Comentarios de Lvis

Comentario Fecha Karma
Ó final ocorreu o que eu dicía, a defensa do San Marcos estaba por debaixo da do Sporting e sería o punto de inflexión do partido. 12 Nov 2011, 20:47 100.96
Rivas, queimástesvos vós sós. Estou dacordo contigo en que, en Silleda hai uns cantos na grada que a verdade era mellor non ter, pero non se xustifica con eso a actuación de Quillo, que nos insultou a case todos e despois lle entrou ao xogo á grada, o porteiro, que me negou a man, e o 8, que empezou a dicirme que aí non vai ser igual etc. Tampouco me mollaría tanto co da tunda, pero bueno, todo pode ocorrer no fútbol. 11 Nov 2011, 23:35 27.93
Eu non me tiraría tanto da moto dando por vencedor ao San Mamede. Sábado habemos ver un bo partido en Tabeirós, campo no que xogará o Callobre. 10 Nov 2011, 18:18 65.53
Houbo unha liorta entre dous xogadores deles e un dos nosos. Hai que dicir que a lea comezárona eles, que estaban increpando a un dos nosos, despois meteuse Pereiras a defender... e xa responderon a puño limpio. Non foi unha batalla campal porque o resto do equipo non eran coma aqueles dous energúmenos, pero bueno. Creo que 4 partidos para ambos foi a sanción. 09 Nov 2011, 22:48 103.10
Eu non falaría de vitorias fáciles, e moito menos tratándose deste partido. O ano pasado, a estas alturas de liga tamén nos enfrontamos no seu campo, eles ían por arriba e levamos o partido, 0-1. Coincido con Manuel Pablo na trascendencia do partido, quizais máis para o Sporting, que teñen máis xente de primeiro ano e poden baixar o pistón se perden, como xa acontecera o ano pasado, que para o Silleda, afeito a pasalo mal e a levantarse despois de derrotas contra equipos da zona alta. O que ninguén creo que dubide é que vai ser un gran partido. 09 Nov 2011, 21:16 70.88
E eso a que vén agora 10ano? 09 Nov 2011, 21:05 91.20
Dos 9 primeiros clasificados é o máis goleado de todos. Sigo sendo bastante escéptico nese asunto, pero bueno. Esperemos a ver como se desenvolve o partido e despois comentamos cales foros os factores que decantaron a balanza. (Ou os que non a decantaron se o resultado é de empate). 09 Nov 2011, 21:02 88.33
Evidentemente pode cambiar moito dun ano para outro, (Bodegón Arzúa por exemplo), pero xa che digo, eu creo que a liña defensiva do Sporting é superior á vosa. Martín debutou en terceira división gañándoo a pulso, Penide é, ao meu xuízo, o mellor central da categoría, Carlos Chan xoga moi ben con el, xa que levan dende infantís xogando xuntos, (e eu era o que estaba por detrás deles), e Pato é outro lateral moi difícil de rebasar xa que ten, igual que Martín, moita velocidade e recorrido. Non me ides mover das miñas 15, o Sporting ten unha liña defensiva que lle dá consistencia a todo o equipo, que sabe cando ten que empurrar o equipo, e sitúase ben cando teñen que chamar pola segunda liña para atrás. Son moi disciplinados todos e teñen unha saída de balón xogado moi notable, especialmente polos laterais. Non digo que as condicións da vosa defensa sexan peores, pero é que eles levan toda a vida xogando xuntos e saben moi ben como funcionar en bloque. 09 Nov 2011, 20:43 77.45
Arrea Recio, (vouche chamar así para abreviar), xD. O ano pasado, creo que non había dúbida, e os 4 de arriba era o mellor do equipo. Moi rápidos e moi buscóns, que se desmarcaban seguido. Dende o medio tirábanlle moi bos pases ao espacio. Co de que a liña máis frouxa é a defensiva, non digo que sexan malos nin moito menos, quen lla dera a calquera equipo de media tabla, xa que creo que hai dúas ligas moi diferenciadas este ano. Pero eso, que non dixen malos, pero si que é a liña que menos me convence do equipo, e xa vin 3 partidos deles entre este ano e o pasado. 09 Nov 2011, 15:28 66.07
Eso é, hai que esperar ata sábado e ver que acontece no partido. 08 Nov 2011, 22:55 66.05
Pois non sei como están a ser últimamente, pero no colexio de Lalín sempre houbo moito caserismo, e eso é innegable. 08 Nov 2011, 15:35 76.76
Creo que teñen moitos eixes defensivos que levan moito tempo xuntos. Exemplo os centrais do Sporting, do Silleda ou equipos que traballan moito para a defensa, coma o Puebla. Eu xa os vin o ano pasado, e sigo mantendo que a defensa do San Marcos é a súa liña máis frouxa. 08 Nov 2011, 15:29 76.91
Neste encontro vanse poñer de manifesto as aspiracións reais de ambos os conxuntos. O Puebla está na obriga de gañar, xa que unha derrota distanciaría moito ao equipo da zona nobre da táboa, e poñeríao na obriga de gañarlle os partidos da segunda volta a tres dos a priori "cocos" da categoría como son o Sporting, Silleda e o propio Villestro. A favor tamén hai que dicir, que estes tres partidos se darían no seu feudo, onde é moi complicado sumar. Por parte do Villestro, o fútbol defensivo e directo do Puebla vaille presentar unha notable dificultade para mover o balón, logo veremos se tan ben reparten o xogo como para descolocar ao entramado defensivo do Puebla. Sen dúbida vai ser un gran partido e gustaríame poder velo, asique ante a imposibilidade de ir, agardo que algunha alma caritativa faga unha crónica detallada para que todos poidamos facernos unha idea do acontecido neste partido. Moita sorte a ambos e que gañe o mellor. 08 Nov 2011, 01:32 131.99
Partido do Estrada, sen dúbida. Non é por desacreditar ao San Marcos, pero creo que, a pesar de que os equipos teñen un nivel moi parello, o Sporting é defensivamente moi superior, e este vai ser o punto de inflexión. O balón vai estar moi repartido, eso xa o anticipio, e con fundamentos, que coñezo a ambos os equipos, pero o nivel defensivo do Sporting decantará o encontro. Por outra banda, o San Marcos vai ser sometido a un notable esforzo físico, xa que o campo de Figueroa ten moitos metros para cubrir, e a natureza dos conxuntos vai provocar que haxa moito movemento seguindo sempre a figura do balón. Eu móllome e aposto polo Sporting, aínda que hai que agardar a sábado para saber se é así ou non. 08 Nov 2011, 01:31 88.01
Gutierrez, Martinius non opina o mesmo sobre o porteiro do San Marcos eh! Martinius | Hoy, 22:14 Denunciar Son o porteiro do san marcos e desde logo non foi o meu dia era o meu 2º partido no equipo e levaba 5 anos sen xogar activamente! pero para a volta non ides ter tanta sorte! un saudo e ben xogado o sabado pasado Comentario no partido Silleda 4 - 1 San Marcos. Non é por nada, só que andades volvendo tola á xente con que non tedes porteiro cando non é certo. 08 Nov 2011, 01:17 65.09
Pybito, eu non son do Abanqueiro e tampouco vin o partido, pero non me serven de nada os argumentos que me dás. O fútbol son os resultados, xa veñan dados polo talento, (FC Barcelona), ou polo machacamento, (Efectividade do Real Madrid de Capello). Tamén estou moi dacordo con Charca, os árbitros teñen días mellores e peores, e dende Lalín non sodes os máis indicados para falar de malas arbitraxes, así coma os equipos da costa. (As lamentables actuacións contra os equipos visitantes son lexendarias nos vosos campos). 08 Nov 2011, 01:13 87.44
Eu si que o vin, e non me sorprendeu para nada. É o equipo rochoso que todos esperamos, moito xogo físico e directo, buscando sempre a movilidade do seu dianteiro. Pecan moito de xogar coa cabeza moi quente e hai moita falta de picardía para controlarse. (E teño exemplos a patadas do partido que se deu en Silleda). Sen dúbida teñen fíos para poder acadar postos de ascenso, pero de non collerlle mellor o pulso aos partidos, van sufrir máis dun revés por deixarse levar polo corazón. 08 Nov 2011, 01:08 43.39
Totalmente de acordo con Banega, hai que ir con máis cautela á hora de facer conxeturas. 05 Nov 2011, 21:58 76.73
Home, a min o 9 (Quillo) insultoume así como 90 veces, coma no partido de copa do ano pasado. O porteiro negoume o saúdo e houbo outro que incluso me ameazou. E eu non abrira a boca en todo o partido! Quillo tamén se permiteu o luxo de, cando metemos o segundo, sinalar a súa camiseta cara a grada e provocar aos nosos, (motivo do pitido final, sería a segunda amarela para el, a primeira, por insultarme e por protestar). Asique educados educados... igual a afección si, xa che digo que eu estaba no campo. Pero eso, que pasaron por Silleda, si, (non todopoderoso nin moito menos), pero o da educación... brillou pola súa ausencia nuns poucos xogadores. 05 Nov 2011, 21:57 96.62
P.D: Se non queres facer cálculos alá ti, pero o fútbol éche así de triste, gaña o que máis goles marca, non o que ten máis porcentaxe de pases acertados ou de posesión de balón. 05 Nov 2011, 21:29 63.04