Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Cando digo xogadores con proxección refírome a xogadores que ainda non demostraron que teñen nivel, pero todo apunta a que poidan acadalo se se confía neles. O fútbol é hoxe un mercado especulativo no que se aposta antes por un xogador do Congo que por un de Cambeo porque o do Congo ten un axente detrás que move 100 xogadores como ese e con que 1 chegue a asinar un bó contrato lévase un pastón (tanto o axente como o club), mentras que co de Cambeo non se pode especular porque o coñece todo o mundo e é ben fácil contactar directamente con él sin necesidade de especuladores intermediarios. Non é o caso de Noguerol, que é ourensán, coñecido e contrastado. O caso de Noguerol é que ten 33 anos e para o ano que ven terá 34. Sobre esa idade, polo xeral, os futbolistas baixan moito o seu rendimento. Xa dixen que non sei cal é o nivel de Noguerol porque é certo que hai Donatos ou Rivaldos que parece que se retiraron por aburrimento. Tamén digo que non é o mesmo ter a un xogador na túa plantilla que ves que sigue aportando a pesar dos anos que fichar a un xogador con 34 anos para ser peza clave dun proxecto. Eu escoito falar de fichar a Portela, Borja Yebra, Rubén Arce,... que estaban no CD Ourense e hoxe siguen competindo en 2ªB e 3ª e penso ¿levamos 4 anos sin descubrir novos talentos futbolísticos na provincia como para ter que fichar xogadores xa ben entrados na trintena? Non meto nese saco a Vieytes nin a Alfredo, que a pesar de ser futbolistas veteranos teñen 28 e 30 anos respectivamente. 09 Feb 2018, 10:27 52.37
Non sei a que nivel estará agora Jaime Noguerol, pero con 33 anos igual o seu ocaso futbolístico está cercano. Eu penso que o club debe apostar por xogadores xóvenes da provincia con proxección. Négome a pensar que coa cantidade de equipos de futbol base que hai na provincia non haxa máis xogadores como Carlos, Xoel, Pousa,... Se a Unión Deportiva Ourense quere ser o equipo de referencia na provincia ademáis de ser o club de fútbol con maior masa social debe ser o equipo no que os xóvenes talentos de Ourense atopen a súa oportunidade. En calquera caso, non creo que sexa ainda momento de falar de fichaxes. Esta semana xa recuperamos a Germán, Codeso e, seguramente, Omar. Cando recuperemos a Fran Martínez, Alfredo e Durán, esperando que non se lesione ningún máis, teremos a plantilla prácticamente ao 100% e é unha plantilla capaz de todo. 08 Feb 2018, 09:35 79.08
Podemos especular todo o que queiramos, pero o que lle pasara o ano pasado ao Arenteiro non sirve para tratar de aproximarse ao que nos pasará a nós este ano. O ano pasado nesta xornada, o OCF estaba a 6 puntos do Arenteiro, que era segundo e acabou 1 punto por enriba ¿e qué? o único que ven a mostrar eso é que é imposible saber agora mesmo o que vai pasar. Postos a especular, especulemos coas próximas xornadas: temos agora 2 rivais complicados: recibimos ao Porriño e visitamos ao Beluso. Bande visita ao Nogueira e recibe ao Gondomar. Mentres que Estradense recibe ao Caselas e visita ao Nogueira. Pero dentro de 3 xornadas enfróntanse Grove e Sanxenxo, o Bande visita Moaña e o Estradense recibe ao Porriño. Vamos intentar encadear 3 triunfos e a ver que fan os que van por diante ;-) 02 Feb 2018, 13:41 118.26
As victorias fora valen o mesmo que no Couto. Non estamos tendo bos resultados fora, pero compensámolo no Couto onde a traxectoria é case inmaculada. Seguro que chegarán victorias fora, pero tamén poden chegar derrotas na casa. Estamos nunha boa posición para loitar polo ascenso e polo título de liga e o importante é manterse ahí e aproveitar calquera ocasión que se presente. 02 Feb 2018, 11:06 118.26
A mín gustaríame saber qué é o que ten que dicir Fernando Currás para contentar a todo o mundo. ¿qué diriades vós se pasarades toda a semana preparando un partido e logo chega o domingo, márcanche un gol na primeira xogada, os xogadores botan todo o partido remando para intentar remontar e ao final consiguen rescatar 1 punto que pode ser providencial a final de liga? Cando eres o adestrador dun club como este hai moita xente que está esperando a que salgas ahí e con poucas palabra calmes a súa frustración, pero o certo é que case nada do que digas vai servir. O único que sirve é seguir traballando toda a semana e sair ao domingo seguinte coas mesmas ganas de darlle á aficción o que realmente quere: 3 puntos e, se pode ser, un recital de fútbol. O domingo hai que gañar como sexa, pero se non se gaña, que o Porriño vai poñer todo para que asi sexa, pois non hai que vir aquí e dramatizar como se fose imposible remontar 6 puntos. Faltan 16 xornadas e o Bande, en tan só 5 xornadas pasou da 4ª plaza á 2ª sacando 5 puntos máis que nós, 4 máis que o Estradense e 2 máis que o Moaña. Ademáis, despois de remontarnos 4 puntos en 2 xornadas por 2 empates nosos, á seguinte xornada perdeu e volvémoslle recuperar 3. Con esto só quero facer ver que si, que falta moito, que poden pasar moitas cousas e que o normal é que ao final nós estemos arriba porque temos unha moi boa plantilla. O que pase finalmente xa se verá. 01 Feb 2018, 13:46 118.06
En esto do fútbol todo depende de onde poñas o foco. Se miras os últimos resultados parece que o equipo está en crise. Nos últimos 8 partidos: 1 derrota, 2 victorias e 5 empates(11/24 puntos). É evidente que non é unha boa racha, pero esto é unha carreira de fondo e, por uns motivos ou por outros, todos os equipos sufrimos altos e baixos. Como curiosidade, dicir que neses últimos 8 partidos, con todo, recurtamos 1 punto ao Estradense (10/24 puntos), o problema é que nos apretan os de abaixo Bande (16/24 puntos), Moaña e Grove (17/24 puntos). Ninguén pode garantir que vaiamos ascender porque poden pasar moitas cousas, pero se eu tivera que apostar agora mesmo por un equipo, xa non para ascender, senon para gañar a liga, apostaría polo Ourense. Respecto a se o equipo ten marxe de mellora: eu teño claro que si. O último partido que xogou Fran foi o 6 de decembro contra o Ribeiro en copa. Leva case 2 meses lesionado e perdeuse 6 partidos. Penso que é unha ausencia importante porque aporta moito en ataque. Unai e Adrián acaban de recuperarse tamén de sendas lesións. Omar leva case toda a tempada tocado e sería un luxo poder contar con él de cara a un final de campaña que se presume apretado. Estou de acordo en que lonxe do Couto hai que procurar ser pragmáticos. De todos os partidos fora nos que perdemos puntos empezaron marcando os rivais (excepto en Pontellas que nos remontaron con 2 goles en 4 minutos 72' e 76' e logo sentenciaron no 90'). Valladares, 1-0 (10'); Alertanavia, 1-0 (13'); Campo Lameiro, 1-0 (52'); Mondariz, 1-0 (27'); Sanxenxo, 1-0 (26') e Caselas, 1-0 (2'). Excepto Campo Lameiro, todos se adiantaron antes da media hora de partido. Esto parece significativo. Hai que sair a aguantar o arreón inicial dos rivais e deixar que o partido vaia madurando confiando en que temos varios xogadores capaces de desequilibrar en calquera xogada. Hai que pensar no próximo partido contra o Porriño, que é un rival de nivel e váinolo poñer moi difícil no Couto. 29 Ene 2018, 14:03 103.24
Na acta do partido da Federación o resultado é 5-0 28 Ene 2018, 23:48 12.59
As contas fanse ao final da tempada, pero está ben que inchedes o peito na Baixa Limia. Este fin de semana tócavos, pero ainda ha cambiar o aire varias veces de aquí a maio. 28 Ene 2018, 20:43 12.38
Non me gustan as análises en quente desde a frustración. Unha victoria hoxe resultaba moi apetitosa e non pudo ser. ¿de qué sirve buscar culpables? Ter unha aficción como a do Ourense é un luxo, pero tamén supón moita presión. Estou de acordo en que Julio merecía unha oportunidade hoxe, pero eu non estou nos adestramentos nin no vestiario. Sempre se poden buscar motivos para meter a un ou outro xogador, pero ¿alguén pode garantir que o resultado sería outro se cambiasemos o 11 inicial? hoxe había moitísimas baixas e moi importantes. Foi unha xornada negativa, pero non é para desesperarse. As cousas aprétanse porque estamos nunha categoría na que case calquera equipo che pode quitar puntos e todos queren estar na pelexa. O positivo é que ese gol de Germán no desconto mantennos 1 punto por enriba de Moaña e Grove e recurtamos un punto ao líder que xa só nos saca unha victoria e o goal average témolo a favor. Hai que seguir apoiando ao equipo e confiando en que somos mellores e na recta final imos demostralo. Forza Ourense! 28 Ene 2018, 20:26 102.98
Xoel marcou hoxe o gol da victoria cos xuvenís para impoñerse por 2-1 ao Pabellón C e colocarse líder do play off polo título. A ver se pode marcar mañá tamén como cando marcou no Couto, que o día anterior fixera 2 goles cos xuvenís. 28 Ene 2018, 01:05 48.83
Esta xornada preséntase emocionante porque se enfrontan 1º vs 4º e 3º vs 5º Eu creo que os mellores resultados neses enfrontamentos para a UD Ourense sería 2 empates. Logo, se conseguimos gañar en Caselas, nunha sóa xornada recurtariamos 2 puntos ao líder e e poñeriamonos a 3 puntos dos 3 perseguidores. Pero hai que fixarse tamén en Porriño, Sanxenxo e Atios, que poden aproveitar esta xornada para achegarse aos postos de promoción. En canto ás baixas, parece que non recuperamos a ninguén. Estamos completamente en cadro. Imos ter que apostar por un centro do campo contundente, poida que con Vieytes e Germán no medio e Carlos e Unai en bandas con Xoel e Hugo arriba. 26 Ene 2018, 14:28 74.68
Eu penso que o Estradense plantexou un partido intenso en defensa buscando precisamente o que pasou: un partido sin prácticamente ocasións claras de gol. Dito esto, cun árbitro menos permisivo rematarían a primeira parte con varios cartóns que non viron. Eles tiñan unha consigna clara, a presión tras perda tiña que ser asfixiante e en algunhas xogadas pasáronse de frenada. A Durán fixéronlle 2 entradas brutais no inicio do partido que eran ambas merecedoras de cartón. Os agarróns por detrás tampouco foron sancionados como corresponde. Na segunda metade Hugo baixa a recuperar un balón na banda esquerda en campo propio e cando supera ao xogador do Estradense para iniciar o contragolpe é agarrado por detrás sin a correspondente sanción disciplinaria. A miña impresión, seguramente subxectiva, é que esto nos ven pasando durante toda a tempada. Demasiada permisividade que perxudica sempre aos equipos de maior calidade. En calquera caso, hai que felicitar ao Estradense porque fixeron un moi bó partido e demostraron por qué son líderes destacados da competición. Respecto ás baixas,... tiñamos 6 xogadores apercibidos e foron ver cartón os 3 que, na miña opinión, están entre os que máis aportan ao equipo. Baixas moi importantes coa complicación de que se producen xuntas. Agora é cando se vai demostrar que este equipo está feito para ascender e que os que xogan menos van ser capaces de competir a un gran nivel. Parece que Fran pode chegar ao domingo en condicións de xogar e sería unha fantástica noticia. 23 Ene 2018, 13:27 74.68