| O partido do líder contra un Crocha que ven ca moral baixa despois de perder co Carreira na Alta 0-2. Eso sumado á victoria do Dodro en Oleiros fai que aparte de ter que facer unha machada moi moi difícil na Tasca esperar que empaten Porto do Son e Dodro ou que gañe o Porto do Son e se escape para que o Dodro non se alonxe moito máis. A derrota da semana pasada condena en gran medida ós da Pobra.
O Aguiño a seguir co seu. Vexo xa comentarios de usuarios habituais desta páxina cas cábalas e a de ascenso directo máis inmediato e a seguinte: habendo un triunfo do Aguiño e outro do Araño en Oleiros serían 14 puntos de ventaxa ca promoción quedando 18 polo que habería primeira bola de ascenso en Valga a semana que ven dependendo de resultados, sinon quizais o ascenso celébrese na Tasca o día 19 de abril contra o Dodro (as suspensións cambian as fechas). Veremos... Sinceramente sería algo insólito ver perder o ascenso directo ó Aguiño e incluso o título.
De feito hai outra cousa máis inmediata: unha victoria do Aguiño ó Crocha méteos matemáticamente en promoción perdan de aquí a final de liga. Vamos... que o teñen feito. |
10 Mar 2020, 13:18 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
| O partidazo da xornada.
Partido que decidirá en gran medida o futuro desta competición. Un empate e sobre todo unha victoria do Araño darán moitas posibilidades ós de Rianxo de amarrar case que medio ascenso directo. 8 puntos de distancia quedando 18 en xogo antóllanse case que insalvables. O Oleiros ca inoportuna derrota en Dodro teñen un match ball para evitarse a promoción que nos últimos anos sempre lles foi negativa. Case que so lles vale a victoria porque un empate son 5 puntos pero empezan a quedar escasas xornadas.
Partidazo decisivo e un dos máis importantes na temporada a nivel global que decidirá moitas cousas. |
10 Mar 2020, 13:08 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
| Casi das últimas oportunidades da temporada para o Cruido para optar a promoción. 7 puntos máis golaverage perdido con respecto ó Dodro fan que os de Lousame estén en situación casi que límite. Empezan a quedar poucos partidos e os tropezos páganse caros. O Bealo pola súa parte ven de perder na casa co Cures e igual que, baixo o meu criterio, do 10º posto para abaixo as aspiracións son as de xogar sen complexos, as de sumar de 3 en 3 e as de quedar o máis arriba na táboa posible. |
10 Mar 2020, 13:04 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
| Derby de veciños en Extramundi. Sar e Furia con moitos vínculos entre sí disputarán un partido con obxectivos distintos. O Furia intentando sair da zona baixa para facer un ano o máis bo posible pero sin aspiracións xa de promoción. E o Sar que empeza a ter as últimas balas na recámara para remotamente optar á promoción. 2-2 con polémica do Furia no Municipal de Campaña contra o Son e dolorosa e contundente derrota do Sar na casa do líder Aguiño 8-0 evidenciando que "sin Extramundi non hai paraíso". |
10 Mar 2020, 13:01 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
| Un dos duelos da xornada. Porto do Son 4º e Dodro 5º separados por 2 puntos disputarán un importante partido no Emilio García. O Porto do Son sacou 1 punto de Valga contra o Furia con polémica no final do partido, xa que un penalti que bateu no pau e rematou outro xogador distinto ó lanzador non subeu ó marcador cando si non estou mal entendido nas normas si é posible isto. Eses 2 puntos de máis quizais faríanlle ir con menos agobios a esta cita xa que terían un colchón de 4 puntos. O que colleu colchón foi o Dodro que gañou un importante partido ó Oleiros pola mínima e o Crocha perdeu na Alta co Carreira, co que ten 3 puntos de vantaxe indo os da Pobra a visitar ó líder este domingo.
Partido importantísimo para ambos conxuntos xa que o quinto posto si da promoción este ano (que nos últimos anos o da) evita xogar unha previa como lle pasou o ano pasado ó Palmeira co Dubra "B". E sempre é mellor evitar previas. |
10 Mar 2020, 12:58 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
| En Ventín Palmeira e Baroña enfréntanse con clara necesidade de victoria para os locais. A 4 puntos da última plaza de promoción ca victoria do Dodro a semana pasada e o atasco formado donde quen se mantén de pe sin caer leva premio a victoria faise vital para os de Ventín. O Baroña case que en terra de ninguén xogará para sumar todo o posible de aquí a final de temporada. |
10 Mar 2020, 12:51 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
| En Pomar do Río enfréntase 2 equipos da zona baixa que veñen de sair victoriosos nos seus partidos e fora da casa. O Cures gañando o derby ó Bealo na Lomba e o Carreira dando unha das sorpresas da xornada gañando ó Crocha na Alta. Moral reforzada en ambos equipos para, sin aspiracións en xogo máis que as sumar de 3 en 3 e quedar o máis arriba posible todo o que podan de aquí a final de temporada, xogar sen complexos. |
10 Mar 2020, 12:49 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
| No Emilio García enfrontaranse 2 equipos que non veñen nas últimas semanas en boa dinámica. O Cruido leva 2 derrotas seguidas e 4 xornadas sen gañar. O Baroña no choque da xornada pasada de malas rachas contra o Cures prolonga a súa mala xeira a 5 encontros donde só sacaron 2 puntos dos últimos 15. O Baroña a 10 puntos do último posto de promoción empeza a ter complicado o de intentar recuperar a categoría perdida a temporada pasada. O Cruido perdeu tamén moito terreno con esta zona pero a 5 puntos aínda que xa habéndose enfrentado ós 2 primeiros.
Veremos que pasa neste encontro donde quen gañe ó outro meteralle unha estocada definitiva ou case definitiva. |
03 Mar 2020, 11:43 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido do imbatible líder que goberna con man dura de ferro esta liga e que, libre de mal, alzará o título a final de ano.
Chega o Sar á Tasca habendo salvado un match-ball con moita fortuna contra o Crocha donde nos últimos minutos sufriron o indecible pero donde lograron o seu obxectivo para conseguir a sexta victoria consecutiva en Extramundi. Pero chega o turno de desplazarse que é a gran asignatura pendiente dos de Pablo Abaña. Donde dos 25 puntos que conseguiron en liga só 5 foron colleitados lonxe de Extramundi (1 victoria e 2 empates en 9 saídas). E na Tasca poucos equipos lograron sacar 1 punto só Porto do Son, Cruido e Cures se non recordo mal.
Papeleta difícil para o Sar á vez que desafío motivador. O Aguiño a intentar manter a dinámica e a pechar o ascenso e o título canto antes. Na ida en Extramundi empate a 2 tantos donde parece ser o encontro estivo moi quente con varias expulsións por ambos bandos. Esperemos que o partido sexa máis tranquilo desta vez. |
03 Mar 2020, 11:35 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
| Furia e Porto do Son vense as caras cun panorama incerto.
O Porto do Son logo dunha primeira volta impecable encadea 4 derrotas seguidas e parece que en caída libre. Pero sabemos que os de Quintáns poden despertar en calquer momento e a visita a Valga ten que ser o momento para facelo. Pero a racha é preocupante e aparte das derrotas a forma de recibilas foi grave donde 3 das 4 foron con mínimo 4 goles encaixados.
O Furia non pode despistarse porque ten a 2 rivales por detrás a 1 e 2 puntos e unha victoria poderían facer rebasar ó Baroña e intentar ser líderes desa zona baixa de 5 equipos.
Quizais dos partidos que se xoguen o de pronóstico máis dudoso a priori. |
03 Mar 2020, 11:25 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
| O partido da xornada xunto co Araño - Palmeira pero este partido ten connotacións máis importantes para os contendentes e para outros equipos que estarán pendentes do mesmo.
Dodro e Oleiros vense as caras en Laíño. O Dodro ven de perder en Ventín despois de unha racha boa de resultados e o Oleiros despois do tropezo co líder que casi descartou as posibilidades de intimidar ó Aguiño no liderato mantén a xeira triunfal exceptuando esa cita na tasca.
O Dodro mantén a plaza da promoción a pesar da derrota porque o Crocha que está empatado a puntos tamén perdeu en Extramundi. O Oleiros estará á expectativa de que o Palmeira lle faga un favor co Araño e tendo un colchón de 4 puntos co Porto do Son. Na ida aparente sorpresa ca victoria do Dodro no casi fortín inexpugnable da Trinidade por 1-2.
Partidazo que decidirá moitas cousas de aquí ó final... ou non. Porque cando tropezan uns primeiro logo tropezan os outros na seguinte xornada. De aquí ata o final estará todo nun puño. |
03 Mar 2020, 11:20 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
| Xunto co Dodro - Oleiros os 2 partidos desta xornada.
Araño e Palmeira vense as caras na Lomba e ambos con moitas necesidades de gañar e donde un paso en falso poñería as aspiracións de cada un comprometidas.
O Araño ven de gañar un difícil partido en Cruido e sigue mantendo 2 puntos de ventaxa sobre o Oleiros á espera do vital Oleiros - Araño da seguinte xornada que se antolla definitivo para ocupar a segunda plaza de ascenso directo. Pola súa banda o Palmeira gañou un decisivo partido ó Dodro que fai que non queden descolgados da loita pola promoción e que os fai achegarse a 1 punto da mesma. Logo lles ven un calendario aparentemente cómodo donde aparecen Baroña, Bealo, Carreira e Cures. 4 dos 5 últimos clasificados.
0-3 na primeira volta en Ventín, veremos canto cambiou o conto da primeira volta a esta. |
03 Mar 2020, 11:12 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
| Segundo e terceiro pola cola enfréntanse logo de saborear o triunfo na última xornada. Os primeiros gañando o duelo directo ó colista e apartandoos a 5 puntos e os segundos gañando ó Baroña despois de 4 derrotas seguidas. Victoria balsámica para ambos conxuntos.
E agora toca este enfrentamento donde os separa un punto a ambos e donde o Furia tamén está a tiro de pedra. Calquera cousa pode pasar neste encontro. |
03 Mar 2020, 10:57 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
| "Deja vu" para o Crocha que se volve a enfrentar na casa a un dos equipos que está na parte baixa da clasificación, neste caso ó colista.
Creo que non fai falta añadir nada máis si fai 2 semanas xogando contra o Bealo a victoria foi 2-1 sufrindo bastante. Creo que a lección está bastante aprendida e por moito que o Carreira esté abaixo de todo si teñen un bo día poden complicar a calquera. Que llo digan a Araño (ascenso directo) ou Dodro (promoción). Aparte o Crocha non poderá contar casi seguro co primeiro entrenador no banquillo pola expulsión por doble amarilla en Extramundi. Aparte a derrota inmerecida en Extramundi fai que os da Pobra non teñan margen para fallar xa que a semana seguinte visitarán ó líder.
O Carreira pois na situación na que están xogarán sin ningún tipo de complexos. A Alta será un campo esixente para ambos equipos e supoño que máis para o Carreira que non estará acostumbrado a xogar nunha superficie así.
A medida que quedan menos partidos menos confianza ante a chegada de calquer equipo. Nunca se sabe por onde pode vir a sorpresa. |
03 Mar 2020, 10:55 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
| Por pouco nome que teñan ou menos mencións con respecto a outros clásicos que levan máis focos como o Aguiño, o Oleiros ou o Palmeira que están na misma división. Os equipos de Sar e Crocha ofrécenos o mellor partido da xornada por moitos motivos e factores que rodean o encontro.
Enfréntanse en Extramundi Sar e Crocha. Vemos a un sexto e a outro noveno. Quizais por posición na clasificación non chamen moito a atención. Pero son 2 dos equipos en mellor estado de forma actualmente polo menos a nivel de resultados. O Sar leva 5 victorias consecutivas na casa e quere lograr a sexta. O Crocha leva 3 victorias seguidas e 4 nos últimos 5 encontros. Choque de estados de forma e de dinámicas moi positivas.
O Sar ven de facer un partidazo e un incontestable 5-0 contra o Porto do Son deixando o partido sentenciado case que no comezo do segundo tempo cun 3-0 que pouca esperanza deixou ó Porto do Son. O Crocha cumpleu 2-1 contra o Bealo pero o partido foi bastante feo e sufriron bastante contra un bo Galicia Bealo. As condicións climatolóxicas na Alta non foron as mellores e o terreo de xogo foino acusando co paso dos minutos pero a sensación que deixaron os da Pobra dentro de que van lanzados é de certas dúbidas de cara a partidos como o que toca nesta xornada.
Dani Ramos do Sar 7 goles nos últimos 3 partidos será un dos xogadores a ter en contra dentro do bo bloque que forman os de Padrón. Na primeira volta o triunfo levouno o Crocha na Alta por 3-1. As cousas van estar moi emocionantes por como chegan ambos.
Se o Sar gaña acabarase de meter de todo na pelea pola promoción. Se o que gaña é o Crocha poden optar a cotas máis altas aparte de poder distanciar aínda máis a varios rivais directos.
Partidazo. |
21 Feb 2020, 14:43 |
518.19 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro dos partidos da xornada.
Un Porto do Son que fai nada parecía infranqueable ven de colleitar tres derrotas seguidas. Eso sí: con rivais da zona medio alta. Primeiro foi o Oleiros pola mínima no Emilio García, logo foi o Crocha tamén no Son cun 3-4 que deixa dúas versións no mesmo partido: un 0-4 do Crocha en 60 minutos pero un empuxe brutal dos de Quintáns que marcaron o 3-4 na última xogada e que veríamos que houbese pasado si dura un pouco máis o encontro. E logo un sorprendente (ou non tanto por como está xogando o Sar en Extramundi) 5-0 dos de Padrón que en 6 minutos xa habían posto terra de por medio con 2 tantos.
E por si fose pouco chega o líder imbatido que, nun dos seus máis serios exames contra o segundo clasificado sacouno con nota cun 2-0 que vai facendo que haxa menos dudas sobre quen ocupará unha das plazas cara a Segunda Autonómica.
O partido do Porto do Son para reivindicarse é este. Gañar ó líder e facerlle perder a imbatibilidade daría un espaldarazo ás aspiracións dos do Emilio García. Unha derrota faríalles poder ver como se lles escapa a outra plaza de ascenso directo e, dependendo de resultados, que os que pechan a promoción e aspirantes se poñan a tiro de pedra.
Partido espectacular. |
21 Feb 2020, 14:32 |
518.19 |
1 |
0 |
+info
|
| Despois da derrota na casa do líder o Oleiros buscará volver ó camiño da victoria ante un Furia que lle plantou cara a equipos da zona alta nos últimos tempos. Sendos empates a 1 tanto contra Cruido como contra Palmeira. O Furia está seguindo nas últimas xornadas un camiño parecido ó Bealo. Equipo en zona baixa que nas últimas xornadas o está facendo bastante ben e plantando cara a moitos rivais.
Parece que xogando na Trinidade o favoritismo será para os locais, pero como digo en todo nesta temporada na terceira primeiro que se xoguen os partidos e que os resultados vaian por diante das cábalas. |
21 Feb 2020, 14:26 |
518.19 |
1 |
0 |
+info
|
| Temos varios partidos da xornada. En concreto para min 3. E este é un deles.
Parece que chega mais forte o Dodro a este encontro pero o factor do desde fai 2 semanas mundialmente conocido Ventin é moito Ventín (si se xoga ali). O Dodro gañou unha das finais ó Cruido apartandoo a 5 puntos da plaza de promoción. De gañar ó Palmeira deixariaos nunha situación critica poñendo 7 puntos (mais golaverage xa que empataron 2-2 en Laiño).
O Palmeira últimamente entre sancions e baixas inesperadas estanse vendo lastrados de cara as aspiracions que teñen. Polo que este partido dentro de que moitos están xogando as súas finales é unha gran final e das mais determinantes para un equipo.
Partidazo o que nos agarda. |
21 Feb 2020, 11:27 |
518.19 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido onde 2 grupos de equipos botarán un ollo. O grupo dos Oleiros e Son que amenazan a plaza de ascenso directo que novamente recuperaron os rianxeiros despois de varias xornadas e o grupo dos Dodro, Crocha, Palmeira e Sar pola promoción (de feito estos 4 equipos enfrentanse entre si esta xornada).
O Cruido ven tocado pola derrota no enfrontamento directo co Dodro pero viran aínda con mais ganas de reivindicarse. O Araño gañaron con mais atrancos dos que reflexa o marcador ó Cures xa que estiveron toda a segunda parte con 10 homes e a baixa de Nacho será importante.
Partido de moito suspense para eles e para mais rivais de liga. |
21 Feb 2020, 11:19 |
518.19 |
1 |
0 |
+info
|
| Choque de malas rachas entre ambos contendentes. 4 xornadas sen gañar de ambos e no caso do Cures as 4 xornadas contanse por derrotas.
No caso do Cures a plaga de lesions e a resaca das sancions están condenando ó equipo de Pomar do Río. Estiven presente no último partido deles e os 3 suplentes que tiveron os 3 entraron por lesión e vin a algún xogador mais renqueante rematando ó partido. Un dos que entrou dende o banquillo de feito marchou lesionado. Mala sorte para o Cures que se lle xuntou todo o malo.
O Baroña nos últimos 10 minutos se lles foi o encontro contra o pechacancelas Carreira. Co que so sumaron 2 puntos dos últimos 12. Pomar do Río sempre é mal campo para cambiar a dinámica mais aínda si o equipo local ven ca mesma necesidade ou mais. |
21 Feb 2020, 11:13 |
518.19 |
1 |
0 |
+info
|