Comentarios de Lvis

Comentario Fecha Karma
Faluya adicando boas palabras... debe ser que está de boas porque lle gañou o seu equipo.... se non non mo explico. jaja Do cambio de horario ao final nada, sábado ás 5. Imos chegar con moitas baixas pero intentaremos facernos con tres puntos que como ben dis, boa falta nos fan se queremos entrar na promoción. 10 May 2012, 21:07 318.58
Tal e como están as cousas este encontro podería ser decisivo para o 5º posto... 07 May 2012, 17:50 189.72
Sábese algo do posible cambio de data? 06 May 2012, 21:39 229.04
Disputa e ataque foron os protagonistas en Grixoa. O campo, en bo estado para o que cabía esperar nun día coma o de hoxe, non foi obstáculo para que os dous equipos buscaramos as porterías. O Silleda dominou en ataque pero o Grixoa soubo aproveitar os seus momentos e gozou de sorte en algunha xogada do partido. Comezou o encontro con tanteo por parte dos dous equipos. Nós creamos problemas cos saques de banda, metidos na área por Dalo, mentres o Grixoa intentaba gañarlle as espaldas á defensa visitante, que estivo ben durante os 90 minutos. O Silleda enviou, por mediación de Vilas, un balón ao pau nos primeiros minutos. Os locais apenas inquedaron a nosa portería, achegándose de maneira tímida. Alan tivo unha boa ocasión empalando un balón morto que quedou na frontal, pero a testa dun dos centrais do Grixoa evitou que o balón entrase pegado ao pau. Moi bo disparo e moi correcto o defensor meténdolle a cabeza. A primeira parte rematou co 0-0 inicial e sen moito máis que destacar. No segundo periodo seguiu a mesma tónica. Alan volveu a ter unha boa ocasión pero os centrais achicaron rápido interpoñéndose entre a portería e o balón. As faltas lonxanas eran as mellores armas do Grixoa, que se servía dos balóns colgados pero non creaba perigo. Así foi que no minuto 30, o dorsal número 11 enganchou un balón no centro do campo, e tras desbordar a 3 rivais, cedeulle o balón ao 9, que non sen suspense, (ao trastabillarse no control), bateu para poñer o 1-0. Sorpresa para todos xa que o Silleda estaba a atacar moito máis. Os xogadores do Silleda pediron fóra de xogo nesta acción, pero a verdade é que eu non o vin claro. Pouco tardou en chegar a reacción visitante, os centrais non acertaron a despexar o meu saque e Manolo recolleu o guante para bater a Brais, que se amosou moi seguro durante todo o encontro. Non houbo máis miga e ao final reparto de puntos que non serve para ningún dos dous equipos. Agora toca Cacheiras, a ver se ao final se muda a data do encontro. De todos os xeitos logo habemos saber para cando queda. Un saúdo! 05 May 2012, 22:22 115.10
O ano pasado na segunda eliminatoria coincidimos Silleda e Recesende. 05 May 2012, 12:24 263.79
Falar de oídas non é bo... 02 May 2012, 21:49 45.11
Quen falou de campionatos de europa? Eu só dixen que temos que preocuparnos do noso para subir postos e entrar na promoción. Se xa estiveramos dentro evidentemente teriamos que mirar para abaixo e facer números para que non nos colleran. Non dixen que vamos pelexar a liga nin nada polo estilo, e se non podemos descender será porque algo fixemos antes, digo eu. 01 May 2012, 12:51 282.14
É certo que nós estamos por riba agora, pero quedan 4 partidos por diante e pode pasar de todo. Creo que agora non debemos mirar o que temos por debaixo, xa que se facemos os deberes, non deberían preocuparnos. Porén, hai que telos vixiados, que por exemplo o Puebla ten o goal average connosco, asique eu non me confiaría tanto. O dito, nós temos que mirar arriba, que a promoción está moi preto, e o calendario de San Marcos e Unión é complexo, o que nos pode beneficiar na pelexa por entrar nas eliminatorias. 30 Abr 2012, 22:53 168.93
Unha última cousa: Mejuto, eu non é que vaia de humilde e de boíño, creo que o son. Non fun fachendeando das paradas que fixen neste partido nin ando dicindo que son o mellor de todos con diferencia. Sempre respetei a todos os xogadores e a todos os equipos, sen excepción. O teu comentario está(ba) fóra de todo lugar. 30 Abr 2012, 14:39 94.39
Punto 1: Este é un lugar onde todos poñemos o que pensamos, tedes razón. Agora ben, esto non é libre de todo, se non non sería precisa a presenza de moderadores e incluso da posibilidade de voto negativo. Mejuto, eu non borro comentarios, que para iso están os moderadores. Eu só fago uso das posibilidades que me brinda o foro. Punto 2: Oriol, o lamentable é que un adestrador inicie unha disputa cun xogador que está no campo mirando polo seu. Eso si é penoso, e tamén estou dacordo en que a miña actitude seguíndolle o rollo non é a mellor, pero para lamentable, increpar a un xogador que está no campo. Eu creo que non provoquei a ninguén, todo o contrario, o obxecto de provocacións fun eu, se non a ver a que vén o arquifamoso "tu y yo ya hablaremos". Non vou de víctima para nada, só creo que determinadas actitudes de certos individuos son cando menos reprobables, así como a de todos os que defenden tales comportamentos. Eu xa dixen todo o que tiña que dicir, o partido xa pasou e a liga sigue. Marcho para o partido do Grixoa, que é o que nos ten que preocupar agora. 30 Abr 2012, 14:37 94.39
Faluya, se fixeras o traballo que copiaches para historia... canto mellor che iría. xddd 29 Abr 2012, 23:21 267.46
A xente non pensa coma ti, que queres que lle faga? O puto Bulls abúrrese no seu grupo e véna liar aquí. Volve para o cocho rapaz! xddd 29 Abr 2012, 21:30 169.09
Ministelroy, se dis o de bocazas explica por que. Non deixes as cousas no ar, hai que dar motivos. Eu só respondín a un ataque á miña persoa, creo que non insultei a ninguén, creo que non faltei ao respeto de ninguén e tamén penso que se alguén opina o contrario, sería o aconsellable dicirmo de cara, sabendo con quen se fala. O mesmo lle digo a Rojadirecta, eu non lle faltei a ninguén en ningún momento, e se alguén se sentiu atacado por algo que dixera ou fixera, as miñas máis sinceras disculpas. Non é a miña intención ofender, nin moito menos. Eu só me limitei a defenderme dos ataques verbais do "adestrador" do Sporting, que creo tivo unha saída de tono... desafortunada. Se non sabe perder nin gardar a compostura, que quede na súa casa e que deixe de ir ameazando rapaces, que para algo está na trintena. Madurez e cordura supóñense a esa idade, pero ben é certo que non todos gozan dela. Mareca, é curioso que comeces dicindo que non merezo un só segundo e que todo o comentario, (menos unha reseña de gratitude polo comportamento da SD Silleda), vaia adicado á miña persoa. Incoherente cando menos. Teño que dicir que eu nunca fun para estrela, eu vou ao campo de fútbol a divertirme, non estou cobrando por estar alí e tampouco me importa non facelo. De todas todas, o meu camiño aínda se está labrando, teño 18 aniños aínda, cando haxa perspectiva histórica abonda para falar dunha dilatada carreira, poderás dicir eso de... "quedou no camiño". A vida poñeráme no meu lugar, pode ser, pero eso non o sabemos nin eu nin ti. Creo que aquí todo o mundo me coñece, e volvo a repetir por enésima vez: Xa sei que é moi sinxeliño estar diante da pantalla ao acubillo dun nick. Sei que todos sodes moi homes na vosa casiña sen que ninguén vexa que man tirou a pedra. Eu, ao contrario que vós, dou a cara, e eso creo que fará que a vida me poña nun lugar privilexiado con respecto a ti por exemplo, Mareca. É bo ir de cara, asique non veñas ti a darme leccións de moral ;) 29 Abr 2012, 17:41 147.90
Parece que a algúns lles doe a derrota... se votades negativo podedes dar os motivos, gustaríame escoitar as vosas críticas. 29 Abr 2012, 14:44 169.94
Partidazo do Silleda en Outeiriño. O traballo de presión deulle ás a un enchúfadisimo Silleda que poucas opcións lle deu ao Sporting, máis pobre hoxe que no encontro da primeira volta. A consigna no vestiario local era clara, había que gañar para seguir a estela do San Marcos, asique como non podía ser doutra maneira, o plantexamento foi de ataque. 4-3-3 e presión arriba para obrigar ao rival a soltar a pelota. Así foi durante todo o partido, os trasdezanos manexaron ben o terreo, levando aos estradenses ás bandas para que atacaran dende alí e poder frealos de maneira máis sinxela. Poucas ocasións claras antes do gol de Dalo, que lle pegou dende a súa casa para, por segunda xornada consecutiva, enchufala, (en semierro do porteiro visitante, pero o disparo ía ben empalado e caíu moi rápido). A partir de aí chegou a especulación, o Silleda freou o ritmo do xogo, non permitindo que o partido tornara nun toma e daca. Aínda así, o Sporting dispuxo dunha triple oportunidade de Pereiras, que non acertou a resolver marrando os seus tres disparos. De aí ao final o que viñamos comentando, moita presión do Silleda, que perdoou dúas boas oportunidades, unha de Manolo que rematou no pau e outra de Alan que non acertou a resolver ante Dani, e ataques polos costados do Sporting. Tras o descanso volveu golpear o Silleda, que puxo o segundo cunha perfecta vaselina de Richi ante a saída do porteiro. O Sporting seguía sen atoparse cómodo no campo, con pouca claridade de ideas ao secar o Silleda os movementos dos xogadores visitantes con boa colocación. Aínda así, as distancias no marcador puidéronse ter reducido antes de tempo nunha nova gran oportunidade, un balón ao pau propiciou un rexeite que Huseini enganchou dende fóra da área, pero rexeitei e o segundo balón, que caíu en pés de Manu, tampouco atopou portería ao dar no muñeco. Continuaba o 2-0 e esta adícolla ao señor Cristiano Messi, que teño por seguro que viu o partido para poder falar aquí. ;) Dalo, puxo o terceiro tanto do Silleda, pero nesta ocasión na portería equivocada. Un centro cruzado sen perigo do Sporting atopouno este defensor, cuxa vocación atacante non lle permitiu despexar e rematou cun gran disparo cruzado. 2-1 e tocaba seguir traballando. Poucos minutos despois chegaría o penalti, (claro dende a miña perspectiva), a favor do Silleda. A pena máxima foi transformada por Vilas que enganou a Nacho. Gran transformación e volvía a tranquilidade á bancada de Outeiriño. De aí ao final, dúas expulsións, a de Pato polo Sporting e a de Cañas polo Silleda, tal e como estaba o partido, a min non me parecen expulsión ningunha das dúas. Pato non simula penalti, se non que queda enganchado, e Cañas toca balón moi claramente. O Sporting tivo unha última oportunidade nos pés de Adrián, que disparou dende fóra ben colocado, pero pilloume alí cerca e non pasou a males maiores. Ao final 3-1 xusto e o Sporting ve como se lle escapa a liga, pola contra, o Silleda achégase máis a posicións de ascenso. Toca agora pensar no Grixoa para seguir coa remontada. Só me queda comentar o lamentable comportamento do adestrador do Sporting, Tinto. Este individuo tivo a moral de mandarme calar ao dicirlle a un compañeiro que non había présa por coller o balón. E digo que ten gracia que mo diga el porque durante 20 minutos estívolle reprochando un saque de banda ao liña. Se manda calar, mellor que predique co exemplo. De todas as maneiras, eu estou disposto a conversar o que me teña que contar, xa que me dixo en repetidas ocasións que "ya hablaremos tú y yo". O dito, estou aberto a falar contigo cando queiras, ricitos. ;) O dito, victoria xusta e merecida e a seguir traballando para entrar na promoción. 28 Abr 2012, 23:10 138.78
Non me creo o centro do mundo pero teño que renderme ante a evidencia. 26 Abr 2012, 13:33 263.76
Xa vin a votar negativo, tranquilas nenas ;) A ver, imos por partes como dixo Jack o destripador: Cánido de palleiro: Marchei do Sporting para irme ao Conxo, asique infórmate antes de falar. Quero saber eu quen anda dicindo que me vou marchar, porque eu do Lamela non teño noticia ningunha aínda. Xa din negativos a equipos de categorías superiores a esta, asique creo que son rumores bastante infundados. Tócame os pés que veña un tío, apoiado nun nick privado, que veña a cuestionarme a min, que me parto o lombo en todos os adestramentos. Parece mentira que non teñades máis de que falar ca do porteiro do Silleda. Lvisito, é moi triste ter que vir a imitar o meu nick. A ver se che dura tanto coma o meu, que van para dous anos e aínda nunca me borraron comentario ningún. Faluya, algunha xente e máis eu xa sabemos quen eres, (Vid. segunda autonómica G3). ;) Mira que eres minipoa. 24 Abr 2012, 22:33 196.84
Pregúntalle ós xogadores do Silleda e mais ao entrenador, a ver se che din o mesmo. Aínda que sexa unha tragadeira como dis ti, eu polo menos estou aquí dando a cara ;) 22 Abr 2012, 22:20 275.02
Recimil, o de vaia castañazo foi un comentario sen ningunha malicia, igual que o de máis arriba no que te menciono, que tampouco é ningún tipo de ataque. Eu pensei que dixeras eso por unha falta que lle fixeras a Grava antes, perdoa se te entendín mal. Mea culpa :S A deportividade é o primeiro, e máis entre equipos veciños por moita rivalidade que haxa. 17 Abr 2012, 20:20 49.68
Juan Recimil: "Eu dinlle porque sei que se quenta, pero son cousas do fútbol". Si, eso díxoo polo central pequeno, ao que lle deu unha patada por detrás, (sen intención de lesionar, tamén teño que dicilo). Síntoo por Recimil, que é un "tipo", como di red bulls, moi correcto. Só che digo que agardo que saibas de quen falas, que eu sempre dou a cara e si, como ti comentas, asumo a miña parte de culpa, como sempre fixen, fago e farei, pero non vén a conto nada do que latricaches aí arriba. Se queres fágoche a mesma explicación que lle fixen a todo o mundo á que lla din, só tes que pedirma. Antes de criticar a crónica, mellor fíxaste ben e despois, unha vez certo do que se di ou se deixa de dicir, falas. 17 Abr 2012, 00:08 221.44