Comentarios de Lvis

Comentario Fecha Karma
Estou farto de ver comentarios arremetendo contra as instalacións do Bandeira, e non me parece para nada normal o que se di. Se ese é o campo que teñen, é o que hai, a todos nos gusta xogar nun campo de herba artificial, ben coidado e cuns vestiarios de 100 metros cadrados pero eso non sempre pode ser así. A SD Bandeira pode presumir de que o seu campo non é da deputación, non coma esa xente que presume de instalacións sen saber que as usan e non son súas de pleno dereito. Se hai un campo e uns vestiarios xa é máis que suficiente para xogar ao fútbol, e un equipo que aspira a ascender, como vin noutros comentarios, debe afacerse a todas as superficies e dar boa imaxe sempre, a escusa do campo é de mal pagador. Quero aclarar que non teño ningunha relación coa SD Bandeira. 03 Dic 2011, 23:02 80.00
Case hai sorpresa tamén esta xornada polo que parece... 03 Dic 2011, 21:25 91.72
A pesar do que reflexa o resultado, o partido de hoxe non foi para nada tranquilo gracias a un home chamado Sarmiento, que quen o coñeza xa sabe o que pasou, e o que non teña o dubidoso placer de saber deste individuo, vouno poñer en antecedentes para cando escoite o seu nome. A SD Silleda non tardou en poñerse por diante, así nos primeiros 20 minutos, o marcador xa reflexaba un 2-0 a favor dos locais, que a pesar de non dominar o xogo, aproveitoaron as súas ocasións por medio de Vilas primeiro, e Damián despois. Nestes primeiros 20 minutos xa se deron as primeiras notas do que ía ser a arbitraxe, con infinitas faltas moi dubidosas e cartóns amarelos para dar e tomar. Porén, chegouse ao medio tempo con este resultado, e sen grandes sobresaltos en ningunha das dúas áreas, aínda así, o encontro cambiou de xeito radical nos segundos 45 minutos. O encontro comezaba tranquilo, e non tardou demasiado en aparecer a figura de Sarmiento, "chifre de pau", como algúns o coñecen. 17 foron as faltas mal pitadas, e innumerables os cartóns que amosou só aos xogadores cunha franxa vermella cruzando a camisola. Vilas, preto do minuto 15 da segunda metade, aproveitouse dun erro do porteiro rival para poñer a pracer o 3º tanto da SD Silleda e case sentenzar o partido. Ante a falta de ocasións rivais, Sarmiento encargouse de inventarse un penalti que só el fi quen de ver. O devandito penalti foi transformado, non sen suspense, e o 3-1 subía ao marcador. Poucos minutos despois, Mingucho, cunha finalización maxistral por riba do porteiro puxo o 4-1 e a sentenza definitiva. Cabe destacar que o Silleda acabou con 9 xogadores, a primeira expulsión nos primeiros 15 minutos da segunda metade, (moimoi dubidosa),(Manolo), e a segunda merecida, pero tamén rigorosa, cando xa estaba morrendo o encontro, (Alan). A vida segue igual por Outeiriño, moita sorte para o Cordeiro, que recoñeceu a malísima actuación do trencilla e desputaron un encontro limpo e sen sobresaltos. Esta fin de semana agárdanos un grandísimo encontro, o Silleda visita o campo de Figueroa para disputar o derbi rexional que enfrontará aos de Tabeirós Terra contra o conxunto de Trasdeza. 03 Dic 2011, 21:01 114.31
A ver, eu o ano pasado xoguei no campo da Puebla, o de terra. É moi complicado sacar algo positivo de alí, a xente empurra moito e cabe destacar que o equipo ten un férreo sistema defensivo, acompañado de individualidades de Quillo arriba, que é o único que pode crear perigo real arriba. De todos os xeitos empatamos e levamos o partido nos penaltis, (si, foi na copa), pero a verdade é que vexo complicado que o Lalín saque os tres puntos, e sobre todo se mostra o mesmo nivel ca esta xornada anterior. Gran fichaxe a de Reboredo, a ver se ten sorte. Moita sorte aos dous equipos e que empaten a 5 goles para dar moito espectáculo. xD 02 Dic 2011, 23:02 161.80
Eu opino igual ca Norris, a priori é un encontro que non debería ofrecer problemas, e menos no noso feudo, onde sempre é complicado gañar. De todos os xeitos non é nada bo fiarse, sempre pode haber un novo dubrazo ou unionazo, asique mellor andarse con moito ollo para non levar sorpresas. Sorte ao Cordeiro. 28 Nov 2011, 16:34 108.66
Pode ser que sexamos un equipo sen fútbol vistoso e de toque sutil, pero amigo 10ano, o ano pasado ese fútbol levounos á fase final xuvenil, pasamos por riba do gran favorito na súa casa e fixemos un dignísimo papel na copa. Xa é moito máis do que pode dicir o Lalín. Nós apoiámonos en datos, e os máis recentes son os do ano pasado. A ver este ano que tal remata a liga, porque como xa dixen nun comentario anterior, son 23 partidos os que nos quedan, nin máis nin menos. A alegría é moi fugaz 10ano, se non que llo digan ó Celta no partido de Riazor ou a nós sen ir máis lonxe no partido deste fin de semana, o liderado ata a xornada 34 vai ser provisional. Por último hai que admitir dúas cousas deste partido, o Silleda arrollou ao Lalín, e o Lalín gañou e punto. 28 Nov 2011, 16:30 64.73
Thestars, se fuches ao partido, deixa de ser hipócrita e recoñece que o partido tivo un único dono. Non poñemos escusas, son as circunstancias que rodearon o encontro, nós perdoamos e dúas xogadas a balón parado condenáronnos, éche o fútbol así de triste. Creo que ninguén dixo que perdemos por culpa do árbitro, nin que perdemos porque non devolverades o balón naquela xogada. Estaredes de líderes agora, pero eu andaría máis prudente, que quedan 23 partidos e ao final a clasificación é importante na xornada 34. 27 Nov 2011, 14:37 44.99
Sen dúbida, o non devolver o balón foi un xesto horrible. 26 Nov 2011, 22:37 74.87
Non achaco a derrota ao erro do árbitro nin moito menos, só digo que existiu. Esa xogada puido ser tranquilamente, (e podes falar con calquera xogador do Lalín), a do 4-2. O Silleda perdoou e acabou pagando, neste partido a máxima cumpriuse. Así é o fútbol. 26 Nov 2011, 22:28 88.34
Eu xa dicía que os do Villestro se columpian moito nos seus comentarios... a liga haina que xogar, aquí non se gaña sen baixar do autobús. 26 Nov 2011, 22:25 144.69
Partidazo o de esta tarde en Agolada. Moito fútbol e do bo, e para sorpresa de todos, o mellor do partido foi o Silleda, que neutralizou o toque do Lalín cunha presión abafante da que só na segunda metade deron saído en 3 ou 4 ocasións con xogadas iniciadas no centro do campo. Adiantouse a SD Silleda rebasado o minuto 25 da primeira metade, á saída dun córner, a saída de Jose Luis cae en pés silledenses e remata en gol. O partido que en principio estaba sendo de tanteo pasaba a decantarse a prol dun Silleda que mereceu máis nos minutos seguintes. Pouco durou a alegría dos trasdezanos, que poucos minutos despois, unha falta lateral mal defendida no primeiro pau cae, tamén no rexeite, en pés que non debían poñendo o 1-1 no marcador. Con este resultado o Silleda gozou de dúas clarísimas ocasións, unha pena máxima desviada por Jose Luis e un man a man tamén atallado por este. Así se chegaría ao descanso, o Lalín tivo apenas tres disparos que foron ben resoltos polo porteiro visitante, que non se viu en apuros maiores. Na segunda metade monólogo silledense. Nos primeiros compases deste segundo periodo, o Lalín gozou da súa ocasión máis clara do partido, un disparo dende fóra da área, axustado á esquerda é rexeitado por Luis e no segundo balón aguanta outra vez e Recimil espeta o seu remate no porteiro. A partir de aí, de todas as cores para o Silleda, que poucas veces finalizaba entre os tres paus a pesar de telas todas de cara. O encontro empañouno o "mecánico", o árbitro do encontro cometeu un clamoroso erro ao expulsar, no minuto 83 a Martín, nunha entrada que ninguén protestou, foi un roubo de balón nobrísimo e dos máis limpos do partido. Nesa falta, outra vez o Silleda defende mal e o remate a pracer do Lalín acabou no fondo da portería, 2-1 e escasos minutos por diante. A nota negativa á marxe do erro arbitral foi a actitude dos xogadores do Lalín, ao non devolver un balón que o Silleda botara fóra para que Dalo puidera ser substituído, (non digades que non o vistes, que Willy mirou para el e ben o veu estirar, non podía máis). Tamén Richi empañou a inmaculada imaxe dada polos dous equipos, entrando ao campo tras o segundo gol do Lalín e sendo expulsado tamén. Un bo derbi o vivido en Agolada, moita sorte para o Lalín e sobre todo para nós, a ver se nos refacemos pronto, agora a pensar no encontro da semana que vén, o Cordeiro visita Outeiriño. 26 Nov 2011, 22:15 77.48
San Mamadas, vai comer nabos á túa casa home. Deixa de aporrear o teclado coa cabeza que despois escribes cousas dese estilo. 25 Nov 2011, 22:50 65.93
A verdade é que a min rómpeme tanto un coma o outro bando. Ós do Villestro, non rajedes do campo do Oleiros, que o voso antes de que vos fixeran o novo, era máis penoso ca o que hai agora alá. De todos os xeitos era o que había e ninguén lle botaba as culpas ao terreo de xogo cando se perdía alá. A liga dura 34 xornadas e para gañala hai que xogar en todos os campos, tanto se son bos coma nos que son malos. Tamén coincido cos do Oleiros en que ides moi sobrados asegurando que ides estar en postos de ascenso e aínda imos a pola undécima xornada, a liga é moi longa e non se poden facer pronósticos tan a longo prazo, se non despois igual se atragoan as palabras propias. Ós do Oleiros, noraboa polo resultado, pero foi un día que se gañou moi cómodos, tampouco é bo facer leña da árbore caída polo mesmo que o Villestro, se perdedes agora na súa casa que? Hai que ser máis prudentes. Agora no dos insultos de uns a outros xa non me meto que tanto me ten como vos levedes ou deixedes de levar, só que se discutides, facédeo empregando argumentos de valor, que se non esto é un diálogo de besugos e non sae nada en limpo. Moita sorte aos dous equipos. 22 Nov 2011, 17:15 85.72
Estou lendo os comentarios e bueno, quero dicir dúas cousas. A primeira é que estou totalmente de acordo con que o campo do Oleiros non é o mellor para practicar o fútbol, pero é o campo que teñen e xa bo é por telo. De todos os xeitos é certo tamén que os equipos teñen que adaptarse, e se non o fan, perden e punto. Non se pode andar rajando dos campos do resto de equipos, e menos o Villestro, que na súa época tiña un campo con area de obra, asique mirade un pouco ao pasado, que o campo novo non fai nada que o tendes. A segunda é que os do Villestro o tendes moi crido, hai que ir con máis cautela, que xa vin comentarios asegurando que iades ascender, e a cousa non é tan sinxela como parece, e podemos falar desto os equipos que o ano pasado estivemos alí. Calquera equipo pode pasar de rolda independientemente da súa condición, se non mirade o San Ciprián, ou mesmo nós, que deixamos ao Imperátor sen ascenso. Eu de ser vós non me atrevería tanto a asegurar sequera o posto en ascenso, que o ano pasado os equipos que chegaron dende atrás desbancaron aos que no primeiro terzo de liga estiveran arriba. 20 Nov 2011, 13:23 39.18
Pois pode ser, a verdade é que non o tiña demasiado claro. Gracias pola corrección. xD 20 Nov 2011, 13:14 29.17
Por certo, Arzúa conta coas mellores instalacións desta liga, incluso mellores ca o campo de Cancelas. 19 Nov 2011, 20:42 29.19
Gran partido do Silleda en Arzúa. O encontro comezou con dous combinados moi valentes que saíron a buscar ao outro equipo. Nos primeiros compases do choque adiantouse a SD Silleda por medio de Vilas, nunha gran xogada na que se escapou por velocidade e finalizou cun remate cruzado. Logo deste lance, o partido volveu á calma e nunha xogada de pillo, de non Vilas anticipou un centro de Damián dende a dereita e colocou o segundo tanto. O Silleda daba a impresión de xogar só, xa que poucas novas houbo dos locais, a non ser o perigoso dorsal 18, Sergio, que intentouno todo pola súa banda, pero sen éxito. Xusto despois do segundo tanto, nunha xogada desafortunada para a defensa de Silleda, un disparo dende a frontal bate en Graba e cambia por completo a traxectoria do balón, que se introduce na portería pegadiña ao pau dereito, polo que non puiden chegar. O partido continuou igual, o Silleda facendo a presión moi arriba e roubando rápido, creándolle serios problemas á zaga rival. Nun remate de cabeza de Sergio caería o terceiro pouco antes do final do primeiro tempo. O segundo período comezou co Silleda moi arriba, e nun roubo dentro da área chegaría o cuarto tanto, obra de Alan. A partires de aí, a desidia marcou o partido, xa que o Arzúa xa ía moi por detrás no marcador e o Silleda non quería asumir riscos desprotexendo a defensa. Un erro defensivo propiciou a chegada do segundo tanto do Arzúa, pero non foi moi relevante xa que pouco despois, unha pena máxima sobre Damián sería transformada por el mesmo. O Arzúa quedaba con 10 xogadores e tres tantos de desventaxa. A tranquilidade reinou ata o final do partido, 3 puntos que voan de Arzúa ata Silleda e agora a pensar no derbi do Deza. Fagan as súas apostas. 19 Nov 2011, 20:30 29.19
Certo, eu cando vin 18 puntos xa me empecei a extrañar. xD 13 Nov 2011, 14:57 28.05
Ánimo a todo o plantel do Puebla e en especial ao rapaz, que ao final é o gran perxudicado. 12 Nov 2011, 21:19 166.80
Sinto contrariar a 10ano, pero para nada foi un partido sinxelo, para ningún dos doues equipos. O choque comezou titubeante, ambos os conxuntos nos analizabamos, pero golpeamos primeiro nunha xogada de fútbol directo e vertical, 1-0 materializado por Manolo. Lonxe de baixar os brazos, o Unión lanzouse ao ataque, e froito dunha das acometidas forzaron un penalti, falamos do minuto 10-15 de encontro. Unha vez máis a cultura do penalti que temos en Silleda nos deu a razón, o penalti foi atallado e o Unión volvía a asoballar a nosa portería. Un par de xogadas despois, un pase entre liñas que non acerta a finalizar o dianteiro dos rivais só diante miña, creo que foi o punto de inflexión, aí o Unión percatouse de que a remontada era posible. Un córner mal defendido pola cobertura, propiciou que o balón quedara solto na área e o atacante rematou a placer dende dentro da área pequena, 1-1. Non demasiados minutos despois, o Silleda volveuse a adiantar cun disparo lonxano de Damián, que se cola na portería. Un auténtico golazo para poñer distancia a prol do Silleda unha vez máis. Na segunda metade o encontro continuou do mesmo xeito, con ocasións para todos, pero nun córner novamente mal defendido, apareceu o número 2 do Unión para poñer as táboas de novo no marcador. 2-2. Igor entrou no campo e escasos minutos despois, outro balón morto na área cáelle aos pés, e finaliza a placer poñendo terra de por medio de novo. 3-2 e 15 minutos de sufrimento. No minuto 38, unha xenial xogada do dianteiro, (o número 2 de novo), revolvéndose na área plántao só ante a portería, buscou o pau longo e atinou a definir, 3-3 inesperado para ambos os conxuntos, que case daban o encontro por pechado. No desconto, unha contra fulgurante levada polo Unión rematou nas mallas, 4-3 e dous minutos despois final. Pechouse dese xeito un horrendo partido do Silleda en defensa, así como moi bo en ataque, pero bueno, toca mellorar unha vez máis e esperemos obter unha vitoria nesta seguinte xornada para chegar en boa forma ao derbi. E falando de derbis... Hala Celta! :) 12 Nov 2011, 21:02 38.92