| Partido de 2 equipos que veñen de recompoñerse na última xornada do arranque inicial.
Un Dodro que perdera co Palmeira na casa, deuse un homenaxe na segunda parte en Valiño cun Manuel Vigo que prácticamente enchufou todo o que lle veu. Victoria balsámica e convincente para espantar posibles fantasmas.
O Unión "B" a pesar da derrota na xornada inicial non deixara mala sensación contra un dos favoritos como o Oleiros e a victoria contra o Porto do Son na última xornada disputada e pola forma na que a consigueu confirmou que son un equipo con moito que dicir. Remontar un 1-3 en 20 minutos non é algo que se faga tódolos días e os de Rianxo conseguírono.
Partido con 2 equipos que enfrontan as súas boas sensacións. O que gañe catapultarase aínda máis en moral e na táboa. |
28 Oct 2021, 11:01 |
555.57 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido non de necesidades pero sí de reivindicarse para ambos equipos.
O Noia "B" logo do festín da xornada inaugural contra o Xuño levou un serio revés na visita a Ventin. Os noieses ainda que moi bo equipo non son invulnerables. Este partido intentará facer pagar os platos rotos ó Cures.
O Cures levou tamén un moi mal resultado na súa segunda casa de Valiño cunha segunda parte demoledora do Dodro e non parece o Julio Mato a mellor forma de endereitar o rumbo. Pero o Cures, a súa forma de xogar sen complexos e o non ter nada que perder quizáis lle fagan resurxir no momento en que menos se pensa. |
28 Oct 2021, 10:36 |
555.57 |
1 |
0 |
+info
|
| Bo encontro o do Municipal de Campaña.
A última xornada fixo dar un revés ós primeiros logo de plantar cara a un bo Bealo e de sair derrotados do campo do Xuño, onde se demostra que nesta liga calquera pode ganar a calquera.
O Palmeira sin embargo reafirmase e confirmase como un dos fortes da categoría estreando liderato logo de gañar en Ventin a un dos favoritos como é o Noia "B".
Os primeiros querrán demostrar que o de Xuño foi un accidente e os segundos quererán coller velocidade de cruceiro para sumar os maiores puntos posibles para tomar plaza na fase de ascenso o mais pronto posible.
|
28 Oct 2021, 10:32 |
555.57 |
1 |
0 |
+info
|
| Mítico campo e especial enclave paixasístico (e duro no climatolóxico) é volver a un campo como As Furnas.
O Xuño volve a xogar como local en Terceira Autonómica. Veñen feridos por 2 cousas: a dura goleada encaixada no Anexo do Julio Mato pero a mais importante a lesión do seu porteiro Acevedo que, polo que falan as informacións que vin fracturou a clavícula. Os bos e malos resultados veñen e van, a salud dos chavales é mais importante que levar 10 goles. Equipo que irá mellorando día a día, adaptarse a unha categoría costa e o Xuño será capaz de ir mellorando.
Pola súa banda o Cordeiro B plantoulle batalla ó Galicia Bealo. Unha plantilla amplia e competitiva que pode optar a moitas cousas. E a ser incluso dolor de muelas para os favoritos.
2 equipos novos na categoría, un campo dos de solera que volve. Pouco mais se necesita para vivir unha boa tarde de fútbol (Clásico mediante). |
21 Oct 2021, 11:15 |
548.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Un Cures sin Pomar do Río é como un verán sin festas.
Farase realmente raro ver ó Cures xogar en Valiño. Ben é certo que parece ser se están acometendo arranxos no Monumental e que quizáis en poucas fechas pódase volver alá.
O Cures ven dentro do que cabe reforzado despois de haber posto en certos aprietos ó Porto do Son e quererá facer sangre na derrota do Dodro na casa.
O Dodro co duro revés ante non obstante un bo rival como é o Palmeira ten quizáis si cabe, mais motivos para reivindicarse.
A duda é: A ferida de Laíño ¿fará ver unha versión espectacular do equipazo que é o Dodro para reivindicarse como candidato a ter a súa cota de protagonismo e levar a voz cantante ou será o comezo de algo preocupante se encadean 2 resultados negativos? |
21 Oct 2021, 11:08 |
548.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro dos partidazos da xornada.
Un Bealo que ven de sair victorioso de Valga ainda que o partido estivo moi igualado frente a un Puebla B que arrasou de cabo a rabo ó Carreira en Cadreche.
Veteranía do Bealo con bos xogadores como Gordon, Pitiso ou Kevin fronte á descarada xuventude dos Balotelli, Isaías ou os irmáns Teira.
Partido dos de choque de xeracións e dónde veremos si quen tuvo, retuvo ou os chavales van pedindo sitio na categoría a gritos. |
21 Oct 2021, 10:59 |
548.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido no que, si antes da xornada inaugural ambos equipos non sabíamos donde colocalos ou en qué forma estaban (uns porque se estrenaban na Terceira e outro polas bastantes caras novas da última temporada de competición a esta) logo da disputa dos partidos seguimos tendo certas dudas.
O Unión B plantou cara a un bo rival como é o Oleiros ata a mitade da segunda parte na Trinidade. Pola súa banda o Porto do Son no Emilio García gañou axustado no resultado ó Cures, ainda que Ben é certo que foron 3-1 ata case o final e os 2 goles do Cures chegaron de penalti.
Incerto pronóstico, sinceramente. |
21 Oct 2021, 10:54 |
548.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Quizáis sexa o partido da xornada.
O Palmeira logo de salir victorioso e con certa solvencia de Laíño contra un bo rival ten quizáis a maior pedra de toque ca que se pode encontrar en liga actualmente. Un Noia B que chegou á decena de goles contra o Xuño B. 3-0 no minuto 9 ou 5-1 ó descanso falan da súa capacidade goleadora cunha plantilla amplia e das mais completas da liga.
|
21 Oct 2021, 10:49 |
548.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Boa previa a que fixo o compañeiro inspector. Partido dos 5 estrelas da fin de semana para min xunto o Palmeira - Noia B e quizáis co Bealo - Puebla B.
A Alta de momento está ben ou aceptable porque hai zonas que a pesar do relativo pouco uso do céspede xa están queimadas (e non chegou o crudo do inverno aínda) pero pódese xogar, veremos durante canto.
O Crocha ten un plantel bastante bo. Evidentemente notaranse as baixas neste curso de Manu González ou Marcos entre outros pero hai chegadas de xogadores que poden suplir as ausencias destos bos xogadores.
Do Oleiros pouco sei salvo o visto na acta do domingo pero ata o minuto 60 que Aitor desfixo o empate non tuvo pinta de pasalo ben. Fiome do que di inspector veremos como se desenvolven na Alta. Incorporación de última hora con respecto a xornada pasada: José Millares, home gol que si está entonado lialla a calquera.
Partido dos que serán emocionantes e intensos xa que boa parte dos planteles levanse enfrentando desde categorías base e coñecense ben.
|
21 Oct 2021, 10:34 |
548.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Estrea do flamante filial do Puebla que, demostrou en pretemporada, que pode facer frente a calquera gañando a rivais de superior categoría e aparece como dos equipos favoritos a grandes cousas. Equipo xoven que o último ano de Xuveniles fixo moi bo papel. Contarán ca experiencia de López dirixindo o equipo en medio campo e xogadores importantes como Balo, Alex Pego ou os irmáns Carlos e Jorge Teira. No banquillo terán a un estudioso do fútbol e apaixoado deste deporte que é Óscar Iglesias ca axuda de Darío cómo segundo.
O Carreira chega a esta nova temporada ca fichaxe de Serafín dende o Baroña que se une a xogadores talentosos como Piñeiro, Adrián Carnota ou Matías e que poden amargarlle a tarde a calquera equipo. Xa o demostraron na última temporada a pesar de quedar na parte baixa da táboa que gañaron na Guía a un Araño que ahora está en Segunda ou ó Dodro, aparte de gañar na Alta ó Crocha.
Partido interesante de ver. |
15 Oct 2021, 01:52 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
| Valga non terá este ano a un nome dos históricos como é o Furia Athletic Club. Pero o Cordeiro aporta un filial para manter neste grupo á vila da provincia de Pontevedra. Pouco sei deste novo filial. Contan cun plantel de 23 xogadores e estamos seguros que, ó igual que os outros filiales que se formaron este ano darán máis emoción e nivel á liga.
O Bealo revolucionou o seu plantel con cambio de mister e renovación de gran parte do equipo. As chegadas de Gordon, Breo ou o pequeno dos Pitiso aportarán un gran nivel ó conxunto da Lomba xunto con xogadores importantes como Siso ou Daniel Triñanes. |
15 Oct 2021, 01:42 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
| Estreanse 2 clubes que se formaron de maneiras distintas.
Despois dunha temporada de espera veremos no verde a chegada do Noia B, heredeiro do ACD Cruido que logo do convenio co Noia CF pasa a ser filial do conxunto do Julio Mato e que, parece ser, pasaría de xogar en A Silva ó Campo Anexo de San Lázaro. Equipo que se mostrou fortísimo en pretemporada con xente xoven para demostrar cualidades no filial e, de despuntar, poden ser pezas para axudar ó equipo de Terceira RFEF. Moita cara nova xoven sumado a xogadores de mais experiencia que deron moitas boas tardes de fútbol en A Silva. Bitel o pichichi dos últimos anos sigue ó igual que Uxío ou Ángel Requejo.
Causame especial alegría que nomes dos clásicos volvan a competir. E é o caso do Xuño que logo de varios anos volverá a competir na Terceira. 22 xogadores presentan onde o Nome que mais sona é o de Campai, anteriormente nas filas do Queiruga. |
15 Oct 2021, 01:35 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
| Na Trinidade teremos o estreno dun dos conxuntos que, xunto outros 3, aparecen no Grupo de Barbanza.
Volve o Unión a ter filial en Terceira despois de, si non estou equivocado, mais de unha década. Pouco coñezo do equipo so vendo que ten 22 fichas e o nome que mais me sona e a incorporación de Fabián Gey que xogou como último equipo no Bealo.
O Atlético Oleiros eríxese como un dos grandes favoritos con varios cambios tanto nas incorporacións como nas saídas. A chegada de Tato como gran Nome únese a clásicos como Aitor Vinagre, Juan Martínez ou Ángel Figueiras. Nomes que se unen a xogadores que estrenan ou casi estrenan etapa Senior. Hai varios cambios de xogadores. O nivel estou convencido que será polo menos o mismo dos últimos anos. |
15 Oct 2021, 01:27 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
| Partidazo no campo de Chenlo en Laíño entre 2 conxuntos que na última temporada batíanse o cobre por ocupar postos de promoción.
O Dodro que inicia a temporada con 23 xogadores en plantel terá ós mandos a Jesús Álvarez que salta do terreo de xogo á dirección dende o banquillo. Manuel Romero, Seco ou Rañó seguirán sendo as caras mais clásicas do conxunto blanquivermello que contan novos nomes como Jorge Cardama ou Angel Quintáns.
No conxunto de Ribeira e despois de non poder disputarse a campaña 20-21, Adrián Domínguez por fin collerá a batuta do equipo cun bloque casi clavado ó da campaña 19-20 comandados un ano mais polo incombustible Bairon. As únicas fichaxes aparte da subida a Senior de Pablo Viturro, Daniel Dieste e Javi Salvado as chegadas de Diego Cespón do Lampón e a chegada de Ángel Costa irmán de Lucas Costa.
Partido vibrante para este domingo en Laíño. |
15 Oct 2021, 01:20 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
| Bo partido no Emilio García entre un Porto do Son que optará a postos altos da táboa e un Cures sin complexos que intentará poñerllo difícil a calquera.
Recién subidas hoxe as primeiras fichas destaca a incorporación de Jamal procedente do Baroña que non competirá este ano e a chegada de Bruno que será o terceiro da saga dos Lado Piñeiro despois de Sergio e Fabio, outro nombre novo nos do Son será Nelson Pombo. Logo seguirán xente importante como Jorge Quintáns, Cachelo ou Manuel Vila.
No Cures manteñen o bloque dos últimos anos. Destaca a chegada de Carolo dende o Bealo entre algún nome novo mais que se unirán ós clásicos Ore, Bruno ou Carlos entre outros. |
15 Oct 2021, 01:02 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
| O bo que ten a Terceira Autonómica e que hai máis margen que outras ligas a terminala. Aínda que logo hai as promocions e demais. Veremos porque xa en siguetuliga que a administro eu a Terceira Grupo 5 pasei a xornada seguinte para o 5 de abril pero me da que me quedarei corto.
Tormentas ó administrar a Liga podo ver o teu comentario borrado e tampouco dixeches nada malo. Non sei o calibre dos cargadores de Padrón e de Aguiño pero os da Boomerang eran de categoría jajaja. O Crocha iba con ganas a pesar do petardazo na casa contra o Carreira. Xa a ten liado en Araño ou no Son pero bueno o Aguiño é moito Aguiño e cando toque si se fixera a machada sería das históricas pero o Aguiño ten equipazo.
Por cierto señor cargador moita sorte neste partido eu xa lle manifesto os meus respetos co ilustre padronés Don Pepe Domingo Castaño como foto de perfil. |
15 Mar 2020, 21:47 |
540.75 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido do líder contra un Crocha que ven ca moral baixa despois de perder co Carreira na Alta 0-2. Eso sumado á victoria do Dodro en Oleiros fai que aparte de ter que facer unha machada moi moi difícil na Tasca esperar que empaten Porto do Son e Dodro ou que gañe o Porto do Son e se escape para que o Dodro non se alonxe moito máis. A derrota da semana pasada condena en gran medida ós da Pobra.
O Aguiño a seguir co seu. Vexo xa comentarios de usuarios habituais desta páxina cas cábalas e a de ascenso directo máis inmediato e a seguinte: habendo un triunfo do Aguiño e outro do Araño en Oleiros serían 14 puntos de ventaxa ca promoción quedando 18 polo que habería primeira bola de ascenso en Valga a semana que ven dependendo de resultados, sinon quizais o ascenso celébrese na Tasca o día 19 de abril contra o Dodro (as suspensións cambian as fechas). Veremos... Sinceramente sería algo insólito ver perder o ascenso directo ó Aguiño e incluso o título.
De feito hai outra cousa máis inmediata: unha victoria do Aguiño ó Crocha méteos matemáticamente en promoción perdan de aquí a final de liga. Vamos... que o teñen feito. |
10 Mar 2020, 13:18 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
| O partidazo da xornada.
Partido que decidirá en gran medida o futuro desta competición. Un empate e sobre todo unha victoria do Araño darán moitas posibilidades ós de Rianxo de amarrar case que medio ascenso directo. 8 puntos de distancia quedando 18 en xogo antóllanse case que insalvables. O Oleiros ca inoportuna derrota en Dodro teñen un match ball para evitarse a promoción que nos últimos anos sempre lles foi negativa. Case que so lles vale a victoria porque un empate son 5 puntos pero empezan a quedar escasas xornadas.
Partidazo decisivo e un dos máis importantes na temporada a nivel global que decidirá moitas cousas. |
10 Mar 2020, 13:08 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
| Casi das últimas oportunidades da temporada para o Cruido para optar a promoción. 7 puntos máis golaverage perdido con respecto ó Dodro fan que os de Lousame estén en situación casi que límite. Empezan a quedar poucos partidos e os tropezos páganse caros. O Bealo pola súa parte ven de perder na casa co Cures e igual que, baixo o meu criterio, do 10º posto para abaixo as aspiracións son as de xogar sen complexos, as de sumar de 3 en 3 e as de quedar o máis arriba na táboa posible. |
10 Mar 2020, 13:04 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
| Derby de veciños en Extramundi. Sar e Furia con moitos vínculos entre sí disputarán un partido con obxectivos distintos. O Furia intentando sair da zona baixa para facer un ano o máis bo posible pero sin aspiracións xa de promoción. E o Sar que empeza a ter as últimas balas na recámara para remotamente optar á promoción. 2-2 con polémica do Furia no Municipal de Campaña contra o Son e dolorosa e contundente derrota do Sar na casa do líder Aguiño 8-0 evidenciando que "sin Extramundi non hai paraíso". |
10 Mar 2020, 13:01 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|