Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Partido entre os 2 últimos clasificados que neste momento por estado de forma non merecen ambas plazas. O Carreira logo de encadear derrota tras derrota ven pletórico xa que sorprenderon a propios e extraños gañando ó Araño ben gañado e venceron no desconto a un nada fácil Baroña na súa casa. 2 victorias consecutivas ante bos rivais. Pola sua banda o Bealo leva varias xornadas sen gañar pero algunha victoria e punto mais pudo merecer. Na última xornada fixo sudar tinta ó Crocha. Derrota por 2-1 e pedindo a hora. 4-1 para o Bealo na primeira volta sendo naquel momento a primeira victoria e os primeiros puntos para os da Lomba. Veremos que pasa neste partido que é mais interesante do que di a taboa. 21 Feb 2020, 11:02 518.19
Partido trampa este da Alta. Todo indicaría que por rachas, resultados, rivais con quenes se enfrentaron e por xogar na casa o Crocha ven lanzado e é favorito pero que llo digan ó Araño a semana pasada. A clasificación nunha Liga coma a de este ano non é indicativo nin seguro de nada. E o Crocha é capaz do mellor (ós últimos encontros me remito) se está enchufado pero tamén do peor. O Crocha está empatado ca plaza de promoción pero fora dela porque o golaverage general teno estragado. Pero ven de gañar 3 dos últimos 4 encontros e non ante rivais fáciles: gañou na casa ó Baroña e foi gañar a Araño e ó Son, dous inquilinos da zona Alta. Eso sí levouse unha goleada da Trinidade. O Bealo sigue dando boas sensacións. Dende que caeron 6-0 contra o Aguiño fai 4-5 xornadas so perderon en Araño e pola mínima e o demais empates ante bos equipos (Dodro a 5 nun partido épico e a 3 contra o Baroña) e victoria ante o Furia. Que non se fie o Crocha se quere meterse na pomada por cousas importantes. Xa o ano pasado sendo o Bealo moi colista levouse un 1-4 da Alta. Partido peligroso con un ollo posto en Dodro no directisimo Dodro-Cruido e outro en Valga no Furia-Palmeira. 13 Feb 2020, 09:40 506.79
Todavía quedan 10 partidos pero, con respeto hacia ambos rivais é o partido con menos alicientes a dia de hoxe desta xornada polo menos. Baroña décimo clasificado leva 3 xornadas sen gañar pero a última victoria a conseguiron contra o inquilino da última plaza de promoción momentánea: o Dodro. O Carreira segue último pero ven de dar a campanada contra o Araño que loita polo ascenso. Duelo de equipos que contra calquera poden meter un bo susto. Non parece que vaian loitar por cotas maiores. Pero veremos... Co igualada que está a liga e enganchando unha rachiña todo é posible sobre todo para o Baroña que é o que esta mais alto na clasificación dos 2 13 Feb 2020, 09:28 506.79
Outra final tanto para Sar como para Porto do Son. O Sar ca derrota en Oleiros escápasalle a promoción de momento a 6 puntos e volve a estar na mesma situación que o día do Palmeira solo que desta vez sin enfrentarse a un rival directo. A xornada seguinte se sae con vida verase as caras con un deses equipos: o Crocha. Na casa os de Padrón están obtendo moi bos resultados so cedendo unha derrota ata o de agora e contando por victorias os seus últimos 4 encontros en Extramundi. O Porto do Son ven de 2 derrotas seguidas (Oleiros e Crocha ambas na casa) e urxe reacción inmediata. Non se marchou ninguén na táboa dos seus compañeiros de vagón pero non deben fallar moito mais se non queren perder a opción de ascenso directo e o primer handicap xa é o golaverage perdido cos da Trinidade que os adiantaron a semana pasada. Partido de alta tensión e quizais dos mais definitorios para as aspiracions dos contendentes esta xornada. 13 Feb 2020, 09:19 506.79
De non disputarse o duelo entre os 2 primeiros este sería o partido da xornada. Batalla pola promoción (con permiso de Crocha, Palmeira e nun segundo plano Sar) entre inquilino de plaza de promoción e o séptimo clasificado a 2 puntos. Un partido donde o Dodro chega mellor xa que leva 2 victorias consecutivas e o Cruido ven de 2 empates (ben certo que un foi no feudo do líder). Quizais o factor de que o Dodro xogue na casa sea un plus. Pero o Cruido é capaz de calquer cousa. Pronóstico incerto. 13 Feb 2020, 01:41 506.62
O partido da xornada sen lugar a dúbidas. Primeiro e segundo clasificado. Os visitantes estrean plaza de ascenso e o fan na casa do favorito ó ascenso e á liga. Non é o mellor lugar para defender esta posición pero estanse mostrando como un dos equipos mais fortes deste comezo de ano. A tripleta Pitiso, Aitor e Chupi intentarán engrosar as súas cifras goleadoras para, este ano si, buscar ese ascenso de categoría. O Aguiño buscará seguir mantendo a imbatibilidade e ca chegada de Adam teñen outra arma mais moi perigosa para os rivais. Un dos partidos que pode decidir moito por arriba e donde moitos equipos mirarán de reollo. 13 Feb 2020, 01:34 506.62
Partido de 2 equipos en 2 partes distintas da tabla pero onde o que está mais abaixo ven nunha mellor dinámica nos últimos partidos. O Furia leva 3 partidos sen perder e empeza a sair da parte mais baixa da clasificacion. Mentres que o Palmeira leva 4 sen coñecer a victoria. O Palmeira nesa loita pola promoción debe ceder o menor número de puntos posible xa que os rivais apretan e encadear unha mala racha de resultados ou polo menos levar tanto tempo sen sumar de 3 en 3 non é bo. Ben é certo que os de Ventín levan arrastrando sancións (ca de domingo de Bairon outra mais) e lesions. Partido impredecible este entre Furia e Palmeira. 13 Feb 2020, 01:29 506.62
Partido adiantado a domingo pola mañán pola coincidencia como locais de Araño e Taragoña. Ambos veñen necesitados de un triunfo. Os primeiros veñen de caer nunha das sorpresas da liga contra o Carreira que levaba 13 derrotas consecutivas por 3-1. O Cures perdeu na casa contra o CD Dodro. Partido especialmente de necesidade para os de Rianxo xa que o Oleiros rouboulle a carteira a eles e mais ó Porto do Son e ocupan a plaza de ascenso directo. O Cures buscará sumar os 3 puntos logo de varias semanas sen gañar. Veremos a quen lle senta mellor a hora do vermú. 13 Feb 2020, 01:20 506.62
https://youtu.be/0crA-9jMfJE video do partido 09 Feb 2020, 22:17 499.18
Cargador. Con esa persona de foto de perfil todos mis respetos. 09 Feb 2020, 09:42 499.18
Cascado23. Absolutamente nadie se pode despistar. O Aguiño non se pode botar a dormir, ten 2 equipos a 5 puntos e tense que enfrentar con eles na súa casa e si perde plaza de ascenso directo a promoción é moi jodida que levan os equipos de aquí 2 anos polo menos sin subir vía promoción. Despois o Oleiros tamén fai que de cerca os 2 perseguidores do Aguiño tampouco podan ceder puntos. Pola banda do Palmeira están eles, Dodro, Cruido e Crocha por conseguir a última plaza de promoción e o Sar non moi lexos destos. É a Liga mais igualada polo menos das 3 últimas temporadas. O Aguiño ten moita confianza (avalano os resultados e a imbatibilidad) pero tampouco se pode dormir. Os duelos directos decidirán todo. 05 Feb 2020, 15:21 495.67
Partido moi importante para ambos equipos. O Porto do Son ven de perder a sua imbatibilidade en Liga ante un rival directo como o Oleiros que ahora está so 2 puntos por detrás. O Crocha gañou ó Baroña pero sigue nesa senda de unha de cal e unha de area. Por cada partido que gaña, perde o seguinte e así sucesivamente. 7 victorias e 7 derrotas dino todo. Basándonos nesta irregularidade parece que tocaria perder pero o Crocha e capaz do peor pero tamén do mellor, do mais previsible pero tamén do mais imprevisible. Volta importante a de Jorge Quintans despois do seu partido de sanción e para o Porto do Son mentalización de que non poden cometer erros para non perder a plaza de ascenso directo e acostumbrados a non fallar están xa que so perderon 1 encontro nos 15 que van de liga. Partido interesante de ver. 04 Feb 2020, 09:56 495.52
Na escalada que o Oleiros está tendo para buscar ese ansiado ascenso directo nesta xornada topase co Sar que ven de aplicar un severo correctivo ó Palmeira. Os da Trinidade lograron o mais difícil que foi quitarlle o invicto en liga ó Son e ademais na casa deles co que pasou do pelotón da zona noble ó pelotón de luxo polo ascenso directo. A 2 puntos do Son e do Araño e con moito que decir. O Sar viña de 2 derrotas en Cures e Cruido pero venceron e convenceron 6-2 ante un rival complicado como é o Palmeira. Están en silencio pero puxeronse a 3 puntos da promoción e calquera mínimo despiste dos rivais si o Sar mantén unha mínima regularidade que todavía ten que atopar podelle roubar a carteira a todos. A victoria nesta última xornada foi clave. De todos modos a Trinidade será penso un escenario duro para que se escape algún punto de ali, mais aínda co estado de forma do Oleiros. Veremos... 04 Feb 2020, 09:41 495.52
Duelo importante o da Silva. En especial para o Cruido que está nesa loita pola promoción e que ven reforzado tras sacar un punto na casa do líder e igualar un 2-0 que campaba no marcador no minuto 84. Dos 4 equipos igualados a 22 puntos parece que é o que está en mellor forma e veremos si son capaces de manter estas sensacions e por canto tempo. Mentres o Furia ven reforzado con 2 victorias consecutivas ante Carreira e Cures e ambos triunfos claros por 0-3 e 6-1. Quererán manter esa racha pero ó contrario dos 2 últimos rivais o Cruido nin está na parte baixa da taboa nin ven con moitas lesions ou sancions. Veremos que da de si este encontro. 04 Feb 2020, 09:34 495.52
Partido impredecible este de Pomar do Río. O Cures ven de caer estrepitosamente en Valga ante un rival directo como é o Furia 6-1. Si ben é certo que como comentaron outros usuarios de siguetuliga arrastraba varios sancionados e varios lesionados que lastraron moito ó equipo. Enfrente o Dodro que ocupa neste momento a última plaza de promoción e que tanto eles como os compañeiros de loita por ese último posto non deben perder puntos. E Pomar do Río é un dos campos mais complicados da Liga para asaltalo. Penso que é o partido desta xornada onde menos hai que fiarse tanto do visto a última xornada como da situación en clasificación de ambos. 04 Feb 2020, 09:28 495.52
Duelo aparentemente desigual na Guía. Enfrentase o pechacancelas Carreira e o terceiro clasificado Araño que está cos mesmos puntos que a zona de ascenso directo. O Carreira está nun estado de depresión total logo de que domingo pasado perdesen co único equipo que puntuaron: o Dodro, co que xa levan unha volta enteira sen puntuar. Eso si perderon 2-0 moi ó final estando co 1-0 gran parte do encontro. O Araño logo desas 2 xornadas sen gañar volveron á senda do triunfo sufrindo por 1-0 ante o penúltimo Bealo. Chegamos á época da temporada onde hai que procurar non perder puntos e o Araño ben o sabe. 04 Feb 2020, 09:23 495.52
Na Lomba veranse as caras Galicia Bealo e Baroña. Ambos veñen de caer na última xornada e ambos pola mínima. O Bealo por 1-0 ante o terceiro clasificado Araño e o Baroña perdeu no desconto e de penalti 2-1 ante o Crocha, penalti xusto de todas formas. O Bealo a pesar de non gañar nestas últimas 2 xornadas esta mellorando as súas sensacions con respecto a outro treito da temporada. O Baroña descolgase un pouco dese tren de equipos que optan a ese último posto de promoción. Veremos si se volven meter nesa loita empezando por este encontro 04 Feb 2020, 09:17 495.52
Aparte da previa que aquí xa se está comenzando e ben fuerte, para mín é o partido da xornada nesta categoría. Duelo en Ventin entre o indiscutible líder Xuventude Aguiño e o Palmeira que neste momento está séptimo aínda que empatado ca quinta plaza nese emocionante cuádruple empate que nos deixou a semana anterior na táboa. Non obstante ambos veñen de pinchar nos seus últimos partidos. O Aguiño perdeu 2 puntos nos últimos 5 minutos despois de ir gañando 2-0 ante un Cruido que xa aventurabamos daría guerra e o Palmeira ven de caer por un abultado 6-2 en Padrón contra o Sar. Partido no que estuven presente e donde o exercicio de eficacia ante porta do Sar foi notable metendo mais da mitad do que tiraron, o Palmeira tirou 2 veces ós postes cando o partido non estaba tan inclinado no marcador. De todos modos a victoria do Sar foi xusta tamén por xogo. Veremos que pasa domingo e que non chegue a sangre ó río entre aficions. Na primeira volta victoria clara do Aguiño na Tasca 4-0. Sorte a ambos. 04 Feb 2020, 09:10 495.52
O partido do horario en "prime time". Extraño horario ese das 8 da tarde. Desconozo o motivo pero algo ten que haber para que se desplace un partido a tan tardío horario. Enfréntanse en Extramundi Sar e Palmeira. O Sar ven de 2 derrotas seguidas e ten que intentar cortar esa racha para non perder esa remota pero aínda posible opción de ir a promoción, máis aínda si xogan contra o inquilino desa quinta plaza que dependendo da puntuación dos outros 2 grupos da zona de Santiago da dereito a xogar fase de ascenso. Un empate pon a cousa moi difícil ós de Padrón e unha derrota xa é casi jaque mate porque serían 9 puntos de distancia. O Palmeira tampouco pode estar tranquilo dependendo o que pase neste partido. O Cruido ca victoria do domingo pasado está so 1 punto por detrás e Dodro e Crocha siguen a 3 puntos polo que esa plaza tan codiciada que teñen cun tropezo pódelle voar. Ademáis contan con 2 sancionados seguros que son o porteiro David por doble cartón amarelo e Aarón pola expulsión por cartón vermello directo ó finalizar o encontro contra o Porto do Son pola tangana ou conflicto que houbo co pitido final. Partido de necesidade de victoria para ambos. 28 Ene 2020, 11:22 487.25
Moi bo partido o de este domingo na Tasca aínda que por moi pouco lle gaña o Porto do Son - Oleiros como o gran partido da xornada. O Xuventude Aguiño pode permitirse o lujo de fallar nunha xornada xa que ten 4 puntos de ventaxa sobre o segundo clasificado e nada máis e nada menos que 7 puntos sobre a promoción. Ou moito cambia a cousa ou polo menos o "Xuventude" xa o poden ir inscribindo nunha das plazas de ascenso. Sen embargo non poden fiarse xa que chega o Cruido que despois de tropezar co Son fai 2 xornadas, na anterior volveron á senda da victoria contra o Sar por 4-3 e con Bitel de novo nas súas filas que sumou un tanto máis e xa leva 14 en liga. Partido peligroso para o líder e proba importante para o Cruido de optar a esa promoción que teñen a tiro de pedra cun tropezo do Palmeira. 28 Ene 2020, 11:15 487.25