Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Partido de dous rivais que veñen con boa moral da última xornada. O Bealo levou os 3 puntos do casi inexpugnable feudo de Ventin. Aínda que parece ser que o seu delegado deu a nota caldeando os ánimos do partido. Persoa que, sendo árbitro como foi, debería dar mais exemplo. Agora contra o Cures buscarán asentarse nos postos de privilexio. O Cures levou a primeira victoria do curso e abandona o farolillo vermello. E xogar na terra da Lomba non lle será nada novo. Buscarán enganchar 2 triunfos seguidos. Partido bo este Derby de Boiro entre Bealo e Cures. 25 Nov 2021, 00:32 581.35
Partido de rivalidade entre pobos vecinos, nun horario atípico e nun campo atípico. Noia B e Porto do Son veranse as caras no Julio Mato "Matito" de herba natural. Os primeiros son líderes e cada vez aumentando máis a distancia co resto do mundo. Había dudas de si O Oleiros poderia plantarlle e manter a emoción por esa loita polo liderato pero o contundente 1-4 na Trinidade non deixa lugar a dúbidas. O Porto do Son sigue cunha temporada irregular. Batallaron cun gran CD Dodro pero caeron derrotados por 3-4 e quédanse con 4 puntos na táboa. Partido con bastantes alicientes por proximidade de poblacións e con movementos de xogadores entre ambos equipos principalmente en dirección do Emilio García cara as multisedes do Noia Cruido. Bo partido. 25 Nov 2021, 00:12 581.35
Un Cordeiro B en estado de gracia con 4 victorias consecutivas medirase a un bo rival como o Atlético Oleiros que sufreu o primeiro traspés do curso caendo por 1-4 contra o todopoderoso Noia "B". Está todo tan igualado na categoría que o Cordeiro B ascendeu do 8° ó 3° posto e o Oleiros de estar nos 3 primeiros postos ata o de agora caeu ó 7°. Pero esto dará moitas voltas todavía. Partido de moito nivel para abrir boca nesta séptima xornada. 25 Nov 2021, 00:04 581.35
Choque de rachas opostas no feudo da Alta. Os locais están en horas baixas logo de caer vapuleado no Municipal da Silva. A eso sumamos a derrota na casa contra o Dodro cunha primeira parte horrible. 1 punto de 12 posibles. Urxe rápidamente unha reacción e un cambio de mentalidade. Perder 9-1 non é plato de bo gusto para nadie, pero non deixan de ser 3 puntos máis como calquera outro partido. Si vamos ás míticas frases do fútbol: Mellor perder 1 partido por 8 goles de diferencia, que 8 partidos por 1 gol. Veremos como xestionan os locais esta difícil situación cun equipo tamén bastante mermado nas últimas xornadas polas lesións, veremos qué equipo poden levar desta vez. Enfrente un Cordeiro "B" que se deu un baño de multitudes o pasado sábado na festa de apertura da temporada contra o Unión "B". Momento máis dulce da temporada para os visitantes. Non foi o mellor comezo cas 2 derrotas seguidas das 2 primeiras xornadas, pero a recuperación e o cambio que pegaron dende o día do Palmeira é algo que todo equipo desexaría. Partido difícil para os locais e proba trascendental para eles onde irán con todo. Os visitantes queren manter esa tendencia positiva, pero non deben despistarse con ningún rival. 18 Nov 2021, 11:10 575.22
Volve o Porto do Son tras a xornada de descanso, e non precisamente ante un rival cómodo. O CD Dodro está no tren da cabeza perseguindo ó intratable Noia B. E veñen logo de xogar un partido de emocións fortes. Tendo o partido casi perdido con un 0-2 a 15 minutos do final, lograron no desconto igualar a 2. Un chute de moral enorme e a candidatura para os postos nobles da táboa intacta. O Porto do Son tamén se veu as caras co Oleiros antes de pasar a xornada de descanso. Derrota por 4-2 aínda que bastante decidida desde o primeiro tempo con un 3-0 ó descanso. Partido entretido o que se disputará no Emilio García. 18 Nov 2021, 11:03 575.22
Pomar do Río volve a escena. Cures e Carreira, 2 clásicos da Terceira Autonómica, vense as caras. Os primeiros siguen sin puntuar logo de 5 partidos, pero plantaron moita batalla en Cadreche ó Puebla B ata o treito final de partido. Os segundos perderon contra un moi bo equipo contra o Palmeira pero viñan con 2 victorias seguidas e non deberían virse abaixo por haber perdido (ademáis dando moita guerra) ós de Ventín. Un partido con máis interés do que se podería pensar. 18 Nov 2021, 10:53 575.22
O partidazo da xornada sen dúbida. Invicto contra líder. A Trinidade vivirá un dos mellores partidos que se poden ver neste momento da competición. Ó Oleiros empatáronlle un 0-2 no minuto 90. Veremos ata qué punto pode afectar esto de cara a este importante encontro, intentarán seguir sendo o único equipo invicto da liga xa que a competencia nos postos altos da táboa é moi dura, empatados con Puebla B, Dodro e Palmeira. O Noia B, logo de golear ó Crocha, estrean liderato en solitario e buscarán meter máis distancia ó resto de rivais na táboa para buscar pronto asentarse nese liderato ou neses postos altos que dan acceso a unha mellor situación na fase de ascenso de maio. Partidazo donde todo é posible. 18 Nov 2021, 10:48 575.22
Partidazo en Ventín, aínda que esta xornada o eclipsa todo baixo o meu punto de vista o Oleiros - Noia B. Chegan ambos equipos en bo momento de forma. Os locais, logo de gañar a un correudo Carreira na Guía volven con forza aínda que co equipo mermado por baixas importantes e de larga duración como Pablo Viturro ou Aaron Sampedro. A chegada de Amador faise clave ante estas baixas. Aínda así o equipo solventa e saca puntos con este hándicap. O partido ante o Bealo será unha proba clave. Os de Boiro logo da xornada de descanso que xa pasaron, gañaron moi ben ó Xuño na Lomba e visitar un campo como Ventín é das probas de categoría. Partido moi importante para ambos conxuntos. 18 Nov 2021, 10:36 575.22
Novo duelo de filiais de equipos importantes do Barbanza. Tendencias moi distintas as de ambos conxuntos. O Unión B leva 3 derrotas seguidas e ten que frenar cando lle sexa posible esta sangría. O Puebla B sigue en estado pletórico de forma a pesar das baixas nos últimos 2 partidos de xente importante como Pego e Balo. Só cederon un empate (nun campo difícil como é Ventín) e a derrota de Bealo. Duelo aparentemente desigual, pero non olvidemos que nesta categoría as sorpresas están á orde do día. 18 Nov 2021, 10:19 575.22
O partidazo da xornada. Dodro e Oleiros vense as caras en Chenlo compartindo coliderato co Noia ainda que ambos por detrás do seu acompañante na cabeza por golaverage xeral. O Dodro ven de ganar por 4-5 en Cadreche ante o Crocha pero a segunda parte onde casi perden 2 puntos que tiñan mais que amarrados ó descanso quizais preocupe algo. O Oleiros (ca primeira xornada de descanso xa pasada) siguen contando partidos por victorias. Gañaron con solvencia ó Son por 4-2. E intentarán manter esta racha e non perder o invicto que, recordemos, son o único equipo que non perderon aínda nesta liga. Último precedente en Chenlo: a xornada antes da suspensión pola pandemia victoria local por 1-0. 10 Nov 2021, 14:48 569.44
O Cures logo de 4 partidos e o único equipo que non puido sumar puntos. Moi preto estuveron na súa volta a Pomar do Río ante o Cordeiro B pero volvéronse a ir de baleiro. A visita a Cadreche non parece a mellor plaza para sumar pero todo é posible. Si demostran a boa cara (aínda que tampouco sumaron) contra o Noia B quizá haxa certas opcións. O Puebla B buscará seguir sendo o rodillo que foi nos 2 primeiros encontros de Cadreche. 11 goles a favor e só 1 en contra. En Palmeira non puideron contar con Pego e Balo e aínda así rascaron un bo empate dun campo como Ventin dónde se irán poucos puntos. Intentarán seguir sumando de 3 en 3. 10 Nov 2021, 14:43 569.44
Un Carreira moi á alza e enfilado enfrentarase a un dos grandes equipos da categoría. Un Palmeira que logo do tropezón en Valga sacou un bo empate ante o Puebla B en Ventin que, ainda que so foi un punto e probablemente o mais xusto, o empuxe do segundo tempo ante un bo equipo dalles boas sensacións de cara a próximas citas comezando pola visita a A Guía. 10 Nov 2021, 14:37 569.44
Volve o Galicia Bealo da xornada de descanso e con ganas de enmendar a inesperada derrota en Carreira. O Xuño intentará buscar a chave que atopou nas Furnas gañando a un dos tapados que é o Cordeiro B. Xogar na terra da Lomba non lles collerá de sorpresa. E intentarán resarcirse da derrota ante o mismo verdugo do seu rival neste domingo: O Carreira. 10 Nov 2021, 14:34 569.44
Día festivo o que se vivirá no Municipal de Campaña este sábado que ven. Novo duelo de filiais onde os locais terán a festa de presentación de tódalas categorías do equipo. Comida, presentacions, desfile da banda de música e merenda post-partido. O Cordeiro B saeu victorioso do peligroso campo que é Pomar de Río pola mínima. O Unión B levan un balance de 0 goles a favor e 8 encaixados nos últimos 2 partidos. Siguen todavía adolecendo de apenas tirar a portería, algo que deberían mellorar. Veremos si ós locais non lles despistan todas estas celebracións e si os visitantes sacan tallada da festa local e asaltan o Municipal de Campaña. 10 Nov 2021, 14:26 569.44
Volve o fútbol ó Municipal da Silva. Noia Cruido e Crocha vense as caras. Os primeiros líderes e os segundos penúltimos na táboa. Os locais veñen de gañar con claridade en Rianxo mantendo unha temporada casi perfecta (exceptuando o lunar da visita a Ventin). Os segundos caeron na casa co Dodro nun partido tolo pero nunha moi preocupante primeira parte. Logo sacaron carácter para apretar ó final ó Dodro. 1 punto na clasificación pero a sorte nos partidos en momentos decisivos non lle está acompañando. Ademais a Silva non trae moi bos recordos ós da Pobra. 3 derrotas nos 3 últimos anos e 16 goles encaixados. Non pinta ben. E veremos si vemos a desastrosa cara do primeiro tempo de Dodro ou o carácter e gran actitude do segundo período. Deben tomar esto como un desafío e creelo, xogar con velocidade e ser mais sólidos defensivamente. Os locais intentarán non conceder nada. Bo duelo na Silva este próximo sábado pola tarde. 10 Nov 2021, 14:20 569.44
Volve o Monumental a entrar a escena. Logo dun primeiro partido con exilio forzoso a Valiño os de Cures volven á súa casa. Todavía sin puntuar ainda que ben é certo os rivais cos que se encontraron foron dos duros. Intentarán facer de Pomar do Río un fortín inexpugnable. Ollo ó Cordeiro B que veñen reforzadisimos logo de meterlle 5 ó Palmeira e ahora que veñen ca moral polas nubes buscarán non baixar o pistón. Pero coidado porque o Xuño viña de caer por goleada en Noia e gañáronlle ós de Valga. Panorama moi similar ó que se enfrontarán este domingo. Equipo ferido, 0 puntos, 10 goles encaixados nos 2 últimos partidos. Coidado ca trampa que pode supoñer o Monumental non so para o Cordeiro B sinon para calqueira rival. Partido con bastante interés. 03 Nov 2021, 16:26 563.19
O Crocha tócalle cambiar de campo habitual dos partidos en liga. Pola coincidencia nesta xornada co Puebla FC de Preferente e como parte dun acordo para alternar o uso da Alta desta vez o Crocha xogará en Cadreche habitual campo de adestramento. As menores dimensións de Cadreche poden significar a pérdida dunha posible ventaxa dos de vermello para explotar ambas bandas asemellando as dimensións ó Campo de Chenlo. O Crocha logo de empatar con 10 xogadores cando mais dificil parecía terán a baixa segura de Vieitez polo doble cartón recibido no Emilio García. Veremos cales son as sensacións dos de Santi en Cadreche logo de perder no desconto no primeiro partido de liga e de empatar casi ó final en inferioridade no último partido co Porto do Son O Dodro pola sua banda despois de perder na xornada inaugural co Palmeira veñen embalados: 6 goles contra o Cures e 3 contra o Unión B. 5 deses 9 goles obra do seu pichichi Manuel Vigo que está moi atinado de cara a porta. Equipo cunha gran capacidade goleadora que, ainda que parece que o partido esta igualado, da nada lle poden clavar un gol a calquera rival. Así pasou o último partido. Partido igualado ata o minuto 60 (con penalti fallado incluido) pero a sorte dun gol en propia do rival allanoulles o camiño ós de Jesús Álvarez. Como se lles poña o marcador a favor de obra é moi moi difícil sacar algo positivo. Partido interesante para ver este de Cadreche. 03 Nov 2021, 16:14 563.19
Volve o Oleiros da súa xornada de descanso e volve sendo xa despois de 3 xornadas o único equipo invicto. Os outros 12 conxuntos polo menos perderon 1 partido. Increíble e impredecible este Grupo 1 de Santiago en Terceira Autonómica. Recordemos que na última xornada que xogaron gañaron ó Crocha na Alta na última xogada do partido prácticamente. No camiño do Porto do Son tamén se cruzou o Crocha. Empate (o primeiro de tódolos partidos que se levan disputados) a 2 tantos onde comezou perdendo, remontou e cando mais a priori propicio o tiñan para amarrar os 3 puntos o Crocha levoulles 2 puntos con un home menos. E casi lles leva os 3 aínda en inferioridade no empuxe final dos da Pobra. A última temporada disputada mesmo encontro e mesmo escenario o resultado foi de 4-4. O espectador neutral firmaría un espectáculo similar. 03 Nov 2021, 15:46 563.19
Partido que ainda que a priori non o pareza pode ter moita miga. O Xuño volve xogar no seu feudo das Furnas, onde gañou ó Cordeiro B, vendo que o Cordeiro B gañou a semana seguinte a un dos fortes da categoría como é o Palmeira, podemos ver a magnitude e a arma que teñen entre mans os locais co seu factor campo. Nadie se pode fiar de nadie nesta liga. Xogar como locais dalles un plus ós de amarelo e azul. Precisamente ese factor inesperado da última xornada é o que fai que o Carreira sexa peligroso. Vencer a outro dos fortes na Guía como é o Galicia Bealo pode facer deste un moi interesante partido. Factor campo clave vs alta moral do último encontro. Choque de 2 equipos que poden dar espectáculo. 03 Nov 2021, 15:26 563.19
Duelo de filiais de 2 grandes equipos da zona. O Unión B quere repetir o resultado do seu último encontro na casa logo de remontar un resultado adverso. Aparte intentarán compensar a derrota na última xornada en Dodro donde ainda que o partido estivo igualado ata o minuto 60 onde se desnivelou o marcador (con moi mala fortuna por un tanto en propia porta) a favor dos do campo de Chenlo os visitantes apenas tiraron a porta, cousa un pouco preocupante. O Noia B recuperou a senda da victoria ganando ó Cures por 4-2 de maneira menos contundente da esperada, pero volven a recuperar o pulso para asentarse nos postos altos da táboa. 03 Nov 2021, 15:19 563.19