| Duelo rocoso para o líder en Mirarríos.
Carcacía e Porto do Son xogarán un duelo que na primeira volta gañou o actual lider pola mínima.
O Carcacía caeu creo que por primeira vez na casa ante o Carreira por 3-5 derrota bastante inesperada para o fortes que se mostraban na casa e as dudas que arrastraban os da Guía.
O Porto do Son saleu invicto e Campeón de Inverno de Vista Alegre cun empate. E casi salen mellor aínda porque o Abanqueiro empatou a 4 minutos do final cun penalti. Logo tangana final e liada das boas.
O Carcacía quitando este borrón do domingo pasado é forte na casa. Pero si o Carreira xa lle puido gañar esta última xornada. ¿Por qué non o líder?
Pronóstico: 1X2. |
17 Ene 2024, 21:51 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Derby boirense en Vista Alegre.
Abanqueiro e Cures vivirán un partido moi atractivo.
O Abanqueiro conseguiu empatar 1-1 contra o líder e Campeon de Inverno Porto do Son. Un penalti transformado por Andrés Ríos a 4 do final evitou a derrota. Logo lío monumental e tangana ó finalizar o partido.
O Cures arrancou un empate da Silva. Un tanto de Pablo igualou un encontro nun campo sempre complicado. Perden por expulsión a Alex Castro.
O ano pasado recital do Cures neste mismo escenario: 1-4. Este ano as cousas pintan distintas.
Pronóstico: 1. |
17 Ene 2024, 21:41 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo no Municipal da Silva
Lousame e Xuño inician a segunda volta.
O Lousame igualou a 1 na última xornada co Cures na casa. Debut e gol de Jimi no seu primeiro partido co seu novo equipo pero o Cures logrou igualar polo que seguen cos mesmos puntos.
O Xuño cun equipo de circunstancias con 12 xogadores e tendo que facer o cambio ós 12 minutos de xogo caeu 2-0 ante o Cordeiro B. Partido con moitos hándicaps.
Últimamente o Lousame está mellor que o Xuño. O ano pasado 0-4 do Xuño na Silva.
Pronóstico: 1 |
17 Ene 2024, 21:37 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Pecha a xornada o partido do Municipal de Campaña.
Cordeiro B e Xuño xogarán por 3 puntos importantes para ambos.
Os locais caeron no Monumental ante o Cures por 2-0. Sigue a racha de malos resultados dos de Valga que esperan poder cambiar neste novo ano.
O Xuño caeu por 1-5 ante o Sar antes do Nadal. Interesante fichaxe de Eloy Chouza que volve ás Furnas para formar unha dianteira das máis temibles da categoría xunto con Millares e Diego Montaos.
Un equipo que está atascado contra un que últimamente está subindo enteiros e dun momento a outro pode tirar a porta abaixo.
Pronóstico: 1X2. |
09 Ene 2024, 22:31 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| A Fieiteira finaliza a primeira volta de Palmeira e Crocha.
Os locais descansaron antes do Nadal pero este domingo pasado recuperaron o partido que se aplazara a principio de decembro polo temporal ante o Carcacía. Boa victoria por 2-0 con goles de Carlos Queiruga e Javi Salvado.
O Crocha encoméndase a que o 2024 sexa distinto a como acabou o 2023. Derrota por 1-6 ante o Araño en Cadreche onde a gasolina da para 45 minutos e as segundas partes suelen ser un verdadeiro suplicio.
O Palmeira costoulle pero parece empezar a despegar, o Crocha a empregarse a fondo para cambiar o muro mental e físico que teñen diante.
Pronóstico: 1. |
09 Ene 2024, 22:26 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Carcacía e Carreira xogan un partido de incógnita vistas as últimas actuacións de ambos contendientes.
O Carcacía antes de Nadal venceu ó Artes na Fieiteira por 1-2. Partido que se decidiu no treito final do mesmo. Pero xusto esta fin de semana pasada recuperaron o partido aplazado polo temporal no mesmo escenario da Fieiteira pero ante o Palmeira. Derrota por 2-0 que lle corta en seco a progresión que levaban e quedan a 8 puntos do Sar que está 3° e a 11 do líder.
O Carreira sigue dando unha de cal e unha de area. Comezaron adiantándose ante o Abanqueiro pero a pesar de anotar 2 goles a un equipo que so levaba 4 tantos encaixados en liga caeron por 2-4.
Mirarríos é un feudo do que escapan poucos puntos. Parece difícil que non sume o Carcacía pero o Carreira si ten o día pode ser capaz de todo.
Pronóstico: 1X |
09 Ene 2024, 22:21 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Lousame e Cures pechan cadansúa primeira volta empatados na clasificación a 13 puntos.
Os nesta xornada locais plantáronlle bastante batalla ó líder na súa casa onde o Son tivo que empregarse a fondo para poder vencer. 2-2 ó descanso chegando a poñerse 0-1 pero non foi suficiente para dar a campanada.
O Cures meteu na saca outros 3 puntos no seu feudo do Monumental vencendo ó Cordeiro B. Estrea inmellorable de Adai no Cures con gol e Xurxo certificaron a victoria.
Sendo na Silva equilíbrase máis a cousa. Quizá un empate que creo tamén se deu o ano pasado 2-2 si non me falla a memoria.
Pronóstico: X |
09 Ene 2024, 22:14 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O partidazo do que vai de liga e o título honorífico de campeón de inverno en xogo.
Abanqueiro e Porto do Son librarán unha gran batalla na matinal do domingo.
O Abanqueiro na última cita do 2023 venceu por 2-4 na Guia ó Carreira. Encaixaron 2 goles nese encontro, a metade de todos os que levaban encaixados no campeonato. Doblete de Ángel Ramos que tivo que entrar desde o banco no minuto 9 por lesión e que foi un dos protagonistas do encontro.
O Porto do Son pechou o 2023 de casi inmellorable forma (quitando o empate ante o Sar) cunha victoria ante o Lousame por 4-2. Partido un pouco correudo ó principio con empate a 2 ó descanso pero o capi Jorge Quintáns e Carlos Neo na prolongación deixaron 3 puntos máis no Emilio García.
Partidazo que para mín oxalá non fose logo deste parón. Quizá poida influir de algunha maneira esto dependendo do traballo de entrenamientos de ambos conxuntos no Nadal, pero que será un foco importante de atención nesta xornada este partido sin dúbida.
Pronóstico: 1X2. |
09 Ene 2024, 22:08 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| A falta do horario do Lousame - Cures no momento deste comentario arranca o 2024 con doble partido na matinal do domingo.
Un deles será este bo partido na Lomba.
Araño e Artes buscarán finalizar a primeira volta da mellor maneira posible.
O Araño logo de varios partidos dubitativos goleou en Cadreche ó Crocha por 1-6. O partido estivo competido ata o descanso co 1-2 no marcador pero no segundo tempo o Araño impuxose con autoridade.
O Artes pola súa banda caeu na casa ante o Carcacía por 1-2. Partido onde o árbitro parece ser que a liou bastante en parte pola forma de pitar pero máis aínda pola actitude hacia os xogadores. Esta derrota deixalle o liderato a 12 puntos.
Veremos cómo arrancan este ano ambos equipos. O que vai por riba na clasificación acabou o 2023 peor que o que vai debaixo. Veremos...
Pronóstico: X2 |
09 Ene 2024, 21:59 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O problema é ese. Que os árbitros fagan mal ou ben os clubs teñen que afloxar a carteira igual. Por outro lado non hai árbitros para cubrir cada un un partido por xornada. De feito a nós veunos pitar Ferrol (iba a vir un dos Buján e foi pitar a Queiruga) e xa pitara onte en Xuño. E entre base e Senior algún pita ata 3 e non sei si máis.
Hai un problema grave de árbitros e vendo tamén o que hai (porque quenes están varios non o fan ben e algúns como o que sufreu hoxe o Artes ou Otero Moares que o Dodro hoxe tuvo que xogar a porta pechada) nadie novo se quere meter a sachar. |
17 Dic 2023, 21:44 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Un dos peores árbitros sin duda de largo, e o nivel xa de por sí é bastante baixo. |
17 Dic 2023, 21:23 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Adiantase o partido unha hora (ás 18:30) sobre o horario inicialmente previsto porque o Cidade o adianta 45 minutos (ás 16:15) por problemas de iluminación (de noite non se ve un carallo). Así que este partido van ir xogar con fachos. |
17 Dic 2023, 09:48 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| A Terceira Autonómica péchase por este 2023 no Anexo da Fieiteira cun moi bo partido.
Artes e Carcacía enfréntanse con disputa por posición logo do vivido na última xornada.
O Artes caeu nun duelo directo ante o Abanqueiro pola mínima e de forma dolorosa: Non transformando un penalti no último minuto. Derrota dolorosa porque se descolgan a 6 puntos dos 3 primeiros.
O Carcacía goleou 6-1 ó Crocha. Partido que conforme pasaron os minutos foronse impoñendo en tódalas áreas. Destacou Edgar con 4 goles.
Partido moi igualado. Un ven dun golpe duro pero xoga como local e o outro goleou pero floxea como visitante respecto ós seus partidos como anfitrión. Veremos qué pasa.
Pronóstico: 1X.
A tódolos parroquianos que comentades ou pasades botar un vistazo mándovos felices festas. A disfrutar deste mesiño de descanso futboleiro. |
14 Dic 2023, 19:13 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Crocha e Araño cerran un ano que para uns xa non foi bo en todo momento e para outros está finalizando ben amargo.
Os locais volveron a desangrarse en Carcacía. 6-1 onde o primeiro clavo o levan cun gol ó pouco de comezar (minuto 5) o segundo clavo logo de chegar cun medianamente aceptable 2-1 ó descanso en Mirarríos (que non é nada fácil) lévano encaixando 2 goles nada máis iniciar o segundo tempo, e o terceiro e máis sangrante é encaixar outros 2 goles nos minuto 88 e 90 que deixan un resultado moi doloroso.
O Araño tampouco está acabando ben o ano. Caen á cuarta plaza pola cola e o que parecía un curso de loitar non quizá polo ascenso directo, pero si por ser dos do grupiño que loiten por entrar ainda que sea de 5° en promoción, nos duelos directos sempre lles sale cruz. A priori é bo partido para restañar feridas pero veremos qué pasa (non o vamos poñer nada fácil eso sí). Último encontro derrota contra o Palmeira 2-3 na casa e tamén estando éstos en zona baixa.
Veremos se hai milagre en Nadal ou toca beber para olvidar e resetear para que o 2024 sexa ben distinto.
Pronóstico: 2 |
14 Dic 2023, 18:19 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Moi bo partido o que nos brindará A Guía para cerrar o ano.
Carreira e Abanqueiro vivirán un duelo vibrante.
Os locais volven a andar sobre a alambre da irregularidade. Derrota sorprendente polo resultado en Lousame por 6-2. A última media hora logo de ir 1-1 foi unha debacle para os de Ribeira.
O Abanqueiro no duelo directísimo gañou ó Artes pola mínima 1-0 e fallando o Artes un penalti no desconto. Outra portería a 0 e só 4 goles encaixados en 11 xornadas que se levan disputadas, un muro naranxa en toda regla.
Sendo o Carreira local todo é posible. Pero non sería lóxico ainda que sea poñendo un triple non contemplar a victoria do Abanqueiro.
Pronóstico: 1X2. |
14 Dic 2023, 18:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| O Monumental despide un 2023 inolvidable para o Cures que recibirá ó Cordeiro B.
Os locais logo de loitar moito non puideron sacar un bo resultado dun campo difícil como Extramundi. 3-3 ó descanso pero logo dunha expulsión a cousa quedou en 5-3 para o Sar.
O Cordeiro B logo dunha data moi especial en homenaxe a Isma, colleitaron unha derrota na casa ante o intratable lider Porto do Son. Bache de resultados o que están pasando nestas últimas datas.
Non está sendo a mellor época para ningún dos 2. Pero veremos que sentencia dicta o Monumental.
Pronóstico: 1X |
14 Dic 2023, 18:06 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Duelo de localidades veciñas.
Porto do Son e Lousame queren seguir ca gran sensación que deixaron na última xornada.
O líder da categoría gañou sen grandes atrancos 0-3 ó Cordeiro B. Todo victorias menos un empate e queren que esta lúa de mel futbolística prolónguese ata polo menos a volta das festas.
O Lousame logo dunhas pequenas dudas consigueu meterlle un bo correctivo nada máis e nada menos que ó Carreira. 6-2 que se certificou no segundo tempo e na última media hora de encontro.
Ambos veñen pletóricos pero só un deles leva paso firme e seguro.
Pronóstico: 1 |
14 Dic 2023, 18:00 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| 2 partidos adiantados a sábado. E inician a última xornada do 2023 Xuño e Sar.
O Xuño descansou na última xornada pero non olvidan a victoria lograda no último partido en Pomar do Río ante o Cures. Qué mellor forma de acabar o ano sería sacar algo positivo ante un dos de arriba como o Sar.
Os de Extramundi siguen na zona alta da táboa e venceron na última xornada ó Cures por 5-3. Partido que vista a acta (mentres non teñamos o don de estar en varios sitios á vez) sudarono con 3-3 no marcador ata os últimos 10 minutos. E xa contra o Carreira o pasaron moi parecido.
Desafío para ambos: o Xuño a ir cara arriba logo da primeira victoria do curso e o Sar a seguir na persecución do liderato.
Pronóstico: X2. |
14 Dic 2023, 17:56 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Coño! É verdad. Fe de erratas por fiarse dos árbitros e cagada miña en consecuencia ó redactar.
A máis ferramentas disponibles que teñen os colexiados (véxase todo se fai informatizado vía tablet, móvil, etc...) peor. Non nos queda nada... |
08 Dic 2023, 16:28 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
| Din que son a xeneracion mellor preparada. Pero que ques que che diga visto o visto...
Por suerte (ou por desgracia según se vexa) a pesar das caldeiradas das últimas 2 semanas non temos moito que achacar. Pero antes de 8 partidos en 4-5 houbo liada arbitral. |
08 Dic 2023, 00:17 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|