| Derby da Pobra na Alta.
Crocha e Puebla B chegan seguramente ambos conxuntos no mellor momento da temporada.
Os locais gañaron remontando nos últimos minutos ó Cordeiro B nun duelo que era decisivo para eles.
Os visitantes desfixeronse fácilmente do Unión B en Cadreche o sábado e ascenden ó terceiro posto da táboa sendo o principal beneficiado da xornada ante a derrota do Dodro e o empate do Bealo. Coidado que o Puebla B ten moito que dicir todavía.
Un derby e un derby, por posición na táboa favoritismo visitante, por momento de forma non hai un favorito claro. |
01 Mar 2022, 11:17 |
665.73 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de rachas negativas novamente na Guía.
O Carreira segue pasándoas canutas dende fai moitas xornadas e si a plaga de resultados e baixas segue non sabemos onde tocará fondo este equipo.
O Cures non está na situacion pero, a falta do partido deste mércores contra o Noia B, están calcando o negativo comezo de primeira volta con 5 derrotas seguidas. A racha eso sí finalizarona neste encontro en Pomar do Río.
Partido de moito sufrimento en especial para o que morda o polvo. |
22 Feb 2022, 19:22 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
| E outro partidazo máis nesta xornada.
Dodro e Porto do Son xogarán en Chenlo.
Os locais mantiveron unha semana mais a racha de partidos sin perder desde a xornada inaugural ainda que desperdiciaron un 0-2 na última media hora de partido na Trinidade.
O Porto do Son regresa da xornada de descanso co regusto da victoria ante un dos equipos importantes como é o Oleiros. Ca chegada de Abdoul Thiaw temos un equipazo especialmente forte de tres cuartos de campo ata a portería rival: Abdoul Thiaw, Jamal, Robert, Jorge Quintáns... ¿Entrarán todos no 11 de saida?
Partidazo para que o público disfrute en Chenlo. |
22 Feb 2022, 19:17 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro partidazo o que nos depara esta xornada.
Duelo de equipos da camiseta ca bandeira gallega.
O Bealo, nesta xornada local ven lanzado á caza do liderato. Os 11 goles en 2 partidos da semana pasada (incluída a goleada ó Noia B) dan alas e motivación ós do campo da Lomba.
O Palmeira goleou a un débil Carreira ainda que foron con empate a 1 tanto ó intermedio. Un pouco irregular a tendencia nos últimos partidos pero poden dar o do de peito en calquera campo.
Moi bo partido na Lomba. |
22 Feb 2022, 19:13 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo en Noia.
O Noia B e o Oleiros xogarán no Anexo do Julio Mato.
Os locais gañaron na Alta un partido máis complicado do que a previa vaticinaba.
Os visitantes devolveron a moneda ó Dodro da primeira volta empatando tamén a 2 e tamén no minuto 90 como na primeira volta fixera o actual líder.
Partido moi atractivo este do sábado no Anexo do Julio Mato "Matito" |
22 Feb 2022, 19:08 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
| Os filiais do Puebla e Unión xogarán sábado en Cadreche.
O Puebla B nun partido vertixinoso gañou remontando un 4-2 no sempre difícil Monumental de Pomar do Río.
Os visitantes caeron na casa nun duelo directisimo contra o Cordeiro B.
Partido con claro favoritismo local. |
22 Feb 2022, 19:04 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido a vida ou morte no Municipal de Campaña.
Cordeiro B e Crocha xogarán en sábado un duelo que, de gañar os locais case que sentenciarán os integrantes da fase de ascenso do grupo 1 de Santiago.
Os locais veñen de gañar a outro rival de fora da zona de ascenso como é o Unión B a domicilio e de maneira clara.
Os visitantes caeron na casa por 1-3 ante o Noia B pero facendo un moi digno partido.
Partido con pronóstico incerto. |
22 Feb 2022, 19:00 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
| Derrota no partido aplazado da xornada 13 do Noia B na Lomba por 6-1 ante o Galicia Bealo este mércores. Partido marcado pola expulsión do xogador do Noia B Samuel no minuto 9 por agresión. 4-1 ó descanso e 6-1 final. Con este resultado o Noia B queda en cuarta posición con 1 punto mais que o Puebla B e 1 menos que o Oleiros tendo todavía 1 partido aplazado pendente (vs Cures en Pomar do Río) |
16 Feb 2022, 23:44 |
650.75 |
1 |
0 |
+info
|
| Victoria do Galicia Bealo ante o Noia B por 6-1 no partido aplazado xogado mércores. Partido marcado pola expulsión por vermella directa do xogador visitante Samuel no minuto 9 por agresión, 4-1 xa ó descanso. Con este resultado o Bealo recupera o segundo posto e ponse a 4 puntos do liderato. |
16 Feb 2022, 23:39 |
650.75 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo entre Cures e Puebla B en Pomar do Río.
Calco da primeira volta nos locais. Desde que comezou a segunda volta contan os seus partidos por derrotas. Se seguen a tendencia finalizarán a mala racha no seguinte encontro. Pero o monumental é un campo onde calquera pode deixar puntos e quen sabe si o Puebla B pode ter un mal día tamén. Xa en Cadreche plantaran cara.
O Puebla B no duelo directo co Palmeira sairon victoriosos con un Balo en forma cun doblete nun partido menos vistoso do esperado pero de claro merecimento da victoria por parte dos ese día locais.
Partido vibrante en Pomar do Río. |
15 Feb 2022, 20:34 |
650.62 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido entre Unión B e Cordeiro B en Vilas en domingo en vez de sábado como habitualmente.
Os locais veñen todavía recuperando as feridas do 11-1 que levaron co Noia B e deben olvidar o partido pronto e non desenfocarse de partidos como o de hoxe onde poden sacar algo positivo si xogan como o día do Dodro.
O filial do Cordeiro colleu mais aire e mete 8 puntos de momento ó primeiro equipo dos que está fora da zona de fase de ascenso. Teñen que intentar si é posible pechar esto canto antes para non levar sorpresas.
Partido con favoritismo de partida visitante pero non tan claro como parece. |
15 Feb 2022, 20:20 |
650.62 |
1 |
0 |
+info
|
| Na Alta duelo entre Crocha e Noia B.
Os locais volveron de vacío de Dodro pero facendo sudar tinta ó líder. A falta de acerto nas ocasións que dispuxeron e unha acción desafortunada do porteiro evitaron sacar algo en limpio de Chenlo.
Os de Noia arrasaron 11-1 e están ca trituradora preparada. Antes desto partido complicado na Lomba cun rival directo como é o Galicia Bealo que pode cambiar significativamente as cousas na clasificación.
9-1 na primeira volta. Favoritismo claro visitante e veremos canto pode conter o vendaval os de vermello si todo vai segundo o que se presume. |
15 Feb 2022, 20:16 |
650.62 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo da xornada.
Oleiros e Dodro competirán polos 3 puntos nunha Trinidade que fai doblete este fin de semana logo do partido do Xuño o día anterior.
Os locais caeron no Son nos últimos minutos 4-3 cun Abdoul Thiaw que debutaba nos sonenses e con 2 goles (xuntados ós 2 de Jamal) deixaron os puntos no Emilio García.
Os visitantes gañaron por un axustado 2-1 a un Crocha que deu moita guerra. Manuel Vigo chega á vintena de goles e quererá seguir aumentando este número.
2-2 na ida e partido que se presume moi igualado e loitado por ambas escuadras. |
15 Feb 2022, 20:10 |
650.62 |
1 |
0 |
+info
|
| Xuño e Bealo adiantan partido e cambian de campo habitual. Xogarán na Trinidade. Segunda vez que os que actuarán de locais xogarán ahí, a última vez o partido foi co Unión B.
O Xuño ven cunha dosis de moral enorme tras gañar na Guía ó Carreira, e quererán seguir con esa inercia e dar a sorpresa ante un Bealo nos postos altos da táboa.
O Bealo volve da xornada de descanso onde gañaron no penúltimo partido 9-1 ó Carreira e onde entre semana xogarán un duelo directo co Noia B na Lomba. Duelo moi importante.
Favoritismo visitante neste partido. |
15 Feb 2022, 20:01 |
650.62 |
1 |
0 |
+info
|
| En Ventin enfrentanse Palmeira e Carreira.
Ambos veñen de resultados negativos na última xornada ante rivales próximos na táboa.
O Palmeira perdeu en Cadreche contra o Puebla B. Partido moi disputado pero xustos vencedores os pobrenses. Poucas ocasións claras e mais ruido que noces ofreceu o encontro.
O Carreira no duelo dramático agravou mais a sua situación perdendo co Xuño na casa. Pozo profundo do que lle costará salir ós da Guía.
Favoritismo claro dos locais. |
15 Feb 2022, 19:56 |
650.62 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo das rachas mais negativas de toda a liga.
Carreira e Xuño xogan na Guía un duelo dramático. Os locais cunha plaga de baixas levan desde a xornada 7 sen gañar (4-3 ó Unión B) e os visitantes sumaron os seus 3 únicos puntos na Xornada 2 (1-0 nas Furnas contra o Cordeiro B).
Quen perda entrará (ou meterase mais) nun furado negro difícil de sair. Quen gañe aparte do propio alegrón dos 3 necesarios puntos quizá se acerquen ó mais inmediato rival na táboa. O Carreira ó grupiño de Cures e Crocha (e evitarán que o Unión B se suba ás barbas) o Xuño achegariase algo ó Unión B pero deberían sacar algún punto mais de algún lado.
Duelo dos máis angustiosos da liga. Na primeira volta victoria fácil do Carreira nas Furnas por 1-5. |
08 Feb 2022, 22:17 |
644.09 |
1 |
0 |
+info
|
| Bo partido o do Emilio García.
O Porto do Son caeu derrotado na Alta ante o Crocha por 4-2. Partido igualado gran parte do mesmo pero no último treito de encontro notouse o esixente da Alta para os sonenses.
Os visitantes veñen da xornada de descanso pero veñen de darlle un severo correctivo precisamente ó Crocha por 4-0. Non renunciarán a posicionarse no mais alto da táboa para buscar o mellor grupo posible.
Partido antollase intenso. |
08 Feb 2022, 21:28 |
644.09 |
1 |
0 |
+info
|
| O líder da competición recibirá ó Crocha en Chenlo.
Os locais pasáronas canutas para superar ó Unión B e so no desconto tras un zapatazo de Rober tras un rebote dun corner conseguiron levar os 3 puntos no 93. Por merecimentos, posesión e ocasións o resultado foi xusto. Ainda que hubera sido bo premio e merecido ata certo punto ese esforzo do Unión B.
Enfrente un irregular Crocha que tan pronto da un petardazo sonado ou, como este fin de semana pasado, dar a sorpresa e con bastantes baixas importantes gañar 4-2 ó Porto do Son que viña moi forte. Veremos qué cara mostran desta vez si a pletórica da última xornada ou a calamitosa da anterior en Oleiros.
Partido de favoritismo local en principio pero veremos qué pode dar de si este encontro. |
08 Feb 2022, 20:59 |
644.09 |
1 |
0 |
+info
|
| Ollo a este encontro porque este partido non sendo definitivo o resultado que sala de aquí marcará o devenir da competición non só destos 2 conxuntos sinon de algúns mais si van sacando puntos.
Enfrentanse Cordeiro B e Cures no Municipal de Campaña. Partido clave para a maioría dos que están fora da fase de ascenso.
O Cordeiro B caeu en Ventin por 3-2, logo de poñerse 0-1 o Palmeira foise impoñendo ata lograr un 3-1 que os de Valga maquillaron nos minutos finais.
O Cures ven fresco tras non xogar o fin de semana pasado tras ver aplazado o partido por casos de COVID co Noia B pero levan 2 derrotas seguidas ainda que con equipos da zona alta. Este partido é bastante clave para os visitantes ainda que teñen na recamara ese partido aplazado.
Partido emocionante polo que se xogan os 2 equipos. Un a momentánea tranquilidade e outro poñerlle o alento no lombo ó seu contrincante. Crocha principalmente e un pouco mais lexos Carreira e Unión B poñerán un ollo aquí. |
08 Feb 2022, 20:47 |
644.09 |
1 |
0 |
+info
|
| Horario raro o das 18:30 para un partidazo. Antes xoga o Xuvenil do Puebla tamén dirixido por Óscar co que o mister do Puebla terá ración doble e xa irá co calentamiento ben feito.
Puebla B e Palmeira xogan en Cadreche un partido moi igualado.
Os locais veñen de levar os 3 puntos das Furnas e os visitantes gañaron por 3-2 ó filial do Cordeiro. Momento de bastante boa forma de ambos.
Na primeira volta en Ventin empate a 1 nun partido moi igualado e antóllase moi similar este. Promete espectáculo do bo este encontro. |
08 Feb 2022, 20:23 |
644.09 |
1 |
0 |
+info
|