Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
O equipo leva gañado 6 partidos consecutivos na pataqueira do Couto. Eso ten moito mérito, xa que nos visitaron equipos da parte baixa que, precisamente o que teñen é físico. Non se pode pedir fútbol de toque nun campo no que te espetas ata o nocello en algunhas zonas. A mín tamén me gustaría pechar os partidos cun 3-0 e logo desfrutar, pero entre que os rivais non se deixan e nós tampouco temos un ataque demoledor... Estamos sacando puntos que nos sirven para achegarnos aos primeiros postos e sigo dicindo que os xogadores que non están entrando agora nos van dar un plus no sprint final, que é onde se gañan as carreiras. A Manu Blanco ao principio da tempada ofrecéronlle ir a foguearse ao Barbadás porque no seu posto tiña moita competencia e posiblemente non xogara. Preferiu quedar ainda que só fose para adestrar e agora chegoulle a oportunidade de demostrar que pode xogar en 3a división. 20 Ene 2020, 13:41 89.66
Pois rematamos a primeira volta con 29 puntos, 7 menos que o ano pasado. Eu penso que ainda non vimos a mellor versión do equipo e que no tramo final imos competir mellor que o ano pasado. Sobre o partido de hoxe, Durán volveu a dar outro recital e Josu demostrou que é un dos mellores centrais que temos. En xeral, o partido foi bastante desputado con alternancia no dominio. Despois do gol eles apretaron bastante, pero fomos capaces de manter a vantaxe. O que merece mención aparte é o colexiado. Demasiados erros para esta categoría e algúns moi claros. 13 Ene 2020, 00:35 61.16
Concordo con Ourensanista. No que respecta a Jar, xa teño dito que deu moi boas sensacións na pretempada, pero nos 4 primeiros partidos de liga foi titular e viuse superado. O segundo tempo en Pontellas foi moi malo por parte de todo o equipo, pero é que a súa banda era unha autoestrada. No seguinte partido, contra o Choco, unha internada pola súa banda no minuto 2, gañando liña de fondo sen oposición supuxo o gol da victoria para o Choco. Aparte deso, se Alfredo está ben é moi difícil sentalo porque aporta moito, non só en defensa, senon tamén en ataque. Os xogadores que non están participando serán os que sosteñan o equipo na segunda volta. Será un luxo poder recuperar xogadores da calidade de Pedrosa, Presas, Germán,... cando a competición se poña esixente. 08 Ene 2020, 21:44 -89.97
O Arzúa está facendo unha tempada fantástica. Ao igual que o Estradense, están demostrando que ascenderon para competir e quedarse. Penso que será un partido complicado, coma todos, pero confío en que voltaremos á senda da victoria. 08 Ene 2020, 00:10 61.16
Eu confío en que o adestrador convoca aos xogadores que mellor están ou a aqueles que lle parecen os máis axeitados para cada partido. Ainda así, o fútbol é complexo e adeviñar como vai transcurrir un encontro é moi difícil. O equipo mudou a maneira de xogar respecto á tempada pasada. Eu estou convencido de que imos facer unha segunda volta mellor que a primeira e eso colocaríanos cerca do cuarto posto. Non creo que vaiamos entrar no play off nin creo que ao club lle conveña xa que requeriría un esforzo económico importante que lastraría a campaña seguinte. 08 Ene 2020, 00:04 34.15
O que pasa é que eu non creo que se falte ao respecto á afección fichando os xogadores que se poden fichar co orzamento que hai. Pola contra, se se ficha máis alá do que permiten os ingresos si se estaría xogando coa ilusión da xente. Se o sentimento que move á grada do Couto dependera de xogar en 2aB ou 2a entón este club non tería sentido. Esa ambición desmedida e esa presión irracional por chegar a cotas para as que non se está preparados, nin económica nin estructuralmente, é a que empurra aos directivos a estirar os pés máis do que dá manta e acabar endebedando aos clubes. Se tés un mecenas como ten, por exemplo, o Racing de Ferrol, que ten o diñeiro por castigo e non lle importa poñer a pasta, perfecto. Senon ou acabas desaparecendo ou sendo rescatado por diñeiro público que debería ser empregado para outros fins. 06 Ene 2020, 14:50 87.46
Agmo, eu o único que dixen é que cando corresponda, os socios e socias deste club tomaremos as decisións que haxa que tomar. Mentres tanto, o Ponte representa eso que algúns piden: unha SAD que especula con xogadores de axencias en busca de pelotazos ao tempo que compadrean co poder fáctico da cidade para obter diñeiro público por moi diversas vías. Se o único que importa é a categoría na que xogas, acabas no Ponte. Se queres que o club sexa algo máis que eso entón hai que ter paciencia. Os mellores pratos cocíñanse a fogo lento ;-) 06 Ene 2020, 12:00 61.16
Parece que non nos sentou ben o turrón. A ver se contra o Arzúa podemos recuperar a senda da victoria e rematar a primeira volta con 29 puntiños. Logo na segunda volta habería que tratar de acadar os 45 puntos canto antes e a partir de ahí a desfrutar da terceira que é a nosa categoría polo momento e seguramente o será por uns cantos anos. Quen teña a ambición de ter un equipo en categorías superiores terá que cruzar o río. O Ponte case seguro que xogará o play off este ano e se ascende é posible que para o ano Concello e Deputación fagan como co COB e lles inxecten varios miles de euros. Así é como se fixeron as cousas en Ourense toda a vida. Hai que volver a explicarlle aos despistados que este club se fundou para facer as cousas doutra maneira. Para ter un club sostible que sexa o que os seus socios queiran na categoría que o deporte nos sitúe. Os socios decidimos que fora de accionariado popular. O día que haxa que tomar unha decisión ao respecto da nosa personalidade xurídica tomarémola democráticamente, con tranquilidade e responsabilidade, que para eso somos os donos do club. 06 Ene 2020, 01:39 -93.34
Currás dimisión! Berraban algúns cando o equipo non acababa de atopar unha versión aceptable de si mesmo. Pois parece que os resultados van empezando a sair e que o equipo vai para arriba, tal e como predecían outros. Bo Nadal! Para o ano máis e mellor! 22 Dic 2019, 18:58 18.23
O máis preocupante é o terreo de xogo. Vendo como vai o Miño, o campo do Couto vai ser un lameiro. 17 Dic 2019, 07:59 -146.61
Aqui houbo xente que sempre defendeu que había que ter paciencia co equipo. Faltaban por asentar algúns postos e encadear un par de victorias para gañar confianza. Agora o obxectivo ten que ser prolongar esta racha de resultados nos 3 partidos que restan da primeira volta ante rivais que están por debaixo de nós na táboa. Por certo, temos mancados xogadores importantes como Pedrosa e Presas que cando se incorporen aportarán un plus ao equipo. 14 Dic 2019, 20:24 60.02
Por fin conseguimos encadear 2 triunfos que nos permiten escalar postos na clasificación e ter xa á mesma distancia os postos de play off que os de descenso. Foi, tal e como se esperaba, un partido complicado nun campo impracticable. Sorte que non houbo lesións. O ambiente na grada foi exemplar, como sempre, pero esta vez foi unha lección de civismo e dignidade fronte ás calumnias dun medio de comunicación miserable. 01 Dic 2019, 23:21 -38.06
O partido será como dicides, moi complicado. O estado do terreo de xogo esixira un gran derroche físico a ambos equipos. Será un partido de moita brega, imprecisións e pouco fútbol. Coincido con Ourensanista69 en que nada me gustaría máis que unha grada repleta que se pareza a aquela da Estrada de hai 2 tempadas, na que as dúas afeccións nos mesturamos animando aos nosos equipos. 28 Nov 2019, 17:29 131.87
Por favor, non alimentemos aos trolls. Non veñen a intercambiar opinións. Só buscan molestar. 26 Nov 2019, 13:53 -72.30
Por favor, non alimentemos aos trolls. 26 Nov 2019, 13:27 -52.29
Que gran resposta da Peña Vedette Ourensanista á infamia da Región: https://bit.ly/2XLhDat 26 Nov 2019, 09:16 59.86
Vaia oh! Agora resulta que o xornalista de Faro non sabe se o puñetazo lle bateu nesa mandíbula que supostamente lle doía ou o esquivou 🤔 Se ninguén dos que estaba alí viu puñetazos nin cabezazos e o que supostamente levou o puñetazo agora non sabe se o esquivou... Está claro o que pasou. Como ben explicou Dacosta na RTVG, estes dous xornalistas están escocidos porque leva un mes sin collerlles o teléfono por motivos persoais. Como o impresentable de Garrote o atacou persoalmente nos medios, Dacosta encarouse con eles e ao da Región faltoulle tempo para ir aos medios nacionais con unha patraña de agresión física inventada. Como a Dacosta o levaron de alí e se fixo un tumulto pensou "aquí agora calquera cousa que invente vai colar porque todo o mundo vai empatizar coa víctima, que son eu" Peeeero, mala sorte. había moita xente alí e cando quixeron buscar alguén que apoiase a súa versión, todo o mundo lle dixo que non fliparan, que non lles pegara. O do Faro, polo visto, xa dixo alí "Bueno, pero es que no hace falta que me pegue para que sea agresión" efectivamente, houbo agresión verbal inaceptable do presidente da UD Ourense que se viu superado pola vileza destes xornalistas. O artífice desta pantomima foi Garrote, que dixo: o qué? Eu non perdo esta ocasión de facerlle dano ao que bauticei como UDO e que estou desexando que se afunda! E alá se lanzou a denunciar en twitter, un puñetazo e un cabezazo que inicialmente, no primeiro chío, lle dera na mandíbula, despois cambiou a debaixo da orella e finalmente no pescozo. Chamou aos medios nacionais, que sempre estarán dispostos a difundir unha polémica, e xa está montado o sarao. O xornalista do Faro viuse sin posibilidade de recuar e decidiu fuxir cara adiante. Eso si, ante a posibilidade de que apareza un vídeo (que alí en directo xa houbo quen lle dixo que tiña todo grabado) matiza as acusacións, non vaia a ser que lle caia unha querella por acusación falsa. 25 Nov 2019, 19:08 -52.29
Estou dacordo, pero é que Garrote xa se encargou de que saise a nivel nacional antes incluso de ir poñer a denuncia, que foi poñer cando se deu conta de que a liara parda. Agora a situación é comprometida porque por unha parte Dacosta debería sair a pedir disculpas polo que realmente pasou: que perdeu os nervos, que non debe repetirse porque é o representante dunha entidade, que foi un erro enfrentarse aos dous xornalistas e que lles pide disculpas,... pero por outra parte, non pode deixar pasar que Garrote se encargase de convertir o que foi un quentón en unha agresión que parece que ningún dos presentes viu (á espera de que aparezan testigos que non estaban alí que digan que viron un gancho de dereitas que podía deixalos no sitio, como fantaseou Garrote) nin tampouco pode admitir que La Región aproveite esto para mostrar o odio que lle ten ao que eles bautizaron como UDO. Por certo, se alguén xustificou públicamente a violencia foi o propio Pepe Garrote que nun dos enfrontamentos que tivemos co Bande, que o energúmeno que tiñan como adestrador se encargou de quentar, comentou que a un dos siareiros que increpou a un xogador do Bande lle caeron "un par de gorrazos que lle sentaron de vicio". (O vídeo circula polas redes). 25 Nov 2019, 14:27 109.86
Onde interpretas tí que eu xustifico a violencia? eso de que todos os que non se poñan a animar a Garrote xustifican a violencia é un argumento tramposo. Estar en contra da violencia non significa que un agredido pase a ser un santo.¿non é violento o artigo da redacción de La Región? ¿non busca claramente seguir violentando a situación? Por se algunha dúbida cabe, o que queira que fixese Dacosta, que algo fixo, foi un erro tremendo. É presidente dunha institución e debe controlar mellor os nervos. Seguramente esto lle sirva para aprender. Agora ben, que o xornalista que inmediatamente foi a contalo aos medios nacionais, odia á UD Ourense desde a súa creación e que non parou de agredir ao club desde que empezamos a nosa andadura é algo sabido por todos. Que sempre que temos un bache ahí está Garrote para intentar que non saiamos del tamén é algo público e notorio. Que a Región se despacha a gusto e deixa ben claro canto nos odia tamén porque se entendería que saise a defender ao seu colaborador e a condenar a Dacosta, pero pasáronse de frenada e acabaron agredindo dun xeito inaceptable ao club cunha serie de falacias que Damián desmonta moi ben. 25 Nov 2019, 13:17 59.86
Sublime a resposta en twitter de Damián, ex-directivo, ante a agresión ao club de La Región: @LaRegion Ante un artigo de opinión publicado nese diario, que por certo non está asinado, como reacción á presunta agresión sufrida por un colaborador dese medio, @PepeTilve, véxome na obriga de facer as seguintes puntualizacións... debido a que no mesmo se ataca ao club, @UDOurense2014, en base a esas, insisto, presuntas agresións. E fagoo como socio fundador e como ex directivo do club. Falase de que nunca lle chegamos nin á sombra do escudo. Sabemos que nunca lle chegaremos á sombra do escudo... nin nunca o pretendimos. Nacimos co obxectivo de honrar a un club que nunca debeu desaparecer, como ben din, pero alomenos nós loitamos para que non desaparecera, o que nunca se fixo dende ese medio, que nunca se implicou para evitalo... Nese artigo dise que dende a fundación do club foi escorándose hacia o lado dos violentos. ¿A qué se refire esta falacia?, ¿cando foi este un club violente?, ¿cando os seus seareiros se comportaron con violencia?... aínda lembro as provocacións de certo adestrador que aguantamos estoicamente e que deron a volto ao mundo, sen que nese medio e sen que ese colaborador criticaran como se merecía tal provocación. Eso tamén era violencia... Tamén se di no artigo que o club ten en cinco anos demasiadas manchas no informe. Non menciona ningunha, é fácil calumniar sin aportar ningún dato. Non dubida en criticar os éxitos deportivos logrados ante equipos amateurs con orzamentos insultantes e subvencións exclusivas... Pois claro que estamos orgullosos de lograr catro ascensos consecutivas e dúas Copas Deputación. Lográmolos sobre o campo ante equipos tan amateurs como o noso, cos recursos que conseguimos xerar e co apoio da afección. E sí, tiñamos unha subvención nominativa da Deputación... que non chegaba para pagar os campos de adestramento que se nos negaron dende o concello de Ourense. Un trato discriminatorio e inxusto que dende ese medio e por ese colaborador nunca se criticou... Tamén se di que estamos superados por rivales ourensáns que nos superan estrutura, orde e criterio. Parece que están buscando o enfrontamento cos outros equipos ourensáns, que polo de agora militan na mesma categoría que nós, 3ª división... non coñezo suficientemente a estrutura deses clubs para opinar se nos superar ou non. Só coñezo o caso doutro equipo da capital que dispón case en exclusiva dunhas instalación municipais como se fosen propios, esquecendo que son de todos os ourensáns... Así é fácil ter una estructura montada, aínda que despois de ter nós tan só cinco anos de vida xa estamos ao mesmo nivel deportivo, tanto no primeiro equipo como na base. Séguese a atacar ao club calificándoo de acomplexado e sinalando que a nosa base social reduciuse á metade... sabendo que temos máis de 1.500 abonados e que O Couto só respira fútbol cando nós xogamos na casa. En fin. Lamentable artigo que deixa ao descuberto o odio que se lle ten á @UDOurense2014 dende @LaRegion, e que levan 5 anos acumulando e que agora expulsan como cans rabiosos... non doblegarse ás súas pretensións é o que ten. Pero orgulloso que me sinto delo, como de ter sido membro dunha gran xunta directiva, chea de excelentes persoas que foi quen de levar adiante un proxecto que para algún nesta cidade é un máis que una pedra no zapato e que están... tratando de afundir. Agora toca máis que nunca estar unidos e seguir apoiando a este club. Os nosos inimigos non van a parar na súa teima de acabar coa @UDOurense2014. E, por suposto, estou en contra de calquera tipo de violencia. Tamén desta violencia verbal que ataca a un club no seu conxunto por presuntas accións individuais. FIN. 25 Nov 2019, 12:03 109.86