Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Partidazo do Ourense no Couto. Gran imaxe a que transmitiu o equipo dominando a todo un Bande de principio a fin, pero especialmente na segunda metade. O Ourense demostrou ser equipo de superior categoría e impúxose aos da Baixa Limia que aparentaban vir ao Couto a empatar. Golpe de efecto que dá continuidade á boa xeira de resultados, só empañada polo empate no Grove. A próxima semana na Tella, contra o Nogueira, a tentar repetir o pleno de victorias nos derbis provinciais acadado na primeira volta. Vamos Ourense!!! Quedan 7 finais! 07 Abr 2018, 21:49 187.21
Por favor, respectade un pouquiño á xente que ven a este foro a opinar e ler á opinión dos demáis. Paréceme que o voso diálogo non lle interesa a ninguén. Alguén ten referencias da nova fichaxe que se presenta hoxe pola tarde? Se ven para xogar de media punta paréceme que é unha posición na que temos agora mesmo saturación (Fran, Presas, Durán,...) Se ven para xogar de dianteiro vai ter que competir polo posto con Xoel, que persoalmente me parece que agora mesmo ten opcións de desbancar a Unai. De feito, creo que se o xuvenil consegue o ascenso nos próximos partidos pasará a ser un fixo na convocatoria de Currás. 05 Abr 2018, 16:20 118.13
Non podo evitar pensar en algo que sei que é imposible. Teño moi claro que o impresentable que dirixe ao Bande montará o seu espectáculo provocador para ser novamente o protagonista. O mellor antídoto para combatir a alguén que quere roubarlle o protagonismo aos futbolistas provocando á grada sería que ninguén lle fixese caso. Él aliméntase do odio que xera. Ese tipo de persoaxes son yonkis que necesitan ver xente fora de si. Necesitan sentir que se saen coa súa diante dunha multitude impotente que se desespera ao ver que non pode facer nada contra ese individuo que os provoca. ¿qué pasaría se ninguén fixese caso do seu espectáculo? o que se sentiría impotente e mesmo ridículo sería él. Pero é certo que entre as máis de 1000 persoas que previsiblemente ateigarán a tribuna do Couto máis de unha ha de haber á que lle vaia a marcha e vai estar pendente do que faga o bufón. 03 Abr 2018, 09:35 63.51
Eu non creo que o Bande sexa favorito. Non podemos dicir cando xogamos fóra que nos perxudican os campos pequenos e cando xogamos no Couto contra o Bande que nos perxudican o campo grande. Partindo de que temos un equipo para tocala e practicar un fútbol de elaboración ¿como nos vai perxudicar un campo grande? Canto máis grande é o campo máis espazos e cantos máis espazos máis posibilidade de atopar ocos se se fai circular rápido o balón. Non empecemos a poñer a venda antes da ferida. Eu creo que temos unha plantilla superior á do Bande. Logo xa sabemos que as circunstancias dun partido son sempre difíciles de predecir e que o impresentable emporcará o partido todo o que poida, pero non temos que temer a ningún equipo. 01 Abr 2018, 23:04 91.52
Penso que o punto de hoxe é bó, pero sabe á pouco. Teño a impresión de que o equipo non está a xestionar ben a presión. En todos os partidos que xogamos este ano nos que tiñamos unha gran oportunidade de dar un golpe de efecto, fallamos. Hoxe o equipo estivo absolutamente atenazado. Ao que se lle viu máis atrevemento foi a Oli, que non titubeou en ningún balón e cando tivo que incorporarse ao ataque fíxoo. Houbo xogadores que normalmente están a un gran nivel que hoxe, literalmente, se sacaban o balón de enrriba cun pelotazo largo. Temos un equipo de moito nivel, pero a presión fainos xogar como un equipo pequeno e dese xeito perdemos toda a vantaxe, porque ao pelotazo calquera equipo desta categoría nos pode superar. Necesitamos máis seguridade en nós mesmos. Hoxe xogamos ao que mellor lle viña ao Grove. Non entendo como nun día de forte vento renunciamos a rasear o balón. Somos o noso peor inimigo e necesitamos crer máis no noso potencial e impoñer o xogo que a nós nos convén. O partido contra o Bande vai ser difícil, pero se o xogamos con medo a non gañar será máis complicado aínda. Seguimos dependendo de nós mesmos e seguimos tendo un dos mellores planteles da categoría. Para ascender só necesitamos xestionar mellor a presión. 31 Mar 2018, 00:46 91.50
Hai boas mimbres nos xuvenís! Xoel reivindicouse hoxe ante a afección con dous golazos. Currás, que estaba na grada, seguramente tomaría boa nota ;-) 29 Mar 2018, 14:53 63.50
Coidadiño! a ver se o Grove vai sucumbir á tentación de volver a utilizar a meteoroloxía para suspender o partido contra nós que deberá afrontar con 3 baixas por sanción... "El tren de borrascas no se detendrá ni siquiera en Semana Santa. Hoy será el único día sin precipitaciones. Por la tarde, el cielo incluso lucirá sin nubes en muchas zonas de la comunidad, especialmente en el interior. Pero a partir de mañana las bajas presiones tomarán el control. Los modelos meteorológicos muestran una borrasca afectando a Galicia cada jornada hasta el próximo miércoles. En siete días podrían acumularse hasta doscientos litros por metro cuadrado en las provincias atlánticas. Varias de las borrascas serán además profundas y pasarán lo suficientemente cerca como para generar situaciones de tiempo adverso, con vientos intensos y grandes olas. Galicia encara una semana en la que previsiblemente se activarán alertas y no se descarta que alguna de esas borrascas, por sus características y efectos, tenga que ser bautizada. El siguiente nombre que aparece en la lista es Irene." 28 Mar 2018, 11:51 63.51
O Grove non só ten un expulsado. Dos 3 xogadores que viron cartón amarelo 2 cumplen ciclo e non poderán xogar contra nós. É evidente que o Grove está inmerso nunha xeira de resultados moi negativa. Recibiu 12 goles nos últimos 3 partidos (4 en cada un). Pola contra, nós chegamos co equipo case ao 100%, creo que só Vieytes está descartado, e despois de 3 victorias e un 0-5 nun campo que a todos nos xeraba dúbidas. ¿quere esto dicir algo? pois que somos claros favoritos, pero quen vai determinar se recuperamos esa praza de ascenso directo será, como sempre, o fútbol ;-) 26 Mar 2018, 16:30 63.54
Gañando no Grove o venres recuperariamos o segundo posto que perdemos o 28 de xaneiro ao empatar en Caselas. Quén, nolo ía dicir fai tan só 3 xornadas, que estábamos a 6 puntos do Bande e 8 do Estradense. Dende a visita dos incondicionais ao Miraflores baixo o diluvio o equipo fixo pleno de victorias: 3 de 3. Hoxe por fin reapareceu Fran que foi recibido cunha gran ovación do público ourensanista congregado en San Cristóbal. 25 Mar 2018, 20:20 63.55
Ourense15, Corzo e Josu xa cumpliron sanción e van pola segunda tarxeta do segundo ciclo, polo que non están apercibidos. O único que está apercibido é Vieytes e con 3 cartóns temos a Carlos,. Adrián, Joni e Unai. Ah! e cumple sanción contra o Ribeiro Oli, que viu o seu 5º cartón o domingo. 19 Mar 2018, 16:52 63.55
O regulamento disciplinario dí textualmente: "La acumulación de cinco amonestaciones en el transcurso de la misma temporada y competición OFICIAL determinará la suspensión por un partido EN ÉSTA y por el orden en que tenga lugar" Entón Vieytes estaría apercibido de sanción porque non se contaría o 6º cartón que viu no Boiro. 19 Mar 2018, 11:55 63.55
Non me fagades moito caso, pero creo que Vieytes traía un cartón de Boiro e, cos 4 que leva aquí, tería que cumplir sanción contra o Ribeiro. O que non estou seguro é de que o cartón que viu no Boiro compute para a sanción por ser competicións distintas. Agora mesmo non temos ningún xogador apercibido. Temos a Adrián, Joni, Unai e Carlos con 3 cartóns. Respecto do partido, coincido en que a incorporación de Presas está resultando moi positiva para o equipo. Onte tivo moita presencia no xogo e xerou perigo, aparte das dúas asistencias de gol, ambas de calidade. Hugo tamén se mostrou moi enchufado. Para mín é o mellor dianteiro dos que levo visto na categoría recibindo de costas. Fanlle unha morea de faltas agarrándoo para que non se de a volta e rara vez llas pitan. Onte houbo unha moi descarada na que levaba ao central colgado da cintura como se quixera bailar a conga e o árbitro non sinalou nada. En xeral o equipo estivo ben, ainda que non viña mal un partido que fixera vibrar a grada durante os 90 minutos para reafirmarnos e coller confianza de cara ao desafío que temos por diante. 19 Mar 2018, 11:08 63.55
Faltan agora mesmo 16 partidos correspondentes a enfrontamentos entre os 8 primeiros que supoñen un total de 43.046.721 combinacións de resultados posibles. Esto dá unha idea do complicado que resultaría facer un pronóstico fiable, pero si que podemos analizar os enfrontamentos que nos quedan a cada un. Estradense: Xunto co Porriño son aos que menos enfrontamentos directos lles restan. Fáltalle enfrontarse a Sanxenxo e Atios fora e ao Grove na casa. Neses 3 enfrontamentos na primeira volta empatou 2 e perdeu 1 polo que tivo un saldo de -5 puntos. Bande: Ten que xogar fora contra Atios, Ourense e Porriño e recibir ao Grove. Na primeira volta gañou 2, empatou 1 e perdeu outro o que dá un saldo de +2 puntos. Moaña: Quédalle visitar ao Sanxenxo e recibir a Atios, Ourense e Porriño. Na primeira volta obtivo 2 empates, 1 victoria e 1 derrota que lle supuxo un saldo de -2 puntos. Atios: Xunto con nós, somos os equipos que máis enfrontamentos directos temos pendentes cun total de 5. O Atios conta coa vantaxe de que 4 deles son na casa contra Bande, Sanxenxo, Estradense e Ourense mentras que terá que visitar ao Moaña. Na primeira volta perdeu 2, empatou 2 e gañou só 1 cun saldo de -5 puntos. Porriño: Quédanlle tan só 3 enfrontamentos directos. Terá que visitar a Grove e Moaña e recibir ao bande. na primeira volta obtivo 1 empate, 1 derrota e 1 victoria polo que o saldo foi de -1 punto. Sanxenxo: recibirá a Moaña e Estradense e visitará a Atios e Ourense. Na primeira volta gañou 1, empatou 2 e perdeu 1 polo que o saldo foi de -2 puntos. Ourense: Quédanos visitar a Grove, Moaña e Atios (no último partido de liga) e recibir a Bande e Sanxenxo (no penúltimo partido de liga). Poida que teñamos o calendario máis complicado de todos, pero sendo optimistas tamén somos aos que máis nos queda por dicir. Na primeira volta obtivemos 2 victorias e 3 empates, que nos deu un saldo de +3 puntos. Grove: Ten que recibirnos a nós e ao Porriño e visitar a Estradense e Bande. Na primeira volta obtivo 2 empates, 1 victoria e 1 derrota que supón un saldo de -2 puntos. Unha das 43.046.721 de posibles combinacións de resultados sería que todos gañásemos todos os enfrontamentos que non son duelos directos e que nos duelos directos repetiramos os resultados da primeira volta. Nese caso o campión sería o Bande con 5 puntos de vantaxe sobre o Estradense, que sería segundo por 1 só punto que nos sacaría a nós que nos quedariamos na terceira posición. Cuarto sería o Moaña a 1 punto de nós. Logo virían Porriño, Sanxenxo, Atios e Grove. A única conclusión que se pode sacar é que con todo o que queda, se o facemos perfecto únicamente non ascenderiamos no caso de que Bande e Estradense o fixeran perfecto tamén así que igual nos chega con facelo tan só moi ben ;-) 15 Mar 2018, 11:09 90.39
O artigo de La Voz de Galicia é catastrofista demáis porque parte de que descenden todos os equipos galegos que se atopan en perigo, cousa que non creo que pase, e non ascende ningún equipo galego a 2ªB dos 4 que xogarán a promoción. Fala tamén de 14 descensos de preferente a primeira Galicia e eso non pasaría porque en preferente hai 40 equipos dos que 4 ascenden fixo (os 2 primeiros de cada grupo) e 6 descenden fixo (os 3 últimos de cada grupo). De primeira Galicia a preferente ascenden 8 equipos polo que se de 3ª descendesen 8 habería 46 equipos en preferente polo que terían que descender 6 máis completando 12 descensos de preferente a 1ª Galicia, pero nunca os 14 que dí a Voz. No grupo que estamos nós descenderían os 3 que descenden fixo e logo dependería de se os equipos que descendan de 3ª son das provincias do sur ou das do norte. Neste momento, dos 8 últimos de 3ª división 5 son do sur, polo que provocarían 4 descensos máis (neste momento serían Campo Lameiro, Caselas, Alertanavia e Erizana) Pero insisto, todo parte dunha premisa pouco probable que é que todos os de 2ªB que se atopan agora en perigo baixen e non ascenda ningún do grupo galego de 3ª a 2ªB. Do mesmo xeito podería pasar que só descenda o Cerceda de 2ª B a 3ª e ascendan, por exemplo, Compos e Bergantiños a 2ªB de xeito que habería promoción entre os 3ª da preferente... En resumen: É moi pronto para botar contas porque vai haber moitos movementos. 06 Mar 2018, 23:28 62.69
Non se entende a suplencia de Josu? digo eu que poderá ser suplente como calquera outro. De momento sigue sendo o xogador que máis minutos xogou (incluso por diante de Pato) e igual lle ven ben descansar algo porque o final de tempada vai ser moi esixente e seguramente haberá que pedirlle que asuma o protagonismo que lle corresponde. Rubén Durán tamén pode ir ao banquillo como calquera outro, pero non máis que ninguén. Sobre o do toque e toque de balón, pero sin apenas profundidade, esto é o que soe pasar cando te enfrentas a un equipo que mete dúas liñas de xogadores ben xuntiñas atrás. Ata chegar ao valado tocas e tocas, pero cando intentas buscar a portería non atopas por onde entrar. Hai que irse acostumbrando, porque todos os equipos nos xogan así (ata o Estradense, coa dificultade de que os da Estrada teñen potencial para facer moito dano á contra) e nos partidos que quedan non creo que cambie. 05 Mar 2018, 09:16 62.63
Tanto me ten Oira como Velle. Son campos municipais que se lle negan a un equipo do propio Concello para darllo a outro de fóra que ademáis ten o seu propio campo. Aínda que se o pensamos ben trátase dun equipo que da súa vila só ten o nome. 03 Mar 2018, 15:55 216.68
Confío plenamente en quen mo dixo. O certo é que eu non os vín entrenando, pero é ben fácil de comprobar. 03 Mar 2018, 12:32 216.68
¿sabiades que hai un equipo da Baixa Limia que leva case toda a tempada entrenando nas instalacións municipais do Concello de Ourense en Oira? ¿sabiades que este ano se lle asignaron cero horas desas mesmas instalacións á Unión Deportiva Ourense? Xa está ben de cuspirlle na cara a este club! 03 Mar 2018, 08:55 297.80
A climatoloxía non vai axudar para que a xente se anime a subir ao Miraflores... 02 Mar 2018, 11:50 216.68
Acabo de ver nas redes que para o partido do Campo Lameiro cada socio pode retirar unha entrada para un acompañante por só 3 €. Hai que encher a bancada e que o equipo note o alento da aficción ourensanista!!! 01 Mar 2018, 23:15 216.68