Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Corzo únese a Gabi Sanín, Presas e Germán na lista de xogadores apercibidos de sanción por ter 4 cartóns. Con 3 están Champi, Hugo e Tiago. A ver se contra o Estradense conseguimos encadear 2 victorias, cousa que non acadamos desde o mes de febreiro no que gañamos os 3 primeiros partidos da segunda volta contra Ribadumia, Somozas e OCF. Se o unimos a que gañaramos o último partido da primeira volta contra o Vilalbés, foi unha racha de 4 victorias, a nosa mellor en 3ª. Antes desa conseguiramos encadear 2 victorias en 3 ocasións na primeira volta. Despois de aquela racha, logo dunha victoria viñeron primeiro 4 derrotas, despois 3, e despois 2 e 1 empate naquel final de tempada para esquecer. Este ano, despois das 3 victorias previas á de onte obtivemos 1 empate e 2 derrotas. 25 Nov 2019, 11:47 101.88
Faro de Vigo non fala de puñetazo nin de cabezazo. Só de agresión física e verbal. Agresión verbal é evidente que houbo, porque xa sería de traca que se inventasen todo, pero engadir un puñetazo e un cabezazo que os que estaban presentes dín que non viron,... é tan rastreiro como digno de Garrote. 25 Nov 2019, 10:38 109.86
A región aproveitando para botar toneladas de basura enriba do club. Que ganas teñen de que desaparezca e deixe a vía libre ao verdadeiro herdeiro do CD Ourense. Aquel que herdou as cacicadas, o favor do poder fáctico,... https://www.laregion.es/opinion/redaccion/dimision/20191125070208908892.html 25 Nov 2019, 09:59 84.15
Efectivamente Pesule, a grada hoxe estivo espectacular. Animando e aplaudindo a entrada do equipo para demostrarlles que gañen ou perdan son os nosos. 24 Nov 2019, 21:51 59.28
Hai testigos que negan rotundamente a agresión. De feito dín que non houbo nin contacto físico. Coñecendo a traxectoria e a catadura moral de Pepe Garrote o único que lle faltaba era inventarse unha agresión. Sexa como sexa, xa hai tema de conversación para toda a semana. O tema resolverase no xulgado, porque se é mentira Dacosta terá que denunciar a Garrote por denuncia falsa. 24 Nov 2019, 21:13 59.28
Había unha vez un avión no que á xente lle gustaba voar. Había outro tipo de avión dispoñible, pero a xente tiña claro que quería voar no primeiro. Un día, durante unha travesía, comezaron as turbulencias. Rápidamente, algúns pasaxeiros agoreiros comezaron a dicir que o que ía aos mandos non tiña nin idea de pilotar e que se non se poñía outro se estrelarían. Pola ventá podían ver como o outro avión, no que non lles gustaba voar, aparentemente non tiña problema ningún e algúns ata comezaban a lamentarse de ter escollido aquel no que viaxaban dicindo que estaba claro que o piloto do outro avión era moito máis habilidoso. Como a situación seguía sin estar controlada, cada vez máis pasaxeiros comezaban a dubidar do piloto e, ainda que ningún deles sabía pilotar nin eran quen de sinalar a outro piloto para que os salvase, íanse unindo aos profetas derrotistas pedindo que o piloto se retirase dos mandos. Empezaron a pitarlle, a increpalo, insultalo,... todo o que fixera falta con tal de deixase o posto a outro que pudera evitar o fatídico desenlace. Os máis cizañeiros eran uns que nin siquera ían no avión, pero ao ver que tiñan problemas aproveitaron para intoxicar desde o outro avión utilizando as redes sociais. O que desexaban era que o avión se estrelase con todos os seus pasaxeiros dentro así que canto máis cundise o pánico a bordo mellor. Pero tamén había entre o pasaxe xente que, consciente de que non tiñan un piloto alternativo, trataba de darlle ánimos ao piloto e transmitirlle que confiaban nel. Parecíalles que xa bastante presión estaba soportando, que era o primeiro interesado en salvar a aeronave, e tempo habería de saldar contas cando todos estiveran a salvo. Falta por escribir o final do conto. A ver se se impoñen os agoreiros que, presos do medo, cren que o mellor que se pode facer é presionar ao piloto, ou os que cren que hai que confiar nel e animalo para que faga o mellor que sepa porque, se non hai alternativa a bordo, só el pode salvalos a todos. 21 Nov 2019, 08:47 123.61
Novo ourensán, podes ter razón en parte do que dís, pero creo que esaxeras. O corpo técnico ainda non atopou o 11. A defensa está clara, pero no centro do campo está a haber moita rotación. En parte por lesións, pero tamén porque non acaban de dar co trío que consiga facerse coa manixa dos partidos ao tempo que destrúe a elaboración do rival. Ofensivamente, dá a impresion de que esta tempada temos máis pólvora que a pasada. Logo para mín a clave está no centro do campo. En xeral, eu penso que a liña máis importante dun equipo é precisamente a do medio porque é nesa zona onde máis cousas pasan. Unha pérdida no centro do campo pode ser letal igual que un roubo ou unha boa xogada pode ser o inicio dun gol. Xa dixen cales son os meus favoritos para esa demarcación, pero o corpo técnico é quen sabe como están os xogadores (eu non sei se teñen molestias, se están lesionados,...) Eu son optimista porque temos bos xogadores en todas as liñas e estou seguro de que o adestrador acabará atopando a fórmula. Ainda quedan 25 partidos. 18 Nov 2019, 23:29 82.41
A mín paréceme que hai que desdramatizar un pouco. Esto só é fútbol. Non vai cambiar as nosas vidas máis alá de darnos alegrías e disgustos. Cando as cousas non van ben sempre buscamos culpables aos que vilipendiar, pero hai que ter en conta que son persoas e que merecen respecto. Pódese criticar desde o respecto, sin necesidade de acusar de chupócteros, funcionarios acomodados,etc... e sobre todo, facendo propostas alternativas porque arrugar arruga calquera o problema é quen pasa despois o ferro. Antes cando as cousas ían mal facía falta un 9, este ano fai falta un adestrador,... sempre ha de haber quén desde fora, sin ter os elementos de xuizo necesarios, dicte sentencia e ofreza a solución máxica, pero as cousas son sempre moito máis complexas do que parecen. Non hai un catálogo de noves, nin de adestradores, para elixir xusto o que necesitamos, polo prezo que poidamos pagar, e que nos garantice que nos mete no play off. A realidade é esa, por moito que queiramos que fose outra. 18 Nov 2019, 14:38 -95.11
Son moi importantes os 6 partidos que nos restan desta volta. 5 rivais dos que ningún nos saca máis de 3 puntos e 1 recén ascendido que se atopa en postos de descenso. A ver se somos capaces de encadear unha boa racha. 18 Nov 2019, 11:44 172.56
Pois está claro que a cousa está mal. Non é normal que nos metan 3 goles en 15 minutos. Pero eu sigo pensando que imos sair adiante. Todos os focos están postos sobre o adestrador, pero eu non vexo que os que piden a súa cabeza propoñan alternativa. ¿qué pasa? ¿con tal de que se vaia Currás válelles calquera? a ver se imos cambiar para peor... Non acabamos de entender o que somos. O de ser un club popular non é ningunha "milongada", senon unha realidade para ben e para mal. Cando se produciu a crise de goberno vimos que temos unha estrutura bastante endeble, sin alternativas. É lóxico. Somos un club nacido da grada fundado por afeccionados. Non abundan entre os socios os perfís de xestión e os poucos que poida haber non teñen ningunha intención de meterse en semellante lío porque xa se ve que ninguén llo vai agradecer. O club xa anunciou unha reunión dos capitáns coa directiva e o corpo técnico para buscar solucións. Hai que confiar neles porque non parece haber ningunha alternativa razonable. 18 Nov 2019, 09:34 132.11
Sei que Durán ten 36 anos e eso non perdoa. Por eso dixen que eran os meus favoritos, pero concordo con que ao avó hai que dosificalo ;-) Tiago pode ser un bó recambio. A mín lémbrame un pouco a Álex Fernández, ex de CD Ourense que hoxe xoga no Pontevedra. Pedrosa tamén merece un oco no 11, pero estivo lesionado e Iago aproveitou para reivindicarse como referencia en ataque. Paréceme que Hugo pode complementarse mellor con Iago porque teñen características distintas, pero está claro que Pedrosa llo vai poñer difícil a Currás. Eso é o que o míster sempre chama 'bendito problema' non poder meter a todos os que o merecen. 13 Nov 2019, 11:10 59.28
É complicado atopar un equilibrio entre defensa e ataque, por eso unha das cousas máis importantes no fútbol son as transicións. Para mín a defensa está clara con Josu, Corzo, Vieytes e Alfredo. Hai unha variante que é meter a Corzo, Viti e Vieytes con Arce e Alfredo de carrileiros, pero quizáis só sirva para momentos nos que faga falta arriscar. No centro do campo os meus favoritos son Durán, Presas e Germán. Durán aporta presión e visión de xogo, Presas desequilibrio e Germán xogo aéreo e contención. Arriba hai que respetar o momento de Iago e complementalo coa presión e o xogo de espaldas a portería de Hugo e a calidade de Marquitos. Pedrosa ten que volver a gañarse o posto e eso fala moi ben do plantel. O que sae do 11 ten que loitar por volver a entrar por moitos méritos que tivera feito. Pero é que me quedaron sin poñer Champi, Sanín, Tiago, Carlos, Isi, Arce,... Menudo equipazo temos este ano!!! 13 Nov 2019, 08:13 59.28
Moitos cartóns neste partido que nos deixan con 5 xogadores apercibidos de sanción: Presas Germán, Dani Pedrosa, Gabi Sanín e Vieytes 12 Nov 2019, 08:50 33.58
Perdón. Xa estou susceptible demáis e non pillei a ironía de chancas. 05 Nov 2019, 19:06 79.74
Pero por qué ían dimitir a directiva e o corpo técnico? Os que pensades que poderiades facelo mellor que eles presentade escrito coa sinatura do 20% dos socios e un candidato a presidente e se a Asemblea a acepta poñédevos vós no sitio deles. O que pasa é que xa se sabe que non é o mesmo predicar que dar trigo. 05 Nov 2019, 16:03 79.74
O PP pagou unha campaña para desmovilizar a esquerda e o Ponte parece que lle gustou a idea e meteu a un par de trolls aquí a soltar bulos a ver se dan minado a moral da afección da UD Ourense. 05 Nov 2019, 10:34 -88.08
O que pasa é que quen entra decídeno os socios, non as bestas. 04 Nov 2019, 22:20 56.69
Durán cumple ciclo de cartóns o domingo, por se algún enteradillo aparece por aquí a alimentar a teoría da conspiración... 04 Nov 2019, 18:43 154.13
Xa xogamos cos 6 primeiros: perdemos co 1°, 3°, 4° e 6° e gañámoslle ao 2° e ao 5° O resto empatamos e algún emapte ben pudo ser victoria. 04 Nov 2019, 16:23 82.30
Xa sabedes como funciona esto: se o domingo non conseguimos gañar, a pitar ben forte aos adestradores para que se enteren de que hai moita xente á que non lle gusta perder. Despois, os que sexan socios, que soliciten unha Asemblea para tratar o tema de xeito responsable. Esa é a gran vantaxe de ter un club de accionariado popular. Todos podemos presentar un proxecto alternativo e se temos maioría podemos levar a cabo todas esas solucións infalibles que temos na cabeza. Como socio recoñezo con humildade que non me vexo capaz de facelo mellor que os que están, pero se aparece unha alternativa que me convenza votareina. PD: non vos esquezades de que o domingo hai eleccións a ver se vai sair un presidente que non nos conveña a todos e logo temos que andar criticando todos os días. 04 Nov 2019, 13:30 30.99