Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Eu creo que o que se aprobou na Asemblea finalmente foi darlle liberdade á directiva para establecer prezos especiais se o estimaban oportuno. Eu son partidario de prezos económicos porque ainda que pareza que non, vai haber xente que por 10 € iría ao partido e por 15 € non vai. Ás veces faise máis caixa con prezos baixos que con prezos altos. 17 Oct 2018, 23:29 13.37
Polo visto hai siareiros do Compos pedindo en redes sociais ao club que non se pasen co prezo das entradas como parece ser que fixeron contra Bergantiños e Arousa porque temen que despois lles fagan pagar a eles o mesmo no partido de volta. Ademáis dín que queren un gran ambiente na bancada porque sitio hai de sobra. Un aplauso para eses amantes do fútbol que queren ambiente nas bancadas porque o fútbol é para a xente. No noso, que é un clube de accionariado popular, ese debate xa se tivo na Asemblea de socios na que se aprobaron os prezos dos abonos e as entradas para esta tempada. 16 Oct 2018, 23:59 154.38
Nos próximos 4 partidos imos xogar contra plantillas superiores á nosa sobre o papel, pero estou seguro de que imos competir a un bó nivel. Temos a Durán e Germán apercibidos, pero non é o conto do ano pasado. Viti e Luís demostraron que todos os da plantilla están preparados para entrar no 11 sin que o equipo se resinta. Se o listón da permanencia se sitúa nos 45 puntos, xa temos o 38% do obxectivo con tan só o 18% dos partidos disputados. Creo que este ano, sin a presión de ter que ascender, imos disfrutar moito. 15 Oct 2018, 09:59 120.72
Sabiola, a afección de Paiosaco será moi ben recibida no Couto onde seguro que dous recén ascendidos ofrecerán un magnífico espectáculo. 09 Oct 2018, 23:23 379.95
Está claro que o estadio do Couto require unha profunda reforma, pero é o de sempre... Hai tempo falaban de sacalo de ahí e levalo fora da cidade porque se frotaban as mans co que puderan valer os terreos nos que se ubica, pero veu a crise... Escoitastes as declaracións de Hugo García en Fío Vermello referíndose ao partido que temos pendente polo verdadeiro nome do rival? 😂😂 Grande Hugo! 👏👏 09 Oct 2018, 13:27 191.05
Moito me extrana que a Xunta queira resementar o Couto. Hai quen dí que os problemas do céspede non se resolven cunha simple sementeira. Parece ser que o campo ten problemas de drenaxe e solucionalos conlevaría unha obra importante para levantar todo o campo e instalar un novo sistema de rego e drenaxe. Por certo, sobre o partido do venres. O Paiosaco parece que non está sendo ese equipo dunha aldea da parroquia de Lestón, na Laracha que moitos pensabamos. Resulta que lle gañou ao Alondras, o Silva e o Racing de Ferrol. Se conseguimos os 3 puntos poderemos afrontar a sucesión de partidos contra Compostela, Arousa, Ferrol e Bergantiños coa tranquilidade de ter 1/3 do obxectivo acadado. Esta fin de semana parece que se sumou Luís González á pelexa polos postos do centro do campo e boa falta vai facer, porque xa temos a Durán con 4 cartóns e a Germán con 3 😔 08 Oct 2018, 17:08 194.93
Despachouse a gusto no galicia en goles Javi Bardanca, o adestrador do Silva, que cre que o árbitro os perxudicou dun xeito escandaloso... http://www.crtvg.es/rg/podcast/galicia-en-goles-galicia-en-goles-do-dia-06-10-2018-3926873?t=1000 06 Oct 2018, 23:38 180.89
Concordo en que na primeira parte o Alondras nos superou. Non como para decir que se pudo ir 0-3 porque no fútbol os goles hai que metelos. Na segunda metade asumimos máis riscos e tivemos a recompensa do empate, pero foi máis a base de corazón que de dominio. Fomos valentes, saimos no segundo tempo a buscar o gol e fixémolos recuar. A lectura positiva é que o equipo foi quen de reaccionar ante un rival que nos gañaba a partida no centro do campo. Fondevila vai ser titular, pero a súa lesión ao inicio da tempada obrígao a ter que gañalo. Presas, Durán e Germán están cumplindo e non é fácil sentalos. 01 Oct 2018, 15:50 82.06
O seguinte Fío Vermello é o venres ás 14:30. 26 Sep 2018, 11:50 67.12
https://www.ivoox.com/udo-2-lunes-24-09-2018-audios-mp3_rf_28823069_1.html Botárono o luns ás 22:00. O seguinte creo que é o venres. 26 Sep 2018, 11:04 170.64
Que vos parece Fío Vermello, o novo espazo que estreou o club onte en ECO FM? A mín gustoume moito. Fresco, conciso e oficial! 25 Sep 2018, 20:17 132.23
Eu o partido vino pola tele e fixeron varias referencias ao tamaño reducido do campo. Medino no google maps e dame que ten 100x64. Desde logo non é como para dicir que un saque de banda de Josu é como un córner, pero son 5 metros menos de largo e 4 metros menos de ancho que o Couto. 23 Sep 2018, 22:57 150.02
O das dimensións do campo dicíano os comentaristas da galega todo o tempo. Ata dixeron cando Josu ía sacar de banda que era como un córner. No primeiro tempo xogamos moitos balóns largos e moi vertical polas bandas. O balón non pasaba polos nosos centrocampistas e eso fixo que Arce aparecese moi pouco. Presas non brillou como en partidos previos e eu penso que sería porque había menos espazos. Si que notei que se empregou máis en tarefas de contención polo que poida que Currás lle pedise que vixiase as contras deles. No segundo tempo estivemos mellor. Penso que a eles os lastrou bastante os cambios obrigados. 23 Sep 2018, 21:44 149.63
Alxeciras e Racing B xa recibiron gol esta xornada. Permanecemos coa porta imbatida nós, O Prat, Osasuna B e Tarazona. 23 Sep 2018, 20:03 172.89
Ahí van as miñas notas do partido. - Hoxe tiñamos que gañar e gañamos. Gustaríame que fora cun fútbol máis vistoso, pero é que as dimensións do campo non daban para moito máis. - Os nosos goles valen o seu peso en ouro: 3 goles = 10 puntos. - Pato deu mostras hoxe de que vai vender caro ese primeiro gol encaixado. - A Nosa afección, cada vez que nos televisan un partido é protagonista porque en todos os campos se escoita máis Ourense, Ourense!! que o nome do equipo local. - Bó debut de Isma que nos poucos minutos queestivo no campo foi o que máis saiu napantalla e mesmo puido marcar. - David González quere seguir sendo un dos convocados e poñerllo difícil a Currás, que é o mellor que lle pode pasar a un entrenador. E para que non se nos dispare o optimismo... é certo que ainda non xogamos con ningún dos cocos da categoría. O de máis nivel sería o Somozas e empatamos, pero estes puntos que imos acumulando xa non nolos quita ninguén. Por certo, a victoria do Polvorín ante o Porriño coloca ao Ponte como pecha cancelas ;-) 23 Sep 2018, 19:52 205.32
Gañando mañá meteriámonos en postos de promoción porque o Somozas caeu na casa ante o Boiro con gol de Changui que xa leva 4. A estas alturas serviría para que a xente que ainda non se fixo socia se ilusione co equipo. Xa se deben estar rondando as 1500 persoas abonadas que se acadaron o ano pasado. 22 Sep 2018, 22:59 149.62
A mín non me parece que 25.000 para un club como a UD Ourense sexa desproporcionado polo que me parece que está absolutamente fora de lugar dicir que eso é chupar. Eu diría que se está recibindo unha cantidade pola promoción do deporte que fai o club, ademáis de levar o patrocinio de Ourense Provincia Termal. Co máximo respecto a todos os clubs, hai que recoñecer que a UD Ourense é o club de referencia na provincia.Principalmente pola masa social que move, pero tamén porque aposta por un modelo de fútbol popular que contrasta co fútbol moderno no que o negocio está por encima do propio deporte e porque ademáis mantén unha filosofía de intentar fichar xogadores ourensáns. Ademáis, nos anos nos que recibiu a subvención estaba a facer unha aposta forte polo fútbol feminino, que finalmente fracasou. Eu creo que o resto de clubs da provincia deberían pedir máis para eles, que de seguro o merecen, en lugar de pedir menos para os demáis, porque reitero que 25.000 € para a pasada tempada da UD Ourense non me parece excesivo. 19 Sep 2018, 00:22 205.28
E qué dicir de que utilicen #OurenseConSentidiño en un claro guiño ao Jesús Vázquez, xa que ese é o hashtag que escolleu o alcalde para lanzar a súa candidatura á reelección... Qué ben se moven algúns nas cloacas... 17 Sep 2018, 19:41 204.69
¿qué vos parece que o Ponte teña unha conta en twitter que se chama @DeporteGalicia na que está a desinformar sobre o pago da subvención da Deputación de 2015/2016 e 2016/2017? falan en nome do deporte ourensán cando é moi fácil saber quen está detrás desa conta: 1.- Ir a www.deportegalicia.es e comprobar que é a páxina web asociada á conta de twitter @deportegalicia. 2.- Ir a http://www.dominios.es/dominios/es/busca-tu-dominio --> meter o dominio deportegalicia 3.- Vainos dicir que www.deportegalicia.es está rexistrado e daranos a posibilidade de consultar a nome de quén. 4.- Comprobar que o dominio está a nome de OURENSE CLUB DE FUTBOL SAD. A mín paréceme patético (por ser un pouco diplomático) 17 Sep 2018, 18:35 204.69
- Temos 7 puntos con 2 goles. - Somos o único equipo da 3a galega que ainda non recibimos gol. - Dos 360 equipos de 3a división en toda España, só nós, o Racing Santander B, O Prat, O Osasuna B, o Alxeciras e o Tarazona non recibiron gol ainda. En primeira, segunda e segunda B xa non hai ningún equipo que ainda non recibira gol. - Se non fora polo gol do Sanxenxo, Pato levaría 1395 minutos imbatido. Está claro que temos un bloque que pode competir ainda sin estar entre as mellores plantillas da categoría. Hoxe empatou o Ferrol na casa co Céltiga, a quen visitaremos a semana que ven. O Barco meteulle 4-2 ao Somozas, o Arousa perdeu 2-3 co Alondras... Tan só levamos 3 partidos e medio, pero estamos a ser competitivos. 16 Sep 2018, 23:11 47.33