| O partido da xornada sen lugar a dúbidas aínda que tampouco non é malo o Xuventude Aguiño - Cruido. Pero aquí hai máis alicientes xa que unha derrota do Porto do Son metería ó Oleiros na pelea polo ascenso directo.
Ambos veñen en inmellorable progresión. Os locais veñen de gañar nun campo moi difícil como o de Ventín parece ser que nun partido moi bronco, duro e que tivo un final desagradable con, non sei si tanganas, pero algunha expulsión finalizado o encontro que indica que algún lío houbo ó final do encontro. E o Oleiros ven lanzado despois de golear 6-1 ó Crocha na Trinidade donde no segundo tempo exhibiron un repertorio de pegada e de instinto asesino ante a portería rival notable.
Baixa importante a de Jorge Quintáns nos locais pola súa expulsión por doble cartón amarelo en Ventín. En principio no Oleiros á espera de ver as sancións o mércores sin sancionados a menos que a Yoel, único amonestado no partido deste pasado domingo, tuvese a mala suerte de cumplir ciclo de amonestacións.
Partidazo no Emilio García máis aínda si na primeira volta na Trinidade viveuse un espectacular 4-4 entre estes 2 conxuntos. |
28 Ene 2020, 11:08 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro dos enfrontamentos directos por posición nesta xornada. Vense as caras Furia e Cures separados por 1 punto e pegados na táboa. O Furia deixa de mirar cara abaixo gañando ó Carreira na Guía e superando ó Bealo na táboa e agora mira cara arriba enfrentándose ó seu inmediato rival que ten por diante na clasificación. O Cures ven de caer na casa ante o líder pero pola mínima 0-1 a pesar das baixas todas que tivo por sanción na escabechina do día do Sar. Quizá eso lles de un punto de moral para afrontar os próximos partidos comezando por este partido no que o teñen que dar todo para non verse superados polos de Valga. |
28 Ene 2020, 11:01 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
| No Campo de Chenlo xogarán 2 equipos que veñen de baixóns importantes en cadanseu último encontro. O CD Dodro sacou un punto da Lomba pero logo de ir con 0-4 favorable en 25 minutos ata finalmente perder 2 puntos no desconto cun tolo 5-5 que quedará (será moi difícil de superar) como o partido máis surrealista deste grupo 5 de Terceira Autonómica nesta temporada. O Carreira ven en profunda depresión xa que a súa gran esperanza que era achegarse ó seu máis inmediato perseguidor que era o Furia esvaeuse cun parece contundente 0-3 na casa polo menos en resultado, non sei en xogo. Sin embargo non dudo que o Carreira intentará buscar esa luz ó final do túnel para non quedarse con só 3 puntos na táboa. Eso sí, a visita ó campo de Chenlo non parece o sitio máis propicio para atopar esa luz. |
28 Ene 2020, 10:57 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
| Enfrontamento directísimo por posición entre o Crocha e o Baroña. Camiños ben distintos de donde proveñen cada un. Os locais sufriron un frenazo (outro máis) cunha sonora á vez que excesiva goleada endosada polo Oleiros por 6-1 despois de haber gañado en Araño, co que evidencian esa irregularidade galopante de todo o ano. Mentres o Baroña empatou na casa contra o Araño 2-2 e manteñen esa boa progresión das 2 últimas xornadas, progresión que queren seguir mantendo no esixente Estadio da Alta. |
28 Ene 2020, 10:51 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido adiantado a sábado pola coincidencia como locais de Araño e Taragoña esta xornada tendo preferencia no Municipal da Lomba os segundos.
Ambos veñen de empates, o Araño arrancou un punto do Emilio García contra o Baroña e o Galicia Bealo viveu un partido tolo, eu diría que o máis tolo da temporada contra o CD Dodro levantando un 0-4 e logrando empatar 5-5.
Úrgelle ó Araño volver á senda da victoria xa que o Porto do Son non falla e ahora está 3 puntos por diante cun 2-2 no enfrentamento directo na primeira volta cos do míster Quintáns e ese partido da segunda volta na Lomba antóllase definitivo a día de hoxe. O Bealo volve ó penúltimo posto pero ven en boa senda despois de gañar ó Furia e a pesar deste empate a maneira de conseguilo foi heroica con gol de Miguel Lamas no desconto, moral alta ou deberían tela os de Boiro.
Partido antóllase moi movido. |
28 Ene 2020, 10:47 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois si alguen do Cures ou Sar me corrige ese gol erróneo agradeceriallo |
22 Ene 2020, 23:36 |
475.91 |
1 |
0 |
+info
|
| Extrañabame eso de que nuns sitios 6-2 e noutros 5-3. Joder pois si que tivo o dia... |
22 Ene 2020, 22:49 |
475.91 |
1 |
0 |
+info
|
| Martin Abeijon: 2 partidos
Ore: 1 partido
Bruno: 4 partidos
Resolución das sancions. |
22 Ene 2020, 22:47 |
475.91 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo importante o da Trinidade. Os locais a 5 puntos do ascenso directo non deben pinchar si non queren perder esa opción de evitarse promocions. Os visitantes duelo tan ou mais importante incluso. Sempre á porta de postos nobles pero que non acaban de rematar a faena e desfan o camiño andado con esa irregularidade. Irregularidade para o bo e malo xa que pinchan donde non se espera e gañan tamén donde nadie o espera, que llo digan ó Araño ós cales a xornada pasada lles fixo a pascua baixandoos do ascenso directo en favor do Porto do Son. Na primeira volta 1-3 nun moi chuvioso día en Cadreche con Pitiso como estrela cun golazo de falta directa de bandeira. |
20 Ene 2020, 14:43 |
475.76 |
1 |
0 |
+info
|
| Quizá o partido da xornada. O Palmeira, inquilino desa codiciada quinta plaza que pode dar dereito á promoción e que ten moitos candidatos recibe ó Porto do Son que estrena plaza de ascenso directo e que intentará manter por tódolos medios ca SD Araño ó acecho. A baixa do pichichi sonense Montero aínda sendo importante non a están notando xa que o bloque do Emilio García sigue rendendo a moi bo nivel e están tocados pola variña. A súa última fichaxe Robert Lazarczuk so necesitou 2 minutos para estrearse como goleador. O Palmeira mentres non ten moito marxe para o fallo xa que calquera mínimo despiste os apea da quinta plaza aínda que teñen colchón de 3 puntos sobre o seguinte que é o Crocha. Qué importante lles foi esa victoria na Alta fai 2 xornadas. Duelo que ten pinta de ser bonito de vivir. Si é como o 3-3 da primeira volta merecerá a pena ir ver o partido quen poda. |
20 Ene 2020, 14:37 |
475.76 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido entre 2 inquilinos do vagón da zona media-alta da táboa. E ambos veñen de derrotas. Os de Lousame no seu feudo ante o Porto do Son que lles permiten a estes últimos asaltar os postos de ascenso directo e os de Padrón cunha derrota estrepitosa en Pomar do Río por un claro 6-2. Na primeira volta 0-0 pero as cousas son moi distintas. Ambos empezaron moi floxos a competición no primeiro treito pero dun tempo a esta parte quitando por exemplo a última xornada de ambos están dando o callo. Bitel será arma clave no Cruido xa que o recuperan despois da sanción este domingo por acumulación de amonestacións. |
20 Ene 2020, 14:29 |
475.76 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo por todo o baixo entre 2 equipos que polo visto no campo cando coincidimos non merecen tampouco unha situación tan catastrófica como reflexa a táboa. O Carreira con so 1 victoria en toda a primeira volta e o Furia con so 1 mais acompañado de 2 empates. Partido tenso o da primeira volta con victoria dos de Valga no desconto onde ó porteiro do Carreira fixo algo moi gordo para meterlle 5 partidos de sanción. Veremos como andan os ánimos este domingo na Guía. |
20 Ene 2020, 14:25 |
475.76 |
1 |
0 |
+info
|
| Na Lomba enfrentaranse 2 conxuntos en distintas zonas da táboa. Os de Boiro veñen cun chute de moral ca victoria no duelo directo ante o Furia que lles permiteu rebasalos na táboa. Os do campo de Chenlo perderon ante o Baroña e sigue esa inestabilidade da zona media alta donde todos van sumando puntos pero a marchas forzadas. Sigue esa dura pugna entre Palmeira, Crocha, Cruido e Dodro á que se uniron tamén Sar e desde onte o Baroña. Partido incerto xa que ó igual que no Baroña-Araño ambos revertiron as súas tendencias en liga. |
20 Ene 2020, 14:21 |
396.81 |
1 |
1 |
+info
|
| Duelo donde ambos equipos na última xornada revertiron as tendencias que levaban en Liga. Victoria do Baroña ante o Dodro e derrota do Araño na casa contra o Crocha. O Araño perde de momento a plaza de ascenso directo e buscará recuperala a toda costa e o Baroña busca que a da semana pasada sea o comezo dunha boa xeira de resultados para ascender na táboa. |
20 Ene 2020, 14:16 |
475.76 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido no sempre complexo feudo de Pomar do Río que visita o líder en inmellorable racha de resultados e xogo no campo. Partido onde o Cures na primeira volta sacou un meritorio 3-3 da Tasca pero que nesta ocasión estará lastrado polas 3 expulsions no final do encontro de Ore, Martin Abeijon e Bruno que vista a acta veremos con cantos partidos serán castigados. Tuvo que ser algo gordo porque sin estar no campo non se explica como ganando 6-2 se complicaron tanto a vida condenándose para o seguinte encontro. |
20 Ene 2020, 14:13 |
475.76 |
1 |
0 |
+info
|
| Aínda que non o podo reflexar na acta de siguetuliga. O xogador Juan Tarela Torres foi amonestado estando no banquillo no minuto 90 |
17 Nov 2019, 20:18 |
407.04 |
1 |
0 |
+info
|
| Aínda que na acta de siguetuliga non o poda reflexar por non tomar parte no encontro, foi expulsado con vermella directa o hoxe dorsal 14 do Oleiros Luis Martínez Lijó no minuto 78 estando no banquillo. |
16 Nov 2019, 23:41 |
402.44 |
1 |
0 |
+info
|
| Campeón de la XXVII Liga Fútbol Sala Senior de Riveira el Max China por desempate por golaverage particular (3-0 en la primera vuelta y 3-3 en la segunda). |
05 May 2019, 04:34 |
320.86 |
1 |
0 |
+info
|
| Señor dorueiro espero poder saudalo en persoa. Sorte esta tarde. |
24 Mar 2019, 12:05 |
269.00 |
1 |
0 |
+info
|
| Fiadevos de Futgal.com sempre. Tamén tiven que cambiar o noso do Crocha que alguén o puxo para as 16:30 e tamén é as 17:00. E cando alguén o pon hai que reportar a siguetuliga que o cambien que eu como administrador non podo. Sorte a ambos equipos. |
24 Mar 2019, 12:03 |
269.00 |
1 |
0 |
+info
|