Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Extramundi vivirá o partido entre o CD Sar e o Cures. Os de Padrón lograron arrancarlle os 2 primeiros puntos da liga ó invicto Porto do Son. Bo empate a domicilio. Logo gañaron entre semana o partido aplazado ó Carreira. O Cures unha de cal e unha de area. Caeron ante o Xuño 2-4 no Monumental indo 2-1 e con 1 xogador máis a 5 minutos do final. En Copa do Sar goleada 4-1 ó Santiso e pasan de rolda. Fora da casa o Cures suele non obter tan bos resultados como na casa. E o Sar sigue facendoo moi ben. Pronóstico: 1. 06 Dic 2023, 23:48 999.99
O partido máis atractivo da xornada. Abanqueiro e Artes buscan 3 puntos vitales para definirse na zona alta. Abanqueiro. 0-8 sin despeinarse na Alta ante un Crocha totalmente desmoralizado. Bo partido realizado para coller moral. Na Copa do Sar caeron ante o Dodro 1-3. Artes. Victoria e goleada 6-1 ante o Lousame para seguir buscando as posicións máis altas da liga. Victoria nos penaltis ante o Deixebre en Copa do Sar. Pronóstico difícil. Equipo menos goleado (4 goles o Abanqueiro) contra equipo máis goleado (Artes con 33). Partido moi interesante. Pronóstico: 1X2 06 Dic 2023, 23:43 999.99
Mirarríos vivirá un partido entre equipo de promoción e pechacancelas da táboa Carcacía. Non puideron rematar o encontro da última xornada ante o Palmeira polo vendaval caído o pasado domingo no Anexo da Fieiteira, o anterior partido gañaron pola mínima ó Araño. Crocha. Escandaloso 0-8 ante o Abanqueiro na Alta, só 9 goles en liga e moral máis que afundida. Necesitan máis que un milagro para levantar esto. Ojalá puidera decir outra cousa pero non habendo perdido o Carcacía na casa e estando como está o Crocha é difícil non decir outra cousa que non sexa... Pronóstico: 1 06 Dic 2023, 23:38 999.99
Lousame e Carreira xogarán na Silva un partido de 2 equipos con altibaixos. O Lousame logo de golear ó Crocha foi goleado polo Artes. Obviamos a pesar do escandaloso do resultado a derrota ante o Sigüeiro en Copa do Sar. 0-15 e 3 categorías os separan, escandaloso quizá ata certo punto vendo en onde están ambos equipos. O Carreira vai un paso adiante e un atrás. Venceron por 5-3 ó Cordeiro B o domingo pasado pero este mércores recuperando o partido aplazado ante o CD Sar caeron polo mesmo resultado. Resultado incerto. Pronóstico: X2 06 Dic 2023, 23:32 999.99
Horario extrano o do partido do líder. Cordeiro B. Bache de resultados nas 2 últimas citas. 10 goles encaixados e 2 derrotas que cortan a progresión que levaban. Porto do Son. Primeiro "pinchazo" ante o Sar na casa. Pero gardan vantaxe de 2 puntos co seu máis inmediato perseguidor e 12 co 6° posto, de momento vento en popa. Pódeselle atragantar o desplazamento e o horario ó líder pero penso que o sacará adiante. Pronóstico: 2. 06 Dic 2023, 23:27 999.99
Flash rápido a tódolos encontros desta xornada. Araño. Volve da xornada de descanso pero na última xornada que disputou xogou contra o Carcacía e caeu 1-0 en Mirarríos. Equipo que se está estancando en canto a resultados e leva varias xornadas sin gañar. Palmeira. Último partido contra o Carcacía que foi suspendido pola que caeu o domingo pasado que impediu terminar o partido. Tamén sigue estancado e sin gañar dende fai tempo. Ambos en horas baixas, veremos qué pasa Pronóstico: 1. 06 Dic 2023, 23:22 999.99
O Anexo da Fieiteira abre e pecha a xornada nesta semana. Palmeira e Carcacía xogarán un partido de 2 equipos con tendencias distintas. Os locais caeron pola mínima ante un equipo da zona alta como o Abanqueiro. Tres derrotas consecutivas que teñen que intentar revertir esta situación. O Carcacía sigue facendo de Mirarríos un fortín e gañou ó Araño. En tódolos partidos como local menos 1 gañou tódolos encontros polo mesmo resultado (1-0). O Palmeira está en mala racha e ó Carcacía cóstalle sacar puntos lexos de Padrón. Pode pasar de todo. Pronóstico: X. 29 Nov 2023, 22:58 999.99
O gran partido da fin de semana. Porto do Son e CD Sar loitarán por 3 puntos importantes para o campeonato. Os locais gañaron nas Furnas pola mínima ó Xuño. Pintaba partido fácil pero a cousa tivo moitos máis atrancos dos esperados. O CD Sar non puido xogar a semana pasada pola suspensión do seu partido ante o Carreira polo falecemento do Presidente dos da Guía Francisco Sieira. Chegan con máis descanso competitivo pero veremos si foi bo ter ese descanso obligado ou non. O pronóstico máis impredecible da fin de semana. Si gaña o Sar hai liga, si gaña o Son este ano pode ser para recordar para os do Preguntoiro. Pronóstico: 1X2. 29 Nov 2023, 22:48 999.99
Carreira e Cordeiro B xogarán na Guía un partido de moitas dudas. O Carreira non puido xogar o seu último encontro xa que se suspendeu o encontro ante o CD Sar polo falecemento do Presidente do Carreira CF Francisco Sieira. No anterior encontro golearan ó Xuño 8-3. Veremos en qué data se pode poñer o partido aplazado, quizá para a xornada de Copa do Sar da semana que ven xa que un non participa e o outro está exento da primeira ronda. O Cordeiro B encaixou unha dura goleada ante o Artes 1-5, serio revés ante un rival co que estaba empatado a puntos. Ambos equipos medirán neste partido en qué situación están. No Carreira si o 8-3 ó Xuño foi un espexismo e volven á situación anterior de dudas dentro do plantel ou van para arriba. E no Cordeiro B si ese mal resultado foi un accidente ou é o comezo dun bache. Pronóstico: X. 29 Nov 2023, 22:37 999.99
Crocha e Abanqueiro xogarán un partido con estados de ánimo ben distintos. Os locais siguen en moi mala dinámica. Derrota 4-1 en Lousame con moi mala imaxe. Falta de intensidad e 2 regalos nos 2 primeiros goles fan que poder loitar un partido desta maneira se faga moi difícil. O Abanqueiro venceu pola mínima ó Palmeira e si ben está gañando por resultados apretados están pechando o candado atrás. So 4 goles encaixados no que vai de liga. Rexistro excelente. Ojalá me equivoque pero pinta a 2 bastante claro. Pronóstico: 2 29 Nov 2023, 21:39 999.99
O Monumental vivirá un bonito duelo entre 2 equipos moi característicos deste grupo de Barbanza. Cures e Xuño miden forzas para ver quen se leva os puntos. Os locais veñen da xornada de descanso. Na anterior xornada perderon ante o líder Porto do Son por un apretado ó final 3-2. O Xuño tamén xogou contra o Porto do Son na última xornada e deixaron unha gran imaxe perdendo pola mínima e parandolle un penalti ó Son. Factor Pomar do Río importante pero veremos si o Xuño sigue tendo esa progresión para puntuar. Pronóstico: 1. 29 Nov 2023, 21:17 999.99
Duelo de equipos blanquiverdes que veñen embalados da última xornada. Artes e Lousame adiantan partido a sábado en busca de 3 novos puntos. Os locais golearon no Municipal de Campaña ó Cordeiro B 1-5. Golpe na mesa dos de Ribeira cunha segunda parte moi boa. Os visitantes tamén golearon 4-1 ó Crocha. Partido onde entre a maior intensidade duns e o dar regalos de outros decantou o partido para os da Silva. Chegan ambos en bo momento pero penso que o Artes fará valer a súa mellor posición en liga. Pronóstico: 1 29 Nov 2023, 21:12 999.99
Partido suspendido polo falecemento do Presidente do Carreira CF. DEP. 26 Nov 2023, 13:34 999.99
Derby nas Furnas Xuño e Porto do Son xogarán un duelo moi desigual. Pechacancelas cun só empate contra líder con pleno de victorias. O Xuño non aproveitou o desconcerto do Carreira e as baixas e contratempos que están vivindo no plantel e encaixaron un 8-3. Siguen anotando moito pero encaixan aínda máis. O Porto do Son acabou con máis atrancos dos previstos vencendo ó Cures. Pintaba a partido plácido co 3-0 ó descanso pero nos últimos 10 minutos a cousa apretouse ata o 3-2 final pero non houbo tempo para máis. 7 de 7. Ten que cambiar moitísimo a cousa para que esto non cambie da victoria visitante, o Xuño ten que apelar ó eléctrico que foi o primer tempo co Artes. Pronóstico: 2. 20 Nov 2023, 17:06 999.99
Partido en Extramundi entre 2 equipos que solventaron compromisos importantes uns por seguir na cabeza e outros por sair das dudas que xeraba a propia situación do plantel. O CD Sar gañou un duelo directísimo contra o Artes. Sergio Manteiga con 2 goles inclinou a balanza para os de Padrón. O Carreira venceu 8-3 ó Xuño despexando as dudas que había sobre o plantel logo das baixas de xogadores no equipo que marcharon. 4-1 xa iban ó descanso. O Carreira foi contundente pero o Sar na casa o pode ser máis todavia. Pronóstico: 1. 20 Nov 2023, 17:01 999.99
Partido de 2 equipos igualados a puntos na zona de promoción. Cordeiro B e Artes disputarán 3 puntos moi importantes. Os locais venceron en Cadreche ó Crocha 3-6 nun partido onde aproveitaron as concesións do rival e onde ó igual que o Crocha foron perxudicados, coméronse unha expulsión do Crocha no primeiro tempo. Un despropósito de partido onde o árbitro quixo ter tódolos focos para el. O Artes caeu na casa contra o Sar 1-2. Partido onde Sergio Manteiga marcou diferencias no resultado final. O ano pasado o Cordeiro B cortou o pleno de victorias dun arranque fulgurante do Artes (1-1). Veremos este ano qué pode dar de sí este partido. Pronóstico: X2. 20 Nov 2023, 16:57 999.99
Lousame e Crocha xogarán por 3 puntos onde uns volven ca moral polas nubes e outros frustrados por erros propios e alleos. O Lousame fixo unha segunda parte para enmarcar e do 1-0 pasou ó 1-5, partido dos que supón un cambio de enfoque para as vindeiras citas. O Crocha caeu 3-6 ante o Cordeiro B. Partido que aínda regalando algún dos goles o árbitro non pode facelo peor ata o punto de encabronar non só o Crocha, sinon tamén ó Cordeiro B. O partido foi tranquilo durante 60 minutos ata que o árbitro se lle foi o partido das mans. Un desastre que non oculta que o Crocha encaixou 6 goles e así é difícil puntuar. Expulsado Alberto no corpo técnico do Crocha e tamén Vieitez o central. Pronóstico: 1 aínda que ojalá me equivoque. 20 Nov 2023, 16:06 999.99
Abanqueiro e Palmeira xogan un partido en estados de forma e obxetivos ben distintos. O Abanqueiro sacou unha boa victoria dun campo difícil como é o da Lomba ante o Araño siguen agarrados a ese grupo de cabeza á espera dun fallo de Sar e sobre todo de Porto do Son. Inexplicable Palmeira que por terceiro partido consecutivo deixa ir un marcador favorable e no segundo tempo encaixa 5 tantos e vaise con un 1-5. Expulsados adestrador e delegado no encontro, plaga de expulsións nos corpos técnicos esta xornada pasada. Pronóstico: 1. 20 Nov 2023, 15:51 999.99
Partido entre 2 equipos que siguen a estela do grupo de promoción. Carcacía e Araño xogan por 3 puntos importantes buscando un mismo obxetivo. O Carcacía volve da xornada de descanso onde no último encontro disputado arrancou un empate de Vista Alegre sin goles. O Araño caeu na Lomba ante o Abanqueiro. Perden ó adestrador e a José Sanles por expulsións. Pronóstico deste partido: 1. 20 Nov 2023, 15:47 999.99
Volve o líder da xornada de descanso e o fará ante un sempre rocoso Cures. Os locais todavía saborean as 6 victorias de 6 onde na última xornada gañaron na Guía 2-4. Os visitantes venceron ó Carreira en 10 minutos que foron do 50 ó 60 metendo os 3 goles co que venceron 3-1. No Monumental a cousa estaría máis apretada pero con tódolos respetos ó meu querido amigo Abe creo que o Cures baixa un pelín o rendimento de visitante. Oxalá lles sirva de motivación. Ainda que tamén o amigo Quintáns é boa xente. Que gane o mellor e quen máis o merezca. 14 Nov 2023, 01:09 999.99