| "Aunque hay que reconocer que el conjunto unionista tendrá que viajar a jugar con dos rivales directos el Moaña y Atios y en casa con el Mondariz y Erizana"
Xogamos no Couto contra Gondomar, Mondariz e Sanxenxo e fora contra Moaña, Erizana e Atios. |
18 Abr 2018, 13:06 |
91.09 |
3 |
0 |
+info
|
| Estes do Faro de Vigo non dan unha no clavo coas estatísticas.
Os apercibidos son Joni e Vieytes, ambos con 4 cartóns.
Os que teñen 3 son: Carlos*, Adrián e Unai, pero tamén Josu e Corzo (que levan 8, pero é a terceira do segundo ciclo)
Con 2 están: Fran martínez e Pato, pero tamén Oli e Germán (que levan 7)
Con 1: Aitor, julio Martínez, Omar e Presas; pero tamén Luís, Hugo e Codeso (que levan 6)
No que respecta a minutos xogados, evidentemente, o que máis xogou foi Pato con 30 partidos completos (2700 minutos), logo Josu con 2665 minutos, Luís con 2529, Corzo 2486, Codeso 2387, Germán 2364, Alfredo 2292, Durán 2108, Joni 2005, Hugo 1751,...
Todos estes datos non os invento, están en https://udourense.com/estatisticas-xogadores/
*En realidade Carlos leva 1 cartón amarelo porque os outros dous viunos no mesmo partido e non contan para o ciclo de 5. |
18 Abr 2018, 12:14 |
91.09 |
3 |
0 |
+info
|
| O Estradense non quere ascender, o Porriño vai renunciar,... Que circulen os bulos! |
18 Abr 2018, 09:05 |
62.77 |
2 |
0 |
+info
|
| O Ourense tampouco quere ascender porque ten todo xogadores da provincia e ainda que algúns xa xogaron en 2ª e 2ªB para a 3ª non sirven porque para xogar nesa categoría hai que ter unhas características especiais que ninguén sabe cales son.
Galgu ¿falas en serio? evidentemente eu non. |
17 Abr 2018, 08:55 |
62.77 |
2 |
0 |
+info
|
| Vexo que o tema da xornada é o cambio de campo do Erizana. Tanto é así que se fala deso tanto neste foro como no do Nogueira-Ourense.
Eu penso que non é lexítimo ter dous campos e cambiar en función do rival, pero parece que non foi eso o que pasou. Polo visto o campo de herba natural estaba en malas condicións.
O Erizana xa xogou con varios equipos de arriba e supoño que non cambiaría ao campo sintético cada vez que os visitou un equipo de maior nivel. Penso que non está xustificado acusalos de cambiar de campk en función do rival.
Nós na primeira volta levabamos unha moi boa racha de resultados no Couto e moi mala fora. Tamén estabamos sempre coa cantinela dos campos. É certo que un campo grande e en boas condicións beneficia ao equipo cos xogadores máis virtuosos porque son capaces fe mover o balón con maior rapidez e precisión e ao equipo que lle toca defender complícalle a tarefa, pero non esaxeremos. Paréceme difícil de crer que o Erizana gañase 2 - 0 polo campo de xogo.
A maior goleada do Ourense esta tempada foi no campo do Ribeiro. O Alertanavia empatounos tanto no seu campo como no noso. Ao Nogueira costounos doblegalo tanto no Couto como na Tella. Ao Bande conseguimos gañarlle no seu campo a pesar de que había quen dicía que eran favoritos porque tiñan xogadores máis físicos.
Se todo se reducira a escoller ben o campo ninguén pagaría por os mellores xogadores, senon que faría un campo pequeno e con toupeiras e a gañar.
|
16 Abr 2018, 23:44 |
27.21 |
1 |
0 |
+info
|
| Desexando que chegue o domingo para seguir soñando co ascenso. O Gondomar ven de gañar ao Valladares e loita por escapar do pozo do descenso directo, pero a confianza no equipo é total logo de 6 xornadas consecutivas sin encaixar un gol e de ver como os xogadores que saen desde o banco están a dar sempre un plus ao equipo. |
16 Abr 2018, 20:48 |
104.51 |
3 |
0 |
+info
|
| Se de algunha das medidas que puxen non teño dúbidas é dos 105x68 do Couto (Ourense). As outras son aproximadas porque as medín en google maps, pero seguro que non fallan 1 metro.
O campo no que xogastes é curto (8 m menos que o de herba natural), pero é 5 metros máis ancho que o do Ribeiro, no que os saques de banda son como córners.
Non mo tomes a mal, pero creo que a frustración e a cercanía do desenlace final che fai buscar argumentos que expliquen por qué un equipo como o Estradense, que conseguiu 11 victorias consecutivas na primeira volta e estivo case toda a tempada bastante cómodo na primeira posición, ve agora como 2° e 3° se colocan a 3 puntos e o Bande, que é sexto, está só a 6 puntos.
Pensade que todos os que estamos na pelexa estamos igual que vós. Coa incertidumbre de se seremos ou non un dos 2 equipos que logren o ascenso directo.
Ánimo, que queda o mellor ;-) |
16 Abr 2018, 15:28 |
27.21 |
1 |
0 |
+info
|
| Respecto ás medidas dos campos (medidas en google maps):
O Couto: 105x68
San Cristobo (Ribeiro): 100x49
Val Martín (Erizana natural): 100x66
O Aral (Erizana sintético): 92x54
As medidas regulamentarias dun campo de fútbol son entre 120x90 e 90x45 así que todos eles cumplen. |
16 Abr 2018, 14:50 |
27.21 |
1 |
0 |
+info
|
| Os equipos pequenos necesitan usar todas as estratexias ao seu alcance para igualar forzas cos que teñen xogadores de máis talento. Sempre que as medidas do terreo de xogo estén dentro do que establece o regulamento non hai nada que dicir.
Xa se leva dito varias veces que os equipos de arriba estamos mirando os enfrontamentos directos entre nós e temos que mirar tamén os enfrontamentos cos equipos que queren escapar do pozo do descenso que non van regalar nada. |
16 Abr 2018, 13:05 |
62.77 |
2 |
0 |
+info
|
| ¿quén dixo que o Estradense xa estaba ascendido?
Aquí dunha xornada a outra cambia todo. Os 6 primeiros en 6 puntos. Só vale gañar.
Estabamos convencidos de que gañando nós e non gañando o Moaña eramos segundos e resulta que se o Porriño chega a meterlle 2 goles máis ao Ribeiro serían segundos eles.
O partido pareceuse bastante ao que se esperaba. O Nogueira agazapado no seu campo con un único home arriba e nós buscando entrar por bandas e intentando conectar con Hugo.
Na primeira metade poucas ocasións. Algún tiro lonxano que se ía moi desviado e unha moi clara de Joni que quedou só ante o porteiro, pero este estivo rápido na saída e tapou o oco tirándose ao pasto.
Na segunda metade saímos con Codeso por Oli, que vira un cartón no final do primeiro tempo. Codeso saiu cunha orden clara: incorporarse ao ataque porque o Nogueira non nos estaba creando ocasións. Así o fixo doblando a Frodo en varias xogadas para darlle unha opción e crearlle o lío ao lateral, que non sabía se tapar o centro á área de Frodo ou cubrir a incorporación de Codeso que entraba coma un coitelo no queixo.
Os cambios de Presas por Durán, que fixo unha moi boa primeira parte, e Fran por Luís deron un impulso ao equipo, pero sen dúbida, o que cambiou o partido foi a expulsión do central do Nogueira que viu 2 cartóns en 2 xogadas prácticamente consecutivas.
Con un menos, o Nogueira regalou as bandas e acumulou xogadores no centro. Estabamos dominando e entrando con perigo pola banda de Frodo e Codeso, pero os centros non atopaban rematador porque Hugo non podía con todos os defensas que acumulaba o Nogueira na súa área.
Foi ahí cando Currás saltou do banco e lle mandou a Joni que abandonara a banda dereita para acompañar a Hugo polo centro na busca do remate. Tamén lle indicaba a Presas que repartise balóns ás bandas que era por onde o Nogueira nos estaba a ofrecer o corredor para entrar.
Así foi como chegou o gol. Comeza a xogada na banda dereita con Fran que toca para Germán, este para Presas que abre á banda esquerda para Alfredo. Codeso volve facer a carreira para doblar a Frodo e arrastrar ao lateral. Frodo colga á área sin oposición e Joni conecta un testarazo inapelable.
O equipo está transmitindo boas sensacións. Este é o sexto partido consecutivo sin recibir gol e nótase a competencia na plantilla por facerse cun oco. Nos dous últimos partidos os cambios déronlle unha marcha máis ao equipo.
Agora toca recibir ao Gondomar que está loitando por escapar dos postos de descenso directo. |
16 Abr 2018, 09:03 |
62.77 |
2 |
0 |
+info
|
| Para mín o Ourense é favorito na Tella, chova, neve ou faga sol. Temos xogadores de moita calidade e saben que non hai marxe de erro. Logo xa sabemos que o fútbol non son matemáticas e as circunstancias de cada partido fan que sexamos incapaces de saber como vai transcurrir o encontro. Guardiola dixo unha vez que o que máis lle apaixoaba de ser entrenador era imaxinar como ía transcurrir un encontro e logo, cando sucedía como o imaxinara, disfrutar. Eu non estou ao nivel de Guardiola, pero imaxino un Nogueira ben plantado atrás con 2 liñas de 4 ben xuntiñas e un Ourense tratando de desbordar por bandas con Alfredo e Joni, aproveitando algunha superioridade que poidan crear homes como Presas ou Fran e buscando a Hugo entre liñas para que controle e habilite aos que se incorporen ao ataque.
Se acontece como o imaxino teremos moitas opcións, pero se ocorre de xeito diferente e gañamos váleme igual ;-) |
13 Abr 2018, 20:28 |
62.68 |
2 |
0 |
+info
|
| O Nogueira non está desafiuzado nin moito menos. Os 3 últimos partidos contra Alertanavia, Marcón e Campo Lameiro (rivais directos) serán clave. Eses 3 equipos teñen partidos contra os de arriba e entre eles. O Nogueira ainda ten moito que dicir. A pena foi que se escapase esa vantaxe de 2 goles en Valladares.
E as cousas en 2ªB ainda poden amañarse tamén. O Pontevedra e o Ferrol parece que están despertando e o Coruxo leva 2 malos resultados, pero esperemos que se salven os 3 (ainda que un deles teña que facelo vía promoción) |
13 Abr 2018, 08:41 |
62.68 |
2 |
0 |
+info
|
| Eu penso que vai gañar o Atios para darnos ao Ourense a oportunidade de chegar en postos de ascenso ao trascendental partido en Moaña ;-) (sempre e cando sexamos capaces de gañar en un campo tan difícil como A Tella e doblegar despois ao Gondomar no Couto, claro) |
12 Abr 2018, 12:59 |
62.68 |
2 |
0 |
+info
|
| Claro. Sabes tí que se regalaron porque cho dixo o cuñado da prima. En fin... |
11 Abr 2018, 08:25 |
27.15 |
1 |
0 |
+info
|
| O do Campo Lameiro foi: abonado que estás comprometido co equipo, por 3 € podes traer a un amigo ao fútbol.
Moi distinto de: tí que pasaches do Ourense todo o ano, agora que veñen os partidos importantes que máis interese teñen ímosche facer unha rebaixa para que te rías dos que pagaron o abono. |
10 Abr 2018, 22:46 |
27.15 |
1 |
0 |
+info
|
| A preferencia encheuse contra o Palmés.
Evidentemente a trascendencia do partido, a entidade deportiva do rival, a rivalidade vivida o ano pasado na pelexa polo título,... fixo que o partido tivese maior interese. Pero insisto: o clube conta con maís de 1500 persoas abonadas e un importante número de seguidores non abonados. Só hai que consultar os seguidores en redes sociais para darse conta desa dimensión social.
Gustariame saber o que entendes tí por ser fanáticos. Desde logo eu estou expoñendo argumentos baseados en feitos.
Visitacampos ¿eres socio ou abonado da UD Ourense? porque sería simpático que alguén sen vinculación co club pedise unha rebaixa nas entradas aducindo que eso sería beneficioso para os xogadores. |
10 Abr 2018, 13:30 |
109.88 |
3 |
0 |
+info
|
| Nin o Estradense está ascendido nin o Sanxenxo está descartado. Fai pouco a UD Ourense descolgouse ata o 7º posto que ocupa agora o Sanxenxo a 6 puntos do ascenso e 3 partidos despois foi xogar ao Grove para colocarse 2º en solitario (o empate colleitado impediullo).
Aquí o que encadea 2 victorias métese na pelexa e o que encadea 2 derrotas parece desafiuzado, pero ainda queda moita tela que cortar e moitos enfrontamentos directos. |
10 Abr 2018, 10:35 |
27.15 |
1 |
0 |
+info
|
| Agora vai resultar que o campo o encheu o Bande. O campo éncheno as máis de 1500 persoas asociadas xunto coas que queren ver fútbol de nivel no Couto. ¿ou ao Outeiro tamén foron 2500 persoas?
Se chegamos á penúltima xornada co ascenso en xogo penso que o partido contra o Sanxenxo pode xerar incluso máis espectación que este.
As entradas teñen un prezo que se estableceu a principio de tempada. Baixar lle o prezo agora sería burlarse dos que se abonaron pagando 40€ para ir ver os últimos partidos de liga e a copa no Couto. |
09 Abr 2018, 21:05 |
90.77 |
3 |
0 |
+info
|
| O Estradense ten todo ao seu favor para ascender. Vendo a súa traxectoria, o equipo que ten, o calendario que lle resta,... teno todo a favor. Pero... resulta que 3° e 4° están tan só a 6 puntos e esa non é unha distancia como para estar tranquilo. As bolas de partido son as máis difíciles de convertir. |
09 Abr 2018, 11:19 |
62.68 |
2 |
0 |
+info
|
| Visitacampos, o club ten máis de 1500 persoas abonadas e os menores de 16 anos non pagan entrada. Non se necesita regalar entradas para encher a grada. Eso foron outros tempos.
Este club ten deixado ben claro que co prezo das entradas non se especula. |
09 Abr 2018, 11:09 |
145.41 |
4 |
0 |
+info
|