Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Os filiais de Noia e Unión vense as caras na Silva. Ambos conxuntos viron frustrados os seus últimos partidos no desconto. O Noia B (descansado eso sí tras non poder xogar os 2 últimos partidos programados) voaronlle 2 puntos casi seguros contra o Palmeira deixando escapar un 2-0 favorable no último encontro que puideron xogar. Os visitantes logo de facer un notable partido contra o líder Dodro poñendose 1-0 e 2-1 voaronlle os 3 puntos no desconto cando quizá o empate ata certo punto foi merecido. Partido en principio desigual e de favoritismo local pero tamén era favorito o Dodro e o Unión B fixolles sudar tinta. 08 Feb 2022, 20:08 644.09
Bueno a ver. Eu estuven presente no partido. E a verdad foi doloroso o gol no 93. A victoria por ocasións de uns e outros foi merecida para o Dodro. Pero foi unha fazaña do Unión B ir 1-0 e 2-1 contra o lider. Incluso nos minutos tolos finais hubo 1-2 contras do Unión que tardou en tirar o dianteiro, pero o peso do encontro levouno (e casi que era loxico que o levara) o Dodro que levan desde a xornada 1 sin perder. Moi ben o porteiro local, erro grave do porteiro do Dodro no despexe que supuxo o 1-0 e mala sorte do 1-1 no rebote do defensa no tiro que acabou en gol do Dodro. Pola resistencia do Unión B si queda empate tampouco pasaba nada ben é certo. Sería un gran chute de moral para os chavales. Por empuxe do Dodro ós puntos mereceron gañar os visitantes pero entendo a faena que supón que remonten no 93, mais estando en zona baixa e poñendolle as cousas moi moi difíciles ó líder. Ánimo ó Unión B que si xogan así poden sacar bastantes mais puntos. 06 Feb 2022, 12:41 639.39
Segundo aplazamento deste partido por casos COVID no equipo visitante. Veremos cómo afecta esto ós partidos da fin de semana. 02 Feb 2022, 17:13 638.57
Ventin acollerá o encontro entre Palmeira e Cordeiro B. Os locais lograron a fazaña de ser os primeiros que levan un punto do feudo do Noia B. Os irmans Costa Duarte nos últimos 7 minutos igualaron o 2-0 que parecía casi definitivo. O Cordeiro B leva 2 victorias nos últimos 3 encontros e está apuntalando esa última plaza que da dereito a xogar a fase de ascenso xa que os rivais de fora deses postos non están sumando. Partido interesante en Ventin. 02 Feb 2022, 10:35 638.57
No Monumental xogarán Cures e Noia B. Os locais conseguiron poñerse por diante no campo do lider pero acabaron sucumbindo por 3-1. Os visitantes deixaron ir 2 puntos podendo haber sentenciado o partido de sobra e con 2-0 favorable a 7 minutos do final firmaron tablas co Palmeira. Esta tarde xa terán o primeiro encontró en superficie de terra contra o Bealo, partido aplazado. Partido no que non descarto ningún resultado. Actualizacion: o Galicia Bealo - Noia B que se xogaria o día 2 de febreiro volve a aplazarse por casos COVID. Veremos si afecta a este partido. 02 Feb 2022, 10:27 638.57
Na Lomba xogarán Galicia Bealo e Carreira. Ós locais se lles foron de maneira inexplicable 2 puntos en Cadreche logo de ir gañando 0-3 ó Puebla B no minuto 87. Os visitantes chegan da xornada de descanso pero en caída libre necesitan reaccionar. Pinta a historia ben distinta do encontro da primeira volta onde os da Guía deron a sorpresa gañando 1-0. O Galicia Bealo xoga esta tarde partido aplazado contra o Noia B na Lomba ás 20:30 Actualizacion: Volve a aplazarse o Galicia Bealo - Noia B por casos COVID. 02 Feb 2022, 10:23 638.57
Nas Furnas xogarán Xuño e Puebla B. Os locais siguen pasandoas canutas na categoría e caeron no campo do único rival que gañaron por 3-0. Ainda que xogando como locais hai partidos onde non é coser e cantar o levar os 3 puntos do inconfundible campo das Furnas O Puebla B ven de facer a épica. Levantando un 0-3 en contra desde o minuto 87 ata empatar a 3 tantos e contra un dos da zona alta: o Bealo. Partido con claro color azul e branco pobrense. A ver qué sucede. 02 Feb 2022, 10:21 638.57
Duelo na Alta entre Crocha e Porto do Son. Os locais volveron ás andadas perdendo claramente na Trinidade onde se foron diluindo conforme pasaron os minutos ata o punto de non inquietar a portería rival. Os visitantes todo o contrario. En 3 partidos xogados en 7 días sacan un balance de 19 goles a favor e 3 en contra. Contando nas súas filas cunha das duplas mais prolíficas en goles xa que Robert Lazarczuck e Jamal suman 24 dianas entre os 2 os do Son levarán a casi calquera por diante que se lles poña no medio. Partido difícil para os locais. Os visitantes chegan no mellor momento de forma da temporada a pesar do susto do empate a 5 minutos do final que solventaron. 02 Feb 2022, 10:17 638.57
Duelo do sábado entre penúltimo e líder. O Unión B ven de casi dar a sorpresa no Emilio García empatando o encontro no 85 pero neses últimos 5 minutos a dupla Robert Lazarczuck e Jamal evitaron que algún punto voase do Son. O Dodro non tivo o comezo desexado contra o Cures comezando por detrás no marcador pero finalmente fixeron facer a súa condicion de líder gañando por 3-1. Partido con bastante color visitante pero veremos qué pasa. 02 Feb 2022, 10:13 638.57
Porto do Son e Unión B xogarán no Emilio García. Pouco tempo de descanso para os locais que o venres xogarán o encontro aplazado co Xuño. Horario extrañísimo das 9 da noite. Veñen moi moi fortes logo de destrozar nun segundo tempo infalible a un Cures que levaba 7 encontros sen perder. Aparte collen a un Unión B en horas baixas. O Unión B ven quizáis no peor estado de ánimo da temporada. 2 partidos seguidos en Vilas con 0 goles a favor e 9 en contra. Como non fagan piña van pasalo moi mal. Na primeira volta victoria do filial do Unión por 4-3 tras remontar un 1-3. Historia totalmente distinta a de un e outro equipo respecto daquel encontro. Partido con claro favoritismo local. A ver si o Unión pode torcer estos pronósticos ou polo menos dar guerra. 24 Ene 2022, 15:22 630.57
Na Trinidade xogan Oleiros e Crocha. Os locais logo do tropezón en Pomar do Río gañaron sin moita complicación ó Unión B. Ollo a José Millares que leva 6 tantos nos 4 últimos encontros e escoltado por Aaron e Aitor son dianteira temible para calqueira equipo da categoría. O Crocha xa completou a segunda e última xornada de descanso e volven todavía co bo sabor do set conseguido en Vilas. Un partido onde bordaron o fútbol que non se ve con tanta frecuencia como lles gustaría ós da Pobra. Partido totalmente distinto o que lles espera este domingo: campo mais estreito e rival moito mais duro e perigoso. Aparte as últimas visitas á Trinidade non foron nada agradables para o Crocha. Na primeira volta victoria dos da Trinidade no desconto por 1-2. Bo partido. 24 Ene 2022, 15:16 630.57
En Chenlo xogará o líder contra o Cures. Partido que sigue sendo atractivo pero o acontecido no Monumental co batacazo de 2-8 contra o Son que corta e de que maneira a boa xeira dos de Boiro pode alimentar dudas, esperemos que non. Aparte deron a cara en campos ben difíciles como o do Noia B, A Lomba ou Ventin. Esperemos que so sexa un accidente. Gran roto pero accidente o da segunda parte. O líder empatou en Ventin merecendo quizáis os 3 puntos no cómputo xeral do partido. Un gol encaixado de moi mala sorte (ollo a Juan Vidal e a súa insultante xuventude, que o fallo non lle vai facer perder a confianza) e un porteiro rival intratable evitaron levar os 3 puntos contra o único equipo que foi capaz de gañarlles en liga. Partido interesante. 24 Ene 2022, 15:09 630.57
Cordeiro B e Xuño enfrontaranse no Municipal de Campaña. Ambos veñen de perder polo mesmo resultado de 3-1. Os nesta xornada locais caeron en Bealo aguantando o empate a 1 ata o 75 onde un penalti desnivelou a balanza para os de Boiro. Os visitantes sorprendreron aguantando o 1-0 co todopoderoso Noia B ata o 45. Logo do empate e a lesión do porteiro dos de amarelo a loxica imperou pero o 1-3 sendo derrota igualmente non é tan malo para vir de donde veñen. Aparte os visitantes xogan contra o equipo co que lograron os 3 puntos nas Furnas por 1-0. O Cordeiro B quererá vengar esa derrota inesperada. Partido con certa miga este. 24 Ene 2022, 15:01 630.57
Partidazo en Cadreche cun pronóstico incerto. Vense as caras Puebla B e Galicia Bealo. Ambos equipos veñen de solventar bastante ben os seus partidos. Os locais na Guía ante un Carreira en cuadro e os visitantes na Lomba contra o Cordeiro B por 3-1. Na primeira volta vibrante 3-2 para os de Boiro con remontada incluida e primeiro dos espectáculos do delegado do Bealo, esperemos que haxa sentidiño. Partidazo en Cadreche. 24 Ene 2022, 14:53 630.57
Moi bo partido entre Noia B e Palmeira. Os nesta xornada locais veñen de gañar como se esperaba en Xuño pero con moitisimas dificultades indo por detrás no marcador ata o filo do descanso. Eso é a lesión do porteiro do Xuño facilitou algo mais as cousas pero foi un 1-3 corto para o que se espera do Noia B. Os visitantes foron os primeiros que lle encontraron as costuras ó filial do Noia na primeira volta. Veremos fora de Ventín que pasa. O empate co Dodro da xornada pasada non foi malo pero, aparte de encontrarse con un gol nunha patada ó aire do porteiro do Dodro e o sufrimento da segunda parte cun David en portería inspiradísimo todo o partido pero especialmente nos segundos 45 minutos poden dar por bo o punto. Partido moi bo para ver. 24 Ene 2022, 14:49 630.57
Vense as caras Carreira e Puebla B na Guía. Os locais prolongaron a súa mala racha contra o Cordeiro B e deben cortar esa racha (que non obstante varios equipos a sufriron ó longo da primeira volta) o antes posible. O Puebla B ven da xornada de descanso con 2 victorias consecutivas de atrás e quererán prolongar esta boa xeira. Duelo con bastante favoritismo visitante. Pero cada partido é unha caixa de sorpresas. 21 Ene 2022, 14:59 624.17
Nas Furnas xogarán Xuño e Noia B. O 10-1 na primeira volta non son bos augurios para os locais, veremos cómo se defenden os visitantes en terra, xa que, co aplazamento en Bealo é o primer partido que xogarán nesta superficie. Eso e o factor vento. Duelo moi desigual a priori o das Furnas. Desexarlle moita sorte a ambos equipos. 21 Ene 2022, 14:56 624.17
Bo partido en Cures domingo. Os locais e o Porto do Son vense as caras no Monumental de Pomar do Río. 7 xornadas sen perder contemplan ós locais e visto o 3-2 da ida quizais teñan opcións de prorrogar esta racha unha semana mais. O Porto do Son rascou un bo punto en Ventin ainda que chegaron a ir 1-2 a favor. Teñen opcións si tanto en defensa como en ataque encabezados por Robert están inspirados. Unha derrota ainda co partido pendente pódelles complicar a vida moito. Partidazo sin duda no Monumental. 21 Ene 2022, 14:53 624.17
O partido da xornada. Palmeira e Dodro vense as caras en Ventin. Os locales foron o único equipo que logrou vencer ó Dodro nesta liga. Eso e o factor Ventin poden ser importantes. Unha victoria local probablemente deixe un tercio ou a metade de plaza de ascenso dos 6 primeiros encarrilada deixando o 7° e 8° posto como plazas a disputar entre os que as están ocupando e os que loitan por entrar. O Dodro reforzando liderato de ganar darán golpe na mesa e terán na súa man posicionarse o mellor posible de cara á fase de ascenso. Manuel Vigo e os seus 17 tantos son do mellor da Categoría. Partidazo en Ventin. 21 Ene 2022, 14:48 624.17
Duelo de recuperar terreo perdido na Lomba. O Bealo ven de non poder disputar o partido da xornada anterior polo que terán que non deixar nada ó azar de partidos pendientes e amarrar a victoria. Os visitantes no duelo de malas rachas invertiron a súa a costa do Carreira e buscarán despegar e defender a súa plaza de promoción. 21 Ene 2022, 14:40 624.17