Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Perdes o control do aforo porque se deixas entrar varias veces coa mesma entrada ou o mesmo carné pode sair unha persoa con varias entradas no bolsillo e colar a xente que non pagou nin foi contabilizada. 16 Sep 2018, 14:50 163.29
De favores nada. Son as axudas da dúas anteriores tempadas, que estaban ainda sen cobrar (18.000 + 25.000). Só por poñer un exemplo, o Nogueira de Ramuín recibiu 19.000 € para a tempada pasada e só tiña o equipo de preferente e un par de equipos na base. A Unión Deportiva Ourense tiña o ano pasado 12 equipos na base e máis o feminino. 15 Sep 2018, 23:38 256.74
Estamos en 3ª división. Ata o de agora o club estaba a ser moi permisivo no que a medidas de seguridade se refire. Este ano é previsible que en máis de un partido se encha a tribuna. Se deixas sair a xente e volver a entrar coa mesma entrada é fácil que se che cole unha morea de xente e perdas o control sobre o aforo. No partido contra o Ponte a Policía nacional convocou a ambos clubs e deulles unha serie de normas que deben cumplir se non queren ser sancionados e unha delas é a de non deixar sair e volver a entrar coa mesma entrada. Se non se cumplen esas normas pode haber sancións importantes e o club non se pode arriscar. 15 Sep 2018, 21:31 181.88
Vexo moito optimismo... A mín das dúas veces que nos enfrontamos ao Lugo B pareceume que teñen moi bó equipo. Poida que poidamos aproveitarnos das súas urxencias, pero paréceme que será un encontro igualado. 13 Sep 2018, 16:43 172.87
Máis que os grandes da terceira, diría eu que saben cales son os equipos que poden levarlles a Lugo varios centos de persoas que non caben en calquera campo. Por eso eu creo que está xustificado que o Ponte xogue no Couto contra a UD Ourense ou mesmo contra o Arenteiro, pero para o resto de partidos paréceme que lles sobraría a grada de Oira. O céspede do Couto non está para tirar cohetes e ter partidos todos os domingos non axuda. 11 Sep 2018, 00:22 148.66
¿alguén sabe por qué o Lugo B empeza a competición xogando 4 partidos fora? paréceme moito lastre estrenarse na categoría enfrontándose a Compostela, Arosa, Racing de Ferrol e UD Ourense fora da casa. Chega ao Couto con 8 goles en contra, 1 a favor e 0 puntos. Nós, evidentemente non imos ter piedade e tentaremos gañarlles por primeira vez, pero non me parece normal comezar a liga con 4 partidos fora da casa. 10 Sep 2018, 17:28 172.68
Seguimos sin poder disputar 90'... Sobre a seguridade... O control sempre resulta un incordio, pero eu penso que nesto é mellor pecar por exceso que por defecto. Sobre os primeiros 45 minutos... Creo que o partido empezou con moito respecto e moito medo a perder por parte de ambos equipos. No final da primeira metade o Ponte empezou a achegarse á portería de Pato. Sigue o Ponte con 0 puntos que pesan como unha lousa no aspecto psicolóxico. 09 Sep 2018, 16:44 222.94
Chegou o día! F O R Z A O U R E N S E ! ! ! 08 Sep 2018, 13:25 705.99
Gañará quen teña que gañar, pero a cidade respira Unión Deportiva Ourense! Vamos!!! 08 Sep 2018, 04:47 203.91
Os de La Región foron á Rúa do Paseo a preguntar cal era o equipo da cidade. Puxeron todo da súa parte para que fose unha enquisa que axudase a despexar esa dúbida que só teñen eles. Xa é mala sorte que a metade da xente que atoparon non era futboleira e nese estracto todos dicían que o que lles sonaba era CD Ourense (que desapareceu fai 4 anos, pero non se enteraron). Polo visto, a outra metade respondeu a UD Ourense. Estiveron ata altas horas da madrugada a ver se atopaban a un atrevido que dixese que o equipo da cidade era o Ponte, pero como non apareceu, colleron a un despistado e puxeron na súa boca que se estamos en Ourense o equipo será FC Ourense. 07 Sep 2018, 11:59 203.91
Qué gran reportaxe da galega! Como saben que o derbi do Miño se xoga a semana que ven chámanlle ao do sábado o derbi das Burgas e logo adican a maior parte do tempo aos nosos ascensos e a explicar o que é o noso club. Do OCF prácticamente o único que dín é que antes era o Ponte Ourense e que se cambiou de nome cando desapareceu o CD Ourense. Un aplauso para os deportes da galega e forza Ourense! http://www.crtvg.es/informativos/amp/derbi-historico-no-couto-ourense-c-f-u-d-ourense 06 Sep 2018, 21:22 203.91
O OCF vai levar moita xente ao campo. Hai precedentes de Cidade da Burgas vs Envialia no que, a pesar de non haber incidentes reseñables, si houbo tensión. Habilitar unha grada para cada equipo non costa nada e evitaría o risco de incidentes. Penso que o Ponte debería explicar por qué quere mesturar as aficcións. 06 Sep 2018, 17:07 71.44
Non sei como non se lle ocorreu ás forzas de seguridade esa medida tan simple que consiste en: quen non sepa respetar as normas que se quede na casa! Fan falta máis mentes pensantes así! Capaces de buscar solucións simples para problemas complexos. 06 Sep 2018, 16:07 172.56
qué vos parece a decisión do OCF de mesturar as dúas aficcións nunha mesma bancada? Non sería máis intelixente poñer cada unha nunha bancada? Non se entende que nun partido de gran rivalidade como vai ser este non se tome unha medida de seguridade tan simple como esa. 06 Sep 2018, 15:46 172.56
Presas e Fondevila poderían enfrontarse ao seu ex-equipo. Se algún deles marca ¿celebrarao? Nota: Se alguén non sabe o que é un troll pode buscalo en google. 06 Sep 2018, 14:06 172.56
Non alimentedes o troll... 06 Sep 2018, 12:37 172.56
Eu non alimentaría ao trol que só busca quentar o foro. A aficción ourensanista leva percorridos os campos da provincia cun comportamento exemplar en todos eles. O ano pasado foi maltratada en Atios por un presidente que non estivo á altura e mesmo así acabou ovacionada e ovacionando á aficción rival. A Federación recoñeceu o seu mérito cun premio máis que merecido. Este partido non é máis que fútbol. O ourensanismo non necesita demostrar nada que non teña demostrado xa nestes catro anos de sentimento e paixón. Enchamos o noso estadio de vermello e que gañe o mellor. Forza UD Ourense!!! 05 Sep 2018, 19:29 203.91
Supoño que por ignorancia o Ourense CF adoptou o hashtag #oDerbiDoMiño para o partido do sábado. Resulta ridículo, xa que o derbi do Miño foi toda a vida o COB vs Breogán ou o CD Ourense vs CD Lugo. É dicir, Ourense vs Lugo. O hashtag escollido pola UD Ourense é moito máis acertado #DerbiDasBurgas. O #DerbiDoMiño é a semana que ven: UD Ourense vs Lugo B. 05 Sep 2018, 00:03 172.56
Ao Lugo B tocoulle un debut en terceira complicado. Compostela, Arosa e Racing de Ferrol, 3 dos equipos chamados a estar na zona alta da táboa. Na cuarta xornada visitaranos no Couto, que tampouco lle vai ser un partido doado (ainda que nesta liga partidos doados parece que non vai haber moitos) 03 Sep 2018, 22:36 638.42
Insisto. Non se vai poder escoller bancada. Ata que se encha Tribuna non van abrir Preferencia. 03 Sep 2018, 22:29 148.41