Comentarios de berdian

Comentario Fecha Karma
Partido moi difícil o de hoxe. Comezou o Mondariz no primeiro cuarto de hora cunha presión e unha intensidade impropia dun equipo de metade de táboa, pero aguantamos eses minutos iniciais sin sobresaltos. Pouco a pouco comezaron a chegar as ocasións que se foron sucedendo: Germán, Josu, Frodo en varias ocasións, Presas,...eles tamén tiveron algunha, pero o dominio era claramente ourensanista. Achegábase o final do primeiro tempo e a temperatura do partido subía máis que a do propio ambinte (que obrigou a deter o partido unha vez en cada metade para hidratarse) e nunha disputa con Presas o 4 do Mondariz soltaba o brazo impactando na cara do ourensán e o colexiado interpretou agresión e deixaba ao equipo visitante con 10. Na segunda metade seguimos dominando con claridade, pero o gol resistíasenos ata que Hugo, que volveu a estar inmenso hoxe a pesar de non marcar, conectaba un forte disparo desde fora da área que o gardarredes acertaba a deter, pero non foi quen de blocar o balón e Fran Martínez, moi atento, enviaba o coiro ao fondo da rede. Volveu a gustarme moito a actitude do equipo que loitou os 90 minutos a un gran nivel e non perdeu a calma ainda sabendo que os resultados nos outros partidos nos eran adversos. Hoxe quedou matemáticamente descartado para a loita polas 2 primeiras prazas o Sanxenxo trás caer derrotado por 2-0 en Atios. Os únicos que nos aguantan o ritmo son os dous equipos de Porriño. Necesitamos que pinche un deles para poder ter opcións de selar o ascenso no Couto frente ao Sanxenxo. 07 May 2018, 00:50 62.84
O Estradense ten 2 xogadores sancionados. Un deles o seu goleador. O Grove tamén ten 1 xogador sancionado. 02 May 2018, 23:46 62.84
Non se rinden non. Pero eu teño a impresión de que non se atopan cómodos no papel que o poder político lles asignou. Ten que ser duro ter un club cunha certa historia, unha base importante, un primeiro equipo en 3ª división, un equipo de fútbol sala feminino na máxima categoría campión de copa... e non ser capaz de conectar coa xente. Xeran moita animadversión e eso non debe ser agradable, pero eles mesmos decidiron asumir ese rol para o seu Club. 02 May 2018, 14:46 91.77
Fontebieita, os da Ponte cambiaron de nome e viñeron xogar ao Couto porque tiñan un plan para substituir ao extinto CD Ourense. O que non contaban eles era con que o CD Ourense nunca chegou a extinguirse por completo. Quedaron as cinzas na grada e algúns empeñáronse en soplarlles para que se avivaran e se convertiran no que hoxe é a UD Ourense. Se non houbese quen avivara aquelas cinzas hoxe Ourense estaría sin referente futbolístico porque, cando contas co favor político, os campos consíguense, os cartos para xogadores tamén, pero o que non se compra é o sentimento e a aficción. Ah! e o estadio do Couto é da Xunta, non da Deputación. ¿unha liorta sin querelo eles? veña home... é evidente que maniobraron xunto co poder político para substituír o CD Ourense polo Ourense CF e que ademáis esa decisión xa estaba tomada facía tempo, moito antes de que se consumara o deceso. Ese é o motivo polo que o poder político nunca apoiou nin viu con bos ollos a UD Ourense. Porque foi a china no zapato que lles impediu levar a bo porto a estratexia que tiñan plantexada. Ao poder político cóstalle moito dixerir que o pobo se organice e lles estrague un plan. 02 May 2018, 08:47 146.56
Viva o respecto e o saber perder. Grandes valores do deporte. Se vedes que algún usuario ten un nome inapropiado e ofensivo podedes denuncialo no botón que hai encima do seu post. 02 May 2018, 08:35 91.77
O penalti para min é indiscutible. Eu vino claro en directo e teño un vídeo no que se ve como o defensa se lanza coa man estirada para tapar oco e corta o centro de Fran coa man. As mans na área sempre se poden discutir. Por eso hai un árbitro neutral que decide a intencionalidade da acción. Neste caso decidiu que foi penalti e para mín a decisión é correcta. Comprendo que os do Monterrei queiran ver que non foi penalti, pero falar de "meter a udo con calzador" ou "Qué robooooo,ya le pueden pagar bien al árbitro" está claro que esas faltas de respecto saen da frustración de non conseguir gañarlle a un equipo plagado de xuvenís e veteranos que fixeron moito máis para pasar a eliminatoria que o Monterrei. O de Unai parece que non é grave. As expulsións foron ambas roxa directa polo que supoño que serían por desconsideración ao árbitro ou algo máis grave. O partido rematou no minuto 97. Perdeuse moito tempo,pero paréceme que 7 minutos son suficiente engadido. O penalti prodúcese no 87 e lánzase no 89 (perdéronse 2 minutos). Xoel paréceme un dianteiro con moita proxección. Hoxe non acertou nos man a man, pero o difícil é conseguir plantarse diante do porteiro con esa facilidade. Se chega a entrarlle o primeiro fai un poker. 02 May 2018, 00:08 62.84
Os da Ponte non nos cederon o campo. Nós iamos xogar ás 12:00 e eles ás 18:00. Ían atopar o campo enlamado e non son parvos. Eles non necesitan xogar no Couto como non o necesitaron nunca porque a xente que lles vai a calquera partido cabe na grada de Salesianos (que non ten grada). Poida que empecen a darse conta tamén de que o seu sono de convertirse no referente da provincia cambiándose o nome e xogando no Couto se lles escapa entre os dedos. Dito todo esto, paréceme que a directiva non debe escatimar esforzos para que as relacións sexan cordiais porque, nos guste ou non, imos ter que convivir moitos anos. 01 May 2018, 10:32 62.84
Os xogadores e o corpo técnico repetan ao máximo a cada rival. Teñen moi presente que os equipos de metade de táboa para abaixo nos privaron de moitos puntos (só o Alertanavia de 5). Eu neste momento vexo ao equipo moi sólido e en un momento excepcional en todas as facetas. Están ben físicamente, o que lles permite meter unha marcha máis cando entran os homes de refresco e o rival está canso. As lesións estannos respectando, ainda que esto non é algo que se poida controlar de todo, Pedro e Toni tamén merecen a súa parte de recoñecemento porque ambos son profesionais e traballan cos xogadores para minimizar o risco de lesións. No aspecto anímico, a remontada que veñen de protagonizar con esta xeira de 7 victorias e 1 empate mantenos a tope de moral para seguir loitando polo ascenso. Está claro que estes 4 partidos que faltan son os máis difíciles de xogar porque é nos que se decide todo, pero chegamos nun gran momento e eso é un gran activo. 30 Abr 2018, 08:55 132.99
Incrible o momento de forma do Suizo que marca por cuarto partido consecutivo. Un pasiño máis. Outro partido coa porta a cero. Ilusión desbordada, pero ainda falta moito esforzo para acadar a meta. Hai que seguir remando. Forza Ourense!!! 29 Abr 2018, 20:40 91.21
O Moaña ten un sancionado para este partido. Nós temos apercibidos a Vieytes e Joni. Igual deberían pensar en que partido lles interesa cumplir ciclo. Especialmente Vieytes que é un central expeditivo e non creo que chegue a final de tempada sin ver o 5º cartón. Respecto aos outros duelos que nos interesan: - O Bande ten 2 sancionados e o Beluso 1. - O Atios ten 2 sancionados e o Erizana 1. - O Nogueira ten 4 sancionados por ningún do Porriño. 26 Abr 2018, 11:43 91.21
Bueno, pois andaremos e veremos... 25 Abr 2018, 14:48 62.83
Non creo que o Bande esté descolgado. Manter o ritmo que levamos Ourense e Porriño é moi complicado. Se o Bande consigue gañar ao Beluso, logo quedaríalle visitar ao Alertanavia e Campo Lameiro e recibir a Marcón e Grove. Dunha semana á seguinte cambian moito as cousas. ¿alguén esperaba que Estradense e Moaña que eran 1º e 2º fai 2 semanas fosen encadear ambos dúas derrotas consecutivas? ¿alguén esperaba que o Atios, que viña lanzado, empatase na casa co Mondariz? Faltan por disputar un Moaña-Ourense, Porriño - Moaña, Atios - Estradense, Atios-Ourense todos eles rivais que están por enrriba do Bande,... Aquí cada victoria vale ouro. 25 Abr 2018, 13:32 62.83
O Beluso chega ao Outeiro con unha racha de 5 victorias e 1 empate nos últimos 6 partidos. A última derrota que sufriu foi ante o Estradense o 3 de marzo. Vaise ter que empregar a fondo o Bande se non quere descolgarse definitivamente da loita polo ascenso directo. 24 Abr 2018, 12:57 62.77
Eu son optimista para o partido de Moaña. Síntoo por Fontebieita que xa se lle colleu cariño, pero dame o corpo que o domingo van quedar prácticamente descartados para a loita polo ascenso. Fai 2 semanas non as tiña todas conmigo. O Moaña no Couto xogounos de igual a igual e empatounos. Traía un ritmo moi bó neste tramo final e ese punto de vantaxe que tiñan sobre nós metíanos a presión de poder sair do Casal a 4 puntos con só 4 partidos por xogar e co Porriño que non cede... Pero a estas alturas dúas derrotas consecutivas penalizan demasiado. Viraron as tornas e agora a presión de quedar descolgado é para os do Morrazo. Ademáis, se chegamos con todos os efectivos, estamos en un momento moi bó. A ver como evoluciona Hugo, que para mín é fundamental no equipo, pero é que temos a Xoel que xa non é que esté petando á porta do primeiro equipo, senon que o sábado derrubouna literalmente dunha patada con eses 5 chicharros que lles endosou aos nosos veciños da Ponte. Como sempre, será o fútbol e as circunstancias de cada partido o que finalmente decida o resultado, pero eu aposto claramente polo Ourense (como sempre) 23 Abr 2018, 19:18 117.45
Nin o Ourense contaba chegar a este partido líder nin o Moaña esperaba chegar a 5 puntos dos postos de ascensos que ocupaba fai tan só 2 xornadas. Como faga bó día O Casal vaise quedar pequeno. Aparte de seguir con paso firme cara o ascenso temos a oportunidade de, prácticamente, eliminar a un rival. A estas alturas peixe que se durme lévao a corrente. 23 Abr 2018, 10:55 62.77
Desde o batacazo fronte ao Marcón, dos 21 puntos posibles... Ourense.............................19 puntos Porriño...............................19 puntos Atios..................................14 puntos Estradense........................11 puntos Moaña...............................11 puntos Sanxenxo.......................... 9 puntos Bande................................ 7 puntos 23 Abr 2018, 09:13 91.12
O primeiro que teño que dicir é que Alfredo foi un dos mellores sobre o céspede. Deu 3 asistencias de gol (coas que suma 12) e xerou varias ocasións. Non estivo acertado cara a porta, pero a súa aportación foi clave. Joni superou a Alfredo como máximo artilleiro do equipo con 12 goles, pero no caso do de Carballeda sin tirar penaltis. Alfredo leva 11 goles (4 de penalti). O equipo continúa unha xornada máis coa súa racha de victorias e mantendo a porta a cero. Os resultados dos equipos cos que estamos competindo fan ver o complicado que é gañar neste tramo de tempada. A nota negativa de hoxe foi a lesión de Hugo que abandonou o campo contrariado. Tardamos 33 xornadas en acadar o liderato. Se a semana pasada eramos segundos por 2 goles, esta semana somos líderes por 1 gol que nos fai lembrar aquel 4-0 no segundo partido da tempada ante o Estradense no Couto. A pola seguinte final en Moaña!! 22 Abr 2018, 22:15 97.27
Líderes por 1 gol!!! 22 Abr 2018, 19:58 62.77
"...los dos equipos ourensanos, cuentan con plantillas muy largas, algo que puede ser muy importante. Y me gustaría que la ciudad de Ourense pudiera tener un equipo de Tercera." Ao adestrador do Gondomar (ex de CD Ourense) gustaríalle que a cidade de Ourense pudera ter un equipo en terceira división :-) :-) 19 Abr 2018, 11:54 145.77
Non, Josu e Corzo van polo 3º cartón do 2º ciclo polo que lle faltarían 2 para ter que cumplir sanción. Respecto á vantaxe que pode ter o Atios por ter 4 partidos na casa,... penso que é moi difícil saber quen é máis favorito ao ascenso. Atios, Porriño e nós vimos de conseguir 13 dos últimos 15 puntos para meternos de cheo na pelexa. Pero fai 5 partidos os mellor posicionados eran Bande, Moaña e Estradense e poida que para a xornada que ven as cousas cambien radicalmente. Canto máis nos achegamos ao final máis determinantes son os puntos conseguidos ou perdidos. Eu dixen cando estabamos en plena crise que eramos favoritos non só para ascender, senon para gañar a liga. Sigo pensando o mesmo, pero sei que esto é fútbol e pode pasar de todo. 18 Abr 2018, 14:53 62.77