en que perxudica á TVG que se emitan encontros que non vai a emitir nas súas canles. Que a xente esté enchufada na competición solo pode traer como consecuencia máis conexións cando a TVG faga uso dos seus dereitos de emisión. Este tipo de prohibicións non fan máis que depreciar o producto. Pero bueno, eles son os que teñen estudios, algunha explicación terá...
Quero creer que o motivo da prohibición non é forzarnos a poñer o En Xogo pola noite para ver os resumos de 30 segundos. Aos que nos gusta o fútbol xa o miramos igualmente. Ou mirabamos... Por min poden ir tomar moito polo cu, sentíndoo moito polo programa de referencia do fútbol galego. |
04 Abr 2021, 15:07 |
59.01 |
2 |
0 |
+info
|