Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Espectacular! A besta deuse de alta onte para intentar convencernos a todos de que nos vaiamos ao seu OCF! En fin, desculpádeme por pedir que non se alimente aos trolls e vir eu a botarlle un cazo de pienso na maseira, pero é que me consta que hai xente que o está pasando mal e en momentos así calquera se pode deixar embaucar polos cantos de serea. A todos nos entran as dúbidas cando as cousas non saen. Temos dereito a ilusionarnos, pero non nos confundamos. O obxectivo do club é irse consolidando pouco a pouco sin temeridades. Nós non temos a posibilidade de cambiar de adestrador cada vez que perdamos contra equipos que son mellores que o noso. Queredes botar a un adestrador que cando ninguén tiña proxectos tan espectaculares como os que aquí estades presentando deu un paso ao frente e dixo que estaba disposto a asumir máis responsabilidades cobrando o mesmo? Ben seguro que os que aquel día lles aplaudimos e lles votamos masivamente seguimos confiando neles porque somos conscientes das dificultades. Sempre ha de haber quen critique e quen só nos pronostique desgracias, pero se de algo podemos estar seguros é que da man deses nunca habemos levar unha alegría. 04 Nov 2019, 13:13 105.41
¿por qué somos da UD Ourense? 03 Nov 2019, 23:00 33.58
Poida que a SAD sexa o modelo de club perfecto para triunfar. Que o ideal sexa tirar de axencias de futbolistas que cada ano nos coloquen aquí varios dos que teñen no catálogo a ver se algún nos fai ricos. Quizáis deberiamos asumir máis riscos e apostar por un plantel con aspiracións de ascenso. Igual se cambiamos de adestrador o equipo comezaría a namorar á grada con fútbol espectáculo e resultados ilusionantes,... ¡coño! ¡Cambiémonos todos ao Ponte! Este equipo vai directo ao pozo. Como non lle gañemos ao Rápido de Bouzas o próximo domingo metémonos en descenso é na seguinte xornada volveremos a perder e seremos pechacancelas. Baixaremos a preferente e seguro que o club desaparece. ¿para qué pasar unha tempada completa vagando como alma en pena de desastre en desastre? O Ponte ten todo aquelo polo que suspiramos. ¡cambiémonos e deixemos aos Currás co seu proxecto fracasado! 03 Nov 2019, 22:26 150.01
Co de non alimentar o troll referíame en xeral. Se non o alimentamos aquí e noutros foros o empachamos non sirve de nada. Tede en conta que os trolls son individuos amargados, incapaces de conseguir o aprecio da xente que os rodea. Por eso acuden a foros onde poder insultar e provocar de xeito anónimo. Cada vez que alguén lles entra ao trapo sinten que siguen vivos. Se non se lles fai caso acaban por recluirse na súa soidade. 01 Nov 2019, 19:29 79.05
A ver se podemos conseguir os primeiros 3 puntos dunha racha que devolva a ilusión aos que empezan a ter dúbidas. 30 Oct 2019, 09:16 -142.98
Estanos costando collerlle o punto á competición. Onte deume a impresión de que na segunda parte nos superaron por forma física. O partido foi bastante malo por ambos bandos e só se impuxeron eles na segunda metade porque meteron unha marcha máis que nós parece que ainda non temos. O positivo é que parece que Iago quere ser ese 9 que cando se queda ante o porteiro sabe definir. Sigo pensando que imos ir para arriba, pero necesitamos gañar un par de partidos seguidos para coller confianza e empezar a mirar cara arriba. 28 Oct 2019, 09:34 -85.67
Se mantemos a liña dos partidos contra Compos e Barco temos bastantes opcións de levarnos os 3 puntos. PD: A ver se somos capaces de non alimentar ao troll. Se ninguén le fai caso antes ou despois acábase cansando. 22 Oct 2019, 23:23 10.37
Respecto á situación do equipo, eu sigo convencido de que imos para arriba. O ano pasado, nesta mesma xornada o Alondras, Choco e o OCF ocupaban os postos 13, 15 e 17 con 9, 8 e 7 puntos respectivamente mentres que Barco, UD Ourense e Arousa eran 2º 3º e 4º con 21, 19 e 18 puntos respectivamente. Ao final o Alondras entrou no play off, e o Choco e o Ourense CF loitaron por entrar quedando ámbolosdous por enriba do Arousa e a UD Ourense. A liga é longa e o equipo dá mostras de ter maior potencial que o ano pasado. Hai que ser optimistas. 21 Oct 2019, 13:40 -41.02
Silvia, o de "Ourense Somos Nós" foi unha consigna que no seu día utilizou a afección da UD Ourense como protesta ante o intento do Ponte Ourense, apoiado polos poderes fácticos, de suplantar ao extinto CD Ourense. A directiva fixo aquel lema seu porque a afección foi a que levantou o club das cinzas do CD Ourense. Evidentemente, Ourense somos todos, desde O Barco ata Entrimo e desde O Irixo ata a Gudiña. Ao respecto das críticas aos prezos das entradas, paréceme que en ausencia dunha norma que poña límites, cada club é libre de poñer os prezos que estime que maximizarán os seus ingresos por taquilla. A xente é libre de mercar as entradas ou non facelo. Sobre o comportamento de algún xogador, todos sabemos que hai futbolistas que se activan coa confrontación e sempre que poden tratan de provocar á grada para motivarse. O que debe facer a grada é non darlles o protagonismo que buscan. 21 Oct 2019, 13:11 90.83
A pesar da derrota este partido demostra que o equipo está mellorando. Recuperamos hoxe a Hugo e a Presas e Iago quere pelexar por un posto no ataque. Imos no bó camiño. A pensar no Bergantiños que todos os anos son aspirantes a estar arriba e só nos levan 1 punto. Esto vai dar moitas voltas. 20 Oct 2019, 21:48 -142.88
Ollaches o mesmo partido que nós. O que pasa é que nós valoramos positivamente que ante un rival superior foramos capaces de levarnos o partido a base de esforzo e táctica e tí parece que non lle dás valor. A todos nos gustaría ter o Dream Team de Guardiola e poder desfrutar daqueles recitais dos Iniesta, Xavi, Messi e compañía, pero temos un equipo axustado ás limitacións que marca o noso presuposto e o noso modelo de club. En partidos contra rivais de maior potencial que o noso teremos que tirar de oficio, xuntar as liñas e buscar as contras. Así é como se compite. Chamarlle sorte ao recital de paradas que fixo Ángel é moi inxusto. Un porteiro que non teña as cualidades e o adestramento que ten él por moita sorte que teña non cheiraría ningún dos tiros que el desbaratou. Tampouco é sorte o gol de Iago que fixo un gran esforzo para loitar cada balón que lle mandaban arriba, ainda que moitos deles en lugar de pases foran despexes, e cando a tivo non dubidou e deitou co corpo a Pato para meterlla polo outro lado. Un gran gol que non mete calquera por moita sorte que teña. Tampouco é sorte a estirada que Isi lle esixiu a Pato. Outros porteiros tragaríana. Sen ir máis lonxe, o do Pontellas non foi quen de parar unha similar. Non é sorte o partidazo dos 4 defensas. Hai que ser moi solidario e estar atento a cando un rival de gran calidade consigue irse do compañeiro e facer o esforzo de chegar a cortar (houbo moitas xogadas así). Tampouco é sorte que Carliños siga crecendo. Ten cualidades e humildade para ir progresando pouco a pouco. Onte estivo moi ben dando o pase do gol e índose dun rival cun fantástico autopase para xerar unha vantaxe que non fructificou, pero a seguinte igual si o fai. Tampouco é sorte que con varios dos xogadores que máis estaban xogando lesionados o equipo fora capaz de dar a cara ante un dos rivais máis fortes, senon o máis forte, da categoría. Tampouco é sorte que o adestrador se dese conta de que o Compostela metera unha marcha máis para ir a pola victoria, que estaba inclinando o campo cara a nosa portería e que, tan pronto nos puxemos por diante reaccionou reforzando o centro do campo cun xogador como Duran, que ainda estando tocado se vacía na presión e dá moito criterio á saída de balón e logo Viti, que reforzou a parcela defensiva de cara aos últimos minutos nos que o Compos nos atacou con todo o que tiña. Fixémos moitas cousas ben o domingo para levar os 3 puntos, pero se foches ao Couto coa espectativa de que bailaramos a todo un Compos normal que saises decepcionado. Por certo, o ano pasado non gañamos en Santiago nin en Ferrol. Empatamos a 1 en ambos casos con partidos épicos. En Compostela puxéronse por diante e tiveron unha moi clara para o 2-0, pero logo chegou a xenialidade de Alfredo nun libre directo. Houbo xogadores que nada máis escoitar o pitido final tiráronse ao céspede porque estaban exhaustos despois de plantarlle cara a un equipo que movía o balón a unha velocidade que che esixía estar todo o partido correndo. En Ferrol foi parecido. Conseguimos poñernos por diante cun golazo de Hugo, o Ferrol empotrounos na nosa portería cun equipo moi superior ao noso e conseguimos aguantar conseguindo un empate moi meritorio. 14 Oct 2019, 22:41 -41.35
Hai que seguir crendo neste equipo e neste corpo técnico que hoxe plantou cara ante un equipazo como o Compos a pesar das numerosas baixas. Partidazo de Ángel Díez que parece que escolleu o día para dar un recital de paradas e dicirlle aos nostálxicos que se esquezan do porteiro que hoxe vestía de loito. Moi inxusta unha parte da bancada que asubiou a Currás cando meteu a Durán en substitución de Iago Blanco. Era un cambio de manual. O Compos estábanos metendo na nosa área e tivemos a sorte de cazalos nunha contra e poñernos por diante. Había que reforzar o centro do campo en detrimento do ataque para aguantar as envestidas que nos estaba inflixindo o rival. Currás mostrouse molesto cos críticos xa que estabamos por diante no marcador e había que defender como fose ese resultado. Fantástica a afección do Compos que quixo facernos un guiño cunha pancarta ben simpática que dicía: Ourense CF? rexeita imitacións. Fran Justo estaba na tribuna. Parece que Isi se retirou mancado. Esperemos que non sexa nada porque está en un moi bó momento. A pensar en Calabagueiros onde nos recibirá un Barco que ven de encadear 5 victorias para afianzarse nos postos altos da táboa. Forza Ourense! 13 Oct 2019, 21:10 77.18
Fai un par de anos publicouse que a primeira plantilla do Compos costaba 140.000 € cando é evidente que rondará o doble desa cantidade. 140.000 € para 20 xogadores dá a 7.000 € por xogador (700 € ao mes) e para que saia esa media a metade da plantilla tería que cobrar 0 €. O único orzamento da categoría que é público é o da UD Ourense que dá conta del todos os anos aos socios e socias. Os demáis non se coñecen ou son falsos. 10 Oct 2019, 13:25 58.80
Imos dar a sorpresa gañando ao líder, pero se non pudera ser seguiremos remando e mellorando. 08 Oct 2019, 08:46 -142.70
2 puntos dos últimos 12 fan que xurdan as dúbidas. Cando digo que o equipo ten marxe de mellora non me refiro só á recuperación de Arce. Penso que pulindo algúns detalles o equipo mellorará substancialmente. Non imos gañar partidos por goleada. Na maioría fos partidos o resultado vai depender de pequenos detalles e eses son os que hai que pulir. Equipos que aspiran a estar entre os 4 primeiros como o Bergan ou o Fabril só están 2 puntos por enriba de nós e un recén descendido como o Bouzas está igual que nós. É normal que cando os resultados non chegan comecen as dúbidas, pero nunca debemos esquecer o que somos e que o noso obxectivo ten que seguir sendo consolidadar un proxecto tan ilusionante como como complicado de sacar adiante. Temos mellor plantel que o ano pasado e os resultados acabarán chegando. 29 Sep 2019, 23:29 -143.37
Mal partido hoxe. A revolución de Currás tivo un efecto moi negativo sobre o equipo e agudiza a pérdida de crédito que está a sufrir o de Esgos. Botáronse de menos Durán e Presas no primeiro tempo. Na segunda metade penso que tampouco acertou cos cambios. Meteu a Durán por Carlos e cambiou a posición de Sanín. Champi non está cumplindo coas espectativas postas nel e Sanín é moi voluntarioso, pero para xogar na posición del non chega con eso. Sigue habendo marxe de mellora, pero o crédito esgótase. Dá a impresión de que seguimos en pretempada, facendo probas. Hai que deixarse de experimentos, poñer os mellores a xogar e volver a sumar de 3. 29 Sep 2019, 20:53 57.63
Atendede á revolución que presenta Currás na convocatoria e deixádevos de alimentar ao troll. Viti, Durán e Marquitos fora do 11. Presas e Hugo fora da convocatoria. Volve Germán para a contención no centro do campo e Carliños titular. A ver como sae, pero desde logo Currás está mandando unha mensaxe: non lle vai tremer o pulso. 29 Sep 2019, 16:50 57.63
Todos os equipos sufren unha goleada dolorosa algunha vez. Ao Ourense tocoule onte. O equipo ten marxe de mellora e penso que vai mellorar coa volta de Arce e con algún posible axuste no centro do campo. Queda moita liga. A pensar no Arenteiro e máis que nunca ¡Forza Ourense! 22 Sep 2019, 22:52 100.56
Se o sábado lle gañamos ao Ponte todo esquecido e se perdemos a pedir a cabeza de Currás. Eu creo que contra o Pontellas tivemos unha segunda parte moi mala e a responsabilidade é do adestrador que, baixo o meu punto de vista non acertou na convocatoria (levou 3 dianteiros e un centeocampista de reserva) e logo tampouco acertou nos cambios nin en recompoñer o equipo cando nos estabam superando. Hai que recoñecer que non é nada fácil e que todos os técnicos se poden equivocar algunha vez. O Choco é un bo equipo, que se puxo líder en solitario ao gañarnos. Non dominou o partido, nin moito menos. O peso levámolo nós. Eles atopáronse cun gol no minuto 2 que lles permitiu xogar sin expoñerse demasiado. Nós intentámolo, pero non pudo ser. Marquitos fallou 2 que soe meter. Isi non marcou por pouco,... Foi un 1-0 nun partido que dominamos. Polos ánimos que se ven por aquí calquera diría que nos vapulearon. Paciencia, que a tempada é longa e hai que gardar as críticas para cando de verdade xoguemos mal (como a segunda parte de Pontellas). 17 Sep 2019, 01:14 -99.03
Para mín no segundo tempo o equipo sufriu unha debacle inexplicable e os trocos en lugar de revertir a situación empeorárona. Eu nun momento como o que estaba o equipo, de descontrol absoluto, nunca sacaría do campo a Durán que era, xunto con Pedrosa, o único que podía contaxiar a actitude necesaria para sair desa situación. Para mín Champi na segunda metade non sei se estivo fundido físicamente ou foi falta de actitude, pero non pode ser que che pase o balón a 1 metro e non te esforces por collelo nin por ir presionar ao rival que o controla. Preocúpame que o equipo sufra esas desconexións tan esaxeradas. Durante 20 minutos o Pontellas dominounos a pracer con un espazo entre as nosas liñas en medio campo imperdoable e a banda de Jar convertida nunha autopista pola que entraban como querían (nunha desas chegou o penalti). Resulta bastante limitante non poder convocar máis que 16 xogadores. Onte no banquillo só había dianteiros e Germán e o que necesitabamos era apuntalar o medio do campo que é onde nace o fútbol e onde nos estaban superando claramente. Presas pasouse a segunda parte moi retrasado e ahí nin defendía (porque él non é xogador de perseguir e presionar para roubar) nin xeraba. Para mín o primeiro cambio tiña que ter sido Germán por Champi (que estaba xogando de media-punta) e adiantar a Presas. Todo esto dígoo despois de ver o partido, pero se chega a entrar Hugo e marcar o segundo estariamos todos dicindo que Currás soubo apostar polo ataque. En fin, que o partido de onte sirva para seguir mellorando. 09 Sep 2019, 21:20 -84.97