Comentarios de Lvis

Comentario Fecha Karma
http://www.youtube.com/watch?v=1ilbZEhlqPk http://www.youtube.com/watch?v=ZYGKynsHbEM&feature=plcp&context=C3ae7fd9UDOEgsToPDskLn4etIdxkWg7imKH3J7gQx Caída do Esclavitud na copa a mans da SD Silleda, non digo máis sobre a opinión que me merece este partido. Vamos Callobre! 02 Ene 2012, 20:07 51.04
Se o de interesante e enganoso vai polo meu comentario... evidentemente que é enganoso. xD 29 Dic 2011, 00:52 54.67
Home, no adestramento non lle meten unha... xdd 26 Dic 2011, 21:53 56.81
Pandilla de gañáns quen oh? os que gañaron onte dando unha lección de control do tempo de xogo?, falas deses? Supoño que non é o sentir do resto do equipo, que había tíos moi correctos, asique non lle daremos importancia aos comentarios deste elemento. 18 Dic 2011, 19:03 79.90
Partido rácano o de onte en Outeiriño. Pouco fútbol de toque, aínda que houbo un dono de principio a fin e o resultado foi xustísimo. O Silleda comezou abasallando a portería contraria a base de xogo directo e verticalidade, así, nunha galopada de Dalo pola esquerda subiu o primeiro tanto ao marcador, gran gol do que neste partido xogou de extremo esquerdo. Hai que dicir que non resultaron mal os experimentos de Loco, que se adicou a repartir minutos entre os seus xogadores na tarde de onte. O Grixoa poucas aparicións tivo en campo contrario, só creaban ocasións nos córners e nalgún disparo dende a distancia, sen poñer en problemas nin á defensa nin á portería dos locais. Así as cousas o Silleda seguía dominando e tendo a posesión. Ao descanso chegaríase con sensacións moi boas para os locais, ós que só lles faltaba un gol para tumbar ao Grixoa, incapaz de superar o entramado defensivo dos trasdezanos. Ao pouco de comezar este segundo periodo, chegaría a ocasión máis clara para o cadro visitante, un rápido desborde na frontal da área deixa ao dianteiro só ante o porteiro local e non acerta a superar ao cancerbeiro, o marcador non se moveu. Manolo pasou a ocupar a punta do ataque, e nun balón mal defendido pola zaga anticiparíase ao porteiro que errou no cálculo da saída e, a pesar de producirse un choque brutal entre eles, o balón rematou nas mallas visitantes, 2-0 e partido prácticamente finalizado. Dende aquela ata o final o Silleda creou perigo pola banda esquerda, tendo xogadores frescos como Órrea, Damián e Jose Manuel, que saíron dende o banco, pero ao pitido final chegouse co 2-0. Agora chégase ao parón cunha moi boa xeira de resultados e sobre todo desas sensacións perdidas de autoridade e control do xogo, que xa eran horas de ter de novo. Só 2 puntos nos separan da zona de ascenso e estamos a 7 da cabeza da liga, moito mellor panorama que o ano pasado. Agora a pensar no nadal e a adestrar ben para chegar ao encontro de Cacheiras sen sorpresas. Bo nadal e aninovo a todos, e beber con sentidiño! :) 18 Dic 2011, 16:01 68.55
A priori, en base aos resultados acadados nas últimas xornadas, debería ser un 1 na quiniela, pero nunca se sabe. O Grixoa tamén trae unha boa xeira de resultados e non quererá deixar escapar ao grupo que pelexa por entrar no ascenso e por eso este partido é máis importante do que parece. Moita sorte ao Grixoa e que gañe o Silleda. 14 Dic 2011, 21:57 73.95
Lamento comunicar que Alex faleceu hoxe. Síntoo moito pola familia, amigos etc. e moito ánimo para superar o golpe. 12 Dic 2011, 16:39 124.41
10ano, falaron de deportividade os que non devolven o balón cando un equipo o tira fóra, perdoanos por ser tan sucios como dis... Como escoce o baño de Agolada... 11 Dic 2011, 15:49 85.53
O Sar dedicouse dende o minuto 1 ao 90 a dar patadas sen ton nin son, a encararse co público, (dorsal número 6), e a quentar o partido, un bo plantexamento para enfrontarse a un rival cun fútbol superior ao propio. Ben é certo que o Callobre non deu mostras de querer levar o partido, xogando ao balón largo tan pronto se meteu o primeiro tanto, pero por fútbol, o resultado xusto sería un empate, que o Sar tampouco xogou co balón controlado. A clasificación decidirá ao final. 11 Dic 2011, 13:39 72.41
Resultado correcto gracias ao en boa parte xogo sucio do Sar. Se hai un equipo cerdo por excelencia, non é o Furia, senon os de extramundi. A súa zaga non é a mellor da liga como hai en posts que teño visto, pero os energúmenos que se xuntaron neste plantel teñen a dubidosa honra de ser os maiores cuchilleros que pasaron por local en moito tempo. Parte médico do Callobre: Xogadores con contusións varias e un home no hospital, non digo máis. Alerto aos equipos que teñan que visitar ese inhóspito lugar das múltiples torturas que poden aplicar nese campo. 10 Dic 2011, 20:56 41.67
Eu creo que sorte non foi, o plantexamento foi moi parecido ao dos partidos do ano pasado, aguantar e saír á contra. Nos balóns longos chegou a xogada que nos deu o penalti. Pero bueno, na primeira metade Pablo non acertou a rematar entre os tres paus con Nacho saíndo da portería... os córners levaban perigo abondo... tampouco estivemos tan desacertados ofensivamente. 10 Dic 2011, 16:02 96.71
Os fóras de xogo se os vexo eu dende a portería mirade se son claros, amigos. Despois un córner que se comeu o paisano... escoitei eu como rozaba na cabeza do voso defensor dende a portería, e vino xustiño de frente, asique creo que non estou tan mal da vista nin do oído como para delirar. Mejuto, o penalti é de lei, non foi sorte ningunha, é resultado da perseverancia. Acaso non se xoga ao fútbol gañándolle as espaldas á defensa e sendo derrubado na área?, se iso é sorte... señores, apaguen e vámonos. Quero saber onde viches a fortuna esa que nos achacas. En definitiva, cada un fixo o que tiña que facer e ao final resultado xusto, non hai máis que dicirlle, xa que o partido pouca chicha tivo. 10 Dic 2011, 15:50 129.83
Balón para o Sporting, ocasións para o Silleda. Partido moi disputado o vivido hoxe en figueroa, con un único dono do balón, e outro equipo que fixo dano nas saídas rápidas co balón. Os primeiros compases de partido foron de tanteo, cun sporting con moita posesión, pero sen ideas á hora de enlazar en 3/4 de campo. O tanto local chegou cedo, á saída cun córner cae o balón fóra da área, e Toño engancha unha volea cuxo rexeite acaba en pés de Martín que bate a pracer a portería do Silleda. Este resultado deulle ás ó Sporting, que atacaba polas bandas pero sen demasiado éxito. Namentres, o Silleda xogaba á contra, con perigosos pases entre liñas que o árbitro se encargou de dilapidar a base de inexistentes fóras de xogo, ata 3. Con este guión chegouse ao descanso. Á volta do tempo de lecer, o partido rachouse, con pouco xogo combinativo e moito centrocampismo. O Sporting atacaba por oleadas pero sen demasiadas ideas na elaboración á hora dese derradeiro pase. O Silleda pola súa parte, aguantou as acometidas e levou perigo a base de galopadas á contra tras roubos rápidos no centro do campo. Nunha destas saídas, Jose Manuel gañou as espaldas da defensa e Marcos Regueiro derrúbao dentro da área, penalti e expulsión, que pouca discusión tivo. Jorge transformou sen problemas e a SD Silleda facíase co empate a falta de escasos minutos. As dúas últimas ocasións foron para o Sporting por medio de sendas faltas laterais que non chegaron a crear demasiado perigo. Así se chegou á fin do encontro, no que se cumpriu co guión que todos esperaban e o resultado foi xusto en base aos méritos que fixo cada un. Moita sorte para o Sporting na súa visita a Valga para xogar contra o Cordeiro, así como para o Silleda, que recibe ao Grixoa en Outeiriño. 10 Dic 2011, 14:52 107.25
Bulls, non cho dixen por mal, ao mellor o polo menos quedou un pouco agresivo, pero non era a intención. xD Xa me dirás quen es logo! jaja 07 Dic 2011, 23:11 113.54
Dous equipos que chegan cunha moi boa xeira de resultados... gran partido! 07 Dic 2011, 00:42 116.07
O porteiro do Silleda o que ten é que polo menos é simpático. xD 07 Dic 2011, 00:33 134.93
Home, creo que se estamos aí arriba... será por algo máis que pola forza. Eu sempre fun dos que di que ao fútbol se xoga de moitas maneiras, e o fútbol directo e vertical tamén é unha aposta que pode saír gañadora, menos vistosa ca o toque e a mobilidade pero efectiva de todos os xeitos. Máis sinxelo de practicar e posible de realizar ante calquera rival e sendo indiferente onde presione o equipo rival. O fútbol de toque pode pasarche por riba pero tamén é máis fácil de contrarrestar con orde e boa colocación. O fútbol directo ou produce un partido feo, ou te esmaga. É un derbi, non hai partidos claros para ningún equipo e moito menos falando dun dos partidos da liga. Moita sorte para ambos os equipos e que gañe o Silleda aínda que sexa de penalti inxusto. xD 05 Dic 2011, 00:07 135.28
O Cordeiro tocou o balón cando o Silleda estaba en inferioridade numérica, asique tampouco presumiría demasiado de que non a cheiraramos. Cando estás con 10 xogadores, ou 9 como foi o noso caso, e vas por diante no marcador... hai que empezar a plantexarse aguantalo como sexa. Loco non ten toda a culpa de que non sobemos o balón, hai que vir entrenar para mellorar, e como os martes estamos 5 ou 6... pois non hai moita marxe de manobra. 04 Dic 2011, 23:10 56.61
10ano, o ano pasado remontamos 9 puntos de desvantaxe para entrar na fase de ascenso e deixarvos fóra a vós, igual o que vos doe é eso e agora estades emocionados de vervos por riba de nós. Eu sigo dicindo que a liga é moi longa, e os equipos xa empezan a perfilar cales son as súas posicións como di Rianxomanda. De todos os xeitos, ata a metade da segunda volta non vai haber nada certo, e de aquí ata alá, poden cambiar moitas cousas, asique veremos como rematan os equipos de arriba, que este ano parece superada a bicefalia do ano pasado, (Recesende - Fátima), e nesta liga hai moitos equipos con ganas de dicir cousas. Noraboa ó Puebla pola súa vitoria. 04 Dic 2011, 14:49 86.84
Señores do Cordeiro, sede honestos. O penalti non é para nada claro, de feito non é penalti. Preguntádelle a quen o "sufriu", o xogador chega desequilibrado, Jose Manuel toca o balón, e cando case vai o balón fóra cae o xogador. Incrible que pitara eso. De verdade volo digo, consultade co rapaz en cuestión se queredes, pero eu vino xustiño de frente, estaba a dous metros da xogada. Foi moi mal partido do Silleda, pero aínda así, e a pesar da arbitraxe, non houbo maiores problemas. Fala Castroman10 de que marcamos 4 churros, e aleman17 que é culpa do porteiro. Señores, un equipo de fútbol componse de 11 xogadores, asique a culpa é de todos, nunca hai que individualizar, se defenderades mellor, moitas das situacións nas que se ve o porteiro poderían terse evitado, (man a man do 4º gol por exemplo), asique deixádeme o porteiro en paz, quería vervos a vós alí, a ver que tal vos ía. Polo demais moita sorte para o Cordeiro, e a ver se cambiamos a actitude, que botándolle as culpas ao do lado non se arregla nada. 04 Dic 2011, 14:41 59.12