Comentarios de Lvis

Comentario Fecha Karma
Lateral, a falar do Villestro podes ir ao seu partido, ou se non, creas un tema no foro. Aquí estamos a falar do Silleda. Ten coidado con vender a pel do oso antes de cazalo, que o ano pasado levastes nas cachas nos dous partidos. E é máis, un dato de interese é que tamén o ano pasado nos deixamos os 3 puntos en Dubra, asique eu xa o digo, non falaría coa boca tan chea como fan algúns membros deste foro sobre os seus equipos. 05 Nov 2011, 21:28 96.51
10ano... xa veremos como acaba a cousa... que o Lalín non tivo moito mellor resultado esta xornada e o noso xa está máis que probado. (Se queres volvemos a falar dos resultados eh?) 05 Nov 2011, 21:16 63.01
Totalmente de acordo contigo abkae, pero tampouco é bo enganarse, estas cousas non son tan habituais como se pode pensar. Moita sorte para o Dubra, que son bos rapaces. (Menos uns imbéciles que andaban alí na saída do campo facendo o indio) 05 Nov 2011, 20:32 16.89
Mal partido o que se veu hoxe en Dubra. O Silleda, non foi quen de adaptarse ao terreo de xogo de tan reducidas dimensións, de todos os xeitos, ese foi un mal menor en comparación coa escasa garra amosada. O Dubra pola súa parte, aguantou ben o chaparrón, e á contra, dedicouse a crear perigo na área do Silleda. O primeiro tempo foi para esquecer. Moito balón largo, moi pouco toque e a defensa do Dubra estivo todo o tempo levando os balóns de cabeza. Moi pouco traballo para os porteiros, xa que as ocasións de gol brillaron pola súa ausencia. Na segunda metade, o Silleda adiantouse e a partir de aí chegou a debacle. Mala marca nun córner, remate ao pau, e o segundo balón acaba nas mallas. Co empate, o Dubra viu as súas pilas recargadas e pouco despois, un balón solto dentro da área remátao o número 16, (saíu dende o banco e anotou os dous tantos do seu equipo, noraboa), e acabou coas aspiracións do Silleda, que se amosou impotente vendo como os seus esforzos eran estériles, xa que ningunha das combinacións era a correcta para resolver o partido. Ao final, derrota merecida do Silleda e premio de máis para o Dubra, que non fixo nada máis que defender. Supoño que o resultado axeitado sería un empate a 1. 05 Nov 2011, 20:21 61.19
Ao fútbol xógase de moitas maneiras rapaz, chegamos moito máis lonxe ca ambos os nosos veciños en TODAS as competicións, por algo será, non si? Ningún dos nosos veciños foi quen de meternos man, non si? balance, tres vitorias e un empate. Como se adoita dicir, no fútbol só valen os números, e creo que ata o momento, o Silleda está perfectamente respaldado por eles. Moi lonxe deles quedan os nosos veciños lalinenses e estradenses, que nesta liga están sen xogar o ascenso o ano pasado e sen aparecer nas fases finais da copa. Creo que o fútbol do Silleda merece máis respecto. 04 Nov 2011, 22:46 51.98
Creo que este partido non é o propio para medir as aspiracións do Silleda. Dous partidos clave van ser os derbis, moi seguidos entre sí e ambos no ecuador da primeira volta. Creo que aí se definirá se o Silleda vai estar nos postos de promoción gañándoo a pulso, ou se pola contra vai ter que pelexar para meterse neles. 04 Nov 2011, 16:19 62.70
Eu non me mollaría tanto cos goles, que os dous equipos temos moi ben traballado o plano defensivo. (Os números falan sós, somos dous dos menos goleados). Aposto polo mesmo resultado ca o ano pasado, 0-1 para o Silleda e un partido máis que disputado. 04 Nov 2011, 16:08 58.56
Se o Puebla é do mellor desta liga... de verdade, podemos ir todos a xogar ás ligas parroquiais. Con todos os meus respectos, o Puebla debería estar un ano máis en local, xa que este ano o ascenso levouse a cabo nos despachos e non no campo. Con isto non quero dicir que o Puebla non teña equipo para estar en provincial, moito ollo, todo o contrario, teñen moi bo plantel. Pero eso, que o ascenso non lle era lexítimo. 04 Nov 2011, 02:48 18.31
Eu dende a portería, creo que o mellor do partido por parte do San Marcos foi o extremo esquerdo. Gustoume a forma de buscarlle as cóxegas a Órrea. xD Pero si, estou dacordo contigo en que no San Marcos se toca ben o balón no centro do campo, polo menos con moito criterio. 04 Nov 2011, 02:26 15.87
As cousas claras e o Celta en primeira. 02 Nov 2011, 16:11 15.87
Por certo gayer, non me andes cambiando o que puxen na crónica, que substituído está ben posto. ¬¬ http://silledajuveniles.blogspot.com/ 02 Nov 2011, 00:49 27.18
Tranquilo Martinius, pregúntalles aos que estaban no equipo o ano pasado, e que che conten como foi o meu partido en Silleda o ano pasado. Ese día creo que quixen morrer 10 veces. xD 01 Nov 2011, 23:13 27.15
Pois ben se podía estar quietiño e deixarme co meu minuto de gloria. xddd 31 Oct 2011, 19:51 61.19
Bueno, esto está moi quente, e creo que vou deixar de ler para pasar a opinar: En primeiro lugar non se pode faltar a ningún equipo polo seu terreo de xogo. Se en Bastavales hai un campo de céspede artificial, debedes estar agradecidos, que en Bandeira non teñen a sorte de ter un, e por moito que pese, é o campo que hai e xa bo é por telo. O da perna, mellor non comentar nada, que tanto foi un dos do Bastavales como puiden ser eu, ou o meu irmán ou calquera que estivera xogando ese día. Non me parece normal que a alguén lle rompan unha perna sobre un campo de fútbol. (Tampouco vin a entrada, asique se alguén ma pode describir agradézollo, en plan se foi a por el ou se foi nun lance sen maior discusión). O resultado a verdade é que fala por si mesmo, pero bueno, moita sorte a ambos os equipos e a ver se para o ano algún consegue subir ata provincial. 31 Oct 2011, 01:14 40.56
O nick poñerá acabado, pero o ano pasado levastes unha boa lección de fútbol en ambos os partidos. ;) 30 Oct 2011, 13:17 46.75
Corrixo o do penalti. Disque foi dentro. 29 Oct 2011, 20:43 50.13
Partido moi disputado o que se veu en Outeiriño a pesar do resultado. Adiantámonos antes do minuto 1, e creo que aí estivo a clave. Erro do porteiro no despexe, que lle deixa a Manolo en bandexa o primeiro tanto,e transformou sen maiores problemas. Tamén ao pouco de comezar, Richi tivo que ser sustituído por un pinchazo nos isquiotibiais. Lonxe de virse abaixo, o San Marcos continuou tocando e chegaba con perigo nos primeiros compases do partido, pero non tiveron sorte de cara ao gol, e no medio do clímax do San Marcos, atopáronse cun disparo dende o centro do campo, que se envelenou e entrou na portería do San Marcos. 2-0 e case sentenza. Así se chegou ao descanso, e no segundo periodo continuou a tónica da primeira metade, moito toque do San Marcos, sen sorte de cara a portería, e o Silleda continuou transformando disparos en goles. Damián, (por partida dobre), sentenciou ós ata a data, segundos clasificados da liga. O gol da honra chegaría nun penalti, (que todos vimos fóra da área menos Crilín, colexiado do partido), detido por min, e cuxo rexeite acabou dentro da portería. Creo que foi o 9 quen pillou o rexeite, pero tampouco estou moi seguro. Que me corrixa alguén do San Marcos se non foi así. Moita sorte para o San Marcos, que hai que dicir que ten un gran equipo. 29 Oct 2011, 20:29 60.70
Eu falei do resultado, xa dixen que calquera aposta, xa fora polo toque ou polo fútbol directo, podía saír vencedora. Todos sabemos que en Lalín está a mesma xente ca o ano pasado, e incluso con xente nova levada do Silleda, (sobre todo Calderón, que vos vén de perlas). Non puxen en dúbida que o Lalín fora a estar arriba e menos que os partidos nos que pincharon foran en circunstancias raras. O Silleda ten equipo para estar arriba por varias razóns: 1) Seriedade defensiva: Aínda que este ano estamos flaqueando máis, co paso dos partidos seguramente collamos o tono defensivo que tiñamos o ano pasado. 2) Gol: Cando Jose Manuel volva, seguramente teñamos máis puntería, que é outra das cousas que empeorou con respecto do ano pasado. 3) Oficio: Poucos equipos corren tanto coma nós, (Manolo, Damián, Dalo, Graba...), son xente que traballa ata que non pode máis. 4) Moral: Hai equipos que encaixan un gol e baixan os brazos. Ao contrario sucede aquí, creo que incluso xogamos mellor cando imos por detrás. Eu creo que non está a cousa tan mal, sinceramente. Ti achacas os malos resultados a campo e arbitraxes. Nós perdemos en Oleiros, (campo), e en Noia, (que vaia arbitriño nos tocou tamén). Non hai tanta desigualdade como dis, 10ano. 27 Oct 2011, 22:03 4.55
Alguén sabe en que campo está xogando o Grixoa? O mítico do San Pedro ou ao igual ca o equipo de preferente, xogan en Santa Isabel? Esta segunda opción éme rara, pero bueno, todo pode ser. 27 Oct 2011, 18:13 15.50
Eu estou moi dacordo convosco en que Sporting e Lalín teñen plantel para estar arriba. Agora si, o ano pasado o Sporting tiña un grandísimo bloque, e o Lalín non se quedaba atrás, e non chegaron ningún dos dous a acadar postos de ascenso. Para o meu xeito de entender, non hai favoritos nesta liga, xa que o nivel está moi parello, e calquera aposta pode saír gañadora. (Trazo - Lalín por exemplo). Se ben o fútbol de toque que queren elaborar o Sporting e o Lalín pode dar resultado, eu creo que equipos con menos toque tamén van estar na zona nobre pelexando de ti a ti con eles, e falo do Oleiros, do Silleda, do San Marcos e incluso do Puebla se me apuras. Do Villestro non podo falar, que non os vin este ano, pero os resultados de momento auguran unha boa campaña. 26 Oct 2011, 21:47 15.42