Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Pois rematamos a primeira volta en promoción. Queda moita tea que cortar, pero esta xornada viuse que sacando ao Ferrol, todos os demáis van ter que pelexar para estar arriba. Conto ata 9 equipos para 3 prazas: Bergantiños, Barco, Ourense, Compostela, Alondras, Arosa, Somozas, Laracha e Ponte. Para mín, o partido de hoxe foi moi malo ata o gol deles. Eles pechábanse bastante ben e nós non atopabamos os espazos. Demasiadas imprecisións e poucas ocasións claras (a máis clara a doble ocasión que tivo Hugo e detivo o gardarredes. Co gol en contra moveu o banco Currás e Isma non decepcionou. O equipo tirou de casta e embotellou ao Vilalbés atrás. Coincido coa postura do club. O primeiro e amarrar a permanencia, e logo, se somos capaces de manter esta actitude... a soñar. 13 Ene 2019, 19:45 30.29
As oficinas, a tenda online, Fío Vermello, reportaxes fotográficas, portelos, control de acceso, bares, venda de rifas,... toda a xestión do club a realizan persoas voluntarias que non cobran nada. Desde logo, esta directiva vai pasar á historia porque foron moi valentes poñéndose ao frente no momento máis difícil. Evidentemente a xente altruista atopa recompensa no simple feito de selo. Non buscan recoñecemento nin beneficio, simplemente cren nun proxecto e empéñanse en sacalo adiante adicando moito esforzo e, sobre todo, asumindo a responsabilidade de tomar as decisións a risco de equivocarse. Seguro que o tempo os colocará no lugar destacado que merecen. 09 Ene 2019, 12:59 280.75
Imos afrontar a nosa primeira crise institucional. O modelo de club é o que todas e todos queremos, pero un dos puntos débiles deste modelo, está precisamente en atopar xente válida disposta a facer o que leva feito esta xunta directiva exclusivamente por altruismo. Non é casualidade que nas directivas da maioría dos clubs se mesturen distintos intereses. Non abundan as persoas altruistas e en ausencia destas hai que recurrir a outros incentivos para que a xente esté disposta a asumir responsabilidades. Este club debería ter unha estrutura de profesionais que descargasen á directiva de todo o traballo que realizan e que non lles corresponde. É lóxico que despois de 4 anos nos que vimos ao presidente ata colocando as cámaras para grabar os partidos e a outros directivos picando entradas, esten esgotados. Todo o traballo recae sobre a directiva e as voluntarias e voluntarios e eso non é sostible a longo prazo. O club debería ter, alomenos un xerente, dúas ou tres persoas para a tarefa administrativa e a tenda e un comercial para conseguir patrocinios. Esas son tarefas que en todas as empresas se pagan porque xeran valor. ¿Por qué neste club só cobran os futbolistas e os técnicos? Xa sei que dá para debatir longo e tendido, pero paréceme que esa vai ser a clave para poder manter un club independente que só atenda ao dictado das súas socias e socios. 08 Ene 2019, 01:54 280.75
O Alondras ven como un foguete. Na xornada 8 estaba en postos de descenso con 6 puntos (a 12 puntos do 4º, 3 º e 2º; que eran respectivamente Barco, UD Ourense e Arosa que tiñan 18). Agora, 10 xornadas despois, dos 30 puntos en xogo conseguiu 23, e xa está a tan só 6 puntos do 4º clasificado. Será un partidazo no que poderemos comprobar se o do Bergan co Boiro foi un despiste ou se convirte en mini crise, e se a excelente racha de partidos sin perder do Alondras se prolonga unha xornada máis. 27 Dic 2018, 01:51 178.72
Paréceme que o partido do domingo non sirve para medir o nivel de ningún dos dous equipos. A sensación de inestabilidade que transmitían os xogadores en cada movemento brusco fai ver o complicado que era xogar en un terreo que cando chove un pouco se convirte nun lameiro. Na miña opinión acertou Currás no cambio de Joni por un Presas que necesita un bó tapete para que a súa habilidade xere situacións de superioridade. É certo que foi un cambio arriscado porque Joni non é mediocampista e quedaban nesa posición únicamente Durán e Germán, que fixeron ambos un gran esforzo por abarcar toda a zona ancha. Onde creo que errou Currás foi en non desfacer o cambio unha vez que se adiantou no marcador. Eu tería cambiado aos extremos (Arce e Marquitos) polos dous mediocampistas (Luís e Fondevila) e deixaría a Joni e Hugo arriba. Dese xeito cambiaría o esquema a un 4-4-2 coa intención de dominar o partido no centro do campo e impedir que o Arenteiro se achegara á área de Pato. Está claro que eu non son entrenador e que igual cos meus cambios acababamos perdendo o partido, pero creo que nos faltou dominio no centro do campo co marcador a favor. 16 Dic 2018, 21:52 243.36
Eu agardo un partidazo e un ambiente na grada dos que poñen a pel de pita. No Carballiño hai moita xente de fútbol e de seguro que virán ao Couto en bó número. Xa demostraron o ano pasado do que son capaces proporcionándolle ao Ponte fotos de tribuna chea (nunca tal viran). Se o ambiente na grada é tal e como eu o imaxino o resultado será o de menos. A cordialidade que hai entre dúas das mellores afeccións da provincia fará que a tarde do sábado quede para o recordo. 10 Dic 2018, 21:54 147.41
Exacto, quería dicir 2/3. Un terzo sería o que nos quedaría por conseguir 😊 08 Dic 2018, 10:19 240.82
Vexo moito optimismo na quiniela. Paréceme que o Choco non vai ser un rival fácil. Dos 18 puntos que ten,17 conseguiunos na súa casa, onde ainda non perdeu. Conta 5 victorias e 2 empates e os últimos 4 equipos que visitaron Santa Mariña sairon derrotados(o domingo pasado o Arosa). Tendo en conta que lonxe do seu feudo perderon 7 partidos e só conseguiron un empate a 1 contra o Silva... algo terá ese campo. Se conseguimos romper a súa racha de imbatibilidade e traemos os 3 puntos, voltaremos aos postos de promoción, debido ao empate do Compostela en Vilalba, e teriamos xa 1/3 da salvación no peto. 07 Dic 2018, 20:08 849.12
Un coñecido meu tivo que pagar a entrada del e da moza. Viven en Santiago e non se enteraron de que había que cambialas antes de hoxe. A rapaza da taquilla dicíalles que ela non lla podía cambiar, que era unha mandada. É unha auténtica estafa. Un partido pagado dúas veces. 06 Dic 2018, 15:10 158.79
Un aplauso para o OCF que pon trabas á xente de fora de Ourense para trocar o resgardo da entrada xa que obriga a todo o mundo a acudir ao estadio nos días previos ao encontro. O día do partido só van dar entradas a cambio de 5€. Menudos trapalleiros ¿a que ven eso de non trocar resgardos no día do partido? 01 Dic 2018, 19:33 139.75
Todas as persoas razonables sabían que a diferencia entre gañar de un e perder de tres non é tan grande como pode parecer. Este equipo ten tanto crédito acumulado que case poderían non presentarse a un partido para descansar. Adiante vantaxistas. É o voso momento. Levabades esperando este tropezo demasiado tempo e aposto a que non seredes capaces de conter a bilis. O equipo saberá illarse da crítica destructiva igual que soubo illarse do alago triunfalista. Seguirá sabendo onde está e a onde se dirixe. Forza Ourense! 25 Nov 2018, 21:38 163.45
Eu penso que o conflicto co Paiosaco non ten nada que ver co prezo das entradas. O do Paiosaco, visto desde fora, paréceme desprezable. Pretender obter os puntos dun partido non disputado porque o rival tivo unha avaría no autobús,... Deixa quedar moi mal ao Barco, pero insisto que a miña é unha opinión de espectador que sabe desto o que trascendeu nos medios. O das entradas, pode sentar mal, pero cada club é libre de poñer as entradas ao prezo que estime oportuno. Neste caso aproveitan un partido atractivo para facer día do club e obrigar aos seus abonados e ás súas abonadas a pagar 10 €. Non me parece desproporcionado que as persoas non abonadas paguen 5 € máis que as que si o son. Eu son partidario de prezos populares, porque entendo que o fútbol é moito máis bonito canta máis xente haxa no campo, pero as directivas teñen que facer cadrar as contas e maximizar os ingresos. Ás veces baixando os prezos recádase máis, pero ahí cada quen ten a súa idea. 22 Nov 2018, 14:32 155.25
Partido dos que ainda non empataron contra os que ainda non perderon así que, ou gaña a UD Ourense ou un dos dous poñerá fin ao seu anecdótico rexistro. 19 Nov 2018, 10:47 233.15
Concordo con ourensanista. Comezamos moi ben, pero despois do gol comezaron as imprecisións e a precipitación. Teño a impresión de que os movementos no 11 están provocando que os que entran queiran demostrar que poden estar ahí e os que están demostrar que non teñen que sair e eso fai que o xogo de equipo se resinta. A presión hai que facela en bloque e hoxe non estivemos ben nesa faceta. Imos ver como recompón Curras para Calabagueiros porque Arce é unha baixa importante. A derrota do Barco ante o Bergantiños colócanos terceiros. 18 Nov 2018, 20:25 151.19
Eu non sei que 11 vai presentar o Porriño, pero o que teño claro é que o que imos presentar nós vai ser moi superior ao que presentamos o ano pasado cando nos enfrontamos a eles no Couto. Aparte de do maior potencial desta plantilla hai que ter en conta que o ano pasado nos enfrontamos a eles coas baixas de Alfredo, Fran e Germán e estabamos atravesando unha crise de resultados . 16 Nov 2018, 07:56 150.20
Hai que prolongar esta racha todo o que se poida. Seguimos coa inercia que collemos no final da tempada pasada.Todo o equipo implicadísimo e a afección seguindo o paso. Non temos gana ningunha de despertar deste soño, así que soñemos unha xornada máis ;-) 13 Nov 2018, 22:45 179.58
Fomos a San Lázaro e mantivemos ao Compostela por detrás de nós, fomos a San Rosendo e mantivemos ao Arousa por detrás de nós. Iremos á Malata para manter ao Racing de Ferrol por detrás de nós a pesar de que xa os temos a tan só 1 punto (ainda que cun partido máis). 29 Oct 2018, 17:26 164.62
Sobre o partido, creo que a comunión entre afección e equipo fai que os xogadores estén rendindo, case todos, ao seu máximo nivel e eso fai que cunha plantilla máis modesta poidamos competir con equipos de maior categoría. Seguimos sumando puntos que nos costan un gran esforzo, pero que nos van vir de luxo cando empecen a vir mal dadas, que virán. Concordo en que o árbitro decidiu perdoarlle o segundo cartón a Trapero e tamén poida que se tragase un penalti en cada área. Non sabería dicir a quen perxudicou, porque é imposible sabelo, pero o certo é que non estivo afortunado, porque no cartón a Germán penso que a entrada foi merecedora de cartón para ambos (Germán mete a plancha no nocello do pé de apoio do 6 que lle mete a él os tacos no muslo). Se chega a meter Josu a cabezada que tivo na última xogada do encontro cáese a grada do San Rosendo 😬. Xa somos o único equipo que permanece invicto da terceira galega. A ver se conseguimos manter esa racha ante Ferrol e Bergantiños 🙏 29 Oct 2018, 13:04 65.41
Tamén tedes ganas de alimentar ao troll eh! 29 Oct 2018, 10:09 65.41
Este ano o orzamento non é folgado e o retraso nos pagos, ou que te priven dos ingresos dun dos partidos mais atractivos do ano case sin avisar provoca tensións orzamentarias. Debe ser que a Xunta decidiu de un día para outro que o Couto necesitaba un apaño. 23 Oct 2018, 15:39 176.54