Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Pesuleakov, o problema é que ninguén garante que subindo as cotas se recadaría máis. Pode ocurrir que subas as cotas e recades menos ou que as baixes e recaudes máis. Do que se trata é de buscar os prezos de carnés que maximicen os ingresos e supoño que eso é o que sempre persigue a directiva. Este ano optaron por un modelo mixto: carné máis barato e entradas a prezo reducido para abonados. Eu cando vín a campaña pensei que sería un desastre, pero parece que xa se está perto dos 1000 abonados e eso demostra o músculo social que ten este club. Igual se se mantivesen os prezos dos abonos do ano pasado, ante a incertidumbre de se se podería asistir aos partidos, moita xente optase por non renovar o abono. Toda afección quere que o seu equipo gañe sempre e que acade as cotas máis altas, pero eso non é sinxelo de acadar. Hai que valorar o esforzo de quen intenta que o club vaia dando pasiños curtos, pero firmes. 07 Dic 2020, 12:27 34.75
O primeiro que hai que saber que é absolutamente falso eso de que houbo opcións de inversores serios interesados no club, salvo que entendamos como inversor serio a alguén que che dí que lle entregues o club gratis que xa se encarga él de facer a maxia. O segundo que hai que entender é que, se existisen eses inversores, fai anos xa que estarían á fronte do Ponte xa que están na mesma categoría ca nós e eles si apostan por ese modelo especulativo. ¿por qué a Ponte non ten eses inversores que según algúns se pelexan por clubs de 3ª división? O primeiro motivo é porque eles están endebedados e un inversor non quere débedas, senon activos que lle permitan gañar diñeiro, pero ¿por qué está a Ponte endebedada? pois porque o modelo especulativo, antes ou despois, nunha porcentaxe moi alta de clubs acaba así. A UD Ourense fundouse para facer as cousas doutra maneira e, de momento, esta demostrando que se pode. Se no futuro deixa de poderse, quedaralle vía libre á Ponte para erixirse como o equipo de Ourense, pero tamén pode acontecer que quen deixe de poder sexan outros. E a ver se deixamos de compararnos con outros. Salamanca chegou a ter equipo en 1ª división, ten o triple de habitantes que Ourense, nunca baixaron de 2000 socios e teñen importantes patrocinadores. En Ourense hai o que hai. Ademáis, a UD Ourense é un club popular e democrático. Calquera que teña un proxecto co que poida convencer á Asemblea pode presentarse ante ela e sometelo a votación. O que queira que non siga Currás teno fácil: preséntase ante a Asemblea con outro proxecto con outro técnico e vótase. Do mesmo xeito, se se quere convertir o club en SAD e regalarllo a un inversor que prometa facer maxia, con ter o 80 % do apoio nunha Asemblea co cuorum necesario... 07 Dic 2020, 10:26 34.75
Boas, levaba tempo sin deixarme caer por aquí, pero despois da labazada que levamos onte apetece facer un pouco de terapia :-( Sobre o partido de onte, o peor da tempada. Tiñamos baixas importantes e a que máis senotou foi a de Corzo, que defensivamente aporta moito. Tres empanadas defensivas condenaronnos e logo Champi acabou de poñerlle a guinda ao pastel. O bó é que só foi un partido. Estabamos xogando ben e competindo en tódolos partidos. Está claro que os equipos de abaixo se nos atragantan, por eso ainda non lle gaamos ao Pontellas. Perdemos 2 partidos seguidos e metémonos no pozo, pero hai que pensar que se os gañamos volvemos a pelexar polos 6 primeiros. Queda liga e creo que o equipo vai dar a cara. Hai moitas pezas novas que hai que ir encaixando. Sobre o modelo do club. Será o eterno debate e é normal que entren dúbidas. Cando se fundou este club fíxose cunha idea clara: non volver a depender dos que só pensan nos cartos. Foi unha decisión dos socios fundadores que pode ser revisada en calquera momento, pero necesítanse unhas maiorías moi difíciles de acadar. A idea do club é ir medrando pouco a pouco en base a unha canteira que ten medrado tanto como o primeiro equipo nos poucos anos de vida que temos, pero hai que esperar a que os nenos medren. O noso modelo é fráxil e depende do trabalo desinteresado de moitas persoas que non cobran para que os futbolistas e o corpo técnico si cobren. Esa é a nosa maior debilidade, pero ao mesmo tempo é a nosa forza: a paixón. 06 Dic 2020, 11:54 92.80
Eu non falei de pitar a un equipo. Falei dunha afección local que pita á visitante cando anima aos seu equipo. Eso é o que non vín nunca. Certamente, polo que se falaba neste foro, parecíame que a do Arenteiro era unha afección amiga, quizais por eso me sentou ainda peor. En todas as afeccións numerosas hai alguén que non sabe comportarse, pero eu non estou falando deses, senon da base do Arenteiro. Se a do meu equipo se comportase así no Couto sería o primeiro en queixarme ante a directiva para que evitasen que eso volvese a pasar. Ás faltas de respecto de Arribaverdes non teño nada que dicir. Califícanse por si soas. Pra rematar, cáusame grande admiración a afección do Arenteiro. Ten moito mérito que nunha vila como o Carballiño haxa tanta afección ao fútbol e seguramente sexa unha afección exemplar. Non teño ningunha dúbida. Eu só chamei a atención sobre a actitude da base. Son rapaces e seguro que lles facía chiste burlarse da afección rival, pero alguén debería dicirlles que eso non está ben. Toda a xente de Ourense que estaba no campo pagou unha entrada para ir ver e animar ao seu equipo e merece un mínimo de respecto. 24 Feb 2020, 16:33 62.38
Grazas JonDillinger. Eu xa o superei. O peor é o teu que non ten remedio. 24 Feb 2020, 12:35 34.75
Eu non lle dou máis importancia que a que penso que ten. Teño ido a moitos campos de visitante e nunca vín que se pite a unha afección cando anima ao seu equipo. Insisto, a mín paréceme unha falta de respecto. Cada afección anima ao seu equipo e se cando nós gritabamos Ourense, Ourense, os do Arenteiro respostaran gritando Arenteiro, pareceríame perfecto, pero non abuchear. Tamén abuchearon os nosos cambios. Eso enténdese cando o xogador que sae perde tempo, fixo algunha falta fea, tivo algunva polémica, pero pitar por pitar non me parece correcto. Acepto que son rapaces, pero quizáis alguén lles debería dicir que eso non está ben. 24 Feb 2020, 00:13 62.38
É unha pena que cunha afección como a que ten o Arenteiro puxeran a base detrás da afección do Ourense abucheando cada vez que animabamos ao noso equipo. Eso nunca o vín en ningún campo e paréceme unha falta de educación. 23 Feb 2020, 10:01 34.75
1500 asientos paréceme que van facer boa falta. Enfrontámonos 2 equipos con moita afección, boa relación, e ao Carballiño chégase en 20 minutos. 18 Feb 2020, 22:00 122.11
Qué aforo ten o Espiñedo? 18 Feb 2020, 13:57 34.75
Teño a sensación de que nos 2 últimos partidos fomos superiores e acabaron empatándonos por entregar a iniciativa ao rival cando nos puxemos por diante. En toda a tempada só tivemos 2 goles de vantaxe en 4 ocasións. Levamos 8 empates: 1-1 Paiosaco (eles no 46, nós no 71) 1-1 Pontellas (adiantámonos no 9 e empátannos no 80) 1-1 Arenteiro (adiantámonos no 62 e empátannos de penalti no 72) 1-1 Alondras (adiantámonos no 72 e empátannos no 87) 1-1 Bergan (adiantámonos no 40 e empátannos no 63) 1-1 Arousa (adiántanse no 50 e empatamos no 55) 2-2 Pontellas (adiantámonos no 21 e no 48 e empátannos 2 veces, no 39 e no 81) 1-1 Choco (adiantámonos no 42 e empátannos no 91) En 7 ocasións adiantámonos e empatáronnos (o Pontellas no Couto empatounos 2 veces). En canto ás 9 victorias: 6 foron pola mínima e 3 por 2-0. 2-0 Arousa (57' e 72') 1-0 Compostela (57') 3-2 Rápido (0-1 (10') 1-1 (18') 2-1 (36') 3-1 (80') 3-2 (85')) 3-2 Somozas (1-0 (4') 1-1 (20') 2-1 (36') 2-2(72') 3-2 (74') 2-0 Estradense (27' e 42') 0-1 As Pontes (61') 2-0 Silva (40' e 52) 1-0 Arzúa (46') 1-0 Paiosaco (4') En canto ás 6 derrotas: Sempre empezou marcando o rival e nunca chegamos a empatar. Só o Choco nos gañou 0-1 no Couto. Nas outras 5 metéronnos 3 ou máis goles e en 4 delas fomos perdendo por 3 ou máis goles de diferencia. Penso que temos equipo de medio campo para arriba para ser máis ambiciosos e non conformarnos cando nos poñemos por diante. 10 Feb 2020, 00:34 61.18
O Choco era un rival temible na casa a tempada pasada. Esta tempada conseguiu 1 punto máis a domicilio (17) que na casa (16). O Silva e o Arzúa foron quen de gañarlle en Santa Mariña e o Fabril, Arousa, Ponte e Rápido foron quen de empatar. Tamén hai que dicir que Alondras e Barco sairon goleados (6-1 e 5-0) Paréceme que no partido da primeira volta merecemos máis ca eles, que se atoparon cun gol nos primeiros minutos e logo adicáronse a defender a vantaxe. Sen dúbida, podemos traer algo positivo de Redondela. 07 Feb 2020, 14:25 -9.42
Si, tivemos moitas ocasións, houbo un penalti claro e no primeiro gol deles o 9, ao levantarse lévase o balón coa man. Foi unha acción moi rápida que creo que en directo só viu Ángel, que foi correndo a reclamarlle ao árbitro e viu o cartón. Pero insisto, contra estes equipos hai que matar os partidos. Vendo o dano que lle faciamos polas bandas había que seguir insistindo ata que entrase o segundo e mesmo o terceiro. Despois podes especular, pero non podes conformarte cun só gol de vantaxe porque logo empátanche no 80 e non tés capacidade de reacción. Outra cousa é defender un marcador favorable contra equipos que son iguais ou mellores ca nós, pero contra Pontellas demostramos en ambos partidos que eramos bastante superiores e por 3 veces nos igualaron o marcador. 03 Feb 2020, 20:05 118.91
Neste caso concordo coas críticas. Teño a impresión de que contra os equipos de abaixo nos falta ambición. Poñémonos por diante e comezamos a especular en lugar de buscar a sentencia. O Pontellas era moi limitado en defensa. Cada vez que apertabamos entrabámoslles por todas partes, pero co marcador a favor parecía que nos poñiamos a sestear. Perdemos 4 puntos co Pontellas que non deberiamos ter perdido. 03 Feb 2020, 09:30 61.18
O domingo escoitei que estaban todos dispoñibles menos Josu. Presas ten unha lesión moi complicada. Parece ser que problemas de pube, pero penso que xa está adestrando cos compañeiros (non sei se alguén foi a semana pasada a ver algún adestramento) Estamos nun bó momento. O equipo está demostrando ambición. Todos sinten que, xa non un posto no 11, senon na convocatoria está caro e eso é o que os fai dar o máximo. Estou seguro de que esta segunda volta vai ser apaixoante. 28 Ene 2020, 23:15 134.34
Non, se eu tamén teño en conta a túa opinión, porque o certo é que non me fixara en que as mellores ocasións deles chegaron pola dereita. Gabi Sanín é un xogador moi voluntarioso e eso axuda a ter boa impresión del, pero poida que de lateral lle falte experiencia. O lateral é o posto menos crítico dun equipo. Se tés un bó lateral, tés un plus, pero podes sobrevivir cun lateral mediocre xa que sempre che queda o central para rectificar ou que o centro do atacante non sexa bó, ou o rematador non acerte. Pola contra, un mal central é un coadeiro. Se che levan ao central tés un mau a mau co porteiro. Josu paréceme un central do mellorciño da categoría e Gabi Sanín cumple. O equipo esta resultando. Eu non tocaría ;-) 27 Ene 2020, 20:28 97.51
Na primeira volta metéronnos 1'47 goles por partido, que son moitos, pero está máis cerca de 1 gol por partido que de 2 ;-) Hai que dicir que o 5-0 en Lugo e o 4-0 contra o Ponte nos lastraron moito nesa parcela. Onte pudemos acabar 4-4, teriamos 4 goles máis en contra e estariamos contentos co xogo do equipo. Eu penso que o importante é a actitude. Logo o fútbol é caprichoso. 27 Ene 2020, 14:47 134.34
Pois a mín paréceme que Gabi Sanín está cumplindo. Pola banda dereita deles tamén entramos bastante e non porque o latera fora malo, senon porque Champi está a un gran nivel. Para mín Josu de central aporta moito máis que de lateral. Por certo, Alfredo viu o 5° cartón así que non estará contra o Pontellas. Haberá que tirar de Isi. Temos apercibidos a 5 xogadores: Sanín, Germán, Hugo, Marquitos e Presas. 27 Ene 2020, 14:37 97.51
Hai unha cousa que describe como foi o partido. Currás pediulle varias veces a Durán que puxese pausa ao xogo, pero era inútil. Ambos equipos ían a tumba aberta e cando alguén intentaba poñer pausa atopábase con un ou dous rivais presionando. Cando a presión é intensa, os xogadores non arriscan tocándoa atrás porque temen que un fallo lles custe caro así que o que fan é fuxir cara adiante xerando ocasións en ambas áreas para disfrute do público. 27 Ene 2020, 08:54 118.28
Partidazo en Vilaxoan! Para mín o mellor dos que vín esta tempada. Loita de inicio a fin con ambos equipos buscando a victoria. Agora a polo Pontellas! 26 Ene 2020, 19:21 97.51
Mellor un empate que unha derrota, pero non hai que renunciar a nada. Podemos traer os 3 puntos de Vilaxoan e meternos de cheo nesa pelexa que, ainda non sendo obxectivo do club, si ilusiona á afección. 25 Ene 2020, 20:46 97.50