Comentarios de Lvis

Comentario Fecha Karma
Non che vou explicar aquí os sucesos do encontro porque non procede, para eso les a crónica de novo, que seguramente a entendas mellor cun decimonoveno repaso. Eu xa lle din as explicacións oportunas a quen llas tiña que dar, e pareceunas entender á perfección. Non me interesa a túa opinión para nada, xa que só viches dous partidos, (quero crer que o de ida tamén o viches), e non creo que teña que asumir eu a culpa toda en ningún dos goles, aínda que moita xente intentedes, coma sempre, botarme a min a merda de todo o equipo por riba. LucaToni, gustaríame saber quen es, para poder eu rajar de ti tamén máis que nada, porque detrás dun nick xa sabemos que o falar non ten cancelas, e que aí premendo as teclas do teu teclado seguramente sexas "el puto jefe", como dixo Guardiola, pero igual no campo es un torcebotas máis. 16 Abr 2012, 23:43 243.19
Perdoa, pero o disparo de Boyan aos 20 segundos saíu bastante desviado, e dígocho eu, o señor que estaba debaixo dos paus. Seguramente o vira mellor ca ti, quero crer. Eu estaba no campo e poño o que vin, non oín insultos, só vaciles a Boyan, e a verdade é que por algo será, igual por entrarlles ao trapo no canto de deixalos ladrar, que é o que eu fago. O gol, parte en fóra de xogo, ou eso é o que me comentaron, que eu dende a miña posición non o vin claro. Da definición a ver quen dixo o de mal definido, porque eso é algo que te estás inventando e non che consinto que poñas na miña boca cousas que non dixen. Queda claro? Non vexo nada na crónica que poida ofender a ningunha das partes, é obxectiva e imparcial, de feito ata puxen a que se fixo na web do Lalín, igual pretendías que coreara a vosa alineación ou algo! Sen máis que aclarar, espero que entenderas agora o que puxen no anterior comentario, aínda que é lamentable que precises este tipo de explicacións. 16 Abr 2012, 23:30 185.05
FÚTBOL con maiúsculas. Boa entrada no campo de Outeiriño para ver un dos partidos máis importantes do ano para o Silleda, que rematou coa derrota por un tanto a tres dos locais. Púidose adiantar o equipo do Deza ós 20 segundos, nunha xogada cun pase longo que foi mal defendido, pero Boyan non atinou no seu remate, que marchou desviado. Este lance foi un espexismo para o que había verse nos 15 minutos seguintes. O Lalín comezou achicado, non sendo capaz de ter o balón, sacando o balón rápido e intentando sacar xogadas con pases longos e cruzados de Dani Reboredo, que levou perigo á área rival aproveitándose do seu forte golpeo. Así chegou o primeiro tanto, nunha inocente falta do Silleda no balcón da área, cuxo rexeite caeu nos pés equivocados que se encargaron de metela na portería. Mal a cobertura do Silleda, durmida, que non foi quen de sacar ese balón morto. As pantasmas aparecían en Outeiriño, que a pesar do bo xogo trasdezano. O Silleda, sen acerto, intentou volver a coller o fío do partido, pero o Lalín aproveitou ben a confusión, facéndose co balón e movendo ó descolocado entramado defensivo local, dispoñendo de boas ocasións pero tamén con pouca precisión de cara á portería. Foi no minuto 44 cando Vilas puxo a pillería, gran xogada do ariete franxivermello que sentou a tres xogadores do Lalín batendo por baixo a Jose Luis, que desbaratara xa dúas boas oportunidades nosas. Á volta do descanso o Silleda rematou por diluírse, Dani Reboredo atopou premio nunha aparente falta sen perigo. Dende o centro do campo, o vento, a potencia do disparo, e tamén a confusión do montón de xogadores que penetraron na área remataron por deixar que o balón entrara na portería. 1-2 e partido moi complicado para remontar. Así foi como o encontro non tivo máis miga, poucos disparos e poucas xogadas que levaran perigo real ás porterías. No medio dese sopor, chegou o terceiro tanto, partindo en fóra de xogo, de Boyan, gañando a espalda da defensa e batendo case a pracer axustando o balón a un lado. 1-3 e sentenza. De aí ao final moito centrocampismo e unha derrota que fai desta xornada o sábado horribilis do Silleda, no que a excepción do San Marcos, venceron os nosos dous principais perseguidores, quedando agora fóra da promoción de ascenso e tendo que facer un enorme esforzo para repoñernos do golpe. Na nosa defensa cabe dicir que saímos reforzados do derbi anterior, (coma o Celta na primeira volta), pero iso non quere dicir que nos vaiamos clasificar, asique traballar é o que nos queda. Con respecto ao Lalín, agardamos que lles vaia ben na súa pelexa polo título de liga, tamén esperamos, (por moito que nos doia), facerlle o favor de vencer ao Sporting dentro de dúas xornadas. En contraprestación tamén queremos o favor de que o Lalín lle gañe ó Puebla, pero isto é un desexo únicamente, co ánimo de collerlle a praza para entrar nós na promoción. Toca pensar no Cordeiro, visitamos Valga con 4 baixas notorias, Pablo e Manolo por expulsión, e Richi e Grava se non me equivoco, creo que me falta un pero xa o veremos o xoves en Futgal. Sen máis, facer referencia á crónica do bando "rival", que podedes ver neste enlace. http://www.eflalin.com/index.php?option=com_content&view=article&id=638:novas-xuvenis 16 Abr 2012, 21:58 203.60
A ver, levaba tempo sen entrar no foro pero xa volvín. Jaja Imos por partes: En primeiro lugar agradecerche, Rivas65, os eloxios. Ti tamén demostras un comportamento exemplar. Ben é certo que eu opino que en Silleda hai xente que non vai ao campo coa actitude oportuna. Por outra banda, eu agardo un partido tan limpo coma o do ano pasado, limpo e sen incidencias negativas, xa que os dous equipos nos respetamos e se queremos levar os tres puntos, habemos de adicarnos á pelotita e non a zumbarnos entre nós. En relación ao do encontro da Puebla o ano pasado, só hai que dicir que os tacos no meu xeonllo non son fortuítos na vida. Díxeno no seu día e aínda o manteño agora, foi intencionado. O das pedras é unha anécdota, igual que a invasión despois de quedar fóra. Non é nada relevante nin que manchara o partido excesivamente. 11 Abr 2012, 14:42 60.50
Faltou intensidade esta tarde no Outeiriño. O encontro que medía a dous equipos que loitan por obxectivos ben diferentes saldouse coa imposición da lóxica, vencendo os que xogaban na casa. Como dixen arriba, a pasividade dos dous conxuntos marcou o encontro, que se tivese unha marcha máis habería ser ben máis bonito do que foi, pero aínda así, tanto locais coma visitantes amosamos detalles que deixaron bo sabor de boca. Comezou o partido co tanteo dos contrincantes, moito toque do Silleda, sobre todo en defensa e centro do campo, e pola súa parte, o Arzúa estaba ben plantado intentando roubar balón. O xogo local trouxo ocasións, sobre todo en xogadas a balón parado causadas pola boa circulación e o atino nos cambios de xogo. Así, nun córner, Dalo rematou no segundo pau o centro de Camino, que hoxe estivo moi ben nos pases longos. O Arzúa desperezouse, comezou a levar o peso do encontro e o Silleda, con moi boas sensacións defensivas, paraba atinado as acometidas rivais, nas que Sergio "Anelka" levaba a voz cantante. Esas xogadas ordenadas do Arzúa contrastaban co novo plantexamento dos trasdezanos, que roubando rápido creaban perigo á contra e tamén en xogadas a balón parado, chegando a ter moi boas ocasións. Os locais acadaron o segundo preto do minuto 40 da primeira metade, un destes roubos foi aproveitado por Vilas para, despois de pasear o balón pola frontal da área, bater ao porteiro e poñer terra de por medio co 2-0. De aí ao final, xogo limpo, algunha que outra boa combinación e dúas boas ocasións de un para un do Arzúa por unha do Silleda contra o final do partido. O terceiro tanto chegou mediada a segunda metade, nunha saída moi veloz dos locais e un xenial pase que deixou a Vilas só diante do porteiro e acertou a bater ao porteiro. O terceiro subía ao marcador e o partido morría. Bueno, despois do sorprendente pinchazo do Unión, o Silleda volve á cuarta praza. Despois deste parón chegarán dous rivais complicados como son Lalín e Estrada que visitarán Outeiriño, e entre medias iremos a Valga para xogar contra o Cordeiro, un equipo que, como demostrou esta xornada, pode darlle problemas a calquera. Para o Arzúa moita sorte, a ver se ao final poden acadar a tan ansiada salvación. Pasade todos unhas boas vacacións e non vos fagades dano no minifútbol de Tabeirós. Un saúdo! 31 Mar 2012, 22:25 236.49
Xa andan buscando escusas por se perden... 31 Mar 2012, 12:13 181.51
Rianxomanda, ao final esto é un xogo e, a pesar das rencillas que ao mellor poida haber dentro do campo, non imos tolear por perder un partido.Jaja. De todos os xeitos, para ser un partido tan trascendental e tamén "raro", (no sentido de que houbo unha expulsión tan cedo e tamén un bo carro de cartóns amarelos), foi un partido moi limpo e con moi bo rollo entre os xogadores, polo menos é o que eu vin no campo. Como verás non fun para nada duro, a miña man de ferro só cae cando estou de malas. xddd Cóidate moito tío! 25 Mar 2012, 22:56 186.21
Ben, vou proceder logo á tan esperada crónica. Perdoade a miña tardanza, pero tiven un finde movidito. xD O encontro foi bonito de ver, como osd últimos 3, con dous equipos que quixeron ter a iniciativa e se disputaron o peso do xogo. O Silleda comezaría intentando adaptarse ás dimensións do terreo de xogo, que se fixo moi ancho e impediu que os visitantes defenderamos todo o ben que se debería. Froito dese desconcerto polo terreo de xogo, chegou o primeiro e único tanto, un moi bo cambio de orientación dende a esquerda foi controlado polo 6 do Unión, (creo recordar), tras un fallo no salto de cabeza dun dos nosos defensores. Despois do control, dous recortes dentro da área deixaron ó atacante local só fronte á portería e, con tempo para colocarse, bateu a pracer. Apenas ían 5 minutos e xa había espectáculo no campo. Despois deste lance, chegou a reacción do Silleda, que se quixo facer dono do balón e parecía xuntarse máis para defender. O Unión tamén movía o esférico, obrigando ó rival a facer boas basculacións, sabedores de que era máis sinxelo atacar descolocándonos. No minuto 15 chegou a expulsión do lateral esquerdo do Unión, para min ben sinalada, por dobre cartón amarelo. A primeira tarxeta é moi clara, e a segunda, no caso de dar a falta, ten que sacar o cartón, (por moi dividido que fose o balón nesa xogada). De aí ao final da primeira metade, o Silleda si que tomou máis as rendas do encontro, movéndose máis e gozando dunha clarísima oportunidade que pillou a Richi desprevido, non podendo conectar ben o remate a porta vacía. O Unión pola súa parte, só tivo unha ocasión máis ou menos clara contra o final da primeira metade, pero o pase entre liñas foi atallado por min sen causar máis problemas. No segundo acto, máis discusión do balón, co Unión saíndo á contra, (hai que recordar que estaban con un menos), e co Silleda intentando gañarlle en velocidade á ben prantada zaga dos de Rianxo. Para este fin, Manolo subiu á punta do ataque para acompañar a Vilas. As ocasións, baixo o meu punto de vista, estiveron repartidas, pero creo que o Silleda tivo as máis claras, a primeira de Vilas, tras unha parada pouco ortodoxa do voso porteiro, pero que se refixo perfectamente e logrou sacar unha fantástica man dende o chan, e outro disparo dende a altura do punto de penalti un pouco escorado á dereita, que tamén sacou o voso porteiro. Pola parte do Unión, algún balón colgado nos córners e un bo disparo do voso 9, que petou na parte superior da cruceta tras ser desviado por min. Tamén se me pasaba xa outra xogada en banda dereita, que finalizou cun pase atrás que non acertou a rematar ben o número 18, e un dos nosos defensores logrou desviar a córner. Polo demais, comentar a expulsión de Mingucho, para min, xusta tal e como puxo o listón o colexiado. Para min quizais un pouco alto, pero os cartóns que sacou estiveron todos medidos co mesmo metro. Non influíu no resultado final para nada. Sen moito máis que contar, desexarlle sorte ao Unión, (tede sorte, pero perdede algún partido para volver a pasar nós para adiante, xDD), e dicir que, na miña opinión, poucos puntos se han deixar no que resta de liga. Por certo, moi bos rapaces os do Unión, tamén o quero destacar. Nós debemos pensar no seguinte encontro, o Arzúa visita Outeiriño e só nos queda volver a gañar para intentar poñer distancia cos nosos perseguidores. Un saúdo! 25 Mar 2012, 22:53 196.86
Rivas, xa o dixen no seu día, o policía que había alí era Loco, o noso adestrador, que estaba de servizo. Non houbo tanto enredo como se quere pintar. En Silleda, coincido convosco, hai algún individuo que vai ás gradas a montala nada máis, e o mellor que se pode facer neses casos é pasar do tema, que o que buscan eles é que se lle entre ao xogo. Estou totalmente de acordo con pts68, aquí estamos para falar do partido de pasado mañá, para discutir estas cuestións o mellor é crear un tema no foro. Un saúdo. 22 Mar 2012, 21:25 180.29
Non a todos os do Silleda nos "jode" que animes ao Unión, xa que podes animar a quen che dé a real gana, eu tamén o fago nos meus comentarios. O de perder na Puebla jódenos como a todos, vós tamén vos botastes a todos os santos cando perdestes en Outeiriño e tamén cando vos eliminamos da copa o ano pasado en penaltis, e que eu recorde, ninguén fixo leña da árbore caída con aquilo, asique modérate un pouco. 22 Mar 2012, 14:15 209.44
O Lalín tamén chegaba en moi bo momento ao partido en Agolada e ao final 2-1 e con un recital do Silleda. Creo que non nos está a custar levantar os encontros, son momentos de forma puntuais, pero non podemos caer de novo na dinámica de finais da primeira e primeiros da segunda volta. Mentres sexamos quen de manter a serenidade nos partidos, creo que os habemos seguir levando como fixemos ata o de agora. Este encontro é unha final para ambos, creo que pode decidir en boa parte cales son as aspiracións reais sobre a maneira de clasificarse para a promoción, se sufrindo ou coa comodidade de ter un colchón cos de atrás. Moita sorte a ambos e que gañe o Silleda. 19 Mar 2012, 20:52 128.10
Partido de estilos en Outeiriño. Onte vimos dous equipos que buscaron os 3 puntos, e así vivimos un partido bonito para o afeccionado pero non así para os adestradores, xa que houbo algún erro en ambas as defensas, pero como xa digo, foi un partido pelexado e sufrido ata o minuto 96. O Silleda comezou moi forte o encontro, e así foi que no minuto 2, na súa primeira xogada de ataque, unha recuperación en defensa pasou a ser a xogada do primeiro tanto. Gran balón que puxo Dalo á espalda da defensa e Vilas, por velocidade e picaresca meténdoselle por fóra ó central e bale de disparo cruzado. Lonxe de baixar o pistón, os locais meteron o segundo poucos minutos despois, a saída dun córner, o rexeite é empalado na frontal da área batendo nun xogador visitante e entrando. Aquí chegou a actuación maxistral do colexiado, a Sarmiento só se lle ocorreu inventarse un fóra de xogo que só viu el, nin os xogadores, nin dende a grada, nin dende detrás da mesma portería se viu nada raro na acción, pero coma sempre, había que dar a nota. (Hai que recordar tamén a súa fantástica arbitraxe do Silleda - Cordeiro, onde tamén foi penoso). O encontro seguiu o seu curso e o Dubra comezou a combinar, levados pol seu capitán, e obrigando á zaga local a defender ben. Nun saque dende a esquina, un erro de marcaxe dos franxivermellos permitiu o remate dun xogador visitante, só diante da portería. 1-1. Fóra desta xogada, o Dubra dispuxo de dúas boas ocasións, un pase ao espazo que non chegou a consumarse pola miña saída, e un disparo que se foi envelenando pero que foi desviado a córner. A poucos minutos do final da primeira metade, outro saque dende o curruncho para os locais foi rematado por Mingucho, cunha cabezada perfecta elevándose moi por riba dos defensores. Todo un golazo. Ao final da primeira metade chegábase con 2-1, cun Dubra que xogaba con criterio e buscando ocos na defensa local, que estivo bastante ben, e un Silleda que non acababa de atoparse en ataque. No segundo tempo tivo continuidade o xogo de basculación dos visitantes, e o Silleda creaba perigo con balóns parados e saídas rápidas á contra. Neste segundo tempo, tomaron protagonismo o xogo polas bandas e a rapidez coa que saían ambos equipos ao ataque. O Dubra tivo tramos de partido nos que quixo penetrar na área trasdezana polo centro, buscando os pases ao espazo, pero a defensa local plantouse moi ben, obrigando a buscar o xogo polas bandas, pero non houbo sorte de cara á portería, quedando todas as intentonas estériles, sendo despexadas as acometidas unha e outra vez. O porteiro visitante, xa no desconto, salvou ao seu equipo aguantándolle ben o man a man a Pablo, podía ser a sentenza, pero tocou sufrir uns minutos máis. O dito, foi un encontro bonito de ver, ao contrario do que se dicía por aquí, as estatísticas de pases rasos foron moi elevadas, por parte de ambos os conxuntos, pero sen abandonar nunca o xogo directo característico destes equipos. Sen dúbida. o Dubra pode chegar incluso a postos de promoción, pero quédanlle moitos puntos que facer de aquí a final de liga. É un gran equipo, moi compensado pero quizais, ao contrario do que vin no seu campo, a defensa non está tan ben como antes. Sen máis que contar, moita sorte para os rapaces do Dubra, que tiveron un comportamento exemplar, uns tíos moi correctos. Nós a pensar na seguinte xornada, onde temos unha especie de final no campo do Unión. Atreveríame a dicir que é o partido máis importante da liga para nós. Recordar que recuperamos a López e Grava, sancionados nesta xornada. Un saúdo! 18 Mar 2012, 13:59 100.81
Esto estáse indo a liortas persoais e non é o tema. Co golpe coas vallas é mellor non facer sangue, son lances do partido e aí deben quedar, á marxe de culpas ou mala sorte. O importante é que os dous xogadores están ben e toca remitirse a esa frase que di o que pasa no campo no campo queda. 12 Mar 2012, 22:05 212.76
GUGK, estamos nun foro de fútbol, e ti seguramente andas xogando polas aldeas burricán, mentres eu, como xa lle dixen ao voso adestrador, (que me remitiu ao periódico), pódolle ler a vosa clasificación xa que el non sabe facelo, (e ti si, polo que podo ver, os meus máis sinceros parabéns), pero ver que ides de líderes nunha liga que está por debaixo da miña... pois non me interesa. Dorsal número 1 da SD Silleda, por se queredes saber quen son, os que non o sabedes xa. Un saúdo nick raro. 12 Mar 2012, 22:00 81.71
A plantilla como dicides vós, é moi relativa, eu creo que é como as mans, hai que regulala nas normas da federación, xa que son moi dadas a interpretacións. No segundo gol eu non vin falta por plantilla. Tampouco falei do fóra de xogo no voso terceiro gol, xa que o xogador entrou antes que a defensa dentro da área, pero ao final son lances rápidos e non están claros de todo. O árbitro creo que non influíu demasiado, só por esa xogada do fóra de xogo de Dalo. Tamén me esquecín de que nos minutos finais o Silleda se viu mermado para o partido seguinte ao rematar con 9 xogadores o encontro. Alex neste encontro non tivo nada que facer, a culpa é dos 11 que estabamos no campo, sen tensión defensiva e sen a calma que facía falta para levarse o encontro con comodidade. Ao final as concesións que se lle fixeron ao San Marcos matáronnos, hai que mellorar ese aspecto e nada máis. Eu espero que sexa unha pedra no camiño e non unha china no zapato, agora a volver á senda da victoria. 10 Mar 2012, 21:59 200.78
Choque de estilos en San Marcos. Hoxe vimos un partido con moitas incidencias, bonito, intenso, pero a diferencia de Gutierrez14, eu creo que o resultado xusto sería un empate a tres tantos, (heime explicar nas seguintes liñas, tranquilos). Como tamén ben dicía o propio Gutierrez14, o Silleda apareceu no campo do San Marcos coa autoridade dos equipos da parte alta, presionando ben a saída de balón dende o minuto 1 e impedindo que os locais se fixeran co mando do encontro. Moi cedo, no minuto 5, o Silleda arreou primeiro, a falta de entendemento entre Darío e o porteiro fixo que Vilas, moi listo, se metera entre os dous e batera por alto ao gardamallas local, as cousas pintaban ben para uns e bastante complicadas para outros. Este golpe fixo reaccionar ao San Marcos, que puxo o mono de traballo e empezou a combinar, pero sen éxito, mentres que o Silleda basaba os seus achegamentos no xogo directo axeitado a un campo de tan reducidas dimensións. Gozaron os locais de dúas inmellorables oportunidades ante do tanto, e estas foron un disparo desviado por un defensa visitante ao longueiro e tamén un bo pase ao espazo que deixou ao 9 do San Marcos só diante da portería, pero non soubo resolver diante miña e o marcador non se moveu. O tanto chegaría nunha xogada máis propia do Silleda que do San Marcos, un balón colgado nunha falta foi peinado por Martín, e ese desvío fixo posible o remate na área do dianteiro local, que se resarcía así do erro anterior. O empate víase vir dende facía minutos, 1-1. No segundo tempo, o primeiro acontecemento foi a expulsión de Darío por segundo cartón amarelo, ben sinalada a clamorosa man que impedía a xogada de ataque. O Silleda frotaba as mans mentres que o San Marcos frotaba os ollos, ao ver que se lle podía ir o partido nesa xogada. Lonxe de virse abaixo, o San Marcos presionou a saída do balón visitante, que, con apuro, non era capaz de sacar o balón con criterio. Unha desas xogadas illadas fixo posible o golazo do partido, no medio de cinco defensores silledenses, Lucas saca un zurdazo inapelable que se cola na portería pegadiña ao pau longueiro. Viraron as tornas e agora era o Silleda quen non o podía crer. E peor se lle porían as cousas aos franxivermellos, noutro balón parado, un rexeite posibilitou que un atacante puxese terra de por medio con 20 minutos para a reacción visitante. 3-1 e tempo para a remontada, que como xa sabemos non se produciu. Agora, con menos criterio aínda, o Silleda saía rápido. Nunha combinación maxistral de paredes, o 3-2 poñíase no marcador, resultado que sería o final. Ata aquí os goles, agora imos coas xogadas polémicas: Choque coa valla de Grava e un xogador do San Marcos. Para min, xa digo que o vin dende a portería, pero creo que non hai intención, xa que o golpe levárono ambos os xogadores, pero xa digo, é unha percepción miña, non sei se alguén pode confirmar se certa ou desatinada, pero é a miña impresión. Califícase de lamentables o comportamento de algún xogador do Silleda, e eu quero dicir que me metín a sacar a xente de alí, arredor dos lesionados impedíndolles ser atendidos, e os afeccionados do San Marcos negáronse en rotundo a facerse a unha beira, e eso é moito máis lamentable ca lanzar bicos dentro do campo. Asique para criticar o comportamento de algúns xogadores nosos, que non é o mellor, (xa o digo eu tamén), é ben mirar o que pasa na casa de un. O árbitro sinalou un fóra de xogo inexistentísimo de Dalo, que entraba dende moi atrás, e de non ser sinalado, había quedar só diante do porteiro. Aquí vén a miña xustificación do 3-3, e é que esta ocasión "non nata" creo que supoñería un cambio de rumbo do encontro, o que supoño nos levaría a ambos os equipos ao 3-3 final. Debullado o encontro, só desexarlle sorte ao San Marcos para que poidan conseguir o seu obxectivo de entrar na fase, da que non están moi lonxe, e para nós poñer as pilas para afrontar outro encontro decisivo na xornada que vén. Sen dúbida, o punto negativo, á marxe dos resultados "favorables" que se deron para os que perdemos da zona alta, é ese achegamento do San Marcos e demais equipos do furgón de atrás, que nos abrigarán a ter máis tino no resto de partidos. Moita sorte unha vez máis para o San Marcos e a pensar xa no seguinte fin de semana, no que toca seguir facendo un feudo inespugnable do campo de Outeiriño. 10 Mar 2012, 21:16 147.25
Acumúlaseche o traballo eh Bulls? Creas tendencia xddd 08 Mar 2012, 14:08 60.65
Mira que tes pouco interés nesa competición... quedar fóra as primeiras de cambio para ir de vacacións antes... so vago! xdd ;) 05 Mar 2012, 14:37 93.45
Efectivamente mejuto, son o porteiro. Esquecinme por completo do lance das vallas, pero parece que o accidentado se recuperou sen problemas. Eu tamén estou dacordo contigo en que os fallos de concentración pasan factura, e máis nunha competición como a que temos, na que calquera ten recursos suficentes para levar os tres puntos, e o Bodegón non foi menos neste encontro, tendo as súas opcións, pero o que dixen antes, fallos de concentración e desacerto cara o gol condenaron aos santiagueses neste encontro. Moita sorte unha vez máis e ánimo para acadar a salvación. 05 Mar 2012, 14:34 131.67
Por liñas, defensa: En xeral bo partido, o parón pola lesión afectoulles de máis e concederon tres ocasións claras, unha nun córner que Grava rematou só e mais os dous tantos. No segundo tempo sacaron ben o equipo cara arriba, a única pega é que deixaron moito espazo entre a liña de 4 e o porteiro, pero o desacerto dos atacantes do Silleda á hora de arrancar nos desmarques forzaron dous ou tres fóras de xogo que puideron ser gol perfectamente, (de feito o Silleda acabou con dous tantos anulados por posición antirregulamentaria). Centrocampistas: Tamén fixeron un partido decente, sobre todo o dorsal número 6, que foi o home que deu un pouco de pausa no medio do rebumbio dos derradeiros 45 minutos. Sen embargo fallou en ocasións o sacala dende o campo propio. En ataque moi ben, repartindo o xogo a ambas as bandas e con bos últimos pases, pero aí fallou o olfato dos dianteiros. O punto negativo vouno poñer nas disputas, xa que non estiveron ben saltando aos balóns aéreos, pero como xa dixen, foi un partido moi decente. Dianteiros: Para min, a liña máis frouxa, con bos movementos, pero sen eficacia de cara á porta. Quizais o seu desacerto estivera nun excesivo individualismo dalgún deles, pero bueno, o sábado non foi o seu mellor día, dispuxeron de algunha que outra ocasión que non acertaron a resolver todo o ben que se debería, en especial dúas no segundo tempo, unha saíu desviada e outra atallada por min. Non estiveron mal de todo pero deberíano ter feito mellor. Como dixen onte, a min é un equipo que non me disgustou, e ao meu entender, poderían estar máis arriba, pero precísase atinar máis nas ocasións de gol, e non conceder oportunidades como das que dispuxemos os locais. Xogando máis compactos en defensa, e con un pouco de sorte cara á portería supoño que a situación aínda é reconducible. Está complicado pero nada é imposible. Moita sorte rapaces. 04 Mar 2012, 22:58 123.60