Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Menudo sinvergonza o Mario Guede! Él é o primeiro que quere acabar co Ourense. Leva toda a vida metido na mafia do fútbol na provincia. ¿como que os políticos non poden facer nada na asignación de campos? Toma a opinión pública por imbécil ¿quén aprobou esas bases tan inxustas máis que él? En xaneiro de qué ano vai estar o campo de Vilar de Astrés? Porque en 2020 case podemos apostar a que non vai estar. Vamos e o de que él conseguiu o Couto... Quén meteu ao OCF cando xogaba en 1a rexional e tiña un campo en Oira que lle sobraba? Porque ao Ourense daquela en 3a rexional facíalle falta o Couto porque non había outro campo con capacidade para acoller a súa afección. Que siga indo todos os anos ao magosto do Ponte xunto con toda a plana maior do PP e da federación e que non nos tome por imbéciles, que non o somos. 07 Sep 2019, 10:57 -43.86
Moi bó partido hoxe no Couto. A primeira metade foi para o Arousa, que presionou moito a nosa saída de balón e imprimiu velocidade ao xogo. Os nosos souberon igualar a intensidade que poñía o Arousa e chegaron ao descanso co 0-0 no marcador. Na segunda metade penso que o Arousa non foi quen de manter o nivel tan alto de intensidade e ahí o noso ataque impúxose. Xa antes da xogada do penalti conectara Marquitos con Pedrosa que fixo intervir a Manu Táboas. Na xogada do penalti Pedrosa demostrou por qué está relegando a Hugo á suplencia. Mandou Marquitos un balón que parecía fácil para o central, pero apareceu Pedrosa coma un lóstrego para roubarlle a carteira, encarar a Táboas, regatealo e forzar a pena máxima. Qué dicir de Presas, que sigue medrando e dando auténticas exhibicións de trucos co balón nos pés. Viti e Jar tamén demostroaron por que deixaron a dous titulares indiscutibles a tempada pasada como Vieytes e Frodo fora da convocatoria. En xeral, hai mellor plantilla que o ano pasado. Excepto no lateral dereito, onde parece que Josu está castigado polo seu comportamento, hai competencia xa non só está caro entrar no 11, senon na convocatoria. Isi é un parche á espera da recuperación de Arce que parece que será reconvertido a lateral. 01 Sep 2019, 23:57 -100.81
Non puden ir a Paiosaco, pero chéganme moi boas impresións do equipo. Parece que se xogou un moi bó partido. Que se quedaran fora da convocatoria Josu, Alfredo e Champi e que Vieytes non xogara un só minuto dá idea da competencia que vai haber este ano. 25 Ago 2019, 23:27 33.18
Gustaríame destacar a pretempada que está a facer Jar. Nos partidos que lle vín estivo moi correcto. Todo o que fixo fíxoo ben. O gol de hoxe ven a ser a guinda. A ver se sigue gañando confianza porque me parece un gran fichaxe. 18 Ago 2019, 23:27 -104.86
Só queda dicir que o falar non ten cancelas. Que estamos na era da información e hai que aprender a filtrar entre o ruído e a información. É moi fácil comprar o discurso da polémica, pero tomar decisións é outra cousa. Este proxecto nacido da grada é excepcional e hai que facer o posible por que teña continuidade. Estamos no bó camiño. 17 Ago 2019, 23:14 658.37
En fin... alguén que plantexa a fusión do Ponte e o Ourense demostra que non entende nada. A Dacoba ninguén lle impediu aceptar esas super ofertas que tiña. 17 Ago 2019, 21:14 -63.81
Unionista79, estás absolutamente intoxicado e pretendes vir intoxicar aquí. Hai xogadores, e sobre todo o seu entorno, que se crean falsas espectativas e logo cando aterrizan e se dan conta do lugar que ocupan van por ahí dicindo que se lles ofreceu a gloria a non llela deron. Que aprendan a valorar as oportunidades porque igual un día deixan de telas e logo daranse conta do arrogantes que foron. Respecto do que falas de grupos inversores... teño a impresión de que non tés nin idea do que pretenden eses grupos. Básicamente que lles regalemos o club para facer os seus negocios especulativos. Eso foi o primeiro paso para a desaparición de CD Ourense. Hai que ir paseniño e ser conscientes de que vai ser moi difícil competir co noso modelo nun mundo no que hai tantos intereses espúreos. Para mín o que representa este club está moi por enriba da categoría na que compita. 17 Ago 2019, 19:07 -146.11
Unionista79 non se deben esparcir os rumores que só pretenden intoxicar. Isma, Sebas e Dacoba, son unha aposta de futuro e por eso se lles ofrece ir ao Barbadás, onde van formar un gran plantel para estar arriba na preferente. Hai un acordo asinado polo cal a UD Ourense pode recuperar a eses xogadores xa en decembro, se os necesitara. Eso é unha gran oportunidade para eles. Deben ter paciencia e ir queimando etapas. Carliños e Xoel fixeron unha boa tempada o ano pasado no Antela e este ano voltaron ao equipo. Este ano as ofertas foron todas á baixa porque o club busca ser sostible. Houbo xogadores que non aceptaron e buscaron outro equipo ¿onde está o problema? Este club debe ter claro que non pode estirar as pernas máis do que dá a manta. 17 Ago 2019, 12:48 -227.58
Unionista79, non se entende a túa inquina cara o equipo. Non sei por qué só comentas aquí para criticar e logo te sorprendes de que a xente valore negativamente as túas intervencións. Dís que os que lle dan á frecha para abaixo non queren ver a realidade, pero é que a realidade que percibes tí pode non coincidir coa que perciben os demáis. Os partidos de pretempada, efectivamente son para probar cousas e ir collendo ritmo. Neles podemos ver cousas que nos gusten e outras que non, pero non se poden sacar conclusións. 16 Ago 2019, 11:31 52.77
Ah, e faltoume engadir: ¿e que hai de malo neso? Según Jácome estabamos ante unha situación win-win na que os boitres tiña o seu club para foguear xogadores e Ourense tiña un club competitivo para dar espectáculo. O problema é que aos boitres o club, a cidade e a afección impórtanlles moi pouco polo que se as cousas saían ben, beneficio para eles e se as cousas saían mal, club á ruina e afección orfa de novo. 18 Jul 2019, 11:59 32.18
Estou absolutamente estupefacto co de Jácome. Quén lle pediu que buscase outro inversor boitre? Pensaba que traía a solución perfecta cando especuladores como ese pasaron unha morea deles xa polas oficinas do Couto? A que ven esa inxerencia do Alcalde da cidade como mediador entre os boitres e o club? Non sabían onde quedaba o Couto? Por qué fai o Alcalde unha crítica tan esaxerada do rexeitamento do club? Acaso lle ía algo na operación? Métese onde non o chaman e logo faise o ofendido porque non bailan ao son que él quere? Cando se preocupou Jácome pola Unión Deportiva Ourense? Dito esto, o noso club é un caramelo moi apetitoso para os fondos de inversión boitres que non buscan un club con valores cos que se identifique a súa afección, nin promover o deporte, nin levar o nome de Ourense con orgullo,... Só queren o club como ferramenta imprescindible para o seu negocio de especulación. Un club saneado na terceira cidade de Galicia, con capacidade para xerar ingresos. Un club onde poder foguear os seus futbolistas prometedores coa esperanza de traspasos multimillonarios daqueles que consigan dar o salto... Eso perseguiranos sempre e non pararan ata facerse co noso club ou destruilo. 18 Jul 2019, 11:51 52.77
Sobrevívese son Joni e sin Pato tamén. Para mín Pato foi o mellor porteiro da terceira división esta tempada, pero quixo marchar sin decir por qué. ¿cala por non facer dano? Eu non o creo. Penso que cala por non quedar peor do que xa quedou. En canto a Joni... Foi un puntal en preferente e teño entendido que o ano pasado estivo bastante subidiño nas negociacións para renovarlle. Este ano atopou acomodo no Carballiño, que supoño que lle dará o que él quere e non lle dan no Couto. Que lle vaia ben. Joni non tiña contrato. Pato si. Qué pasaría se o rendimento de Pato non fose o esperado e fose o club o que quixera prescindir del? 16 Jul 2019, 22:49 52.77
Persoalmente o de Pato cada vez paréceme peor. "No voy a entrar en eso" dí cando lle preguntan qué atopa en Santiago que non tivera en Ourense. Pois eu creo que se tivera o máis mínimo respeto por unha afección que lle ten demostrado tanto cariño, o mínimo que debería facer é dar unha explicación. A que sexa. Se tiña contrato e decidiu rompelo foi por algo. Pola miña parte que non espere aplausos cando veña ao Couto de azul e branco 😤 16 Jul 2019, 00:38 52.77
Concordo en que se debe seguir apostando por xogadores ourensáns. Este ten que ser o ano de Isma e Dacoba. Ambos teñen talento e calidade para triunfar aquí. Tamén habería que ir dándolle entrada a algún xuvenil e pensar en recuperar xogadores como Carliños ou Xoel, que con confianza e traballo tamén poderían ser pezas importantes do plantel. 08 Jul 2019, 11:55 -145.61
Boas! Fai tempo que non escribo por aquí... A espantada de Pato fainos ver a todos quen é. Un moi bó porteiro, pero como persoa e compañeiro parece que deixa moito que desexar. Tiña un ano máis de contrato e él veu ao equipo en preferente, básicamente porque lle conviña. Vai ben alá. Sobre o de seguir sendo club popular, baixo o meu punto de vista é o mellor que nos pudo pasar. Eu prefiro estar na categoría que nos corresponda con este modelo que en segunda división co modelo especulador que só sirve para atraer corrupción e seguir engordando a burbulla do fútbol que, antes ou despois, acabará pinchando. Eu voulle dar un voto de confianza aos que deron o paso adiantee logo o fútbol xa nos colocará onde nos corresponda. A medio/longo prazo seguro que teremos moitas alegrías. 07 Jul 2019, 22:41 -89.38
A miña opinión sobre a viabilidade do club é que o feito de que sexa tan difícil atopar recambio para a directiva debe facernos reflexionar. ¿en qué se convertiu o mundo do fútbol amateur? En terceira división abundan xa os axentes que nutren aos equipos con xogadores prometedores coa esperanza de que algún chegue ao fútbol profesional e cobrar suculentas comisións. Esto convirte o fútbol, xa nesta categoría (e incluso, ainda que en menor medida, en preferente) nun mercado especulativo que xera unha burbulla que algún día terá que explotar. Estes axentes de futbolistas fan a súa función: mercadear co talento. Teñen unha estreita relación con moitos clubs e, se non é nun, é noutro... van colocando aos seus representados no escaparate para, se o fan ben, ao ano seguinte negociar unha mellora coa amenaza de: mira que se tí non o dás hai non sei cantos clubs detrás deste xogador e a túa afección non vai entender que o deixes marchar. Así se vai facendo que en unha categoría como a 3a división se paguen salarios de miles de euros mensuais (camuflados como despesas e gratificacións para non cotizar) que ningún club é capaz de xerar con ingresos por abonos, entradas, patrocinios,... todo esto tendo en conta que na maioría dos clubs só cobran xogadores e técnicos, porque se houbera que pagar a voluntarias e voluntarios... Nese mercado saiu un club que pretende apostar polos xogadores da provincia, pero este ano, os técnicos que apostaban a morte polo modelo, xa comezaron a sucumbir. Houbo que ir buscar a Porriño e Vigo a 3 xogadores, dos cales só está cumplindo coas espectativas 1. ¿Se apostaramos por 3 ourensáns non seriamos capaces de sacar 1? ¿Non será que a ambición nos está cegando e nos está levando ás mans das axencias especuladoras de novo? Agora xa empeza a cantinela de que para acadar cotas superiores hai que poñerse en mans de axencias para que nos traian os seus prometedores xogadores. Se saen bós auparannos as categorías soñadas e abrazarémonos todos na grada como este domingo celebrando xestas que sentiremos como propias, pero... serán xestas dos especuladores con xogadores traidos de todas as partes do mundo a ter aquí a oportunidade que lle negaremos aos de Xinzo, A Peroxa, Vistahermosa, Parada de Sil,... E a medio longo prazo qué? Pois eses xogadores que nos auparon dirán, por boca dos seus represetantes: Mira que se non me pagas máis... Quérenme en non sei cantos equipos. O directivo, que será alguén posto polo inversor dirá: non, un aniño máis aquí, a ver se te catapulto directo á primeira división. E aceptará pagarlle eso que lle pide, a pesar de que non o vai xerar. Virán as débedas, os xogadores iranse cos seus axentes a outros equipos a seguir especulando e cobrando, e... Vaia esto parece que nos sona a todos. En resumo: o fútbol é un negocio especulador e mentres non cambie, ou aprendemos a emocionarnos co noso, ou imos a estrelarnos de novo querendo ser o que non somos. Ninguén vai a presentarse candidato a dirixir un club como este coa responsabilidade de manter e incluso mellorar o nivel, buscando cartos debaixo das pedras para para que os especuladores que manexan os fíos sigan co seu negocio. Se estamos dispostos a seguir co modelo. Apostando polo noso. Contendo os gastos (que este ano xa se dispararon ata máis de 400.000 €) algún día teremos na provincia un nivel futbolístico que nos colocará onde teñamos que estar, pero eu creo que non estamos preparados para eso. Non hai xente suficiente que reflexione sobre esto e apoie sen fisuras o modelo. A maioría só quere ver gañar ao seu equipo e todo o demáis dalle igual. 04 Feb 2019, 11:38 105.13
Está claro que na cabeza de todos e todas está que para que a UD Ourense sufra para manter a categoría tería que acontecer unha catástrofe nunca vista. A cuestión é que o obxectivo do club é asentarse na categoría, facer músculo, consolidarse como club de referencia na provincia,... porque os resultados deportivos son excepcionais, pero a entidade necesita un respiro. Hai que madurar a estrutura, perfeccionar o modelo,... moito traballo que a voráxine do día a día non permite afrontar. O discurso da permanencia tamén é unha especie de cura preventiva para a euforia da afección para evitar que, se encadeamos 3 malos resultados e nos descolgamos dos postos altos a xente empece a dramatizar, pedir dimisións, fichaxes,... Os ritmos van a empezar a acelerarse por arriba e por abaixo e vai ser moi complicado seguilo. Eu non teño dúbida de que o equipo o vai intentar von todo. 31 Ene 2019, 14:47 145.58
É imposible saber en cantos puntos vai estar a permanencia. O Fabril apunta ao descenso. O Rápido de Bouzas parece que quere reaccionar, pero sigue na zona vermella e o Celta B está a 1 punto do posto de promoción de descenso e a 3 do descenso directo. No caso de que non descendera ningún e ascendera 1 de 3a a 2aB, xa estariamos salvados, pero se non ascende ningún e descenden 3... Habería 7 descensos a preferente, e houbo anos que ese listón estivo nos 53 puntos. Desde logo, se conseguimos gañar o sábado, sería unha victoria moi importante, Non só porque nos iriamos aos 45 puntos, senon porque sería a 4a victoria consecutiva, contra un dos mellores planteles da categoría e contra un club que representa a antítese do Ourense. 31 Ene 2019, 00:52 122.82
Para mín é favorito o OCF neste partido. Dos 26 puntos que teñen, 17 foron a domicilio, 3 en Oira e tan só 6 no Couto; onde perderon 4 partidos, empataron 3 e únicamente foron capaces de gañarlle ao Choco. Continúan coa ocupación dun campo do que o seu entrenador díxo esta mesma semana: «No es cuestión de poner excusas, porque el campo está igual para todos, pero nosotros estamos jugando mucho mejor cuando lo hacemos en terrenos dignos de la Tercera División. Para todos es un poco triste que los dos peores campos de la categoría estén en O Carballiño y Ourense. Es algo que debería preocuparnos» ¿qué necesidade teñen de xogar no Couto se a súa afección cabe en unha fila da grada de Oira? Empéñanse en querer ser o que non son e acabarán non sendo nada. 17 Ene 2019, 19:43 103.30
Pois consolídase o Alondras como aspirante ampliando a súa xeira de bós resultados e confirma que o Bergantiños tamén ten mini crises. Dúas xornadas consecutivas sengañar para os de Carballo aos que lles poden entrar as dúbidas na próxima xornada na súa visita a Redondela onde ainda non gañou ninguén. 13 Ene 2019, 22:25 222.76