Comentarios de Lvis

Comentario Fecha Karma
pts, o policía local é o adestrador. Listo. ;) Class, o penalti supoño que falas do que non foi, que lle sacaron amarela ao voso 11. De verdade que non foi, tiña moitas ganas de irse ao chan e o contacto foi mínimo. Eu creo que está ben sinalada a falta para o Silleda e o cartón para el por tirarse. Respecto do lance do 5 tes razón, pero o patadón que lle pega un dos vosos centrais a Damián nada máis comezar o partido tamén é de cartón vermello, sonou en todo o campo o golpe coa espinillera. Se chega a ser na segunda metade teño por seguro que iría á rúa, pero entendo que non o expulsara así como foi unha xogada propia de vermella. Aos que non queren ler os meus tochos, que non os lean, é a crónica do partido e retrata o máis obxectivamente posible o que pasou nel, son 90 minutos e normalmente adoitan dar para moito. 15 Ene 2012, 10:48 36.57
Bulls, eres un matao. xD 14 Ene 2012, 21:26 104.97
Hostia, fóiseme o dedo. Desculpade o meu lapsus linguae, pero xa está corrixido. 14 Ene 2012, 21:14 117.41
Estou moi dacordo contigo Rivas, non se poden dicir as cousas por dicir, e menos desacreditar a outro equipo. Non se debe falar por falar sobre todo porque o día que se perda haberá que tragar o orgullo, e se non falade cos do Villestro. Sen máis que dicir noraboa ao San Marcos, non sei como foi o partido, pero polo resultado parece que foi unha victoria traballada. Ao Puebla moito ánimo e a repoñerse desta derrota. 14 Ene 2012, 21:10 79.31
Partido moi importante para os dous equipos. En vista dos resultados desta xornada o que perda quedará apeado dos postos de promoción e terá que remontar na segunda volta. Sen dúbida o xogo directo pode ser a clave do partido, pero o nivel defensivo amosado polo Silleda nestas últimas datas creo que lle outorga un punto positivo do que non dispón o Villestro, que parece que se desinflou algo co paso das xornadas pero non deixa de ser un rival dos máis perigosos da categoría. Como non pode ser doutro xeito, agardo unha vitoria do Silleda, pero aínda así moita sorte para o Villestro e que poidan levar a cabo unha digna actuación o sábado que vén. 14 Ene 2012, 21:05 14.00
Encontro moi desigualado en Outeiriño. Comezou o partido con dous equipos titubeantes e sen demasiada precisión. Non tardou en golpear o Silleda, que polo que se está a ver esta temporada, é especialista en abrir a lata. Pablo lanzaba unha falta lateral que se foi envelenando ata entrar polo segundo pau, lanzamento maxistral e 1-0 no marcador. O Silleda apretaba arriba e o Trazo valíase de balóns longos para superar a abafante soga que tiña ao pescozo. Dispuxemos de varias ocasións claras, que tapou ben o porteiro visitante, e nunha delas, arredor do minuto 20, chegaba o 2-0, obra de Richi. Nese momento cambiou a actitude dos visitantes, comezaron avisando cunha ocasión invalidada por fóra de xogo. Noutra xogada illada, chegarían a anotar, pero o tanto foi anulado tamén por fóra de xogo, moi dubidoso pero supoño que acertado, xa que o árbitro viuno clarísimo e así o manifestou. No fío do descanso chegaría o tanto visitante, xenial xogada do dorsal número 11 do Trazo, que nun erro defensivo controla o balón no balcón da área e dispara moi axustado ao pau, onde peta e entra. 2-1 e o Trazo collía folgos para a segunda metade. Non cambiou moito o guión do partido, o Trazo intentaba buscar a contra e pareceu baixar un pouco máis o balón pero aínda así o perigo levábano coas múltiples faltas laterais e saques de esquina dos que dispuxeron. Ós 10-15 minutos deste segundo periodo chegaría o terceiro tanto local, materializado por Dalo, incansable na pugna do balón dentro da área. Os visitantes dispuxeron dunha boa ocasión cun disparo dende a frontal, pero o balón foi desviado a córner e non creou maiores problemas. Xa co partido morto, Vilas faría o cuarto logo de gañar a posición e bater de disparo cruzado ao porteiro do Trazo, que levou a cabo unha fantástica actuación evitando unha goleada aínda maior. Moita sorte ao Trazo no que queda de liga, que o merecen polo bos rapaces que son, xente moi correcta. Do encontro destacar a facilidade coa que o árbitro sacaba cartóns, aínda así levou ben un encontro no que non houbo xogo demasiado duro, exceptuando un par de lances por cada equipo. Repito, moita sorte ao Trazo e nós a pensar no seguinte encontro, visitamos Villestro coa obriga de gañar para afianzar a nosa posición na táboa. 14 Ene 2012, 20:58 82.48
Herba artificial de última xeración. Ides estrenar un dos mellores campos da redonda, se non o mellor. 14 Ene 2012, 13:40 105.80
Entendido? o que creo que non entendo é ese comentario. xD 14 Ene 2012, 13:37 20.26
Ben, vamos por partes. Rivas65: Non che discuto que o partido de liga foi axustado e que algún do das gradas se pasou cos xogadores. Agora ben, Quillo entrou moito ao capote que lle poñían os de fóra, e así foi que se gañou a amarela por insultarme a min e a un compañeiro meu. Despois o árbitro sinalou o final xusto despois do gol ao ver que Quillo estaba sinalando o seu dorsal de cara a grada e facendo o imbécil. Para min, a súa actitude non foi a correcta, ao igual que os poucos, (que son poucos pero fan moito ruído), afeccionados que a lían tampouco se comportaron como deberían. Non me pareceu normal tampouco a actitude do voso número 8, que me dixo: "Na Puebla non vai ser así, xa o veredes, etc." e o porteiro, que me negou a man, aínda que o podo entender, que en quente despois dun partido así pénsanse moitas cousas e non se razona con claridade, pásanos a todos. Do partido de copa que dicir, cada un xogou as súas bazas, o día non era o mellor para xogar, (moito sol, moito vento...), a superficie tampouco estaba moi alá... e ao final houbo que tirar de veteranía. A afección non nos tratará como a vós aquí, pero a agresión que eu sufrín nese campo nunca na miña vida. No partido de volta aínda che podo ensinar o rastro que teño dun taco no xeonllo dereito, e si, foi do energúmeno que metestes para repartir cera na segunda metade. A min increpáronme os de fóra cando Quillo me veu coa plancha por diante e me tirei ao chan, (non me tocou, tamén o recoñezo), pero hai que saber abstraerse desas cousas, o que pasa no campo no campo queda di unha máxima do fútbol. De todos os xeitos agardo un bo encontro para esta xornada, con victoria do Silleda se todo sae ben, e tamén agardo esa recepción cordial que nos prometedes dende Puebla. Moita sorte no voso partido desta fin de semana tamén para vós. Un saúdo. 12 Ene 2012, 22:10 81.00
Respecto do partido, só teño que comentar que no Silleda traemos unha moi boa liña de traballo defensivo e arriba todo está respondendo con normalidade. O Trazo vén de perder un encontro decisivo e supoño que chegarán con ganas de facer 3 puntos para aplacar a seca da fin de semana pasada. De partida creo que chegamos coa condición de favoritos, ou polo menos a clasificación é o que reflexa. De todos os xeitos moita sorte a ambos os equipos e que gañe o que ande máis atinado. 11 Ene 2012, 16:35 94.47
Home pts68, ten gracia que o digas ti, que viñeches a Silleda a perder 2-1. E o ano pasado na copa tamén vos gañamos, asique creo que ti non es o máis indicado para dicir que somos fáciles de batir. ;) 11 Ene 2012, 16:31 81.35
Crónica do partido na web da EFLalín 10 Ene 2012, 02:46 20.01
Os xuvenís gañaron por un axustado 2-1 ó Silleda no derbi comarcal, con goles de Luis Mou e Iván. Partido feo para o espectador onde se practicou pouco fútbol no campo de A Golada, por parte de ámbolos dous equipos. Partido de moita forza e disputa, case impropio do fútbol, cun Silleda que rozaba o límite do legal e cunha E.F.L. que non conseguía facer gala do seu xogo de posesión e de dominio do balón, para elaborar xogadas con criterio. Conseguiuse adiantar o Silleda tras un córner, inexistente, que a defensa da EFL non atinou a despexar, quedando o balón a solto e rematándoo Ricardo por riba de de tódolos xogadores ata entrar na meta. O Silleda seguía empuxando co seu xogo directo, ata que nunha internada pola esquerda a noso defensa termina derribando dentro da área a un xogador rival, pitando o árbitro a xusta pena máxima. Penalti que se encargou de atallar Lázara cunha impecable parada, desviando o balón. Tras sacudirse un pouco a presión, a E.F.L. foi quen de trenzar unha xogada característica do seu xogo, mobilidade e circulación de balón, ata acadar unha falta lateral, que foi o aproveitada polos nosos, cunha xogada ensaiada, que rematou Luis Mou ó fondo da rede. A partires de ahí, dominio alterno de ámbolos dous equipos que non se rendían e buscaban gañar o partido, tendo o Silleda as máis claras ocasións para facelo, pero a falta de definición privounos de materializar o gol. Gol a prol dos nosos que chegou no último minuto. Gol que se acadou por creer na victoria. Tras unha falta lateral, novamente sacada por Calderón, foi rematada con calidade por Iván, que, marcando os tempos no salto e no remate de cabeza, anticipouse e conseguiu marcar o gol da victoria a un dos mellores porteiros da categoría. Non quedando tempo para máis rematou o partido cun resultado que non deixa satisfeitos nin o Silleda, pola pérdida do encontro, nin á E.F.L. polo xogo amosado. 10 Ene 2012, 02:45 20.01
O ano pasado é certo que había un corte entre os 5 que acabaron nos primeiros postos e o resto, pero eu creo que a liga non perdeu nivel nin moito menos. Está ben que se foron o Recesende e o Fátima, pero creo que calquera dos equipos que estamos aí arriba poderiamos dar a mesma guerra que fai un ano. Este ano a competición, ao meu entender, incluso mellorou, subiron moitos equipos fortes que poden dar a sorpresa e outros que xa estaban como son o Sporting ou o Lalín parece que melloraron moito o seu rendemento dende o ano pasado. Eu discrepo, esta liga é máis igualada, máis competitiva e amosa un mellor nivel ca o ano pasado. Con respecto a eso de que o San Marcos ten o mellor plantel da categoría tampouco coincido para nada contigo, os números do ano pasado, como alguén dicía aí arriba, son unha mera anécdota, cando hai que demostrar é agora. Nós quedamos apeados da copa por un señor equipo como foi o Fátima, (aínda que por pouco 0-1 0-0), e na fase de ascenso caímos en segunda rolda contra outro equipazo que era o Recesende, que estaban un paso por diante de todos os que fomos a esa promoción de ascenso, por eso eles subiron e nós temos que agardar. Para min o mellor plantel, e dígoo sen complexos, seguramente sexa o do Lalín, que ten un equipo moi compensado en todas as liñas e pode xogar ao toque e tamén a parar o xogo rival, (exemplo esta xornada contra o Sporting ou mesmo no derbi contra nós, que non despregaron todo o xogo combinativo que deberían). Sporting sen dúbida ten tamén un moi bo plantel, pero ás veces apágaselles a luz en 3/4 de campo e eso sempre os pon un chisco nerviosos e aí comezan os problemas á hora de elaborar. Vós tedes unha virtude que é o medio campo cara arriba que tendes, a defensa, e xa o dixen no partido contra o Sporting, é a vosa liña máis frouxa, e eso ao final pesa moito nos partidos contra os equipos de arriba que teñen bos xogadores arriba. Polo resto tamén me pareceu moi bo equipo o Unión, que sabe ao que xoga e ten tranquilidade para agardar as oportunidades e aproveitar os erros rivais, é un equipo moi serio e intenso. E para min esas son das mellores escadras que temos na liga, non falei de Oleiros porque xa coñecemos todos ao equipo e do Silleda porque me podo tirar moito máis tempo escribindo, (si, xogo nel e por eso non quero poñerme a piropear as virtudes do noso equipo xD). Perdón pola chapa que vos din, non mo teñades a mal. Jaja 10 Ene 2012, 02:15 19.76
Partido con dous equipos que amosaron dúas caras moi diferentes. O Cacheiras tivo o balón e a iniciativa, o Silleda xeraba ocasións por rachas e defendíase cómodamente con orde defensiva. O encontro comezou con dúas ocasións, a primeira preto do minuto dous, nunha galopada pola banda esquerda do Cacheiras que non atinou a resolver o extremo diante do porteiro do conxunto de trasdeza. Pouco despois un balón colgado á área dende o centro do campo meteuse na área pequena e o porteiro chapou sen apuros. O Cacheiras avisaba. Golpeou o Silleda moi cedo, 5 minutos de encontro e unha falta sen aparente perigo no centro do campo convertiuse no primeiro para os visitantes, erro do porteiro que non saíu a polo balón e no bote non acertou a desviar, Jorge poñía ao Silleda por diante. De aí ao final da primeira metade pouco que contar, moito centrocampismo e chegadas do Cacheiras a balón parado, pero sen perigo xa que a cobertura era un frontón. A segunda metade comezou como acabara a primeira, poucas chegadas e moito balón no centro. Nunha contra do cadro visitante Manolo gozaría dunha inmellorable oportunidade só diante do porteiro rival, pero o seu disparo coa esquerda escapou a rentes da escadra esquerda. Con esta tónica chegaríase á metade do segundo acto, cun clarísimo penalti a prol do Silleda que foi transformado por Vilas, que enganou completamente ao porteiro local. Loco deu entrada no campo aos homes do banco, que lle aportaron frescura ao tosco xogo despregado na tarde do sábado polo Silleda. Houbo boas ocasións para o Silleda a partires dos trocos, pero a mala sorte impediu que a renda fora maior. Malia o mal partido, do Cacheiras quédome co xeito de levar perigo á área contraria por medio de balóns colgados, é unha baza que lles pode dar moitos puntos, sobre todo contra equipos que non vaian ben por arriba, e do Silleda destacar a concentración na defensa, que a pesar de ceder moitos córners e faltas laterais non viu perigar en exceso o resultado. Moita sorte ao Cacheiras no que resta de liga e nós a seguir sumando de 3 en 3 á espera dun pinchazo dos trío de cabeza, para poder achegarnos e optar a máis que unha cuarta posición suficiente para cumplir o obxectivo. 09 Ene 2012, 00:28 89.33
Tras os pinchazos de Villestro e San Marcos todo queda moi apretado, podendo poñerse o que gañe este partido incluso 4º. (Eso si, con moita sorte, xa que deben pinchar moitos favoritos nos seus partidos). O que gañe seguirá enganchado ao grupo que peleca por entrar na promoción, pero o que perda quedará lonxe destes equipos e estará lastrado o resto da temporada. Moita sorte a ambos. 08 Ene 2012, 21:02 151.42
E número 11, eu xogo no Silleda. 07 Ene 2012, 22:17 69.98
Esclavitud SD, cando xoguedes a segunda rolda da fase de ascenso a liga galega, poderás falar de aquilo ao que aspiramos. ;) Mentres tanto seguide xogando polas aldeas, se o que facedes é fútbol, claro. 07 Ene 2012, 22:15 69.98
Eu creo que os tres candidatos máis sólidos ao principio eran San Marcos, Bodegón e Silleda, xa só por manter o logrado no ano pasado. Lalín chegaba cun moi bo equipo, e esperábase moito del, pero era todo unha incógnita, e ao final respondeu ben ao que se agardaba deles. O Sporting creo que tamén se esperaba algo grande, e está liderando con man de ferro esta liga. De todos os xeitos Bodegón seguro que non vai a fase, e San Marcos non me parece equipo para estar entre os cinco primeiros a final de liga. O meu pronóstico é: Sporting, Lalín, Silleda, Puebla e Oleiros ou incluso o Unión. Moita sorte para os equipos neste partido, o que gañe dará un golpe de autoridade que pode ser de moita axuda de aquí ata o final do campionato. 06 Ene 2012, 13:14 25.32
Un baile... creo que non foi tanto como dis, e tendo en conta que viñamos de gañarlle ao Imperátor o día anterior e que os 16 convocados estabamos de resaca pola cogorza de celebración... creo que é bastante penoso non dar gañado un partido cun rival nesas circunstancias. Tamén quero resaltar que o gol do empate na prórroga chegou de rebote, (pero de rebote de pegar o balón en 3 xogadores do Silleda), e o 1-0 de penalti, asique eu non viría dicindo que soñamos convosco porque creme que non foi así. 04 Ene 2012, 13:42 51.30