Comentarios de Lvis

Comentario Fecha Karma
Forsa, para falar primeiro cerciórate de quen o estás facendo, porque Lvisito non che son eu. 20 Sep 2012, 23:46 -46.14
Eu non sei, pero ós da Puebla cando perdedes sempre vos pasa algo raro... xa o ano pasado era o mesmo conto e vexo que hai cousas que non cambian. 16 Sep 2012, 15:12 46.78
Non quero xeralizar acerca do Villestro só porque teñan un individuo coma ti comentando parvadas no foro, por iso borrei o comentario. Non teño que calar, gañástesnos, eu sei perder. Ao igual que é importante saber perder, hai que saber gañar. E se aparecen por aquí os do Orillamar a vacilarvos? ou os do Callobre? Non o fan por iso, porque saben gañar, non coma ti. ;) 04 Jun 2012, 21:42 67.56
Non me compares o Silleda co Villestro por favor. Vós, apeados da copa por un equipo de local, (non teño nada contra o Callobre, todo o contrario, só simpatías), e facedes ir alá a guardia civil nun espectáculo lamentable. Para ir facendo esas cousas polos campos adiante... creo que a nosa temporada foi mellor. Na fase de ascenso chaquetilla e para a casa, para levar 7... mellor non ir á fase. Pero bueno, o dito, prefiro evitar as comparacións. 03 Jun 2012, 14:35 75.30
http://www.canaldeportivo.com/deportienda/deporsport/contenido/2011/05/29/24/3 Parece que na casa de cristiano messi hai canto de grilos destas horas... P.D: Ninguén dixo que me vaia ir, de momento ;) 02 Jun 2012, 23:08 70.56
Son 5 penaltis, tes razón. Adiviñei 2 con tan mala sorte de que eran os mellor tirados. E hai unha máxima que di... se pega no pau de atrás, miras para el e apláudeslle ao executor. 31 May 2012, 21:54 77.97
Na ducha díxenlle a Mingucho mentres el estaba sentado na mesa: "Fállao quen o tira". Eu non sinalei a ninguén, dixen que os penaltis os hai que tirar por dentro e punto, pero díxeno o sábado e dende que teño memoria. Cada vez que fallamos un eu recórdovos, SEMPRE, que polo medio é infalible. Como de costume, volvo a repetir, non me facedes caso. Tonterías? Eu non calei en ningún momento, nin cando entrou Mingu aos vestiarios, e xa me dirás que "tonterías" dixen. Xa me dirás cando dixen eu que son un parapenaltis, ou que son o mellor en algo. Eu NUNCA dixen que era o mellor, nin nos penaltis nin en ningunha outra faceta, xa sexa fútbol, estudos ou como persoa, sempre alguén nos gaña a algo. A fama de parar penaltis gañeima a pulso, se non podes contar cantos nos tiraron e cantos parei nestes dous últimos anos, xa que eres xogador do Silleda seguramente recordes o día do Calo (1), Puebla(4), o do Esclavitud(2), o do Unión(1), San Marcos(1), Bodegón Arzúa(1)... P.D: Os penaltis, amigo, nunca veñen ás mans ;). Nun partido anterior xa viñeches a rajar, e gustaríame, de veras, que me dixeras as cousas ás claras. Non está ben vir a un foro a sementar a discordia coa man agochada. Xa teño as miñas sospeitas, pero de verdade, fala ti e que non fale Ibra. 31 May 2012, 21:53 56.87
O único que dixen eu foi que os penaltis era ben pegalos por dentro, nin dios me fai caso, (nunca, para variar), e ao final sempre acaba pasando o que eu digo. Levo 2 temporadas dicindo que os penaltis polo centro entran sempre, e nada máis lonxe da realidade, a estatística dáme a razón. Eso de que lle botei a culpa aos compañeiros é totalmente falso. Despois do último penalti enfilei os vestiarios en silencio absoluto, sen mediar palabra con ninguén. É certo que dixen: "Eu máis non podo facer", e xa me diredes que lle vou facer a 5 penaltis ben tirados, (un deles polo centro, volvo a repetir, a ver se tomamos nota dos consellos algún día). O de que todos podemos facer máis é outra das falacias que se din do fútbol, todos saímos a gañar, o botarlle ganas é o máis que se pode facer. Despois sairán ou non as cousas, pero xa digo, o máis que se pode facer sobre un campo de fútbol é poñer actitude. Evidentemente, gañamos e perdemos todos, para iso é un deporte de equipo, pero quero recordarlle eso a todos os que se adicaron a lapidarme o ano pasado, e que dende a distancia, aínda o seguen a facer agora. Xa sei que a portería é a posición máis cruel, pero a min botóuseme a culpa do descenso dun equipo, e si, agora saltarán os catro hipócritas de sempre a dicir que iso non é certo, que eles nunca oíron nada, pero aquí o que non corre voa e as novas tamén o fan. Todo o mundo se entera de todo ao final dos asuntos. Pouco me importa a opinión deses individuos, que só ven un partido de cada 5 e non se molestan para viaxar co equipo. No vestiario hai 17-18 rapaces que saben perfectamente quen son, como son e como defendo a portería. Coa opinión desa xente si que conto, e é a única que me importa. Se 10 tipos que hai no campo confían no que está por detrás, a min abóndame. 30 May 2012, 21:59 189.08
Contra o Val do Ulla que lle gañou 3-1 ao Boimorto. Para o ano xogarei onde me queiran, aínda non sei que será do meu futuro. xdd 30 May 2012, 14:41 153.61
A segunda parte é obvio que foi máis movidita, xa digo que o contragolpe foi a arma de ambos os equipos, pero claro, non vou facer unha listaxe completa de ocasións, se non boto aquí a vida facendo a crónica. xDD O gol, vamos a explicalo logo. O centro viña moi baixo, era unha saída complicada, xa que ía botar no corazón da área. Non obstante pareceume que chegaría para despexar polo medio. Como o balón ía baixo, tería que sacala indo abaixo, de aí o incómodo. Cando estaba a media saída, vin que por onde eu planeaba despexar había un xogador voso, polo tanto decidín que o mellor sería que Camino a despexara. Houbo falta de entendemento entre nós, supoño que el cría que eu completaría a saída, como sería o lóxico. Aí foi onde o voso atacante anticipou e xa nos superou aos dous. Visto agora, o máis conveniente había ser falarlle ao lateral para que a sacara sen máis, ou ter saído e a ver se o despexe non lle caía ao atacante que estaba no punto de penalti. Como sabemos todos, son xogadas rápidas e as decisións teñen que ser no momento, pero bueno, se non houbera erros os partidos rematarían todos 0-0. Faltoume mencionar unha dobre oportunidade na que tivemos o segundo gol, peeero alemán salvou moi acertado. O dito, moita sorte na seguinte rolda. Presionade o saque do porteiro para que saque en curto ao lateral esquerdo. Seica é unha boa maneira de facerlles dano. 29 May 2012, 14:31 229.89
Partido de pouca voltaxe en Outeiriño. O Cordeiro e o Silleda mostraron calidade por momentos pero con pouco acerto e cunha tónica xeral de moita monotonía no xogo. A primeira ocasión do encontro foi para os visitantes, nunha boa xogada que levou á nosa defensa dunha banda á outra tocando no balcón da área, o extremo esquerdo do Cordeiro non atinou a definir só diante miña. Primeiro susto para o Silleda, que pareceu asentar máis a partir deste lance. O centrocampismo tomou protagonismo, non habendo ocasións claras en ningunha das dúas porterías e con balóns divididos e moitas recuperacións de ambos equipos nos tres cuartos de campo propios. Silleda e Cordeiro quixeron explotar a velocidade dos seus extremos, pero faltou precisión no último pase. Nunha xogada illada chegaría o primeiro tanto, obra de Manolo, cuxo remate co exterior da bota dende o pico da área pequena se colou na portería visitante cunha bonita parábola. Un gran gol que poñía aos locais por diante. No segundo acto pouco que contar, a mesma tónica pero máis contragolpe. Nun balón colgado dende a banda do Cordeiro chegaría o empate. Corría o minuto 65 e o extremo dereito do Cordeiro anticipou o bote do centro para convertir o tanto. De aí ao final pouca chicha. Nos penaltis, o que todos sabemos. O Silleda errou o primeiro e partir de aí todos foron convertidos. Moita sorte ao Cordeiro nas seguintes rondas. Eu xa me despido da categoría, para o ano non terei o pracer de xogar de novo en xuvenís, (máis quixera), pero os anos pasan e hai que dar o salto cando toca. Nestes dous últimos anos tiven moitas vivencias nos campos de provincial, e sosteño, como fixen sempre, que esta liga é a máis bonita para xogar, (fóra de ir a grandes campos... xogar sempre en herba natural ou artificial de terceira xeración e viaxar a terras lonxanas para disputar un encontro). Aquí todo o mundo pode dar a sorpresa e hai que estar sempre moi concentrado. O aliciente de xogar a fase de ascenso, e o ser tan complicado subir, tamén lle dán un plus de emoción do que carece o resto de categorías. Un saúdo a todos e graciñas por votar positivo nas miñas crónicas, aos que votastes negativo tamén volo agradezo, sempre é bo manifestar a opinión de cada un. Unha aperta a todos e que disfrutedes moito a vindeira temporada, habémonos ver polos campos de Galicia adiante, non vos preocupedes! :) 28 May 2012, 21:53 287.52
Pois logo xa dirás quen es no vestiario, que as cousas mellor á cara. 21 May 2012, 21:57 159.70
O de que no Silleda non teño sitio xa o decidirá o entrenador, que para eso está ;). De todos os xeitos, se deixo Silleda para ir a un equipo de primeira rexional, (como podería ser o Laro), xa me dirás a lóxica que ten a ausencia dunha ficha para min na segunda categoría. Volvo a repetir, non sei de onde sacades os rumores que me poñen fóra do Silleda, eu de momento non teño noticia de ninguén para poder valorar o que farei para o ano, cando me chamen ou falen con alguén, poderedes especular canto queirades. Non critiquei a ninguén do equipo, ou sinalei co dedo? Se dou espectáculo como ti dis, é porque mentres uns corremos todos os entrenamentos, outros levan ritmo de trote borriquero, ríndose dos que queremos facer algo e ir ao campo a cando menos poñer actitude. 21 May 2012, 15:16 204.61
Faluya, tranquilo que xa cheguei. xDD. Encontro de trámite para ambos os conxuntos. O Silleda saíu cunha alineación para repartir minutos entre os menos habituais e o Villestro non se reservou, apremiado por unha posible reclamación do Puebla. Non houbo cor, os visitantes levaron o peso do encontro de cabo a rabo, creando perigo constantemente aproveitando a falta de concentración que había na defensa franxivermella e o escaso traballo de presión dos xogadores de arriba. As oportunidades sucedíanse, Regueiro, (o número 10 se non me equivoco), así como o seu ariete, o dorsal número 9, levaron a voz cantante nas ofensivas do Villestro. Tras dúas ocasións boas, chegou o primeiro tanto. A defensa comeuse o bote inofensivo dun balón e o número 9 visitante fíxose co balón só na área batendo cun forte disparo diante miña. 1-0. Pouco tardou en caer o segundo, a falta de axudas entre os centrais fixo que, despois dunha comodísima parede, o 9 se volvera plantar só diante da portería poñendo o segundo. Non era o día do Silleda, nin arriba nin abaixo. Así se chegou ao descanso, cos locais paseando polo campo e co partido encarrilado para o Villestro. No segundo tempo, unha falta ben executada polo dorsal número 8 entrou na portería pegadiña ao longueiro. 3-0 e os suplentes non aproveitaban a súa oportunidade. Despois relaxouse o partido, o Villestro baixou o pistón e o Silleda tomou aire, pero seguiu cedendo balóns que poderían aumentar a renda visitante. O cuarto chegou nunha xogada desafortunada, ao tocar Igor un centro no primeiro pau e introducilo en propia. Chegaba o cuarto e a tarde horribilis do Silleda. Se na copa se mostra a mesma imaxe que neste sábado, diremos adeus na primeira rolda e cunha goleada de escándalo. Non se pode ir ao campo coa actitude desta xornada. Este creo que é un factor que levou á non consecución do obxectivo para esta tempada. A poñerse as pilas para a seguinte fin de semana. 20 May 2012, 22:10 132.98
Agora que rematou a liga toca facer un papel digno na copa! 20 May 2012, 16:55 134.67
Home, xogámonos a honra. Este podía ser o partido que decidira a promoción e non o será, pero Papa Cisse, creo que merecemos máis respeto, estás falando dun equipo que o ano pasado apareceu na segunda eliminatoria para o ascenso. Vós estabades na metade da tabla e ninguén da SD Silleda dixo nada de vós, entre outras cousas porque o ano pasado non fostes rival ningún. Noraboa pola clasificación, pero aínda tedes que igualar a fazaña que obramos os xogadores do Silleda eliminando ao "gran favorito" que era o Imperátor OAR. Sairemos a gañar, non pensedes que esto vai ser unha pachanga, por moito nada que nos xoguemos todos queremos gañar o último partido na casa. 17 May 2012, 23:00 238.26
Un inofensivo Silleda deixou a temporada en Trazo. Os locais aférranse a un cravo fervendo, e así o demostrou hoxe no seu propio campo. Con seriedade e moito traballo sacou adiante un partido que, para o meu entender, era de 0-0. Non houbo demasiado que contar, moito balón longo buscando as espaldas da defensa, un Trazo máis entonado ca o seu rival de hoxe e poucas ocasións de gol. Hai que destacar que o Silleda non disparou entre os tres paus nin unha soa vez, o porteiro local apenas interviu hoxe. Os locais pola súa parte, gozaron de oportunidades a balón parado, pero ningunha con perigo. Aínda así, houbo detalles de calidade en internadas pola banda de ambos os conxuntos. Na segunda metade seguiu a mesma tónica, o Silleda sen mordente nin adiante nin atrás, pasou con máis pena que gloria polo campo, cedendo un tanto infantil nunha mala saída en conducción dun dos centrais. Gica recoulleu o regalo e pegou cruzado, materializando o 1-0 cando xa ían 30 minutos do segundo tempo. De aí ao final, un par de lances con tensión pero o partido non tivo maiores problemas. Os balóns longos do Silleda non atopaban unha referencia arriba e o desatino dos atacantes tampouco axudaba a finalizar xogadas. O Trazo dispuxo dunha moi clara oportunidade para sentenzar pero o seu capitán non acertou a baterme. Aínda así o final foi demasiado pasivo por parte do Silleda, do que eu polo menos esperaba algo máis, polo menos ganas. Deste partido o que máis me doe é que nos deixen fóra da fase xente como a do Trazo, se foran uns subnormales e uns cabróns, podería odialos, pero como son moi boa xente só me queda desexarlles o mellor para a seguinte xornada. Oxalá poidan competir para o ano outra vez na primeira autonómica, onde se daría o derbi Trazo-Oroso. :) O Silleda, (e vou ser moi claro), non cumpriu co obxectivo desta tempada, que era cando menos clasificarse para a promoción. A pobre imaxe amosada a domicilio condenounos, aínda que este ano a promoción está moi barata pola cantidade de bos equipos que se xuntaron neste grupo. Sen máis que dicir, a pensar no Villestro, que será un partido de trámite para despedir a liga na casa. Despois a ver ata onde podemos chegar na copa, que é o único bálsamo que nos queda para poder salvar o ano. Un saúdo á xente do Trazo e o meu sincero desexo de que acaden a permanencia, por fútbol e por persoas. 17 May 2012, 22:40 153.85
P.D: Parabéns ao Unión pola victoria. 12 May 2012, 22:47 113.85
Home, hai que xogalos, pero Outeiriño é un dos campos máis complicados da liga. (Só marcharon 6 puntos en toda a liga), e sen dúbida hai que ter respeto polos rivais. Eu coido que vai ser un partido a cara de can, dous equipos que queremos promocionar e que precisamos a victoria se o queremos facer. O partido hai que xogalo pero a priori, e polos números do Silleda na casa, eu véxonos favoritos. Outra cousa é o que pase ese día. 12 May 2012, 22:44 117.22
Partido pesado o de hoxe en Silleda. Comezou o xogo cunha calor abafante que impedía que os equipos entraran ben no xogo, os locais, todo hai que dicilo, non notaron a ausencia de varios dos seus titulares. Así foi como os primeiros minutos foron de tanteo, sen ocasións e con moito balón dividido. O Silleda adiantouse a balón parado, nun saque dende o curruncho moi ben posto por Pablo, Pereiras rematou contra un xogador rival e Igor, que estaba ao rexeite, pegoulle no medio dun mar de pernas introducindo o balón na portería. Grandísimo gol do hoxe mediocentro titular na medular dos locais. Este home reclama un sitio no once, pasa por un gran momento de forma e así o demostra. Os meus parabéns para Igor. Despois do tanto, o Cacheiras botouse arriba. Gozou de dúas boas ocasións, pero sen acerto diante miña. Nós tivemos as nosas, pouco claras, pero a sensación de perigo estaba aí. Deica o final do primeiro tempo, as contras convertíronse na arma dos dous conxuntos. No segundo acto o Silleda golpeou cedo. Mingucho rematou de maneira impecable un balón longo á espalda da defensa. A tranquilidade chegaba para os de trasdeza, ao non estar combinando ben o Cacheiras. Porén, un balón na banda converteuse no pase perfecto para o 2-1. O dorsal número 21, (arrancando en fóra de xogo), gañou a esquina da área pequena e puxo un pase por diante dos centrais para que no medio de ambos remachara o número 10. Bo gol, pero tería que cortarse a xogada anteriormente por fóra de xogo, (recoñecido polos propios xogadores visitantes). Na seguinte xogada, o árbitro si pitou un, pero para min non era. Así é o fútbol. Minutos máis tarde Mingucho redondearía a súa tarde facendo o terceiro de penalti. Forte e abaixo o porteiro non puido atallalo a pesar de atinar coa intención do ariete de Negreiros. No momento do cambio recibiu unha gran ovación da bancada, enorme o partido deste rapaz. De aí ao final... o Cacheiras serviuse do balón longo, adiantando ao seu capitán á dianteira, pero non houbo máis complicacións e os tres puntos quedaron na casa. Agora toca pensar no xoves, visitamos a un rival necesitado de puntos como o Trazo, pero para que nos saian as contas da leiteira nós tamén temos que gañar, e máis habendo polo medio un Puebla-San Marcos. Moita sorte ao Cacheiras na súa pugna pola salvación matemática e a ver se non tiveran que agardar os posibles ascensos que se den no noso grupo. 12 May 2012, 22:39 239.03