Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
"... ten falta de gol,alguen que a rompa na porteria contraria,que se mate con la defensa contraria y teña mala leche con eles...un Diego Costa o un Stoichcov para que me entendan" Porque Hugo, Adrián, Unai, Joni e Xoel non valen claro. ¿cantos goles terían que ter? Joni leva 8 e Hugo leva 5, ambos sin tirar penaltis. Xa aburre o debate este do 9 puro como se non se pudera xogar ao fútbol sin ter un Diego Costa ou un Luís Suárez ou como se se tratase de ir ao mercado e dicir "ponme ahí cuarto e metade dun 9 que me garantice 1 gol por partido". 01 Mar 2018, 11:10 130.31
Á espera da análise en profundidade de cuclillas, penso que Adrián Presas é un bó reforzo que ben pode vir a cubrir o oco que deixou Bruno. Trátase dun xogador xoven que pode encaixar ben neste equipo e incrementará a competencia en todas as posicións porque Currás pode plantexarse incluso cambiar o seu esquema e calquera pode quedar fora do 11. ¡que teña moita sorte! 28 Feb 2018, 11:37 51.78
Está circulando un chamamento para acudir este venres ás 21:00 ao adestramento do equipo ao Miraflores: "TODOS COA U. D. OURENSE: Este venres imos acudir un grupo de xente a animar aos nosos no adestramento, que terá lugar ás 21h no colexio Miraflores, para facerlles ver que estamos con eles e dar folgos para esta recta final. Sería bo que asistira o maior número posible de persoas, por iso animamos a todos os participantes do grupo a unirse e avisar a amigos / coñecidos. OURENSE SOMOS NÓS!" 27 Feb 2018, 11:32 60.61
Esta semana dos 8 primeiros o único que xoga fora é o Bande, que vai a Baiona a enfrontarse ao Erizana. Non hai enfrontamentos directos, pero creo non creo que haxa pleno de victorias. A próxima xornada xa vai volver a haber movementos, porque nós imos ao Grove, o Bande recibe ao Sanxenxo e o Moaña recibe ao Estradense. Necesitamos estes próximos 6 puntos. Non para manternos na pelexa, senon para reivindicarnos e facer que todos nos volvan a ver como un firme candidato ao ascenso. 27 Feb 2018, 00:02 60.46
Hai hoxe xente á que lle costa durmir. Que non atopa acougo. Que esta frustrada. Que sufre porque teme non acadar o que tanto ansía e, de seguro, merece o seu equipo. Eu son unha desas persoas. Non esperaba que esta crise nos fose golpear tan forte. Neste punto xa non hai campos pequenos, ausencia de 9, lesionados, sancionados,... non atopamos explicación a esta debacle e eso ainda nos xera maior ansiedade. Ainda non se cumpliron 4 anos da agonía que levou á desaparición do CD Ourense e daquela xa houbo vantaxistas que despotricaban con vehemencia e cebábanse desprezando a todos os que intentaban que o barco non se afundise. Eses mesmos aparecen agora como os animais preeiros cando ven tambalearse a unha presa. A toda a xente que de verdade cre neste proxecto, que é capaz de valorar a unha directiva que leva 3 anos e medio deixándose a alma para sacalo adiante, que ve a uns xogadores que dan o que teñen e a victoria élles esquiva,... dígolle que siga apoiando. Que apoien á directiva, ao corpo técnico e aos xogadores porque estou seguro de que todos eles o están a pasar peor que calquera de nós.Necesitan saber que seguiremos animándoos e que valoramos o seu esforzo. Saber que lles imos axudar, cando menos, a espantar aos voitres. Aos que só disfrutan regodeándose na miseria allea, ou simplemente teñen dúbidas, dígolles que o OCF está en terceira división e suspiran por ter maior masa social. Non ten sentido ser seguidor dun club de accionarado popular se non se cre neste modelo. O que non sepa sufrir cando veñen mal dadas ten 7 pontes para cruzar o río. Máis que nunca, FORZA UD OURENSE!!! 26 Feb 2018, 01:46 182.12
3-3 24 Feb 2018, 22:59 23.73
Non existe a verdade absoluta cando se trata de valorar xogadores de fútbol. Asegurar que no Polígono hai xogadores que melloran o que temos paréceme un pouco atrevido. Detecto certa admiración desaforada por Benji ao que non teño visto xogar, pero teño claro que se Currás pensara que lle podería ser útil para o primeiro equipo estaría encantado de contar con él. Currás antes de vir para a UD Ourense estivo 4 tempadas e media no Melilla, 3 como 2º adestrador e unha e media como primeiro así que algo aprendería. En Melilla tamén traballou coa canteira. A mín paréceme que Carlos se desenvolve perfectamente na banda e non me parece xusto dicir que lle está pechando a porta a un especialista (que supoño que ese especialista é Benji) Estanme entrando ganas de ir ver aos xuvenís a semana queven... ;-) 23 Feb 2018, 23:53 86.79
Comunicado Oficial UD Ourense "Modesto García, presidente da UD Ourense, desminte de forma rotunda as manifestacións aparecidas hoxe na prensa de Ourense atribuídas á súa persoa. Así mesmo, quere transmitir de xeito claro e inequívoco a plena confianza,non só del, senón de toda a xunta directiva, no cadro de persoal, tanto xogadores como corpo técnico, querendo destacar a plena unión de todos e a actitude dos xogadores amosada ao longo de toda a tempada, da cal sentímonos especialmente orgullosos. A UD Ourense, ademáis, desminte totalmente, que se teña formalizado ofertas de contratación polos xogadores que se veñen barallando nos derradeiros días nos medios de comunicación da nosa cidade e provincia. Expresar, finalmente, unha mensaxe clara para todo o ourensanismo: Xuntos, acadaremos todas as metas. Forza Ourense!" 22 Feb 2018, 19:57 86.79
A miña pregunta sobre os orzamentos era retórica porque salvo a UD Ourense, que dá números na Asemblea á que acuden medios de comunicación, do resto de clubes todo o que se diga son especulacións. Xa se ve. Un dí que Uru cobra 400 € por partido, outro 100 €, outros 300 € e eu digo que lle ofreceron un apartamento en Torrevieja se ascende. O que é evidente é que hai xente interesada en facer ver que somos os millonarios da categoría e a mín non mo parece. A política de contención do gasto e de sostibilidade que ten o noso club é exemplar e a plantilla é a mellor que se podía facer baseándose nuns principios. Este club non quere medrar a costa do que sexa. Quere acadar a máxima categoría que sexa posible de xeito sostible e eso é moito máis complexo que repetir frases feitas. 20 Feb 2018, 13:50 58.53
Estame gustando este foro. Levo desde que empezou esta crise de resultados escoitando chorradas como: non xogamos a nada, necesitamos un 9, así non se ascende, co orzamento que temos debiámonos pasear nesta categoría,... menos mal que en algún sitio se poden ler análises con criterio coas que pode un estar de acordo ou non, pero polo menos non son catastrofistas nin daniños. Coincido prácticamente en todo o que estades a dicir sobre extremos, dianteiros centros, mediapunta con liberdade de movementos,...a miña opinión vai desde o respecto as decisións que toma o técnico que é quen asume o risco de equivocarse. Eu podo estar acertado ou non, pero o que eu fago é só opinar. Él toma decisións e asume consecuencias. Alfredo: Para mín o mellor extremo esquerdo de todo o que levo visto na categoría e, se me apurades, tamén o mellor extremo dereito. Digo esto despois de repasar os 9 goles e 7 asistencias que leva nesta tempada: 3 goles de 3 penaltis lanzados, 1 gol olímpico, 2 golazos coa perna dereita (un de voleón en carreira contra Alerta Navia e outro de rosca por toda a escadra contra Moaña), 1 golazo por toda a escadra desde 3/4 de campo facendo a diagonal desde a dereita contra Erizana e 1 gol culminando un contragolpe contra o Grove. En canto a asistencias tamén as ten de todo tipo: 2 de saque de córner, 1 de saque de falta lateral que peitea Germán contra Moaña, 2 asistencias desbordando pola esquerda, e 2 asistencias entrando pola dereita (unha contra Alerta Navia que lle dá o pase atrás ao punto de penalti coa dereita a Bruno logo de romper a 2 defensas)... Ese é o xogadorazo que recuperamos este domingo, e que xa se fixo notar cando entrou ainda que non marcase. Unai, estou de acordo que non é xogador de banda. Para mín é un xogador tipo Alexis Sánchez ou Luís Suárez. Non é demasiado virtuoso,pero é explosivo e peleón. Onde máis me gusta velo é polo centro. Vai ben de cabeza (contra Estradense case nos dá a victoria alá e provocou o penalti aquí). E tamén combina ben cos que entran desde atrás ainda que non aguanta tan ben o balón xogando de costas como Hugo. Fran: estamos todos suspirando por que se recupere. É un futbolista con moito talento. Xoga e fai xogar. Conseguiu 3 ascensos consecutivos co Verín desde a 1ª autonómica á 3ª división e pode repetir a fazaña con nós. Ademáis paréceme un home de club. É peza clave para queo equipo recupere o seu mellor nivel. Durán: É admirable que un xogador con 33 anos de volta da 2ª división se vacíe como o fai él en cada partido. Da súa calidade non fai falta dicir nada e do seu temperamento tampouco. Omar: só un futbolista co seu talento é quen de facerlle un sombreiro a un rival ao borde da área propia para lanzar a contra. Vainos dar moito neste tramo de tempada se o seu xeonllo llo permite. .... Podería seguir porque realmente creo que temos un equipazo, pero seguirei en outro post para non aburrir ;-) 20 Feb 2018, 01:24 85.18
Por certo, vexo que sae moito a relucir orzamento como argumento de peso según o cal deberiamos pasearnos por esta categoría. ¿alguén me pode dicir exactamente cal é o custo exacto das plantillas dos 8 equipos que marchan en cabeza? Está claro que nós temos a maior masa social, pero eu non teño tan claro que teñamos a plantilla máis cara. 19 Feb 2018, 00:20 58.43
Se o fútbol fora como os cromos... lémbrome cando che saía Maceda, 1'90 ou Quini, 356 partidos de liga... mostrabas o cromo, tiñas o mellor e gañabas. Pero resulta que o fútbol non son matemáticas. O noso equipo é moi superior ao Alerta Navia e demostrouno no campo, pero resultou que a pelota non quixo entrar e os do Alerta Navia ainda non se cren que marcaran un gol no Couto. O Alerta Navia xogou a aguantar e saiulle bastante ben. Pecháronse atrás con dúas liñas ben xuntas e eso é moi difícil de perforar. Tamén tiveron sorte que a xuiza do encontro non quixo saber nada de cartóns porque senon o 6 deles estaba expulsado antes de lesionar a Joni. Levantou a Adrián, despois levantou a Germán e finalmente lesionou a Joni. As súas entradas cando se vía superado eran todas merecedoras de cartón, pero claro, o Mourinhismo e o Cholismo acostumbrounos a que se un rival é superior a tí tés dereito ao xogo brusco para paralo. No campo non saen as cousas como se pensan desde a grada. Esta crise de resultados, que non de xogo, estanos penalizando e dura máis do que nos gustaría a calquera, pero eu sigo crendo neste equipo. Hoxe Alfredo e Omar tiveron uns minutos, no próximo partido terán máis e a ver se se recupera Fran. Estamos no momento de coller posicións para o sprint final e non estamos conseguindo posicionarnos ben, pero eso non quere dicir que non poidamos gañar a carreira. Estou convencido de que non só ascenderemos, senon que gañaremos a liga. Para ascender dependemos de nós mesmos e para gañar a liga só temos que conseguir 5 puntos máis que o Estradense. 19 Feb 2018, 00:01 58.43
Eu creo que todos por aquí sabemos cal é o modelo do Bande, quen apoia ese modelo e de onde saen os cartos para pagar aos xogadores. Calquera que sepa sumar 2+2 o sabe, pero moita xente non quere velo ou non lles importa. A xente non se escandaliza porque os cartos que se podían adicar a outras cousas que repercutirían moitísimo máis no pobo se gasten en pagarlles suculentos salarios a xogadores que van desde Ourense, e mesmo desde Pontevedra, a entrenar mércores e xoves e xogar os domingos nun campo no que ninguén vai a velos. Dito esto, creo que sobran as descalificacións. Pódese criticar sin recurrir ao insulto. 15 Feb 2018, 09:05 73.51
Cuclillas, estamos de acordo. Xa dixen que o urxente non nos deixa abordar o importante. Descubrir talentos non é o que require de paciencia, senon poñelos a xogar e permitirlles que non nos deslumbren desde o primeiro partido. Por eso nestes anos fomos "ao seguro" metendo xogadores xa contrastados en categorías superiores, aínda que estou de acordo en que a nosa bagaxe no que a descubrir talento se refire, de momento é pobre. Estou tamén moi de acordo con que hai auténticos cracks máis alá da canteira do Pabellón e que hai que vencer eses prexuízos elitistas que nos levan a darlle máis mérito ao rapaz que vén de xogar na división de honor. 13 Feb 2018, 22:36 53.14
Correcto. Foi substituído por Fran Martínez. 12 Feb 2018, 23:50 52.48
De Omar digo que non sabemos a onde podería ter chegado porque parece evidente que o seu problema de xeonllo se fai crónico. Desexo que non sexa así porque é un futbolista que me encanta. Xa dixen, poida que o de máis talento da plantilla. Codeso é un exemplo de xogador de categorías inferiores que veu para ser titular igual que Joni e están a cumplir coas espectativas con creces. Bruno sigue entrenando a un equipo da base e o seu compromiso co club demostrouno facéndose socio non só el senon a súa familia, pero abandonar o barco non é a mellor maneira de demostrar que che gustaría enrrolarte na seguinte travesía. É moi difícil ter bo ollo para o talento porque no fútbol non hai paciencia. Por eso neste momento non se pode apostar por promesas e hai que buscar xogadores contrastados. Por eso nos estamos nutrindo bádicamente de xogadores de categorías superiores que se responden con compromiso son a mellor garantía de ascenso. O urxente non nos deixa atender o importante. Agora é urxente acadar a categoría nacional e por eso non podemos abordar como deberíamos a caza de talentos xóvenes na provincia, pero insisto Carlos e Xoel están entrando a pesar de todo o que nos xogamos en cada partido. O ano que vén, se conseguimos o ascenso, entendo que xa non se considerará unha obriga ascender a 2a B á primeira. Será entón cando haberá que montar un proxecto a varios anos con paciencia. Primeiro consolidar a categoría (que non vai ser fácil) e logo aspirar ao máximo que nos permita aspirar o talento que poidamos atraer co noso modelo e orzamento. 12 Feb 2018, 22:10 52.48
Cuclillas, eu penso que no fútbol hai que ter paciencia sempre. Bruno na xornada 7 participara en 4 partidos (de 6 nos que podía participar, porque na segunda xornada estivo sancionado). Estaba xogando minutos de calidade. Contra o Marcón foi titular e nos outros 3 entrou por Luís en Valladares, e por Joni contra Caselas e Alertanavia. Era claramente o xogador número 12 e en calquera momento podía entrar no 11 porque a competencia era feroz. Contra o Ribeiro, na ida de copa xogou todo o partido e non foi o seu mellor día, pero se un xogador ten calidade e confianza en si mesmo penso que debe ter paciencia e esperar a súa oportunidade. Para mín Omar é un dos xogadores con máis talento da plantilla, pero é evidente que ten un importante problema co seu xeonllo. Se non fora por eso non se sabe a onde podería ter chegado. Non estou de acordo con que os ollos do adestrador só miren o curriculum. Se así fose xogaría Oli no lugar de Codeso e resulta que o de Celanova é un dos xogadores que máis minutos leva. Ata o de agora os equipos que estamos a confeccionar cada ano están feitos con xogadores de unha ou dúas categorías por enrriba. Eso é así porque o obxectivo é ascender cada ano ata a terceira división, pero ainda así ficháronse a 2 xuvenís que están a ter minutos no primeiro equipo. Respecto á aposta polos futbolistas ourensáns, a mín cónstame que é unha aposta firme tanto da directiva como do corpo técnico. Poida que en algún momento cheguen as urxencias e teñan que renunciar a ese principio porque tampouco hai que ser fundamentalistas. Sobre Fernando Currás, está en un posto no que cada cousa que faga vai ser cuestionada e máis cando os resultados non acompañen. Eso é así. A miña opinión é que pode acertar máis ou menos, pero tamén me consta que o seu compromiso, non só co equipo, senon co club, é total. O ano pasado foi coordinador da base e este ano sigue subindo ao Miraflores a miúdo a ver adestrar aos pequenos e incluso a participar él mesmo nos adestramentos. É un apaixoado deste deporte e deste club. Por poñer un símil, se Luís é o noso Xavi Hernández, Currás é o noso Guardiola ;-) 12 Feb 2018, 13:40 52.48
Fai 10 xornadas Estradense e nós atopabámonos cómodos nos postos de ascenso directo. Estradense a 8 puntos de Sanxenxo e Bande e nós a 4. A Moaña, Porriño e Grove sacabámoslles 7 puntos e ao Atios sacabámoslle 12. Nestas 10 xornadas, dos 30 puntos posibles estos son os que obtivemos os 8 de cabeza: 23 Atios 22 Bande 21 Moaña 20 Grove 19 Porriño 18 Sanxenxo 14 UD Ourense 13 Estradense Está claro que aquí ao que se durme lévao a corrente. 12 Feb 2018, 10:50 11.49
Como en todas as xornadas haberá que loitar polos 3 puntos, pero de cara ao estado anímico de equipo e afección a victoria terá un valor extra. Dos 8 equipos que marchan en cabeza os únicos que non temos enfrontamento directo somos o Atios e máis nós. O Bande enfróntase ao Moaña e calquera resultado nos vale, pero quizáis o mellor sería o empate porque perderían 2 puntos cada un. O mesmo pasa no derbi das Rías Baixas xa que o Sanxenxo está empatado a puntos con nós e ao Grove só o avantaxamos en 1. Cun empate distanciariámonos de ámbolos dous. No enfrontamento entre Estradense e Porriño si que poida que o mellor fose unha victoria visitante, xa que nos daría a posibilidades de volver meternos en postos de ascenso directo empatando a puntos co Estradense e facendo valer o goal average. O dito. Gañando teremos doble alegría nesta xornada, pero o Alertanavia non nos vai regalar nada e a última xornada na que tivemos enfrontamento de rivais o Bande gañoulle ao Estradense e o noso empate en Caselas sacounos de postos de ascenso directo. 11 Feb 2018, 21:35 -15.28
Victoria importantísima que esperamos que inicie unha racha triunfal que nos devolva aos postos de ascenso directo. Sobre a conversa que mantiñamos sobre o centro do campo, eu penso que calquera equipo desta categoría querería ter a Luís e Durán no seu equipo. Luís é o noso Xavi Hernández. Ese xogador que se ofrece sempre e que é capaz de crear superioridades na zona ancha coa súa mobilidade. Durán igual está un pouco desaproveitado porque penso que rendiría máis como media punta, pero ten calidade de sobra e vacíase en cada partido. Agora recuperamos a Omar que xunto con Germán nos van a dar moitas variantes tanto para á creación como para á destrucción de xogo na medular. Respecto a Bruno. Se tivese paciencia sería agora mesmo un dos xogadores con máis minutos da plantilla, pero cando se viu ante a decisión de disputar ese quinto partido que lle impediría voltar ao Nogueira decidiu irse. Penso que se precipitou, pero o club fixo ben en permitir a súa marcha xa que non ten sentido ter un xogador "secuestrado". 11 Feb 2018, 12:44 79.13