Comentarios de Lvis

Comentario Fecha Karma
Bulls, creo que Petercan che quere dicir algo, fijo que ti o entendes. xdddd Por certo, pouco che durou o comentario no noso partido eh! jaja 04 Mar 2012, 17:50 146.75
Antes de facer a crónica quero facer referencia ao máis importante que aconteceu na xornada de hoxe. Jorge, defensa central da SD Silleda, lesionouse de gravidade no seu xeonllo esquerdo. Esta lesión vai truncar as súas posibilidades de participar nesta liga e, a longo prazo, as súas opcións de volver a xogar ao fútbol. Sen dúbida é unha nova fatídica para todos, que espero que compartades o meu pesar, o da SD Silleda no seu conxunto, odos xogadores do Bodegón Arzúa, cuxo comportamento foi exemplar durante todo o partido, e espero que o de todos os xogadores da categoría, xa que nunca é prato de gusto enterarse dunha nova coma esta. Dende aquí, o noso ánimo e forza para que te recuperes. Ánimo Jorge! En relación ao partido, o Bodegón Arzúa comezou dando a sorpresa, (Bulls, eres un matao, xD). Nunha das primeiras xogadas do encontro, tras unha boa xogada individual do dianteiro, unha falta toca nun dos homes que se abreu na barreira e entra na portería, 0-1 e o partido comezaba a enrevesarse. Deica o fatídico minuto 30, o Silleda buscou encontrarse, sen sorte, e o Bodegón, buscaba a portería dos locais sen atino. A lesión produciuse, nun lance que non tería maiores problemas noutras circunstancias, pero nesta ocasión, Jorge apoiou mal e o seu xeonllo cedeu, parando o partido durante varios minutos. O partido continuou, e chegou a reacción local, que en 10 minutos encarrilou a remontada con sendos goles de Vilas, un chegando a un pase ao corazón da área e o segundo tras unha falta ben sacada dende o centro do campo, que o propio Vilas controlou de maneira maxistral e definiu cun bo disparo á dereita do porteiro do Bodegón. Chegaba o final da primeira metade con ese mal corpo despois do acontecido, pero con sensacións opostas en ambos os bandos. O segundo período non trouxo novidades, numerosas ocasións do Silleda e tamén boas oportunidades para o Bodegón, pero sen éxito ningunha das acometidas dos dous conxuntos. Así, preto do minuto 15 desta segunda metade, Richi poñía a sentenza co 3-1, cunha gran galopada pola dereita e batendo por baixo ó gardamallas visitante. De aí ao final o dito, ocasións para os dous pero sen éxito, ao final, 3-1 e unha semana máis o Silleda mantense en postos de promoción, favorecido por algún que outro resultado, pero esa satisfacción non compensa, nin moito menos, a pérda que hoxe sufrimos. Do Bodegón, dicir que son un gran equipo a pesar do que reflexa a clasificación, e a min non me merecen a súa posición actual. Sendo sincero, é un dos equipos dos que espero que se salven, asique agardo que non me defrauden. Agora toca pensar no próximo encontro, visitamos o sempre complicado campo do San Marcos. Este partido definirá en boa medida as aspiracións reais do San Marcos, que pode deixar aberta a pelexa polas posicións de ascenso ou distanciarse un pouco máis da zona nobre. Sen máis que dicir, moita sorte ao Bodegón e moito ánimo ao noso compañeiro Jorge. 03 Mar 2012, 22:24 120.83
Estou dacordo contigo, se é man é cartón vermello, que para algo son o último home. Pero debeuse dar conta de que a pitou mal ou algo, porque non atopo explicación para tal decisión. De todos os xeitos o árbitro pitou mal para todos, a expulsión do noso home, (a que se me esqueceu comentar), é moi rigorosa, aínda que na acción co voso porteiro xogouse o segundo cartón, a posterior amarela por cruzar por un cacho de campo nunha esquina cando o xogo non se desenvolvía nin por alí é unha soberana estupidez. 26 Feb 2012, 23:09 150.24
Bo partido entre o Porto do Son e o Silleda no que a seriedade e o oficio saíron vencedores. Moito ambiente nas gradas e unha tarde perfecta para a práctica do fútbol, cun campo que acompañaba e boa disposición por parte dos dous conxuntos. O Silleda pronto empezaría a golpear, nos primeiros minutos unha internada pola banda de Mingucho remataba no fondo das mallas cun forte disparo cruzado axustado á base do pau. As sensacións eran moi boas por parte dos visitantes e o Porto do Son intentaba entrar no partido. O árbitro, (moi discutido por parte de ambos os equipos), decidiu sinalar unhas supostas mans miñas que el viu fóra da área, de paso, tamén sacou un cartón amarelo. Collín o esférico sobre a liña da área, e a liña é área, (Véxase o penalti non sinalado a Eto'o na final da liga de campións do ano 2006, acción pola que o árbitro foi bastante reprimido polos comentaristas de Canal +). Polo tanto, aos que reclaman expulsión, só dicirlles que nin falta e nin moito menos expulsión, de feito non se empezou a reclamar o cartón ata que o Silleda materializou o segundo gol. O encontro continuou, e Manolo puxo terra de por medio anotando o segundo tanto, outro gran gol do ariete de Negreiros. 2-0 e dende a grada pedíase un fóra de xogo inexistente. O Silleda baixou o pistón, e notouse. Os locais fixéronse co balón, achuchando e movendo á defensa visitante, que froito da relaxación concedeu o tanto do Porto do Son, nun centro sen aparente perigo que acaba por rematar o dianteiro local libre de marca no corazón da área. Así as cousas o Silleda limitouse a defender e crear perigo co xogo directo e as contras ben conducidas sobre todo pola banda esquerda, o Porto do Son a ter o balón pero sen atopar a área con claridade. No segundo tempo continuou a mesma tónica, o Silleda atacou á contra, pero en todas as súas acometidas topou coa figura do seu equipo. O porteiro do Porto do Son parouno todo, gran encontro o seu, os meus parabéns polas súas 5 intervencións de mérito. Os locais, dispuxeron de dous disparos entre os tres paus, nunha falta e nun balón escorado, pero non crearon perigo serio en toda a segunda metade. Ao final tres puntos que voan a Silleda e nos aúpan unha xornada máis na zona nobre da clasificación. Moita sorte ao Porto do Son, que vive na zona morna da táboa pero merecen estar un escalón por riba tanto polo xogo como pola entrega. Agora a pensar no seguinte partido, o Peña Bodegón Arzúa visita Outeiriño. Coidado con este equipo que vén de gañar e intentará continuar a racha, aínda que a priori, o favorito é o Silleda. Un saúdo. 26 Feb 2012, 21:27 135.56
No partido de ida houbo un mal partido dos dous equipos en defensa, agardemos non ver erros coma aqueles no partido desta fin de semana. Por outra banda, nós chegamos despois de 3 derrotas a domicilio, o que empeza a ser preocupante, por iso agardamos levar os tres puntiños do Preguntoiro para manter a nosa praza privilexiada unha xornada máis. O Porto do Son é un equipo que nos pode crear problemas, xa o ano pasado gañamos alí, (nun partido de trámite, xa que ambos tiñamos os deberes feitos), por un 2-1 moi apretado. Agardo un bo partido e que a altitude do campo non faga que o vento sexa protagonista. Moita sorte a ambos e que os tres puntos viaxen ata Silleda. 19 Feb 2012, 22:32 177.12
Teño que pedirlle disculpas a pts68, o comentario ao que me refería é dun tal jachymachy ou algo así. O meu máis sincero perdón. Con respecto aos que poñen en dúbida as miñas ganas de facer crónicas cando perdemos, non ten nada máis que ver as que se fixeron de partidos como os do Dubra, Unión, Villestro e incluso Lalín, por poñer exemplos. Non lle teñades en conta os comentarios de Joven7morao, que é un rapaz moi correcto, unha aperta tío! 19 Feb 2012, 22:27 107.21
Despois de 15 longos días de ausencia, vou facer a crónica do encontro. Dicir que o fin de semana pasado non a fixen polos comentarios da xente do Puebla, (pts68), que tachaban de parrafada e mostraban pouco interés, polo tanto, resolvín non facela. O partido de hoxe tivo dous tempos diferenciados pero un dono claro, que foi o Silleda pola segunda metade e o número de ocasións que creou. Nos primeiros 45 minutos, o Silleda adicouse a intentar buscar a portería rival con verticalidade, pero faltou cabeza á hora de organizar o xogo. Pola súa parte, o Oleiros, dispuxo de dúas ocasións claras, as únicas do partido, unha saíu a córner e a segunda chegou nun erro defensivo que transformou Eric. No segundo tempo apareceu o Silleda, con máis intensidade e no minuto 15 xa estaba co 3-1 no mercador. O primeiro tanto foi obra de Cañas, aos 6 minutos do segundo tempo, boa xogada de Manolo na banda dereita, desborda a dous rivais e o seu pase atrás atopou a Cañas, que cun perfecto disparo cruzado enviou o balón ó interior da portería. 1-1 e 40 minutos para a remontada. Pouco despois, no minuto 9, o propio Manolo faría o segundo tanto, control na frontal da área que se lle levanta e sen pensar solta o latigazo que chega a tocar no longueiro e cae na portería, gran gol. Este 2-1 poñía ao Silleda por diante e deixaba atrás esa sensación de derrota que se mascaba na primeira metade. Vilas, no minuto 15, poñía o terceiro no marcador, o seu disparo atopou portería logo de envelenarse polo efecto que lle meteu co exterior. O Oleiros non apareceu case no campo rival, notouse moito que só tiñan 2 cambios, xa que pegaron un baixón físico importante, e saíron relaxados no segundo periodo, véndose sorprendidos pola mordente dos locais. O Manolo faría o seu segundo tanto cun disparo cruzado que poñía o gol da tranquilidade para os locais. Vilas poría o gol da "manita" nunha xogada característica nel, presión ao defensa central, que se complica conducindo cara a súa propia portería e non atina a aguantar as acometidas do dianteiro local, que se fixo co balón e bateu cun potente disparo cruzado. Hai que destacar o bo comportamento de ambos equipos, foi un partido moi limpo. Tamén hai que falar da segunda goleada do Silleda como local a un equipo dos de arriba, o que confirma que Outeiriño volve a ser un fortín. Así as cousas a xornada deixa ao Silleda en postos de promoción, a un só punto do seu rival de hoxe. Desexámoslle moita sorte ao Oleiros no que resta de liga e no Silleda xa pensamos no seguinte partido, Porto do Son. 18 Feb 2012, 22:34 83.90
Eseoleiros, gustaríame saber quen eres para que me veñas a dicir a min viva franco, a ver que tal pronuncias con dentes de menos. ;) 04 Feb 2012, 22:45 178.46
Moi bo partido do Silleda fronte a un Noia desdebuxado. Ao contrario do que di omellor, para nada o marcador foi abultado, ao contrario, para min foi moi curto en relación ás ocasións de gol por parte dos locais, se aparece un 8-0 eu creo que non pasaría nada. O partido comezou con xogo fluído polas dúas partes, o Noia intentando saír con ela xogada e creando perigo polas bandas, o Silleda, pola súa parte, lanzaba os contragolpes con moi bo criterio e tendo sobre todo moita velocidade nos seus ataques. O Noia tivo dúas ocasións antes de encaixar o 1-0, unha nun disparo escorado e outra nun saque de curruncho. Como dicía, o Silleda adiantouse no marcador, moi bo roubo no centro do campo, saída rápida e unha parede entre Pablo e Richi acabou coa definición deste segundo que a enchufou culminando unha grandísima xogada. Os visitantes non perderon o tono e continuaron co seu xogo de toque, e o Silleda, tamén na súa liña, dispuxo de varias ocasións moi claras, pero sen acertar á hora de definir. Cheguei a contar 2 disparos dende a parte dereita e unha inmellorable ocasión a porta valeira que non foi quen de finalizar Alan. O propio Alan mandou un disparo ao pau, pero estaba case sen ángulo para poder dirixilo en condicións. O Noia tamén dispuxo dunha moi boa ocasión nun pase da morte á frontal da área, pero o disparo foi rexeitado dende a portería e non creou maiores problemas. A nota negativa foi, como dicía omellor, a lesión do dianteiro do Noia, tras un choque con Dalo, e tamén quero animar a que a xente do Noia nos teña informados da evolución do rapaz. No segundo tempo o Noia buscou morder, pero nun saque de esquina, o despexe da zaga aproveitouno López para empalar de volea e poñer terra de por medio co 2-0, gran gol do centrocampista local. Coa entrada de Manolo, os locais gañaron traballo arriba, e así chegou o terceiro tanto, balón pelexado, e Manolo aproveitou a confianza do lateral esquerdo do Noia para roubarlle a carteira e convertir o seu tanto de forte disparo cruzado. 3-0 e partido case morto. Alan volvería a dispoñer dunha boa ocasión, precedida dunha gran manobra súa no punto de penalti, pero o seu disparo acabou petando na base do pau. O cuarto chegaría nun dobre remate de Richi, que hoxe realizou unha gran actuación. O primeiro disparo foi rexeitado polo porteiro e o segundo balón rematouno coa testa. Agora si que chegaba a sentenza. O quinto transformouno Mingucho, boa xogada de Manolo e en boca de gol Mingucho non errou poñendo a "manita" no marcador. De aí ao final pouco fútbol, o tanto do Noia chegou tras unha boa transición de banda a banda a través de pases que acabou cun tiro cruzado do extremo dereito no Noia, chegaba o gol da honra como se adoita dicir. En definitiva, moi bo partido do Silleda, esta semana toca viaxar á Puebla para intentar sumar outros tres puntiños que nos acerquen máis á promoción de ascenso tras a "minixeira" de malos resultados. Ó Noia desexarlle sorte e que se mellore o seu dianteiro, que tivo moi mala fortuna no choque con Dalo. 04 Feb 2012, 22:33 30.71
Hoxe non vou facer ningún tipo de crónica. Só vou deixar dúas palabras para definir a actuación do home de negro que determinou o signo do partido. Triste e Vergoñento. Noraboa ao Abanqueiro, que fixo o seu partido e en vista de que non lle pitaban unha, encargouse de que marcharamos coas pernas ben esfoladas. A pesar das patadas que deron, amosaron ser bos rapaces. O dito, noraboa de novo e sorte. 29 Ene 2012, 13:06 2.78
Eu dixen que me raia que anime aos equipos que lle convén. Eu polo menos dou opinións de corte futbolístico, non coma ti bono17, que comentas cada 200 anos e non dis nada. Aquí a verdade só nos mollamos uns cantos, os outros só ledes, será porque non tedes nada interesante que dicir. Esbourabostas, eu non teño nada contra o Abanqueiro, é máis, agardo un partido limpo coma o da primeira volta. Que gañe o mellor e punto. 26 Ene 2012, 23:04 12.86
P.D: pts68 | Dom, 21:15 Denunciar moita sorte p.b.de arzua,disfrutade xogando e ganade que vos fan falta moito estes puntos,un saudo desde a puebla Xa me explicarás a túa estreitísima relación co Bodegón Arzúa, equipo tan do Norte da Ría de Arousa como se estivera sitiado no Barco de Valdeorras. Este encontro é o que xogan contra o Lalín, equipo da zona alta da táboa. Podería poñer moitos máis exemplos acontecidos en xornadas pasadas, pero creo que con este tan recente xa é suficiente. Volvo a repetir que me parece xenial que animedes aos equipos que máis vos conveñen, pero non pidades que non vos voten negativo cando vos metedes en encontros de equipos cos que non tedes ningunha relación. 25 Ene 2012, 23:50 -8.40
Eu xa dixen que me parece fantástico que vos animedes entre vós, pero que a xente temos dereito a votar negativo é igual de válido que que vós animedes aos vosos equipos. 25 Ene 2012, 23:28 -12.54
pts68, ti só lle desexas sorte aos equipos que teñen que perder para que o Puebla suba. Paréceme moi ben, pero tamén raia que te metas en todos os partidos. 25 Ene 2012, 14:45 68.33
Con respecto ao comentario que me foi borrado... o primeiro que hai neste partido di o mesmo ca o que eu puxen, asique Union12, mira o que dis e non te contradigas arriba e abaixo. Que equipos de abaixo poden acabar en ascenso é certo, quedan 51 puntos en xogo, pero "rara avis" sería. 21 Ene 2012, 22:43 47.98
Sen dúbida houbo un moi bo ambiente, tanto nas gradas coma sobre o campo. Dende ese punto de vista un 10 para ambos os equipos. 21 Ene 2012, 21:13 114.52
Quen coño vota negativo nos resultados? 21 Ene 2012, 20:04 29.25
Partido de oficio hoxe en Villestro. Os tres puntos quedaron de maneira xusta na casa, non hai nada que dicir. Na primeira metade o Villestro serviuse do balón á disputa e nos pases buscando a espalda dunha defensa descolocada. O Silleda saíu pensando noutras cousas e notouse sobre o campo. Comezou golpeando o Villestro, que gozou dunha moi clara ocasión no minuto 5, primeira vez que o Silleda defendía mal e un disparo forte do número 10 do Villestro atopa unha boa resposta dende a portería dos visitantes. Co paso dos minutos a cousa foise asentando, pero os locais gozaban de boas oportunidades que non remataban por entrar. O Silleda non era capaz de facerse co balón nin de capear a tempestade que era o Villestro, e a trancas e barrancas foi xerando perigo, pero sen remates claros a porta. Os balóns colgados fixéronse protagonistas, pero non houbo remates ao estar moi seguras ambas as áreas por arriba. O Silleda dispuxo dunha inmellorable ocasión para desequilibrar a balanza, pero Richi non foi quen de disparar ben e o seu remate frouxo e centrado foi atallado polo porteiro local. A segunda metade comezou co mesmo guión, pero entre o minuto 15 e o 25 apareceu a "pájara" visitante. Neses 10 minutos o Villestro faría os tres goles, o primeiro nun erro da defensa incluído o porteiro, e bate o dorsal número 10 por riba. Tres minutos despois, unha falta maxistralmente sacada foise envelenando ata entrar pola mesmísima escadra, nada que facer, 2-0 e o partido parecía rematado. Loco puxo aos seus homes con 3 atrás, e no minuto 25 chegaría a sentenza, un balón que gaña en velocidade un dos volantes do Villestro remata nas mallas tras o seu disparo cruzado que chegou a petar na base do poste. De aí en adiante nada salientable, nin o Villestro quería arriscar nin o Silleda, con dúas baixas notorias como eran as de Vilas e Dalo, quería atacar máis. Ao final amargo final de primeira volta para os nosos, pero dados os resultados da xornada quedamos nunha inmellorable posición na táboa. Moita sorte ao Villestro e nós a mellorar e volver a sumar de 3 en 3, que os fallos xa chegarán. 21 Ene 2012, 20:01 125.55
Abkae, eu creo que o Silleda ten moitísimo máis claro o seu patrón de xogo ca o Villestro. De vós escoitouse que tocabades moi ben o balón nunhas ocasións... e que vaia pelotazos dirección dianteiro dabades. O Silleda sempre é o mesmo, regular e con xogo vertical e directo, aí a ventaxa creo que a levamos nós. 21 Ene 2012, 00:22 15.65
Eu sigo dicindo que Bulls é un matao, e si que me chega coa miña liga, que xa ves como me poño a latricar e facer crónicas. Jaja. Son un puto enfermo deste sitio. xD 15 Ene 2012, 21:07 65.26