Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
O partido será ás 18:30. A galega xa o anunciou onte. O das entradas a 10 € e que se venderán de tribuna ata que se encha e logo se empezarán a vender de preferencia ao mesmo prezo provén de fontes oficiais. O dos 15 € e que nos ían mandar a preferencia non foi máis que un bulo que se comezou a difundir xa a semana pasada. Gústanos darlle credibilidade porque reforza a idea de que os da Ponte nos odian a morte e que van facer o posible por fastidiarnos, pero insisto, fontes oficiais están dicindo que eso non vai ser así. Sobre o fútbol que practica a Ponte... a mín non me gusta, como tampouco me gustaba o do Bande, pero eso non quere dicir que non sexa un equipo competitivo que perdeu pola mínima ambos partidos. 03 Sep 2018, 21:02 148.41
Moita xente comentaba hoxe no Couto que, despois de tantos anos como abonados do CD Ourense e agora da UD Ourense, vaise facer raro ter que ir ao portelo a mercar unha entrada para un partido de liga. Moito se ten especulado estes días, pero parece que o prezo das entradas será 10 € en tribuna e se se enche esta bancada abrirase preferencia ao mesmo prezo. Os da Ponte chegan tocados con cero puntos de 6, pero en ambos partidos competiron a un bó nivel así que será un encontro igualado no que desexo que reine a deportividade. 03 Sep 2018, 00:22 203.88
Durán sacou o mellor de sí en todos os partidos de nivel demostrando por qué xogou en segunda división. Él adáptase. Canto mellor é o rival mellor xoga Durán. É importante gañar ao Somozas e ao OCF para que a xente se ilusione co equipo e as ringleiras para facer abonos chegue ata o Panchito ;-) 28 Ago 2018, 10:03 107.68
O equipo ten boa pinta. Hai competencia en todos os postos e eso é esencial para que ninguén se relaxe e para poder dar descanso a xogadores e non sufrir demasiado cando comecen as lesións e as sancións. Tanta é a competencia que Alfredo, un dos máximos goleadores do ano pasado, igual ten que pelexar por entrar como lateral esquerdo e Fran Martínez, un xogador dunha calidade incuestionable, xogou en Atios de lateral dereito e, como cumpliu, pode ser este ano o noso Sergi Roberto: un lateral ao que lle podes pedir o que queiras. 17 Ago 2018, 14:14 143.35
Dacoba ten que manter os pés no chan, porque cando un xuvenil se vai ovacionado dun partido de pretempada poden pasar 2 cousas: que pense que o entrenador a partir deso terá que contar con él ou que pense que todos os que están ao seu redor xa pasaron por onde pasa él agora, xa deslumbraron, xa xogaron en categoría nacional e levan anos demostrando a súa valía. Si. Dacoba apunta maneiras, pero paréceme que ten moito que demostrar ainda. 12 Ago 2018, 17:12 76.26
Pois eu estiven na Peroxa. Volveu marcar Isma e xa son 5 na pretempada. Tamén asistiu a Adrián no primeiro do partido e cazou un balón morto na área que foi ao longueiro. Nunca se sabe, pero penso que este rapaz ainda non tocou teito e que a terceira váiselle quedar pequena. Cando o balón pasa por él a xogada acelérase e ten unha facilidade especial para ver porta. O Peroxa non foi rival para os nosos, pero tamén tiven a sensación de que Adrián cada día se vai sentindo máis cómodo. Onte foron 3 goles e 2 asistencias nas que demostrou ter moi boa visión para as incorporacións de Presas e Joni meténdolles dúas asistencias ao oco que en ambos casos os deixou sós diante do gardaredes. Outro que mostrou as súas credenciais foi Soto, o xuvenil que veu da Ponte. No pouco tempo que estivo no campo participou bastante no xogo con asistencia incluída, logo dunha habilidosa penetración na área, para que Isma fixera o 0-5. O equipo pinta ben e creo que vai haber unha competencia feroz en case todos os postos, o que lle permitiría a Currás facer rotacións e manter a toda a plantilla enchufada e fresca de cara ao tramo decisivo. O sábado a ver como competimos con dous rivais da nosa categoría que aspiran a estar nos postos de arriba. Pase o que pase tampouco se poderán sacar demasiadas conclusións, pero seguro que o triangular non deixará a ninguén indiferente. 10 Ago 2018, 10:33 -88.05
Ourensanista, alguén che está impedindo expresarte? por qué apelas ao dereito á liberdade de expresión? acaso che faltei tan sequera ao respecto co que dixen? Xulgar ao equipo polo primeiro partido de pretempada paréceme moi atrevido. Respecto a Isma, non só fixo doblete nos partidos da Estrada e Polígono, senon que cando o balón pasa por él a xogada mellora. Tanto na Estrada como onte foi entrar él ao campo e sucederse as ocasións. A tempada pasada tivo poucos minutos, pero no partido contra o Polvorín xa demostrou que é un xogador explosivo, con calidade e con gol. Penso que se ten cabeciña pode acabar mandando ao banco a algún dos "maiores". 08 Ago 2018, 09:04 112.47
"O plantexamento do partido foi UN FRACASO por onde se mire. Celta b superior e moito máis rodado, iso é outro tema. Mais a imaxe do equipo foi, realmente patética salvo algunhas accións de Josu, Frodo e Arce. Mal comezo para captar socios. Esperemos melloría de 180 graos" Ler esto despois do primeiro partido de pretempada do equipo é sorprendente. En 90 minutos contra un equipo que o ano pasado optou ao ascenso a 2a división e que é a canteira dun equipo de primeira xa se sacan unhas conclusións catastrofistas incomprensibles. Cando o ano pasado viñeron mal dadas dixen que había que saber canalizar a frustración, pero sair frustrado do primeiro partido cunha semana de entrenamento e con medio equipo novo... Eso pode ser un récord. Eu, a pesar do resultado, vinlle moi boa pinta ao equipo. Os goles chegaron de erros propios da falta de rodaxe que se os cometes contra un equipo moi superior convírteos en gol. Paciencia que esto está empezando e non se poden sacar conclusións do primeiro partido de pretempada. 02 Ago 2018, 17:06 -57.93
Paréceme que é de resaltar que unha xornalista escriba esto: "Ahí tiene a la Unión Deportiva Ourense, el club heredero del Orensedetodalavida que acaba de regresar a las categorías del fútbol nacional y está a solo un paso (aunque menudo paso) del que fue su hábitat natural, la Segunda B" "... el cuarto ascenso en cuatro años, la escalada consecutiva de la UD Ourense, encierra un mensaje que va mucho más allá del fútbol y que resulta especialmente esclarecedor en una sociedad subvencionada y subsidiada como la nuestra. La lección que nos da esa gesta deportiva -aunque pueda parecer que no es una gesta llegar a Tercera- es que se puede volver a empezar. Se puede comenzar de cero. Se puede librar uno de ataduras, de esclavitudes, de servilismos. Un proyecto histórico se puede morir pero puede resucitar. Lo demostró este equipo cuando tocó fondo para, a partir de ahí, empezar a subir. Lo hizo con una directiva formada por los que animaban las gradas y agitaban la bandera. Con jugadores y entrenadores de casa. Con la afición, la que paga la entrada. Con los medios a su alcance. Sin pájaros en la cabeza. Y logró resolver la ecuación del deporte ourensano, esa que en tantas ocasiones necesitaba del factor de las administraciones para despejarse. La UD Ourense, simplemente, decidió ser un equipo de los socios y no de los políticos. Y en este rincón en el que vivimos lograr eso, y además ascender, es mucho más que una victoria." https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2018/06/03/resolver-ecuacion-deporte/0003_201806O3C4991.htm 03 Jun 2018, 14:47 134.95
Por supostos que o Estradense non é responsable das declaracións do seu xogador. Só mencionei o club para poñer as declaracións en contexto. Que mensaxe tan emotiva a de Xesús. Ese tipo de sentimentos tan ben expresados son os que dan sentido ao proxecto da UD Ourense. Se a xente quixo este club en 3a rexional ¿vai deixar de querelo porque bote os anos que faga falta na 3a división? 29 May 2018, 23:25 62.88
Hoxe Vieytes lembra no twitter esta entrevista a Juanito, do Estradense, cando na previa da xornada 31, marchaban líderes a 6 puntos de nós, que eramos 3º empatados a puntos co Porriño, que era 4º, xusto despois de desperdiciar a oportunidade de meternos en plaza de ascenso ao empatar no Grove no partido que tiñamos aplazado... -Ascenso, ¿sí o no? -Vamos a ascender y además vamos a ser campeones de liga salvo una hecatombe que no se va a producir. El resto de equipos que nos persiguen están cagados, en una temporada donde el nivel está siendo bajo en este grupo de Preferente. El otro día acudí a ver el partido entre el Grove y el UD Ourense, que no pudieron ganar a los locales a pesar de que tenían siete bajas importantes, a pesar de ser un equipo a base de dinero y fichajes no pudieron ganar. https://bit.ly/2smz0z7 Dos 24 puntos que faltaban por xogar, o Porriño e máis nós, conseguimos 22 frente aos 8 que conseguiu o equipo do iluminado. Fai falta ser cafre para, sendo futbolista, cuspir para arriba desa maneira! 29 May 2018, 17:28 189.78
Xa dixen que non sabía se o das bandeiras e as mazas se subsanara despois, pero alégrome de que as queixas do noso presidente polo trato desigual tivesen efecto. Por certo, os descendidos de Preferente son: Ribeiro, Nogueira, Erizana, Gondomar e Campo Lameiro, quedando o Caselas á espera de que ascendan Compostela e Vilalbés (xa que Bergantiños e Alondras xa quedaron eliminados da loita polo ascenso) 28 May 2018, 11:51 62.88
Que gran batalla a de onte!!! Un partido moi físico nonque os nosos tiveron que dalo todo para contrarestar o poderío físico do Atios. Hai que facer un recoñecemento á aficción, que é a base deste proxecto; aos patrocinadores, que coas súas aportaciós o fan posible e quixeron poñer autobuses para desplazarnos a Atios; aos xogadores e corpo técnico, que traballaron duro durante toda a tempada e soportaron a presión nos malos momentos; ás persoas voluntarias que traballan todo o ano desinteresadamente; sobretodo á directiva por asumir a responsabilidade con cada decisión sin recibir a cambio nada máis que a satisfacción de facer o que fan e que moitas veces non se lles recoñece e algunhas persoas incluso desprezan o seu traballo pedindo dimisións ante o máis mínimo contratempo. Respecto ao trato recibido en Atios... Penso que hai que diferenciar entre a directiva, que non estivo á altura dun encontro deste nivel, e a aficción que, efecticamente, permaneceu na grada asistindo á celebración do rival e foi ovacionada por eso respondendo do mesmo xeito e coreando o nome de Ourense. A directiva no estivo á altura, pero hai que ser xustos: a situación era difícil. O reparto das entradas foi mal explicado porque pretendían quedar de magnánimos dicindo que nos cedían a metade do aforo e eso viuse que era mentira. Por outra parte o trata dispensado polas forzas de seguridade (o presidente do Atios é garda civil) foi desigual. Se un encontro é de alto risco hai que cachear a todos, non só aos do Ourense. Comprobaban as entradas como se foramos a fotocopialas e pola porta que entraban os do Atios poñíase a alfombra (moitos ourensanistas entraron por alí porque conseguiron a entrada en Atios) As bandeiras do Ourense foron todas requisadas mentras que na grada do Atiis se vían ondear. O mesmo coas mazas dos bombos: mentras requisaban as nosas na grada de Atios podiase ver como presumían da súa. Non sei se esto se subsanou despois, pero o trato desigual fire. O único que importa é que somos o único club de accionarado popular de Galicia e xa estamos en 3a división. Forza Ourense!!! 28 May 2018, 09:14 258.71
Academia Postal e COSAGA poñen autobuses gratis (3 e se son necesarios 4) para desprazar á aficción do Ourense a Atios. Este club é especial desde o seu nacemento, pero agora percíbese que está a punto de dar un salto importante. Os patrocinadores volcados, os bares anunciando que televisarán o partido, a xente no supermercado, no ximnasio, no traballo, no taller,... en todas partes se fala do Ourense. A cidade e a provincia sinte o latexo do equipo e os corazóns de todos acompásanse para acompañalo. Ourense respira fútbol!! 24 May 2018, 18:02 216.86
son o único que ten a impresión de que o xornal impostor de Ourense vai do Atios? http://www.laregion.es/articulo/deporte-local/atios-habla-otra-cosa/20180523231507795411.html Onte ringleiras no Couto cos directivos agardando o seu turno como un socio máis, pero para este xornal a información estaba en Atios, equipo ao que lle adica un amplo reportaxe... No pecado vailles a penitencia. 24 May 2018, 11:00 203.84
Jaime Nandez, a verdade é que se agradece que un directivo do Atios dé a cara. Desde a directiva do Atios repetides unha e outra vez que non estades obrigados a poñer ningunha entrada a disposición do equipo rival. Poida que así sexa, pero pasariades á historia como o equipo máis antideportivo do país porque seguramente non se atoparía precedente a tanta mezquindade. Sairiades en todos os informativos nacionais e se logo non consiguirades o ascenso... non é posible que pretendades quedar ben con ese discurso. Tamén é revelador que tiveras que ir agora a contar os asientos das bancadas ¿cómo fixestes para calcular o aforo? Mira, eu teño claro que a nós nos limitades a 300 e vós ides vender tantas como poidades. Se derades vendido 1000, 1000 venderiades. En Atios ninguén que queira ir ao partido vai quedar sin entrada. O que molesta da vosa actitude é que queirades quedar de bós, humildes, currantes,... Non é tan grave que queirades asegurarvos de que non sodes minoría nun duelo de tanta trascendencia na vosa casa. O que resulta desagradable é que queirades quedar ben. Gustaríame saber qué pasaría se chegaramos a este partido sin que vos xogarades nada. Estou seguro de que nos diriades: a 8 € vide os que queirades. 23 May 2018, 19:14 131.77
Eu non entendo eso de que só van poñer entradas á venda para os seus socios. Se son socios non necesitaran comprar entrada ¿ou é o día do club? 23 May 2018, 11:25 162.03
Ninguén critica que se queira garantir a seguridade. O que se critica é que se estableza un aforo arbitrario. En calquera caso, afastándonos da frustración, o certo é que a importancia de todo esto é moi relativa. Ao igual que no caso do Erizana, cada un na súa casa utiliza todo o que está na súa man para tratar de igualar as forzas. O único importante é manter aos xogadores afastados da polémica e centrados na en prepararse para as situacións que van vivir o domingo. Como xa dixen, este duelo gañarao o equipo que mellor xestione as emocións. 23 May 2018, 10:37 162.03
Os do Porriño Industrial dín que o Lourambal ten un aforo de 2000 persoas e trátase dun campo municipal que se atopa a tan só 4 Km escasos do campo de Atios polo que non debería haber problemas para xogar nel. https://porrinoindustrial.es/instalaciones.html Se solucións hainas. Só hai que querer buscalas. 23 May 2018, 09:01 162.03
Confúndese a crítica cos insultos e as descalificacións. Temos a pel demasiado fina. 23 May 2018, 07:14 186.60