Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Qué conciliador Jaime Nandez. Quédanos a todos clarísimo que non buscas polémica polo tono da túa mensaxe. Un tono chulesco que se asemella moito, por certo, ao do comunicado oficial da UD Atios no seu facebook. Asumimos que ese é o nivel. Eu entendo que pretendades igualar forzas quentando o partido, pero é inutil. Mentras os que non temos outra cousa que facer estamos aquí respondéndoche, o noso equipo estase preparando para ir ahí a pelexar polo ascenso. O de que o responsable de seguridade é quen determina o aforo do campo non é máis que un circunloquio para evitar dicir que o aforo o determina o Atios e o mesmo pudo determinar 600 como 1000 porque o criterio aplicado é descoñecido. O ano que ven non teredes ese problema porque case seguro que non xogaredes contra nós. 23 May 2018, 01:20 216.86
E o da seguridade... Pode valer como argumento, pero resulta sospeitoso. Aposto a que nunca vos puxestes tan exquisitos co aforo porque, entre outras cousas, ¿quén determinou o aforo desas instalacións? ¿Existe algún informe técnico ou calculásteslle vós a ollo? En fin, queredes que só entren 300 de Ourense ao campo, pois 300 entraran, pero o equipo acudirá cos folgos que dan milleiros de persoas apoiándoos incluso desde os lugares máis afastados do planeta. 22 May 2018, 23:13 186.60
"non recomendaria vir sin entrada xa que no se vai poder estar no exterior, pois as forzas de seguridade visto o visto decidiron acordoar a zoa" Aquí columpiácheste un pouco eh! non se acordona o Bernabeu cando veñen hooligans sin entrada a partidos de Champions... A Subdelegación de Goberno de Pontevedra será advertido de que se preve un desprazamento de aficionados sin entrada e terá que desplegar os efectivos que considere oportuno, pero non para acordonar nada, senon para evitar posibles desordes públicos. ¿A ver se agora imos vivir nun país no que se prohibe o dereito de reunión? 22 May 2018, 23:03 131.77
Salvo machada do Erizana, só un dos dous ascenderá así que este partido si que será toda unha final. 21 May 2018, 10:25 131.53
¡Qué difícil é esto! Se o Porriño se tambaleaba en Moaña onte era o Atios o que o facía en Valladares, pero ámbolos dous aguantaron e chegan á última xornada igual que nós: dependendo de si mesmos. Numéricamente somos os que mellor o temos, pero mentalmente penso que as cousas se igualan bastante porque para o Atios e o Porriño chegar á última xornada dependendo deles é un gran logro que seguro que lles dá un plus de confianza. Somos o equipo que máis presión soportamos por ascender. É importante xestionar ben as emocións porque paréceme que ahí vai estar a clave. Hai que ir mentalizados para xestionar anímicamente calquera marcador. No partido de onte fixemos todo o que estaba na nosa man: gañar e salvar aos 3 xogadores apercibidos. 21 May 2018, 10:19 131.53
Hoxe é un día para que a aficción regale imaxes que poñan os pelos de punta. Como estas de Unionistas de Salamanca https://twitter.com/UnionistasCF/status/997862238315827200?s=19 20 May 2018, 11:15 203.43
Queixarse de que a xente poña moitos comentarios sobre a UD Ourense no foro de un partido UD Ourense - Sanxenxo... é como ir á misa e queixarse de que o cura falou de Dios. Respecto da loita polo ascenso, é curioso que tanto Ourense, como Atios como Porriño dependen de si mesmos, polo que falar de primas a terceiros nesta xornada sería o mesmo que recoñecer que algún deses equipos non confía en si mesmo. Podería ter sentido que o Atios primase ao Sanxenxo por gañarnos e conseguir que na última xornada lles valese o empate, pero non creo que eso ocurra. Paréceme que hai moita lenda sobre o tema das primas. O Mondariz non está ainda matemáticamente salvado. Se o Coruxo descende e non ascende ningún equipo de 3a a 2aB, o Arenteiro descendería arrastrando ao 7° pola cola da Preferente Sur e ainda é posible que esa praza a ocupe o Mondariz. Deste xeito, non creo que vaian renunciar a disputarlle o partido ao Porriño para obter ese punto que necesitan para salvarse matemáticamente. Vai ser un domingo de transistores apaixoante, pero penso que todo se decidirá na última xornada. 15 May 2018, 17:55 160.97
¿qué lle pasou ao Valladares que só levou 3 suplentes a Sanxenxo? 14 May 2018, 00:41 62.84
O Mondariz é un equipo que o dá todo no campo incluso cando non se xoga nada. No Couto subiu o porteiro a rematar a última xogada para intentar empatar e seguro que no Louranbal estarán igual de motivados ;-) 14 May 2018, 00:38 131.53
O sprint final de Ourense, Porriño e Atios é épico. Unha pena que so poidan quedar 2. No partido de hoxe Germán estivo imperial por arriba e o equipo soubo impoñerse nun campo dificilísimo porque calquer balón se podía convertir en ocasión de gol. Fomos quen de aproveitar as dimensións do campo facendo que o que o Erizana pretendía que fose unha vantaxe para eles o fose para nós: primeiro gol de saque de portería e segundo de saque de banda. A concentración dos nosos foi máxima, disputando cada balón. Para mín foi un gran acerto de Curras apostar hoxe por Durán no medio. Era un partido para bregar e Durán nunca se garda nada. O fútbol é caprichoso, e a pesar desta espectacular racha, seguramente teñamos que ir a xogárnolo todo a Atios, pero está claro que este equipo nos dá motivos para soñar. Forza Ourense!! 13 May 2018, 21:57 92.25
Vamos Ourense!!! E nin alimentar aos trolls deste foro tampouco. 13 May 2018, 21:43 92.25
Non lle deades de comer ao troll por favor... 13 May 2018, 21:34 134.26
Nesta xornada os intereses de Estradense e Ourense coinciden. Espero que o Estradense poida gañar este partido por varios motivos: - Penso que a pesar do baixón fixeron unha gran tempada. - Se o Atios pincha poderiamos ter unha oportunidade de selar o ascenso contra o Sanxenxo no Couto, en plenas festas. - Gustaríame que ascenderamos Ourense e Estradense só por ver a cara dun tertuliano do chiringuito de +deporte que non perde nunca ocasión de facernos a mácimo dano posible e esta semana déuselle por xustificar a mala racha do Estradense cun rumor digno se Sálvame Deluxe. 12 May 2018, 19:51 331.54
Os descensos por arrastre prodúcense como medida excepcional para manter o número de equipos na categoría. Se un equipo descende por impago sería necesario 1 arrastre menos na categoría na que está. Se non houbese arrastres entón sería cando un equipo da categoría inferior podería optar ao ascenso. Por decilo de outra maneira: os 3ºs de preferente só teñen opción de ascenso se despois de que ascendan e descendan todos os que teñen que facelo, a 3ª división queda con menos de 20 equipos. Hoxe La Voz dí que temos tocados a Joni, Corzo, Vieytes e Josu, pero que seguramente cheguen ao domingo en condicións. Que complicados van ser os partidos que faltan! Eu preferiría non arriscar a ningún deles fronte ao Erizana, pero claro... xogámonos moito nos 3 partidos que faltan! 11 May 2018, 09:05 92.25
O partido xógase no Aral. Eso está confirmado polo club que lanzou a campaña #EnchamosOAral. Con 8 cartóns temos tamén a Hugo. As estatísticas dos xogadores están dispoñibles na páxina do club https://udourense.com/estatisticas-xogadores/ 10 May 2018, 13:23 62.84
A mín máis que as dimensións do campo preocupame que Vieytes e Corzo poidan estar tocados porque están os dous a un nivel altísimo. 10 May 2018, 10:11 92.25
Entendo perfectamente o que dicides, pero creo que lle dades demasiada importancia a algo que para mín non a ten. Eu quero pensar que o Erizana xustificou ante a Federación as circunstancias especiais necesarias para que lle autorizasen o cambio de campo. 09 May 2018, 13:56 94.66
Non debemos esquecer que o Erizana estase xogando tanto coma nós e debemos respectalos. Se nós cobramos entrada a todo o mundo ¿por qué vai ser asqueroso que os demáis nos cobren entrada a nós? Non sei se aos outros equipos lles cobraron entrada, pero se non o fixeron sería porque, para a xente que iría, non lles merecería a pena poñer unha lona todo ao redor do campo que contra nós seguro que poñerán. Non sabemos o motivo que lle deron á Federación para cambiar de campo, pero se a Federación o aceptou non debemos darlle máis voltas. Eu creo que o campo pequeno dalles máis opcións de sacar algo contra nós, pero nós gañámoslle ao Bande en campo pequeno e metémoslles 5 ao Ribeiro en un campo no que os saques de banda van ao punto de penalti. Atrévome a facer un pronóstico para este partido: gañaremos ben, sin sobresaltos. 09 May 2018, 10:09 136.48
Ourensanista, Val de Martín mide 108x69? Eu medino en google maps e dame 100x66. 07 May 2018, 14:24 62.84
Para evitar que a xente vexa o partido desde a rúa poden poñer unhas lonas ao redor do campo como fai o Ribeiro. Respecto ás medidas dos campos recupero este post de cando houbo a polémica co Estradense (medidas en google maps): O Couto: 105x68 San Cristobo (Ribeiro): 100x49 Val Martín (Erizana natural): 100x66 O Aral (Erizana sintético): 92x54 O Outeiro (Bande): 95x57 As medidas regulamentarias dun campo de fútbol son entre 120x90 e 90x45 así que todos eles cumplen. 07 May 2018, 11:53 62.84