| Duelo por todo o baixo en Cadreche entre penúltimo e pechacancelas.
Ambos equipos perderon por 2 goles e sin poder anotar na última xornada.
Os locais perderon xogando un moi bo partido en Bealo pero a falta de gol condénaos partido sí e partido tamén. Teñen que ter a puntería do día de Carreira para sacar un bo resultado. O xogo é bo, a pegada non tanto.
O Xuño perdeu xogando na Trinidade de maneira ocasional contra un rival directo 0-2 que os sigue deixando con 3 puntos pechando a taboa. Oportunidade de ouro para os das Furnas para deixar a última praza e ter un acompañante mais nesa zona baixa.
Partido de moita tensión en Cadreche e con moito interés. |
09 Dic 2021, 22:29 |
601.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo de 2 moi bos equipos que non sairon nada contentos da última xornada.
Ó CD Dodro estragóuselle a posibilidade de liderato pinchando en Campaña co Cordeiro "B". Partido condicionado pola expulsión no minuto 40 do porteiro visitante. Con 1 menos lograron rescatar un punto cun Manuel Vigo que chega á decena de goles e está no alto da táboa de pichichis.
O Puebla "B" levou un duro revés na casa contra o Porto do Son. A maior experiencia e un partido coral dos do Son culminados por un Robert Lazarczuck en estado de gracia fixeron que os de Óscar Iglesias colleiten a segunda derrota consecutiva. Perden fuelle respecto ós líderes e ainda teñen que pasar a xornada de descanso.
Partidazo en Chenlo con necesidades de recuperar boas e plenas sensacións en ambos equipos. |
09 Dic 2021, 22:23 |
601.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Ollo ó Son que colleu carrerilla e empeza a recuperar sensacións da última temporada ou polo menos os resultados da temporada que lles levou a acabar en zona alta antes da cancelación da temporada. A victoria en Cadreche ante o Puebla "B" supón un golpe de efecto e quizáis un punto de inflexión no que está por vir.
O Carreira leva 2 derrotas pero moi moi luchados ambos partidos ante Crocha e Oleiros. Visitar o Emilio García será outro partido complicado para os da Guía pero quizáis este partido sala cara en vez de cruz.
Partido interesante. |
09 Dic 2021, 22:16 |
601.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Volve o Noia B da xornada de descanso cos deberes por facer. Perderon o liderato polas victorias do Oleiros e o Bealo, pero precisamente xogan entre eles e un empate na Trinidade e a victoria na Silva dos locais devolveríalles o posto do privilexio.
O Cordeiro B é un rival impredecible e pode pinchar donde non se espera e facer partidos de nivel ante rivais dos de categoría. Boa mostra foi o empate na última xornada ante o Dodro chafándolle a opción de liderato ós de Chenlo.
Partido que non se sabe qué pode saír de ahí. |
09 Dic 2021, 22:09 |
601.14 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido adiantado da xornada 10.
Unión "B" e Palmeira vense as caras no Municipal de Vilas.
Os visitantes pincharon en Ventin ante un correudo Cures. Resultado seguramente inesperado para moitos.
O Unión "B" no duelo da parte baixa entre semana co Xuño sairon victoriosos por 0-2. Gañaron e evitaron a trampa para moitos visitantes que é As Furnas xa que xogaron na Trinidade.
O Palmeira a recuperar o terreno perdido. O Unión "B" a sair da zona baixa e intentar recortar distancia cas últimas plazas da fase de ascenso. |
09 Dic 2021, 21:53 |
601.14 |
1 |
0 |
+info
|
| Ollo á curiosa situación que se da nesta xornada. Descansa o Noia "B" e hai 3 equipos que poden coller o liderato dependendo de si gañan e por canto gañen. Un dos candidatos está neste encontro.
No Municipal de Campaña xogan Cordeiro B e CD Dodro.
O Cordeiro B leva 2 derrotas consecutivas logo de 4 victorias consecutivas, non podemos decir que se desinfla o globo pero sí que o progreso vese freado para escalar a cotas maiores, e tampouco será nada fácil desta vez co rival que teñen frente deles.
Ollo a este Dodro porque frenou ó Todopoderoso Noia "B" e abre o abanico de candidatos a finalizar no mais alto da liga regular. Aparte con esta victoria obteñen a chave para ser un dos firmes candidatos a, nesta xornada, acabar no máis alto da táboa. Teñen +9 no golaverage xeral por +8 do Oleiros e +7 do Bealo. As espadas en todo o alto.
Xogarán tamén nun horario rarísimo das 18:30 sabendo qué fixeron Oleiros e Bealo.
Partido que pode dar un xiro de 180° a esta Liga. |
07 Dic 2021, 00:03 |
595.33 |
1 |
0 |
+info
|
| Ollo á curiosa situación que se da nesta xornada. Descansa o Noia "B" e hai 3 equipos que poden coller o liderato dependendo de si gañan e por canto gañen. Un dos candidatos está neste encontro.
Enfrontanse nun dos derbys ribeirenses Carreira e Atlético Oleiros.
Os locais perderon ante o Crocha que todavía non gañara en liga pero a pesar do primer tempo realizado casi logran o imposible que era igualar un 4-0, actitude impresionante dos da Guía a pesar de non sumar. Partido cun claro favoritismo para os visitantes pero que llo digan ó Bealo neste mismo escenario.
O Oleiros ven de gañar a un rival directísimo como o Puebla "B" o que descoñecía e que teñen (ou tiñan) unha reclamación aberta do partido contra o Cordeiro "B" por alineación indebida dun dos xogadores por xogar estando en baixa médica, non sei en que punto está ese proceso. Quitando eso siguen na pomada.
Bo partido o da Guía. |
06 Dic 2021, 23:51 |
595.33 |
1 |
0 |
+info
|
| Ollo á curiosa situación que se da nesta xornada. Descansa o Noia "B" e hai 3 equipos que poden coller o liderato dependendo de si gañan e por canto gañen. Un dos candidatos está neste encontro.
Na Lomba vense as caras Galicia Bealo e Crocha. Os primeiros gañaron en Vilas cun Gordon que meteu todo o que lle veu e van enfilados habendo perdido solo un encontro en todo o campionato.
No outro lado o Crocha que, á séptima foi a vencida e por fin sumaron por primeira vez de a 3. Un partido que foi unha exhibición contra o Carreira ata o minuto 50 cun 4-0 pero que os 40 restantes casi tiran pola borda o que tanto traballiño lles costara. Esa fraxilidade sigue deixando dudas, poucas veces se vai sacar algo positivo encaixando 3 goles.
Partido vibrante o da Lomba. |
06 Dic 2021, 23:41 |
595.33 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido de equipos á alza. Especialmente e nos últimos partidos dos visitantes.
O Palmeira volve da xornada de descanso con todavía bo sabor de boca da convincente victoria en Xuño. Pero enfrente terán a un Cures que leva 7 puntos dos últimos 9 e cunha das aficións máis a morte co seu equipo que os fai estar na cresta da ola.
Partido e choque de boas dinámicas. Por estado de forma dos conxuntos un dos partidos da xornada. |
06 Dic 2021, 23:34 |
595.33 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido extrano este de Cadreche.
Un Puebla "B" que viña enrachado perdeu contundentemente na Trinidade. Ben é certo que tuvo baixas por xogadores que foron co equipo de Preferente no derby ante o Boiro.
O Porto do Son sendo do pelotón de cola gañou por 3-1 convencendo na casa ó Cordeiro "B". Victoria que, ainda que non sumara contra o Noia "B", reforza a moral dos do Emilio García ca boa actuación desa derrota e os 3 puntos sumados na casa.
Duelo interesante na Pobra.
|
06 Dic 2021, 23:26 |
595.33 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido entre equipos da zona baixa.
O Xuño prolonga a súa racha negativa perdendo ante un rival directo como o Cures. O Unión "B" perdeu dentro dos pronósticos co Galicia Bealo ainda que puido anotar 3 goles.
Duelo de moitas necesidades de 2 equipos que levan sin sumar os 3 puntos dende a segunda xornada de liga. |
06 Dic 2021, 23:23 |
595.33 |
1 |
0 |
+info
|
| O partidazo da xornada.
Líder e terceiro clasificado vense as caras no campo destes últimos.
O Noia B sigue liderando con man de ferro ainda que as pasaron moi malas contra o Porto do Son contra todo pronóstico. 2-0 según din alguns presentes bastante inxusto que puido ser empate ou incluso victoria visitante. Debería servirlles de alerta para que non se relajen en ningún momento.
O Dodro chega da sua xornada de descanso mantendo a racha de victorias e a boa dinámica.
Choque estelar e principalmente outra proba para ver si ó Noia B lle tose alguen e son terrenales ou escapase definitivamente e sin remedio. |
02 Dic 2021, 23:00 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo na Trinidade eclipsado polo duelo en Chenlo.
Oleiros e Puebla B chegan en boisima forma logo de gañar por 3 goles de diferencia ós seus últimos rivais, especialmente a do Puebla gañando ós seus veciños no derby local.
A Trinidade pode ser un factor decisivo para os locais pero será un partido no que se pode dar calquera resultado.
Duelo sin duda atractivo para o que asista a A Trinidade. |
02 Dic 2021, 22:54 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido con necesidades vitales para os locais. Siguen sin ganar despois de 6 partidos e veñen de levar unha goleada en Cadreche no derby local cun principio de segunda parte moi negativo. Si perden xa se poden ir despedindo con moita seguridade de entrar nos 8 primeiros clasificados a golpe de decembro e de mitad de primeira volta.
O Carreira ven nunha nube logo de remontar un 0-3 cun Javi Regueiro estelar cun poker baixo o brazo. De gañar eliminarán a un rival do medio metendolles 11 puntos.
Partido para ver si desperta do coma o enfermo que xogará como local ou si o Carreira é o que se mete de pleno dereito a soñar con esa fase de ascenso. |
02 Dic 2021, 22:52 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido que si nos fiamos do último partido vai estar mais igualado que o que indica a clasificación.
Ambos perderon pero o Porto do Son fixollas pasar canutas ó Noia B que o 2-0 aparte de curto con respecto a outros partidos do líder o segundo tempo foi un escándalo con varias ocasións dos do Emilio García.
O Cordeiro B ven de cortar unha racha de 4 triunfos consecutivos de maneira moi abrupta con un 0-3 en Campaña do Oleiros que parece poucas ou ningunha opción deu ós de Valga.
Partido de pronóstico incerto. |
02 Dic 2021, 22:44 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
| Un Cures que de que lle colleu o tranquillo ó asunto vai lanzado facendo sudar tinta no último partido ó Bealo na Lomba recibirá a un Xuño que leva desde a segunda xornada sen puntuar.
Xogar en terra non será ventaxa ningunha para ningún dos 2 equipos, xa que saben ben loitar nesta superficie.
Parecen claros favoritos os de Pomar do Río, pero eles mais que nada deberian saber que os pronósticos están para romperse xa que eles mismos os romperon na Lomba o domingo pasado. |
02 Dic 2021, 22:33 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo impredecible o de Vilas.
2 equipos que pincharon inesperadamente. Un por como iba o partido deixandose remontar un 0-3 e outro porque viña lanzado e empatou na casa contra un equipo dos da zona baixa.
O último sábado que ambos xogaron os locais empataron contra un dos fuertes como o Puebla "B" e o Bealo gañou en Ventin.
Polos precedentes en sabado pode ser un partidazo. Veremos... |
02 Dic 2021, 22:27 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
| Semana de partidos de rivalidade local ou de proximidade que culmina con este Derby da Pobra.
Puebla B e Crocha chegan en situacións ben distintas. Os primeiros están quintos pero perderon 2 puntos inesperados en Vilas contra o Unión B e a Carlos Teira por doble cartón amarelo. De todas formas o equipo pode cubrir ben esta baixa importante.
O Crocha sigue na espiral negativa e colleitaron outra derrota, bastante inxusta na Alta. E caen ó último posto da táboa. Chegan sin sancionados e veremos cantos xogadores poden recuperar de cara a este emocionante partido.
Un partido vibrante, dos derbys ou partidos de rivalidade o mais interesante. Que deixen xogar ós chavales e que non haxa malos rollos en todo ó que rodee este encontro. Que hai moitos amigos e cuadrillas de amigos que xogarán nos 2 equipos e ten que haber bo rollo dentro de que é un partido moi emocionante de ver e xogar. |
25 Nov 2021, 12:48 |
581.38 |
1 |
0 |
+info
|
| A Guía vivirá un partido onde chegan 2 equipos que invertiron tendencias.
Os locais logo de 2 victorias seguidas terminaron a súa xeira triunfante perdendo en Pomar do Río. De todas formas esas 2 victorias failles estar nunha situación de ter a situación pola man sempre e cando non cedan mais puntos e se fagan fortes na casa.
Os visitantes cortaron Unha racha de 3 derrotas seguidas empatando ante un moi bo Puebla B. Partido tolo na primeira parte que o resultado final xa quedou definido dende o minuto 40.
Partido incerto na Guía onde o Unión B é probable que non conte ca ventaxa de xogadores que baixen do A a axudar. Pero será un partido igualmente moi disputado. |
25 Nov 2021, 12:38 |
581.38 |
1 |
0 |
+info
|
| Volve o Xuño despois da xornada de descanso e volverá o seu sempre difícil campo das Furnas. Buscarán a segunda victoria do curso facéndose fortes na casa.
Enfrente un Palmeira que ven dun serio revés en Ventin contra o Galicia Bealo, partido non exento de polémica gracias ó delegado dos visitantes e que puido desembocar en problemas mais graves cunha batalla campal. Que ós este domingo visitantes non lles cegue esta derrota porque ca igualdade que hai na liga un día estase abaixo e outro arriba.
Partido de intentar recuperar sensacións para ambos equipos. |
25 Nov 2021, 12:33 |
581.38 |
1 |
0 |
+info
|